AGalegaAudio
Diario cultural | Tarde
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 05-03-2025 05.03.2025 30:55
'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' , unha biografía escrita por Carlos Rego que repasa a traxectoria musical do mozo compostelán que tocaba en grupos 'yeyé' e que despois foi membro de Voces Ceibes, publicou tres discos en solitario e enlazou a súa xeración coa da Movida viguesa. Manel Cráneo dedica o seu espazo semanal de BD ao arousán Jaime Asensi, un destacado ilustrador,...
Diario cultural 04-03-2025 04.03.2025 30:57
Chega aos teatros a montaxe 'As desterradas', baseada na peza do mesmo título coa que Carme Varela gañou o premio Álvaro Cunqueiro. A historia das monxas rebeldes de San Salvador de Albeos está dirixida por Quico Cadaval e interpretada por Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira. Mónica Maneiro avánzanos a presenza galega en ARCO...
Diario cultural 03-03-2025 03.03.2025 30:57
Susana Rodríguez Barcia e Bosco Gil preséntannos 'Cantos do mar', unha compilación de cantigas mariñeiras de tradición anglosaxoa traducidas ao galego. Patty Castro pica dúas bandas galegas de death metal, os composteláns Absorbed e os lugueses Barbarian Prophecies.
Diario cultural 28-02-2025 28.02.2025 30:57
Chega aos cines a segunda película da directora luguesa Olga Osorio. 'El secreto del orfebre' está baseada nunha novela de Elia Barceló e protagonizada por Mario Casas e Michele Jenner. E Eva Mejuto propón lecturas de dúas editoras galegas de LIX creadas por mulleres, Patas de Peixe e Verme Editora.
Diario cultural 24-02-2025 24.02.2025 30:57
A mostra 'Humor para mundo. Que graza!' recolle 50 viñetas de Pepe Carreiro publicadas por 'Xornal de Galicia' na primeira década deste século. Política, lingua, xudicatura, condicións laborais... son algúns dos temas tratados nesta selección, que incorpora cor, unha singularidade dentro da longa traxectoria de Carreiro como humorista gráfico. Pablo Sánchez Quinteiro destaca a...
Diario cultural 21-02-2025 21.02.2025 30:57
O grupo muradán de rock Terbutalina despídense do público despois de 15 anos de traxectoria, 9 discos e centos de concertos. Lembramos a súa pegada na música galega con grupos influídos por eles como Grande Amore e The Rapants e compañeiros de xeración como Familia Caamagno. Eva Mejuto propón hoxe lecturas para os pequerrechos: 'Números', premiado en Boloña, e 'Dona Carme', un...
Diario cultural 20-02-2025 20.02.2025 30:57
Isabel Risco preséntanos 'As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante', un espectáculo no que esta superheroína do país se enfronta ao esmorecemento da cultura galega. Estréase o 23 de febreiro na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. Tito Lesende pica música de Budiño, Marián, Heredeiros da Crus e Ruxe Ruxe.
Diario cultural 19-02-2025 19.02.2025 30:57
'Sol Fuerza' é o novo espectáculo da compañía aAntena, no que tres historias trenzan unha comedia sobre o futuro do planeta. Lucía Veiga, Manu Fernández e Virxinia Bermúdez forman o elenco do espectáculo, dirixido por Xosé Leis, que se estrea o sábado 22 en Vimianzo. Manel Cráneo trae ás nosas conversas comiqueiras o debuxante e humorista gráfico Santy Gutiérrez, desta volta para falar...
Diario cultural 17-02-2025 17.02.2025 30:57
'Galegas' é a terceiro xogo de cartas que promove o proxecto 'Feminismos no tempo'. De Ana Kiro a Mercedes Peón, de Juana de Vega a Carmen Avendaño, das mulleres espontaneadas ás cigarreiras coruñesas , 55 cartas para coñecer máis protagonistas da nosa Historia. Patty Castro mergúllanos nos comezos do metal extremo no país a través do libro 'Historia del metal extremo en G...
Diario cultural 14-02-2025 14.02.2025 30:55
Helena Egea presenta 'Flares of life', o seu primeiro EP. Debut da compañía Bengala Teatro Físico Estrean en Lugo o espectáculo 'En carne viva
Diario cultural 13-02-2025 13.02.2025 30:57
O colectivo artístico Resaca emocional preséntanos o seu primeiro disco, 'De amor', que publican o día de San Valentín. Berto Mira e Ash Diz explícanos a ética e a estética destas cancións que falan do amor "desde a intimidade e a vulnerabilidade". Tito Lesende pica novas cancións de Amoebo, Agoraphobia, o proxecto Gala i Ovidio, que comparten Aida Tarrío e Raül Refree e mais a...
