AGalegaAudio

Diario cultural | Tarde

Society GL ↓ 395 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 18-12-2024 18.12.2024

Conversamos co escritor Alberto Ramos sobre a súa novela 'Pirotecnia', coa que gañou por segunda vez o premio Repsol de Narrativa Breve. Manel Cráneo recomenda cómics de Emma Ríos, Aldara Prado, Alicia Jaraba, Bea Gregores e Ana Moreiras.

Diario cultural 17-12-2024 17.12.2024

A mostra 'Castelao. O retorno a Galicia, 1984. A presenza de Rianxo' é o limiar do Ano Castelao en Rianxo. Trátase dunha exposición de fotografías tiradas polo xornalista Xan Carballa o 28 de xuño de 1984, no polémico regreso dos restos mortais de Castelao a Galicia. Mónica Maneiro comenta a mostra 'A mi padre', na que se rende homenaxe ao artista Teo Soriano e ao seu proxenito...

Diario cultural 16-12-2024 16.12.2024

Conversamos con Alberto Rodríguez Arias, autor dun libro sobre a historia arquitectónica das estacións de servizo en España. Ata os anos 60, as gasolineiras serviron como campo de probas para introducir as ideas da arquitectura de vangarda. Pablo Sánchez Quinteiro avánzanos un concerto colaborativo da Real Filharmonía de Galicia. En 'Cantamos!' participarán varios coros amadores e novas...

Diario cultural 12-12-2024 12.12.2024

Coñecemos o centro museográfico que a Fundación Legar acaba de abrir na aldea da Seara, no concello de Quiroga. Expóñense uns 700 instrumentos de música galega de raíz da colección do artesán, gaiteiro e estudoso Xavier Blanco. Tito Lesende repasa a traxectoria musical de Rod Stewart que o 15 de decembro dará na Coruña o seu primeiro concerto en Galicia.

Diario cultural 11-12-2024 11.12.2024

Ailá preséntanos o seu cuarto disco, 'Tradimensional', no que volven reunir un repertorio orientado ao baile. O grupo incorpora unha nova integrante, a zanfonista Manuela Fraguela de 17 anos. Conversamos coa vocalista e pandeireteira Ángela Carou e co acordeonista Xan Pampín. Manel Cráneo fálanos de horror e ciencia ficción na banda deseñada a través do fanzine coruñés Altar Mutante, que...

Diario cultural 09-12-2024 09.12.2024

O historiador Xavier Castro Pérez preséntanos 'Ben mantidos', unha historia cultural da gastronomía galega que publica a editorial Galaxia. Escoitamos con Patty Castro dous grupos históricos do metal con raíces galegas, os morracenses Astarot e os vigueses Mileth.

Diario cultural 06-12-2024 06.12.2024

Presenciamos os ensaios do concurso Compostela Lirica, no que participan unha trintena de cantantes de 11 nacionalidades. Eva Mejuto recoméndanos libros que falan sobre libros desde a Feira de Guadalajara, en México.

Diario cultural 04-12-2024 04.12.2024

'Céspede artificial', escrita e dirixida por Avelina Pérez, é unha das pezas de teatro radiofónico gañadoras do certame Escoitamos Teatro, promovido pola Fundación SGAE e Radio Galega. Está interpretada por Iria Azevedo e Fran Nogueira. Manel Cráneo fálanos de cómic desde México. Celébrase a Feira Internacional do Libro de Guadalajara, o evento editorial máis importante de Iberoamérica,...

Diario cultural 03-12-2024 03.12.2024

'Propósito de emenda' é unha das obras de teatro radiofónico gañadoras da última edición do certame 'Escoitamos teatro', impulsado pola Fundación SGAE e pola Radio Galega. Escrita e dirixida por Marta Lado, está interpretada por Marta Ríos e Jorge Varandela. Mónica Maneiro comenta a mostra 'Afectos dixitais' na que unha ducia de artistas reflexionan sobre os cambios q...

Diario cultural 02-12-2024 02.12.2024

Escoitamos 'Petricor', unha peza de teatro radiofónico escrita e dirixida por Lidia Fraga e interpretada por Fernando Tato e Iria Sobrado. 'Petricor' é unha das obras gañadoras da última edición do certame 'Escoitamos teatro', iniciativa da Fundación SGAE e a Radio Galega. Con Pablo Sánchez Quinteiro escoitamos música de Marianne von Martinez, Gioachino Rossini e Joha...

Diario cultural 29-11-2024 29.11.2024

Especial en directo dende Culturgal 2024 con Anxo Suances e lecturas con Eva Mejuto

Diario cultural 28-11-2024 28.11.2024

O grupo Chévere volve botar man das Ultranoites para retratar de maneira irreverente a actualidade. Levan a Culturgal unha 'Ultranoite Cultureta' e en Nadal farán cinco funcións da Ultranoite 115 na Sala Capitol de Santiago. Tito Lesende pica cancións de Belem Tajes, Noite Atari, a colaboración de Shinova e Tanxugueiras e o 'Cuento de hadas en Madrid' de Iván Ferreiro.

