AGalegaAudio

Diario cultural | Tarde

Society GL ↓ 395 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 27-01-2025 27.01.2025

'Runrún' e música clásica con Pablo Sánchez Quinteiro  Conversamos coa escritora Ana Varela, que debuta na narrativa con 'Runrún', unha novela ambientada en Ferrol que fala de afectos e saúde mental. Pablo Sánchez Quinteiro destaca a presenza en Galicia de directores de orquestra como Markus Stenz, Chloé van der Soeterstède e Elim Chan.

Diario cultural 24-01-2025 24.01.2025

Conversamos cos autores do libro 'A Galicia deseñada', un percorrido histórico polo deseño galego, a través de 100 símbolos, marcas e identidades gráficas que explicación a evolución do patrimonio visual. Eva Mejuto recorda a Bernardino Graña a través das súas obras para público infantil e xuvenil.

Diario cultural 23-01-2025 23.01.2025

Conversamos coa filósofa Margot Rot, especializada en teoría e crítica da cultura e autora do libro 'Infoxicación' no que reflexiona sobre o noso presente tecnolóxica e reivindica o valor da virtualidade como parte da vida contemporánea. Tito Lesende pica cancións dos novos discos d´A Banda da Loba e mais de Mariagrep. Escoitamos tamén a Hydn e a Los Punsetes, que están de xira por Galic...

Diario cultural 22-01-2025 22.01.2025

Escoitamos '2', o primeiro álbum de Mocho Gris, un dúo formado polo galego Lucas de Centi e o portugués João Neves. Manel Cráneo fálanos de cómics que pasan ao dominio público.

Diario cultural 21-01-2025 21.01.2025

O Observatorio da Cultura Galega publica un informe que describe a evolución dos museos galegos nos últimos vinte anos. Conversamos co coordinador do Observatorio, Häkan Casares. Mónica Maneiro analiza a exposición 'Melancholy Moon', da artista Haya Blanco, que pode visitarse na Galería Metro de Santiago.

Diario cultural 20-01-2025 20.01.2025

Cecilia F. Santomé presenta 'As despedidas', crónica íntima dunha familia que vela o avó finado na casa. Patty Castro fálanos hoxe de Unnatural, pioneiros galegos do death metal e dos ferroláns Uns

Diario cultural 17-01-2025 17.01.2025

Vilalba acolle o I Campus da Regueifa, un encontro no que participan 25 regueifeiras e regueifeiros adolescentes de diferentes comarcas galegas. Eva Mejuto propón libros que falan de tobos e de cacas: 'Por tobos e tobeiras' e 'Parque de atraccións: a fábrica da caca'.

Diario cultural 16-01-2025 16.01.2025

O Salón Teatro de Santiago acolle unha vintena de funcións de 'Nada se sabe', un espectáculo inclusivo no que catro intérpretes con discapacidade cuestionan a visión da sociedade sobre a diferenza. Tito Lesende pica novas cancións de catro artistas galegos: Deleiba, Sila Lúa, Pablo Lesuit e Cora.

Diario cultural 15-01-2025 15.01.2025

O músico e produtor porriñés Peter Petrowski publica 'All Stars', un álbum con máis de 20 colaboracións que celebra os seus dez anos. Manel Cráneo convídanos a ler as viñetas de Mafalda, a nena sabia e inconformista creada por Quino en 1964.

Diario cultural 14-01-2025 14.01.2025

A Estrada recorda a Avelina Valladares no bicentenario do nacemento da escritora. Repasamos a súa biografía e obra con Xosé Luna, que editará as súas obras completas en 2025, e con Santiago Cortegoso, que estreará en abril un musical sobre a poeta de Berres. Mónica Maneiro comenta a mostra 'Brillo arenoso y dorado' da artista andaluza Cristina Mejías, na galería Nordés da Coruña.

Diario cultural 13-01-2025 13.01.2025

Conversamos con María Xosé Porteiro sobre o seu ensaio 'As benfaladas', que rememora o longo camiño das mulleres para poder usar a súa voz no espazo público. Pablo Sánchez Quinteiro repasa os primeiros concertos do ano da Real Filharmonía e a Sinfónica de Galicia.

Diario cultural 10-01-2025 10.01.2025

Lembramos a Trinidad Falcés, activista coruñesa finada en 2022, tras unha vida marcada pola represión da ditadura ás persoas LGBTQ+. A exposición 'Relembrando a Trini', pode visitarse na Biblioteca Durán Loriga da Coruña ata o 15 de xaneiro. Comisariouna a artista Sergio Marey, autora tamén do libro 'É mellor loitar que morrer de fame'. Eva Mejuto trae ao seu Faro de lecturas L...

