AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A tarde 30-09-2025 30.09.2025 3:56:58
Cal é esa canción que non aturas escoitar máis? Preguntómosllo aos oíntes e ao músico Marcos Mella. Na parrilada Gardel de Arteixo organizan un concurso de comer chuletón. O seu propietario Raul Gutiérrez dinos en que consiste. En Becerreá levaban catro anos sen panadería. Acaban de abrir unha e visitámola. Falamos con toda unha artista da decoración con papel, Cristina Velasco. Celebramos a reape...
A tarde 29-09-2025 29.09.2025 3:56:56
Falamos das primeiras citas e a experta en protocolo Margarita Murillo explícanos como preparalas. Presentamos "Caras no lume", o primeiro disco do trio vigués Lontras. Facémonos eco da convocatoria da bola Ensaia para talentos galegos que emprendan na nosa comunidade. Audiencio González, un reloxeiro de Tui cóntanos por que están de moda os reloxos vintage. Tomamos un café en "Cásc...
A tarde 26-09-2025 26.09.2025 3:56:57
Preguntámoslle aos oíntes que farían se se achegase a fin do mundo e ao escritor Carlos Fernández por que abondan as predicións apocalípticas sobre a fin da humanidade. Comeza o Ourense Film Festival coa proxección de "Playa de lobos". Falamos co director da película, Javier Veiga. José María Vázquez, especialista no exterminio de vespas velutinas, alértanos sobre a probable chegada a Ga...
A tarde 25-09-2025 25.09.2025 3:56:59
O programa está cheo de músicas. Falamos co director artístico do OUR FEST, David Jiménez; festexamos con Guillermo Castro, o rei galego da bachata, o premio que lle acaban de outorgar; os amigos da ópera da Coruña preséntannos a segunda montaxe da súa tempada lírica, "La finta semplice"; buscamos con Mario Diz voces e instrumentisatas para a Orquestra da Universidade de Santiago e Tito...
A tarde 24-09-2025 24.09.2025 3:56:58
Falamos cun experto en olores e perfumes, David Gigirey. A viguesa Raquel Davila explícanos en que consiste a "danza aerea". Asistmos á apertura do Festival Maré en Compostela e conversamos con duas das súas protagonistas, Felisa Segade e a cantante de Carabelas, Ana Moas. A creadora de banda deseñada Ilu Ros preséntanos a súa obra "Una casa en la ciudad". Visitamos unha tenda...
A tarde 23-09-2025 23.09.2025 3:56:58
Despistes, desconexións da contorna, abstracción da realidade... son normais ou síntomas dunha enfermidade? Preguntámosllo ao neurólogo Antonio Pato. Visitamos unha empresa de Narón que fabrica casas modulares. Subímonos ao autobús autónomo deseñado polo CTAG no Porriño. O director do hotal Axis de Vigo, Miguel Fernández, fálanos da ocupación prevista para o que queda de ano. Coñecemos á soprano c...
A tarde 19-09-2025 19.09.2025 3:56:59
No Día Internacional do aperitivo catamos os que prepara a empresa Abocados na Coruña para distribuir por establecementos de hostelería. Juan Mato é o chef que os idea. Propoñemos participar na XIX edición do Outono Gatronómico. Coñecemos as orixes e a evolución do reguetón co especialista Oriol Rossell, e os músicos Hydn e Toñito, de Los Jinetes del Trópico. Preparámonos para acudir ao Caudal Fes...
A tarde 18-09-2025 18.09.2025 3:56:59
Paseamos pola Feira do Moble de Galicia. Averiguamos o que son as enfermidades priónicas. Imos ata a galería Metro de Santiago para ver unha exposición de Montse Rego que se enmarca no programa "Aberto", no que 10 galerías galegas ofrecen unha panorámica da arte contemporanea. Coñecemos o traballo de Alex Pazos, Sile, un videoartista e cantante de Bueu. Xurxo Gómez, da tenda Pijus Magnif...
A tarde 17-09-2025 17.09.2025 3:56:59
Seguimos a participación de Adrian Ben na final dos 1.500 metros dos mundiais de Atletismo e comentámolo con Andrés Díaz, que aínda mantén o record galego nesa distancia. Falamos con Patricia Pérez, da asociación Aspace, dunha campaña para fomenta-lo bo uso das prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. Presentamos unha nova serie de Agalega.gal , "Estudante 360", que di...
