Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal

Society GL ↓ 322 episodes

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

#resumoesperta Do 19 ao 23 outubro de 2026 29.09.2026

#resumoesperta Subirse a un campanario para tocar as campás! Os toques tradicionais ou un concerto contemporáneo en Segovia. E ademáis, anécdotas de facer o inventario das que hai por Galicia adiante.

#resumoesperta Do 12 ao 16 outubro de 2026 29.09.2026

#resumoesperta Popurrí de historias. As maquetas de avións de guerra coas que fedella Ivo. A Senda do Lor, na que anda maquinando Pintos. Se non os coñecedes, escoitádeos na 106.1FM ás 10am.

#resumoesperta Do 5 ao 9 outubro de 2026 29.09.2026

#resumoesperta Mergullámonos no mundo das baleas con Álex Aguilar e o seu libro sobre a industria baleeira, que ten case mil anos de historia. Saberemos dun pecio, que ía á caza das baleas e afundiu en Canadá. E, ilustración científica con Alfredo López, director do CEMMA

#resumoesperta Do 28 setembro ao 2 outubro de 2026 29.09.2026

#resumoesperta Drink&Draw, quedadas para debuxar nun bar. Mulleres que fan maxia, unha viaxe por elas ó longo da historia. E teatro afeccionado, o circuito da FEGATEA no auditorio de Valladares as findes de outubro.

#resumoesperta Do 21 ao 25 setembro de 2026 25.09.2026

#resumoesperta O mundo das raias na ría, o mundo das camelias e o seu aceite (coas sementes) e o mundo dos sustos (coas andainas terroríficas). Tres mundos nun só programa!

Do 14 ao 18 setembro de 2026 18.09.2026

Neste #resumoesperta escoitades algún dos grupos que pasaron a finde polo Revoltallo, a Stoned at Pompeii. E tamén a xente que vai xogar á petanca no campo da Bouza en Coia.

Do 7 ao 11 setembro de 2026 11.09.2026

Esta mañá escoitaredes no #resumoesperta a historia de dous cementerios centenarios e irmandados. O de Matamá e o das Campeiras, nas Pontes de García Rodríguez. Entre as historias curiosas, a dos cartos que chegaron para a súa construcción dende a emigración, Arxentina e Cuba. Ademáis, a historia do ciclismo en Ponteareas, que deu varios campións da Volta a España.

Do 31 agosto ó 4 setembro do 2026 04.09.2026

#resumoesperta Hai unha semana andavamos no torreiro agardando ás carrozas. Hoxe, deja vú da sesión vermú. Por certo, mañá é a baixada dos santos! Fin de festa, de novo!

Do 24ao 28 agosto de 2026 28.08.2026

#espertaresumo co que nos contaron na semana os de Montes de Vigo e Couso, ademáis da competición dos barcos dragón no embalse de Trasona.

Luns 24/08/2026 20.08.2026

Hoxe, mentres a xente está no alto da parroquia celebrando a romería do Alba, no #resumoesperta imos á parte máis baixa da parroquia, ó Carregal, para voltar escoitar á traida de augas da zona.

Do 10 ao 14 agosto de 2026 14.08.2026

#resumoesperta. Os gustos musicais punk-rock dunha familia friki da música, que aproveitou o verán para visitar a radio.

Do 3 ao 7 agosto de 2026 07.08.2026

#resumoesperta. A aventura de construir unha canoa cos amigos e lanzarse a navegar o Miño. Imos coñecer este torrente de auga e as súas historias dende a orixe, na morrena dun antigo glaciar, o Pedregal de Irimia, ata a desembocadura na Guarda. https://orioquenosmove.gal/

Do 27 ao 31 xullo de 2026 31.07.2026

#resumoesperta a ‘Historia dos canteiros galegos entre 1850 e 1925’. Unha época gloriosa na que coinciden os cartos que chegan da emigración a América e o nacemento das escolas de artes e oficios.

Do 20 ao 24 xullo 2026 24.07.2026

No #resumoesperta imos recordar a visita ó gabinete científico no Museo do Mar e a conversa coa tripulación de fonda dun barco.

Do 6 ao 10 xullo de 2026 20.07.2026

Comezamos a semana rescatando unha conversa que nos gustou. O fenómeno micro local das rondallas e o traballo antropolóxico de Diego Pérez, abanderado na de Bembrive.

Do 29 xuño ao 3 xullo 2026 03.07.2026

No #resumoesperta escoitamos o ciclo 'Verbenas na Caridade' e a poda en altura de árbores senlleiras, que se transforman en marabillas como mesas, táboas de cortar… Ademáis un 'making of' polos pasillos da escola da banda durante a semana do saxo en Valladares.

Do 22 ao 26 de xuño 2026 26.06.2026

No #resumoesperta recuperamos a conversa cos latinos e ucranianos en galego & castelán. E o paseo pola biblio do MARCO.

Do 15 ao 19 xuño 2026 19.06.2026

Boa xente esta do fútbol gaélico! Viñeron ata o 'tenderete' un do Turonia e outro do Keltoi, ambos na selección galega. A ver se no mundial lles tocan outros países no mesmo cupo, que xa levan moitos xogando cos galos. No more franceses ;) Ademáis, luceríos varios.

Do 8 ao 12 xuño de 2026 15.06.2026

Os luns traemos un #EspertaValladares flashback. Resumimos a semana que acaba de pasar co que foi contando a prensa local sobre a parroquia e as entrevistas mais interesantes que fixemos nós. Hoxe: o paseo nocturno polos montes de Valladares & teatro en inglés para os cativos.

Do 20 ao 24 outubro de 2025 24.10.2025

Neste #resumoesperta unha homenaxe as abuelas galegas e a terriña a través da historia vital do músico Nando Vilariño. E conversa sobre os sapoconchos das Gándaras de Budiño, unha das especies incluidas no catálogo galego de especies ameazadas.

Do 13 ao 17 outubro de 2025 17.10.2025

Neste #resumoesperta conversa con Bilal Traoré, senegalego… agora en Pontevedra.

Do 6 ao 10 outubro de 2025 10.10.2025

Robots, pan e videoxogos… así vai o #resumoesperta

Do 29 setembro ao 3 outubro de 2025 03.10.2025

Recordamos no #resumoesperta a historia das piscinas olímpicas na cidade e mais das municipais. E escoitamos algún conto de vellas da zona.

Do 22 ao 26 setembro de 2025 26.09.2025

#resumoesperta Déjà vu das conversas do vernes á tardiña no De catro a catro: as lesións dos músicos e mais os fungos na illa dos baobabs.

Do 15 ao 19 setembro do 2025 19.09.2025

De entre as conversas da semana, escollemos para o #resumoesperta a da rosa narcea e a das linguas e a literatura.

Listen to the ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.