Diario cultural 11-02-2025 11.02.2025 30:57
O grupo Luar na Lubre vai pedirlle á RAG que inclúa 'lubre' no seu Dicionario. Bieito Romero explica como escolleu o nome para a banda e Manuel González, director do Dicionario, debulla os criterios da Academia para incorporar novas palabras. Mónica Maneiro comenta a exposición de Carlos Fernández- Pello 'Alguien nos entenderá cuando estemos muertos', na Galería Nordés, A most...
Diario cultural 10-02-2025 10.02.2025 30:57
Conversamos co arquitecto Fernando Blanco co gallo da exposición sobre a súa obra que acolle a Fundación Luís Seoane da Coruña. A mostra 'Fernando Blanco' inclúe proxectos arquitectónicos, pintura e escultura e compleméntase cunha publicación do mesmo título. Pablo Sánchez Quinteiro proponnos hoxe unha peza de Rogelio Groba, un concerto de piano de Mozart e música de cámara a cargo do Cu...
Diario cultural 07-02-2025 07.02.2025 30:55
O novo espectáculo de Ibuprofeno Teatro aborda a reconversión industrial na ría de Vigo a partir da experiencia persoal do pai do autor e director do texto, Santiago Cortegoso. En escena, oito intérpretes forman unha charanga que nos guía pola historia recente. Trala estrea na Coruña, a montaxe emprende xira por Galicia. Eva Mejuto proponnos lecturas sobre mulleres creadoras de cultura. 'Cant...
Diario cultural 06-02-2025 06.02.2025 30:57
Repasamos as candidaturas dos premios Mestre Mateo, que acaparan a serie 'Rapa' e as películas 'As Neves', 'Honeymoon' e '+Cuñados'. A gala de entrega realizarase en Lalín o 15 de marzo, e será retransmitida pola TVG. Tito Lesende pica novas cancións de De Ninghures e Rhome e avanza concertos en Galicia de León Benavente e Virginia Maestro.
Diario cultural 05-02-2025 05.02.2025 30:57
Celanova acolle a estrea da montaxe teatral 'O proceso', de Malasombra Producións, escrita e dirixida por Cándido Pazó. A peza relata en ton de sainete cómico o proceso xudicial contra Curros Enríquez, tras ser denunciado por herexía polo bispo de Ourense. Manel Cráneo analiza a última edición do festival de BD da cidade francesa de Angoulême, que este ano tivo a España como país convida...
Diario cultural 04-02-2025 04.02.2025 30:57
Celebramos os 25 anos de Sumrrá, o trío de jazz formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería LAR Legido. Escoitamos os integrantes do grupo e algúns dos seus seareiros e seareiras. Mónica Maneiro comenta a exposición 'Ollos de vidro' comisariada por Germán Labrador, que pode visitarse no Auditorio de Galicia de Santiago ata o 25 de maio.
Diario cultural 03-02-2025 03.02.2025 30:57
Conversamos con algúns dos premiados na oitava edicion de Youtubeiras+: o videopodcast Exército Mekemeke, a creadora de contido Prado Rúa, a tiktokeira Sara Seco e a revista dixital sobre cultura tradicional Rebelico.
Diario cultural 31-01-2025 31.01.2025 30:57
Bea Lema, Alba Chan e Ene son tres das autoras galegas que participan no Festival de BD de Angoulême, un dos encontros de cómic máis importantes do mundo. España é o País Foco desta edición do festival francés. Eva Mejuto propón lecturas que recordan a barbarie dos campos de exterminio nazis, na semana do 80 aniversario da liberación de Auschwitz.
Diario cultural 30-01-2025 30.01.2025 30:57
O día da Ilustración homenaxea a Xosé Vizoso. A playlist de Tito Lesende
Diario cultural 29-01-2025 29.01.2025 30:57
A banda da Loba entrégase ao 'Lovismo' O quinto disco do grupo ten o amor como fío condutor. Presentarase en directo na sala Capitol de Santiago o 1 de febreiro. O último mércores de cada mes Manel Cráneo convida un lector de banda deseñada para que comparta coa audiencia os gustos e recomendacións comiqueiras. Desta volta é arqueólogo coruñés Antón Malde
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.