AGalegaAudio
Diario cultural | Tarde
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 09-04-2025 09.04.2025 31:15
Visitamos con Vituco Neira a exposición 'Narcisa e os monos voadores', no Colexio de Fonseca (USC) en Santiago. 'A busca de Muncho', con Manel Cráneo
Diario cultural 08-04-2025 08.04.2025 31:07
Encontro universitario de danza en Santiago e exposición de Christian Villamide en Lugo con Mónica Maneiro
Diario cultural 07-04-2025 07.04.2025 31:01
O primeiro disco en solitario de Fer ( a metade dos desaparecidos Verto ). As citas coa clásica con Pablo s. Quinteiro
'Unha historia' 07.04.2025 31:01
“Unha historia” é o primeiro traballo en solitario de Fer, a metade daqueles Verto que puxeron do revés a escena galega hai uns anos. Neste disco hai trece temas que camiñan entre o urbano e o pop máis intimista e cargado de humanidade.
Diario cultural 04-04-2025 04.04.2025 31:01
O músico lugués Diego Flâneur publica o seu primeiro disco, 'Nebra pecha'. 'Migrantes' e 'Gatlock', no Faro dos libros de Eva Mejuto
Diario cultural 03-04-2025 03.04.2025 32:02
O Kiosco Afonso acolle ata o 27 de abril a mostra ‘A cidade das artes’, coa que se conmemora o 175º aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes Tito Lesende repasa a obra de Lenny Kravitz
Diario cultural 02-04-2025 02.04.2025 31:02
Nestes días fanse 25 anos da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Conversamos co historiador Adolfo de Abel Vilela e co arqueólogo Enrique Alcorta Manel Cráneo revélanos os 'protocómics' de Isaac Díaz Pardo
Diario cultural 01-04-2025 01.04.2025 31:55
O Día das Artes Galegas recorda a Isaac Díaz Pardo Homenaxe a unha figura fundamental para as artes contemporáneas en Galicia Mónica Maneiro tráenos ‘Os debuxos de Alejandra Pombo Su’
Diario cultural 31-03-2025 31.03.2025 30:57
Óscar Corral, premio Ortega y Gasset de Fotografía O fotógrafo compostelán é recoñecido por unha imaxe sobre as consecuencias da DINA. Escoitamos grindcore, doom e occult rock con Patty Castro
Diario cultural 28-03-2025 28.03.2025 30:57
'San Antonio', primeiro disco en galego de Los Eternos A banda cedeiresa de country-rock publica o seu sexto álbum Eva Mejuto proponnos libros de Marilar Aleixandre e Dani Blanco
Diario cultural 27-03-2025 27.03.2025 30:57
'Estrutura dun zumbido', de Alberto Ovejero. Exposición na Fundación Granell de Santiago . Tito Lesende pica os éxitos máis recentes do panorama galego
Diario cultural 26-03-2025 26.03.2025 30:56
A memoria poética do Vigo obreiro Cynthia Menéndez debuta na novela con 'Son coma glaciares os barcos de aceiro'. Manel Cráneo convida o guionista coruñés Carlos Ares
Diario cultural 25-03-2025 25.03.2025 30:57
Michu Malvar tocaba a batería en grupos de rock ata que decidiu dar un paso adiante e cantar as súas propias cancións. Así naceu o proxecto Michu da Rocha, que acaba de publicar o disco 'Tempos de entroidar'. Rock de autor con mirada irónica desde Vigo. Mónica Maneiro comenta 'Espazo e tempo. A scultura na Colección Abanca'
Diario cultural 24-03-2025 24.03.2025 30:57
Preestréase en Ourense o documental 'Anatomía dun forno', que testemuña un proxecto de investigación de arqueoloxía experimental, iniciado na USC en 2010, que mudou as hipóteses sobre os usos de fornos coma o atopado en Castromao nos 60’s e abre novas vías para analizar o papel das landras na sociedade castrexa. Pablo Sánchez Quinteiro repasa os concertos que as grandes orquestras galega...
Diario cultural 21-03-2025 21.03.2025 30:57
'Salvaxe, salvaxe' chega aos cines. Conversamos co seu director, Emilio Fonseca. Eva Mejuto recomenda dúas lecturas moi cinematográficas
Diario cultural 20-03-2025 20.03.2025 30:06
Adiantámonos ao Día da Poesía co novo recital multimedia de Silvia Penas e Samuel Merino, 'De rota raposa'. Tito Lesende pica o último de Fillas de Cassandra e recorda os próximos concertos de Ortiga e Monoulious Dop.
Diario cultural 19-03-2025 19.03.2025 30:59
No centenario do nacemento de Virxilio, unha exposición reúne obra inédita do pintor ourensán no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Con Manel Cráneo conversamos con Alejandro Casasola, presidente da Sectorial do Cómic, impulsora da celebración do Día do Cómic e do Tebeo.
Diario cultural 18-03-2025 18.03.2025 29:02
Lembramos o actor Xabier Deive, finado en 2024 aos 54 anos. A Asociación de Actores e Actrices concédelle o Premio de Honra Marisa Soto a título póstumo. Coñecemos a última mostra de Irene Grau en conversa coa artista e con Mónica Maneiro.
Diario cultural 17-03-2025 17.03.2025 30:57
'Tinta de Lura', institutos galegos premian as mellores BD Dous centros de Cangas e Ourense promoven a segunda edición deste premio de cómic. Patty Castro pica death metal e stoner doom metal
Diario cultural 14-03-2025 14.03.2025 30:08
Premio Princesa de Girona para o galego Manuel Bouzas O arquitecto pontevedrés acada o galardón na categoría de arte Eva Mejuto recomenda 'Erea e as agullas máxicas' e 'Basta!
Diario cultural 13-03-2025 13.03.2025 30:57
Ata o 18 de maio pódese visitar en Vigo, no Museo do Mar, a mostra 'Nicolás Muller en Galicia'. A exposición reúne 50 imaxes tiradas na Galicia dos 60 deste fotógrafo documental nado en Hungría. Tito Lesende pica novas cancións de Mondra, Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit, e avanza concertos de De Ninghures e Eris Mackenzie.
Diario cultural 12-03-2025 12.03.2025 30:55
Comeza a vixésima edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cinema Pepe Coira, que comentará a película 'O carro e o home', coguionizada polo etnógrafo Xaquín Lorenzo 'Xocas' en 1940. Manel Cráneo preséntanos a Paula Mayor, que acaba de pu...
Diario cultural 10-03-2025 10.03.2025 30:57
Vituco Neira fala con M.ª Xosé Bravo, da AC Alexandre Bóveda, a propósito de ‘A Coruña das mulleres’, unha exposición e un roteiro sobre o fondo documental, gráfico e audiovisual que compilaron coa fin de recuperar a memoria feminina da historia da cidade. A lista de reprodución de Pablo Sánchez Quinteiro
Diario cultural 07-03-2025 07.03.2025 30:57
‘Galegas na música’, de Isabel Blanco con ilustracións de María Lapido.. Vituco Neira conversa coa autora. Eva Mejuto recomenda lecturas para o 8-M.
Diario cultural 06-03-2025 06.03.2025 30:57
Aaron Valle preséntanos 'Escándalo no escuro', o segundo LP de Amoebo, un dobre álbum cunha cara máis hedonista e urbana e outra máis rockeira e introspectiva. No día da publicación de 'III', Tito Lesende guíanos polo terceiro álbum de Grande Amore. Escoitamos tamén a nova canción de Alana e música de Víctor Aneiros, que celebra 25 anos de carreira.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.