AGalegaAudio
Diario cultural | Tarde
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 27-06-2025 27.06.2025 30:59
Vituco Neira conversa con Víctor Ledo, guitarra e voz en Zavala, que publicaron disco este ano e xa traballan no seguinte. Despedímonos de Eva Mejuto, ata máis ver con lecturas orgullosas
Diario cultural 26-06-2025 26.06.2025 30:59
O sábado será a estrea do documental sobre a editorial Galaxia co gallo do seu 75 aniversario: 'Crear porvir' Tito Lesende despide a temporanda cunha selección de temas e un antollo
Diario cultural 25-06-2025 25.06.2025 30:59
Arranca en Viveiro a 20ª edición do Resurrection Fest Entrevistamos o grupo vigués Aphonnic, que toca o venres no escenario principal
Diario cultural 24-06-2025 24.06.2025 30:59
Un museo virtual da migración A Rede Museística Provincial de Lugo ten en liña este proxecto, pensado como unha ferramenta educativa para transformar a mirada sobre os movementos migratorios das persoas. O núcleo central do museo é a súa colección de voces. Con Mónica Maneiro falamos da Bienal de Pontevedra
Diario cultural 23-06-2025 23.06.2025 30:59
42ª edición da Mostra de Teatro de Cangas. Conversamos coa súa directora artística, María Armesto, e coa dramaturga Esther Carrodeguas, que modera o Torneo de Dramaturxia. Tamén é a autora de 'Melón Pelado', que a súa compañía- Butaca Zero- estrea en Galicia nesta cita. Despedimos a Patty Castro e a súa sección de metal galego, repasando a temporada que remata e emprazando aos festivais...
Diario cultural 19-06-2025 19.06.2025 30:59
Visitamos o obradoiro do músico, artesán e investigador musical Pablo Carpintero. Tito Lesende repasa o cartel da vixésima edición do Resurrection Fest.
Diario cultural 18-06-2025 18.06.2025 30:59
O Festival de Autoedición celebra esta tarde na Coruña unha xornada coa presentación das obras gañadoras do Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego 2024 Luis Yang presentará “Sunny 16”, galardoada co I Premio Autobán, e Gemma Pérez, que acadou un accésit amosará “Mi nick era #humeda”. Moderando a charla María Álvarez “Yupiyeyo” e Emma Ríos. Con esta última, que acaba de publicar “Anzuelo” en caste...
Diario cultural 17-06-2025 17.06.2025 31:05
XIII edición do Festival Atlántica de narración oral, a partir do 28 de xuño no Panteón de Galegos Ilustres. Mónica Maneiro comenta a exposición 'Cuestións de vida ou morte' que pode visitare no CGAC
Diario cultural 16-06-2025 16.06.2025 30:10
Ana Romaní repasa as medallas Castelao deste ano, nomeadamente as de Víctor Freixanes e Luar na lubre Conversamos con Samuel L París, que ten nas libraías o poemario ‘O tenro é o salvaxe’ e maila novela ‘Pifostio’ Ana Romaní repasa as medallas Castelao deste ano, nomeadamente as de Víctor Freixanes e Luar na lubre Conversamos con Samuel L París, que ten nas libraías o poemario ‘O tenro é o salvaxe...
Diario cultural 13-06-2025 13.06.2025 32:11
A artista visual Andrea Costas Lago participa na xornada 'Pensamento visual e fotografía' que organiza o Consello da Cultura no Marco de Vigo Libros musicais para todas as idades con Eva Mejuto
Diario cultural 12-06-2025 12.06.2025 32:13
Falamos cos Galician Army, desde o Son do Camiño. Tito Lesende pica dende o Son do Camiño música de grupos que actúan no festival: de Bryan Adams, a Bad Gyal e The Rapants.
Diario cultural 11-06-2025 11.06.2025 31:13
Premios e concertos para 'Basal' A Pedreira, premio Martín Códax de canción de autora
Diario cultural 10-06-2025 10.06.2025 30:59
Nadie González é a gañadora do premio Martín Códax de músicas urbanas. En 2024 publicou o seu primeiro disco, o EP 'Noctiluca scintallis'. Hip hop introspectivo con denominación de orixe da parroquia viguesa de Candeán. Mónica Maneiro analiza a exposición 'Temblor', do artista Patrick Michael Fitzgerald, na galería Nordés.