A tarde 16-09-2025 16.09.2025 3:56:57
Lembramos a Robert Redford no día da súa morte. Entrevistamos ao biotecnólogo e profesor da Universidade de Pennsylvania, César de la Fuente. Descubrimos unha Asociación de "sereas e tritóns". Belén Regueira explícanos o que é un "sample pack" e fala cos productores Alberto Cernadas e Adrian Blanco, creadores dunha destas ferramenta dixitais con percusión de pandeireta. Abordam...
A tarde 15-09-2025 15.09.2025 3:56:59
Por que se rouban os coches? A onde os levan? Que pezas son as máis codiciadas? Cóntanolo o noso colaborador Maximino Pérez. Falamos tamén do negocio das alarmas con Manuel Rial, dono dunha empresa que as comercializa. A ourive compostelá Susi Gesto desvélanos os secretos do seu oficio. A nutricionista Alba García aconséllanos como xantar ben cando non estamos na casa. Abordamos o problema dos pis...
A tarde 12-09-2025 12.09.2025 3:56:59
Falamos das disputas familiares para escoller o nome dos meniños. O párroco de Xestoso, Luis Ángel Rodríguez, desvélanos cales son os nomes máis raros cos que baptizou aos fregueses. Msarcus Fernández explícanos as novidades do Iphone 17. Entramos na polémica que xerou na Coruña a creación de praias para cans. O xerente dos armadores de Burela, Miguel Leira, cóntanos como vai a costeira do bonito...
A tarde 11-09-2025 11.09.2025 3:56:57
O cociñeiro José Manuel Mallón ensínanos a conservar a carne e a cociñala con seguridade. Gonzalo Villarmea introdúcenos no mundo da espeleoloxía. Apoiamos o municipio de Friol como candidato á ser designado este ano como destino da mellor escapada rural. Polemizamos sobre a conveniencia de crear grupos de whatsapp de pais. Falamos co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz,...
A tarde 10-09-2025 10.09.2025 3:56:58
Cando temos dereito a que nos compensen por un retraso ou a anulación dunha viaxe en transporte público? Explícanolo Xosé Antón Pérez Lema, secretario xeral da Asociación de Consumidores e Usuarios de Galicia. Recollemos a reacción dos veciños de Oleiros tras divulgarse a noticia de que Richard Gere mercou unha casa nese municipio. Marisa Gallero fálanos da biografía que escribiu sobre o empresari...
'Soños' 10.09.2025 13:04
Pode unha obra de teatro acabar cos prexuízos? Canda Belén Regueira conversamos con Tamara Canosa directora de 'Soños' e con Carlos Rosón da ONG Igaxes. A obra trata da mocidade tutelada, e aínda que está dirixida a toda clase de público, pon o foco na adolescencia. A derradeira posta en secena será o sábado en Santiago
A tarde 09-09-2025 09.09.2025 3:57:00
Falamos con Juan Romero, un dos creadores de PhotoILike, unha tecnoloxía galega que mellora con IA as fotos das promocións inmobiliarias para facilitar a súa venda. Imos á Coruña para saber como acollen os veciños a nova ordenanza que prohibe xantar, utilizar altofalantes ou levar patíns nos autobuses. Susana Álvarez lévanos a unha mercería de Vigo con 70 anos de vida. Entrevistamos a Begoña Vila,...
A tarde 08-09-2025 08.09.2025 3:56:58
Que cousas nos fan botar por fóra? O sicólogo José Manuel Fariñas fálanos do control da ira. Raul Villares lévanos á vendima na D.O. Rías Baixas. Imos saber como se protexen das mareas vivas máis altas do ano en Betanzos. Conversamos con Fernando Ramos, presidente da Sociedade Española de Fisioterapia. Felkicitamos á ourensá Miriam Reyes tras ser galardonada co Premio Nacional de Poesía. Andrea Ja...
A tarde 28-08-2025 28.08.2025 3:47:17
Parolamos co humorista Víctor Manuel Grande. O catedrático de xeografía Rubén Lois explícanos por que os mapamundis non recollen con fidelidade as dimensións dos continentes. Imos a Valga, á Festa da Anguía e da caña do país e entrevistamos ao mellor cociñeiro galego de 2025, Víctor Basante. A actriz de dobraxe Montse Davila explícanos como é a súa profesión. Buscamos cerámica do século XVIII nun...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.