Diario cultural 27-11-2024 27.11.2024

O Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol acolle ata o 5 de xaneiro a retrospectiva 'Dessassosegos 1970-2024' do artista Manuel Patinha. Manel Cráneo fala de museos de banda deseñada e fainos recomendacións para visitar centros deste tipo en Bélxica, California e Cataluña.

Diario cultural 26-11-2024 26.11.2024

Hugo Guezeta preséntanos o seu primeiro álbum en solitario, 'O Noso Tempo'. Mónica Maneiro analiza as propostas das residencias artísticas do Gaiás. Unha delas é o proxecto 'Téxtil suspendido', no que a deseñadora María Barros converte tecidos en esculturas.

Diario cultural 25-11-2024 25.11.2024

No 25N abordamos a violencia do xénero no ámbito dixital a través do libro 'Hackeamos o patriarcado'. Unha obra colectiva e interdisciplinar que analiza a violencia e o sexismo nas redes, os nesgos de xénero en asistentes virtuais ou a baixa porcentaxe de mulleres nos estudos de enxeñería. Conversamos coa coordenadora do volume, Soledad Torres Guijarro, e outra das investigadoras partici...

Diario cultural 22-11-2024 22.11.2024
Diario cultural 21-11-2024 21.11.2024

Este venres 22 de novembro chega ás salas de cine o novo filme de Margarita Ledo Andión. 'Prefiro condenarme' parte da historia real dunha mariscadora da ría de Ferrol para falar de desobediencia, clase e desexo como chave da emancipación das mulleres. Tito Lesende pica hoxe avances dos próximos discos de De Ninghures e Candela Liste e música de Fantastic Negrito, que porá o ramo ao Outo...

Diario cultural 20-11-2024 20.11.2024

Catuxa Salom preséntanos 'Cāldo', o seu primeiro álbum. 9 cancións que funcionan as músicas populares arxentinas e galegas coa electrónica, a conciencia ambiental e a vontade de facer bailar. Manel Cráneo fala da BD como vehículo da divulgación científica. Como exemplo, a Triloxía das Microalgas da autora coruñesa Xulia Pisón, que acaba de recibir un recoñecemento nos premios Prismas Cas...

Diario cultural 19-11-2024 19.11.2024

A exposición 'Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible' repasa as novas ferramentas que utilizan os arqueólogos para investigar o noso pasado. Unha mostra impulsada polo Incipit do CSIC e que pode visitarse ata o 30 de decembro na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Mónica Maneiro comenta a mostra 'Pintura escrita. Arte e literatura.', un percorrido polas conexión...

Diario cultural 18-11-2024 18.11.2024

Dúas propostas cinematográficas na Coruña e en Vigo. Cine autoral no Cormorán Film Fest, con proxeccións e coloquios durante toda a semana. E entre o martes e o xoves, nova xeira na Semana de cine submarino de Vigo. Pablo Sánchez Quinteiro escolle música barroca para este luns. Pezas de Henry Purcell, Christoph Gluck e Antonio Vivaldi.

Diario cultural 15-11-2024 15.11.2024

Na véspera do Día Internacional do Patrimonio conversamos con dous biólogos que reivindican a vida non humana como parte da cultura. Pablo Carpintero e Xosé Mouriño Cuba son dous dos participantes na I Xornada de Patrimonio Inmaterial organizada polo Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega. Lemos con Eva Mejuto dous álbums ilustrados premiados: 'Bim Bam Bum', de Mar...

Diario cultural 14-11-2024 14.11.2024

Talía Teatro leva a escena a ausencia de educación sexual en tempos de acceso temperá á pornografía. A montaxe 'deseXo' está protagonizada por Marta Ríos e Dani Trillo e dirixida por Diego Rey. Tito Lesende pica música dos novos discos de Sen Senra e Hugo Guezeta, un tema novo de Marián e avanza o concerto de Bryan Adams na Coruña.

Diario cultural 13-11-2024 13.11.2024

Conversamos coa soprano ourensá Belén Vaquero, gañadora dun dos Premios Circuítos FestClásico por un proxecto con Pérgamo Ensemble que recupera obras de compositores españois do século XVIII. Manel Cráneo comenta algúns dos proxectos presentados no Laboratorio Bibliotecario sobre comictecas celebrado na Coruña recentemente.

Diario cultural 12-11-2024 12.11.2024

Exploramos a exposición 'Ollo á orella. 8 obras sonoras e unha partitura colectiva', que pode visitarse na Fundación Laxeiro de Vigo. Mónica Maneiro fálanos do curso de arte contemporánea 'Na orixe das especies', que impartirá Suso Fandiño no CGAC

Diario cultural 11-11-2024 11.11.2024

Conversamos coa investigadora Alba Díaz Geada, autora do ensaio 'Uma história pequena da Galiza rural (1939-1982)'. Patty Castro móstranos dous grupos galegos de metal extremo: os mugardeses WISDOM e os coruñeses Lóstregos.

Listen to the Diario cultural | Tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.