AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ 638 episodes

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A tarde 04-11-2025 04.11.2025

Falamos do "efecto café", eses pequenos gastos recorrentes que lastran os nosos petos. O economista Venancio Salcines aconséllanos como reducilos. Luis Castro, propietario da tenda Doctor Panush, cóntanos que xogos de mesa están de moda. Visitamos unha tenda de ultramarinos que leva funcionando cen anos na localidade ourensá de Palmés. Facemos unha escapada rural a Friol. Disque Vigo é a...

A tarde 03-11-2025 03.11.2025

Paco Cerdeira, Pakolas, estrea connosco o seu novo videoclip "Caldo de repolo". Felicitamos a Belem Tajes, tras recibir o premio Narf, que outorga a Deputación da Coruña. Anxos Padín sae en Vigo á procura do desaparecido"Dinosebe". Coñecemos ao ourensán Pablo González, un enxeñeiro que traballa como deseñador para Lego. Imos ata unha clínica veterinaria sen ánimo de lucro que a...

A tarde 31-10-2025 31.10.2025
A tarde 30-10-2025 30.10.2025
A tarde 29-10-2025 29.10.2025

Coñecemos a tres mulleres inmigrantes que crearon en Compostela unha cooperativa de costura, Costurearte. O antropólogo Íñigo Sánchez guianos pola instalación que montou no Gaiás "Arqueoloxía da festa". Mar Comín preséntanos o seu documental "Sacar peito", que protagoniza con outras sete doentes de cancro de mama. Saúdamos á cantante Haydee Milanés, que actúa na Coruña. O sicól...

A tarde 28-10-2025 28.10.2025

Sorprendeunos ver o nome dun gato na esquela dunha muller falecida na Coruña. Preguntámoslle a Jorge Balado, presidente da Federación Galega de Servizos Funerarios, se é frecuente atopar curiosidades coma esta. Martín Vilas, do viveiro Adoa, cóntanos como van as vendas de flores de cara ao Día de Defuntos. José Elias de la Puente fálanos dun edificio da Coruña que cumpre un século e que foi o máis...

A tarde 27-10-2025 27.10.2025

Saiunos un programa moi gorentoso. Antonio Sanmartín, da pastelería Minela da Estrada, fálanos dos doces do Samaín. Pasamos por unha churrería senlleira da Coruña e acudimos en Vigo á apertura dunha franquicia de productos sen glute. A actriz Fina Calleja explícanos como levar un ataque de risa sobre un escenario. Tamén é un programa de libros. Alfonso Goizueta preséntanos "El sueño de Troya&...

A tarde 24-10-2025 24.10.2025

A perruqueira María Martínez desvélanos se está de moda deixar de tinguir as canas. Falamos con Miguel Blanes, un ourensán cunha colección e máis de 20 mil pezas de Star Wars. Coñecemos o espazo de lectura de Gondomar. O cociñeiro Samuel Moreno, do restaurante Campanario de Luintra, prepáranos o prato co que gañou o IV Campionato de Tapas de Pinchos de Galicia. Escoitamos as queixas dos veciños de...

A tarde 23-10-2025 23.10.2025

Infiltrámonos no operativo que preparou a Unidade de Intervención da Policía para manter a seguridade no partido da Liga Europa entre o Celta e o Niza. O inspector xefe, Felipe Bruno, explícanos como se preparou. A marinense Lucía Solla prséntanos o seu libro "Comerás flores". Estreamos a canción "Invencibles", de Dani Costas. Na Coruña recollemos as queixas dos veciños da cont...

A tarde 22-10-2025 22.10.2025

Descubrimos Acemelia, unha empresa de Vigo que elabora aceite de camelia e o vende por todo o mundo. Coñecemos a un panadeiro de Celanova que reparte os seus produtos polas aldeas e lles fai recados aos residentes e a uns veciños de Cervantes que se turnan para levar ao traballo a unha muller da localidade que quedou viuva. José Miguel Viñas preséntanos o seu Diccionario Meteorolóxico e Climático....

A tarde 21-10-2025 21.10.2025

Disque cada vez a xente lle pasa menos o ferro á roupa. Para saber se é certo consultámosllo a Marifé Fernández, que ten unha tinturería nas Pontes. Raul Villares lévanos á sede do grupo Cuevas en Ourense para que nos expliquen como transforman as castañas en marrón glacé. Sés preséntanos o seu libro-disco "Nadando na incerteza". Conversamos co fotógrafo ourensán Iván Nespereira. O presi...

A tarde 20-10-2025 20.10.2025

Hai que poñerlle fin ao cambio de hora? Escoitamos a opinión do físico Jorge Mira. Nacen os premios da industria musical galega. A Asociación Galega de Empresas Musicais é quen os crea e Josiño Carballo quen nos explica con que intención. Imos a Lugo para coñecer o traballo que se desenvolve no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe O Veral. En Pontevedra sabemos como se combate con aves rapaces...

A tarde 17-10-2025 17.10.2025
A tarde 16-10-2025 16.10.2025

Para ser un bo xefe hai que ser un líder? Responde á pregunta Eduardo García, da Galicia Business School. Visitamos unha empresa no Porriño autorizada para reciclar e reutilizar productos informáticos. En Maside atopamos un equipo de fútbol sala feminino que formaron as nais de xogadores de categoría alevín e infantil. Abordamos a polémica suscitada pola intención do Concello da Coruña de impoñer...

