AGalegaAudio
Diario cultural | Tarde
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 21-05-2025 21.05.2025 30:18
O Castelao máis íntimo chega aos cines. Estréase ‘Antes de Nós’, de Ángeles Huerta, con Xoán Fórneas no papel protagonista e Cris Iglesias como a súa dona Virxinia. Con Eva Sandino imos ata Lugo para percorrer a exposición de Christian Villamide na Galería Néboa
Diario cultural 20-05-2025 20.05.2025 30:01
Redrum estrea este venres na Coruña 'Sophie non é o meu nome de guerra', un espectáculo teatral a partir do texto homónimo de Roberto Pascual. Mónica Maneiro comenta 'Mulleres, traballo, memoria', a mostra de Mar Caldas no CGAC
Diario cultural 19-05-2025 19.05.2025 31:07
"En Cans vaise vendo ano a ano a construción dos cineastas" Alfonso Pato, director do festival de Cans, debulla connosco a programación da súa 22ª edición, que principia mañá. Pablo Sánchez Quinteiro avánzanos a programación de música clásica para os días videiros
Diario cultural 16-05-2025 16.05.2025 32:13
Isabel Freire conversa con Rodrigo Romaní sobre Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas nas Letras Galegas de 2025. Eva Mejuto compila algúns dos últimos libros infantís sobre as cantareiras
Diario cultural 15-05-2025 15.05.2025 32:15
Óliver Laxe compite na sección oficial de Cannes con ‘Sirat’ Isabel Freire fala co músico Richi Casás, neto e afillado de dúas das cantareiras que personifican á homenaxe da RAG ao noso patrimonio oral popular. A playlist de Tito Lesende
Diario cultural 14-05-2025 14.05.2025 30:06
Isabel Freire entrevista á musicóloga e antropóloga social Beatriz Busto, autora do libro 'Pandereteiras de Mens'. A Orquesta Folclórica de Galicia SonDeSeu ofrecerá este sábado en Vigo ‘Arpas atlánticas’. Conversamos co seu director artístico, Xaquín Xesteira
Diario cultural 12-05-2025 12.05.2025 30:02
"O meu cine fala das cousas e persoas que perdemos" Alfonso Zarauza celebra 30 anos de cinema cunha retrospectiva en Numax, unha exposición na Zona C de Santiago e o Pedigree de honor do Festival de Cans Trashnos e Sicixia con Patty Castro
Diario cultural 09-05-2025 09.05.2025 31:13
O Festival Escenas do Cambio, que está a ter lugar en Compostela, acada a 11ª edición e programa 16 espectáculos de teatro, danza e arte en acción Achegámonos a tres destas propostas singulares. E lectúra fácil con Eva Mejuto
Diario cultural 08-05-2025 08.05.2025 31:03
Un libro e un espectáculo recuperan a figura do médico, músico e escritor Luís Taibo A playlist de Tito Lesende: Mondra, Pava, Tandub
Diario cultural 07-05-2025 07.05.2025 32:11
Empeza en Tui a XXI edición do festival Play-Doc Inaugúrase co espectáculo Traspielas, da cantautora galega Su Garrido Pombo. Tamén se vai proxectar o documental de Pablo Villalobos sobre Carlos Oroza ¡Queres saír podes entrar’, que conmemora o centenario do poeta.
Diario cultural 05-05-2025 05.05.2025 31:13
'Orbital' de Samantha Harvey, premio Booker 2024, publicado en galego por Rodolfo e Priscila. Con Pablo S. Quinteiro achegámonos á VIII Edición doFestival de Música Contemporánea da Coruña
Diario cultural 02-05-2025 02.05.2025 32:15
'Dance Join', o novo espectáculo de danza de Marta Alonso, hoxe en Lugo Eva Mejuto fálanos de 'Retorno' e dos premios Premios Follas Novas
Diario cultural 01-05-2025 01.05.2025 30:59
Chavellos é unha formación viguesa que combina instrumentos tradicionais con zanfonas, acordeóns e percusión. Andan a presentar o seu vinilo de edición limitada “Chavellos sinfónico”. Tito Lesende repasa os artistas galegos galardoados nos premios MIN
Diario cultural 30-04-2025 30.04.2025 30:00
Fillas de Cassandra publican ‘Hibernarse’ E metal con selo feminino con Patty Castro
Carlangas monta unha romaría para presentar disco 25.04.2025 30:59
Carlangas organiza unha romaría este sábado polos seus locais favoritos de Santiago para presentar "Bailódromo - Vol. 1"
Diario cultural 25-04-2025 25.04.2025 30:59
Carlangas organiza unha romaría este sábado polos seus locais favoritos de Santiago para presentar "Bailódromo - Vol. 1" Eva Mejuto recomenda lecturas de ciencia ficción
Diario cultural 24-04-2025 24.04.2025 31:05
Arranca na Coruña a quinta edición do EMHU, o Encontro Mundial do Humorismo. Conversamos co seu director artístico, Luis Piedrahita. A lista de reprodución de Tito Lesende
Diario cultural 22-04-2025 22.04.2025 32:12
Faia presenta o disco 'Alvela' , que mañá se estrea ao vivo e nas plataformas Mónica Maneiro comenta, unha exposición de Enar de Dios Rodríguez na NORMAL da UDC
Diario cultural 21-04-2025 21.04.2025 31:02
'Soterradas: vidas e historias. As mulleres: Walter Ebeling' Exposición no Museo Fortaleza de San Paio de Narla Música clásica con Pablo Sánchez Quinteiro
Diario cultural 16-04-2025 16.04.2025 31:00
Sicixia, o novo no metal galego “Cascallos” é o seu traballo de presentación. Manel Cráneo convida a Alberto Taracido, que leva a Europa o barrio coruñés de Labañou na súa última BD
Diario cultural 15-04-2025 15.04.2025 32:13
’Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión’ Unha exposición no Museo do Pobo Galego que tece a cadea de transmisión da oralidade, dende as primeiras compilacións ata a democracia, pasando polas recolleitas do Seminario de Estudos Galegos, ata hoxe. Mónica Maneiro comenta a exposición de Amaya González Reyes na Galería Trinta de Santiago
Diario cultural 14-04-2025 14.04.2025 30:02
A Casa das Peritas reabre na Semana Santa con arte contemporánea e espectáculos na aldea de Mallas, en Fisterra. O sábado farán unha acción colectiva relacionando arte e natureza cos espectadores. Conversamos coa comisaria da exposición 'Corpos', Natasha Lelenco, e con Óscar Aldonza, un dos artistas participantes. Coñecemos os gañadores de ‘Escoitamos teatro 2025’ e os datos máis recente...
Diario cultural 11-04-2025 11.04.2025 30:01
TanDuB publican o seu primeiro álbum, 'Saha' Eva Mejuto chega cargada de libros para cociñar coa rapazada nas vacacións de Semana
Diario cultural 10-04-2025 10.04.2025 32:15
Oliver Laxe, con ’Sirat’ e a película viguesa de Carla Simón ‘Romería’competirán pola Palma de Ouro na sección oficial da 78.ª edición do Festival de Cannes. A playlist de Tito Lesende
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.