Diario cultural 09-01-2025 09.01.2025

O actor e escritor Manuel Cortés presenta 'O último home', unha comedia poética unipersoal construída como un recital de poesía acompañado pola música da dj Russ. O espectáculo, dirixido por Borja Fernández e producido por Ainé, estréase os días 11 e 12 de xaneiro na Sala Ártika de Santiago. Tito Lesende reivindica as salas de concertos galegas e pon o foco no calendario da Sala Capitol...

Diario cultural 08-01-2025 08.01.2025

A actriz Mónica Camaño e o músico Xurxo Varela forman parte do amplo elenco de 'Frágua de amor', unha coprodución do clásico do dramaturgo portugués Gil Vicente na que participa o Centro Dramático Galego. O Salón Teatro acolle a única función en Galicia o 10 de xaneiro. Manel Cráneo recorda o décimo aniversario do atentado contra a revista satírica francesa 'Charlie Hebdo'

Diario cultural 07-01-2025 07.01.2025

A banda estradense Os John Deeres presenta o seu cuarto disco, 'O círculo das formigas', un disco conceptual que retrata a sociedade contemporánea a través de dúas longas cancións divididas en catro partes: 'Pulso' e 'Inercia'. Na sección de arte contemporánea de Mónica Maneiro, conversamos sobre arte téxtil coa artista, deseñadora e investigadora Sara Coleman pola sú...

Diario cultural 06-01-2025 06.01.2025

Ana Romaní achéganos á exposición "Fío do norte" conversando co seu comisario, Juan Luis Toboso. O presidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos, fálanos da celebración dos cen anos da fundación da editorial Lar. Ademáis contabos coa colaboración da nosa especialista en "Metal" galego, Patty Castro.

Diario cultural 03-01-2025 03.01.2025

Rosalía Rodríguez, da agrupación dos Chichisos, e Alba Amoedo, do Rancho de Reis das Cortellas, veñen a demostrar que esta tradición de Nadal segue viva. Eva Mejuto déixanos un par de recomendacións literarias por se os máis pequenos aínda queren pedir algo máis ós Reis Magos

Diario cultural 02-01-2025 02.01.2025

Conversamos con Paula Cabaleiro e Rosario Sarmiento, comisarias de artes, para que nos recomendaran distintas actividades de ocio cultural que facer cos máis pequenos da casa. Tito Lesende achéganos adiantos de grupos e cantantes galegos e galegas que van sacar disco nos primeiros meses deste acabado de chegar 2025.

Diario cultural 31-12-2024 31.12.2024

'A profundidade esencial da terra' explora a influencia do surrealismo nos artistas Manuel Colmeiro e Benjamín Palencia nos anos trinta do século pasado. Mónica Maneiro comenta a exposición 'Lanzarote' do fotógrafo Jesús Madriñán, que pode visitarse na galería Trinta de Santiago ata o 31 de xaneiro.

Diario cultural 30-12-2024 30.12.2024

Conversamos con José Manuel López, a primeira pesoa en conseguir un título de máster en interpretación musical polo itinerario de gaita. Patty Castro resume o percorrido que fixemos en 2024 pola historia do metal en Galicia e Pablo Sánchez Quinteiro escolle os principais acontecementos da clásica no país este ano.

Diario cultural 27-12-2024 27.12.2024

O artista muradán 9Louro preséntanos o seu primeiro disco, 'Nove noves'., no que explora diferentes camiños de expresión musical dentro das músicas urbanas. Eva Mejuto selecciona lecturas para todas as idades deste 2024: álbums ilustrados, novela, poesía, teatro, BD, traducións...

Diario Cultural 26-12-2024 26.12.2024

Coñecemos a Furgoteca, un servizo público de biblioteca móbil que percorre 20 concellos das provincias de Lugo e Ourense. Tito Lesende escolle cinco momentos musicias significativos do ano que remata.

Diario cultural 24-12-2024 24.12.2024

“Para que unha tradición siga viva ten que ser do pobo”. Conversamos de panxoliñas con varios músicos galegos: do tradi ao rock pasando polos clásicos angloxasóns. Mónica Maneiro comenta a exposición sobre Irving Penn organizada pola Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) no porto da Coruña

Diario cultural 23-12-2024 23.12.2024

Tres Pesos (Pepe de Calo, Xoán Porto e Felisa Segade) tocan e cantan no Diario Cultural pezas do seu disco novo ‘Cantares e contares’. Chelo Loureiro e Ana Vallés, distinguidas polo Goberno coa Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes

Diario cultural 20-12-2024 20.12.2024

Repasamos concertos de Nadal de diferentes xéneros: do 'Wonder Christmas' dos rockeiros vigueses á xira de Nadal de Carlos Núñez ou 'O segredo de Joseph Haydn', unha proposta de Fisión Atlántica que une os cuartetos de Haydn coas danzas de Reis de Guláns, a prosa de Suso de Toro e as ilustracións de Xosé Cobas. Eva Mejuto traénos lecturas musicais: un 'Cantacontos de Nadal...

Listen to the Diario cultural | Tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.