A tarde 15-10-2025 15.10.2025

Falamos de mudanzas cos oíntes, cunha profesional do sector, Natalia Manzano, e coa nosa amiga Virtudes. Que disfraces veremos no Samaín? Sábeo Sara Tizón, da empresa Don Disfraz. O escritor lugués Francisco Narla preséntanos a súa novela "Ze, hielo y viento". Escuchando Elefantes estrea disco e del nos fala unha das compoñentes do dúo, Silvia Rábade. Conversamos coa promotora da única e...

A tarde 14-10-2025 14.10.2025

Agasallar vida é doado. Cóntanos como facelo Marisa López, responsable da Axencia de Doazón de órganos e sangue de Galicia. O voluntariado na Universidade de Compostela está en auxe e preguntámoslle por que á vicerreitora de estudantes, Pilar Murias, e ao coordenador do servizo da participación e inclusión, Juan Agrafojo. O noso compañeiro Iago Gayoso fálanos da súa actividade como piloto de rally...

A tarde 13-10-2025 13.10.2025

Rubén Prieto fálanos do video co que conseguiu xa máis de cinco millóns de reproduccións en Instagram, unha parodia sobre como reservar unha praza de aparcamento. O noso experto en seguridade vial, Maximino Pérez, explícanos se está permitido reservar as prazas. Iván Carril alerta sobre o troiado denominado Cleopatra, un novo xeito de facerse cos nosos datos bancarios. Presentamos ao músico redond...

A tarde 10-10-2025 10.10.2025

Coñecemos a Mariana Senín, unha compostelá que crea pequenas obras de arte nas unllas. Conversamos con Agustín Álvarez, un artesán que fai xoguetes de madeira. O presidente dfo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Luis Manuel Vázquez, explícanos as causas da caida da colleita de uva. Acudimos á xornada de portas abertas da Escola Naval de Marín. Imos recoller cogomelos ás Pontes e...

A tarde 09-10-2025 09.10.2025

Vai de premios. Celebramos o Premio Nacional de Circo outorgado á compañía galega Pista Catro falando con dous dos seus compoñentes, Belén Brandido e José Exposito. Felicitamos ao fotógrafo sonense Adolfo Enríquez pola Cámara de Ouro que lle outorgaron nos One Eyeland Awards. Aplaudimos ao oleirense Lucas Yañez por acadar o Campionato de Europa de Patinaxe Artística. Acudimos ao 15 aniversario da...

A tarde 08-10-2025 08.10.2025

Temos un programa feito a man polo que desfilan moitos artesáns. Coñecemos o traballo da alfareira carballesa María Barca, do escultor e luthier alaricano Arturo Andrade e da luguesa Marga Portomeñe, que fai obras con cartón pedra. Cada vez se vende en Galicia máis comida procedente doutros paises. Para saber cal falamos con Miguel Chen, que rexenta en Vigo o bazar "Asia-América". Celebr...

A tarde 07-10-2025 07.10.2025

Como de difícil é aprender a nosa lingua para un estranxeiro? Cóntanolo un irlandés que a fala perfectamente, Craig Patterson. Ollamos a lúa da colleita co astrónomo Enrique Alonso. Visitamos Lamardevan unha empresa coruñesa dedicada á transformar furgonetas en autocaravanas. Coñecemos a asociación Al-Anon y Alateen, que atende a familiares de alcoólicos. Tamén recollemos as inquietudes dunha agru...

A tarde 06-10-2025 06.10.2025

Abordamos o problema do aluguer de vivenda en Galicia coa presidenta da Asociación Galega de axencias inmobiliarias, Enma Martínez. Entrevistamos á deseñadora viguesa que se ocupou do vestiario da serie "Xogo de tronos", Arantza Vilas. A nosa colaboradora Andrea Jamardo trae da man á premiada escritora Erika Esmorís, que acaba de puiblicar tres novos libros. Animamos ao cantante Cristian...

A tarde 03-10-2025 03.10.2025

É rendible utilizar "famosos" como gancho de eventos? Responde á pregunta o responsable da axencia Corre LOLA corre, Carlos Fernández. O director do festival de maxia Galicia Ilusiona, Dani Polo, debúllanos o seu programa. Coñecemos a unha arpista que constrúe instrumentos de corda en Soutomaior, Lorena Reinaldo. Visitamos o Salón de Minerais de Compostela. Preocupámonos polos problemas...

A tarde 02-10-2025 02.10.2025

Marcus Fernández ensínanos a programar no noso móbil os teléfonos de emerxencias. Imos á inauguración da Festa do Marisco no Grove e alí mesmo asistimos ao Foro dos Recursos Mariños e a Acuicultura para falar cos seus organizadores, Manuel Rey e Jacobo Fernández. Sheila Patricia traenos un adianto do seu próximo disco e conversamos cunha viguesa, Lina de Sol, que tamén prepara lanzamento musical....

A tarde 01-10-2025 01.10.2025

O farmacéutico Iago Regueira cóntanos todo o que debemos saber do colesterol. Co doutor Norberto Proupín abordamos o "andazo" de miopía entre os rapaces. Conversamos co xove arquitecto pontevedrés Manuel Bouzas, premio Princesa de Girona. Luz Gabás preséntanos a súa nova novela "Corazón de oro". Pablo Marela convídanos ao Murallón de Son de Bandeira. Tentamos saber o por que do...

Listen to the Todos os podcast | A tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.