Diario cultural 09-06-2025 09.06.2025 31:05
Conversamos con Lucía Veiga, a nova presidenta da Academia Galega do Audiovisual, e Álvaro Pérez Becerra, o presidente saínte da entidade que reúne os profesionais do cine e a televisión. Patty Castro pica hoxe dous grupos galegos de death metal con voz de muller: Skullkrusher e Bloodhunter.
Diario cultural 06-06-2025 06.06.2025 31:03
A Asociación Galega de Antropoloxía dedica o seu congreso anual á emerxencia lingüística. Iria Vázquez Silva e Gabino Vázquez Grandío, vicepresidenta e vogal de Agantro, explican o que pode achegar a Antropoloxía ao debate sobre o presente e o futuro do galego. O Faro de Eva Mejuto alumea hoxe as lecturas galegas da listaxe anual de libros destacados da OEPLI, a Organización española para o libro...
Diario cultural 05-06-2025 05.06.2025 31:01
Repaso polos premiados e premiadas nas oito categorías dos Premios da cultura galega 2024, que se entregan no Teatro Jofre de Ferrol. Conversamos coa xornalista Julia Díaz, premiada na categoría de lingua. Tito Lesende analiza diferentes galardóns do ámbito musical trala entrega dos premios da Academia Española da Música e pica cancións de Sen Senra, Carabela e ELBA e Marta Vidal.
Diario cultural 04-06-2025 04.06.2025 31:01
Eladio y Los Seres Queridos publican o disco 'B.S.O. 2005 – 2025', no que revisan algunhas das súas cancións máis emblemáticas ao longo dos seus vinte anos de carreira
Diario cultural 03-06-2025 03.06.2025 30:58
O 4 de xuño Lugo acollerá a primeira das dúas xornadas A invención da tradición, que continuará o 11 de xuño en Vigo. Con esta proposta aberta a todo o público, a Real Academia Galega pretende reflexionar sobre o que motiva a aparición de festas de recreación histórica Mónica Maneiro comenta a exposición 'A memoria da cor', de Xaquín Chaves
Diario cultural 02-06-2025 02.06.2025 30:59
Lecturas sobre Gaza: poesía, ensaio e banda deseñada en galego. Pablo S Quinteiro repasa o remate da temporada sinfónica
Diario cultural 30-05-2025 30.05.2025 32:11
Mañá comeza na Estrada unha n ova edición do Orballo Cultural. Conversamos con Su Garrido Pombo do seu proxecto máis novo: Traspielas Eva Mejuto tráenos lecturas divulgativas para a rapazada
Diario cultural 29-05-2025 29.05.2025 30:57
A Bienal de Arte de Pontevedra, a máis antiga de cantas se desenvolven en España, deixou de celebrarse en 2010. Agora volve cunha edición que ten como lema "Volver a ser humanos. Ante a dor dos demais". Falamos cos comisarios do evento, Antón Castro e Agar Ledo. Ademais Tito Lesende traenos novas cancións de catro solistas galegos.
Diario cultural 28-05-2025 28.05.2025 32:13
Recibimos a visita do muradán Xian Pais, que publica o disco 'O vento da ría'. Patty Castro pica temas de Embrace me ocean e Mano de Piedra
Diario cultural 27-05-2025 27.05.2025 31:01
Os Carecos debutan co disco 'Foula' Mónica Maneiro comenta a exposición 'O retorno do máxico', no Colexio Fonseca
Diario cultural 23-05-2025 23.05.2025 30:59
O mundo da cultura chora a perda prematura de Piti Sanz Lecturas de BD con Eva Mejuto
Diario cultural 22-05-2025 22.05.2025 30:59
Arranca a 3ª edición de BDra GRÁFICA, o festival de banda deseñada do Concello de Pontevedra. Ata o día 25. Música de Carlos Ares, Chungo Pastel, Christian Silva e Restinga, con Tito Lesende
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.