AGalegaAudio
Diario cultural | Tarde
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 08-11-2024 08.11.2024 30:55
Repasamos a programación da 38ª edición de Cineuropa, que proxecta máis de 130 filmes ata o 24 de novembro. Xogamos con Eva Mejuto a 'Porquelandia', un xogo para inventar historias, e lemos o álbum ilustrado 'As patas de Fido'.
Diario cultural 07-11-2024 07.11.2024 30:49
Chega ás salas de cine o filme 'Os espazos en branco', co que Bruno Arias gañou o Mestre Mateo ao mellor documental. Unha exploración da memoria familiar a través da relación do cineasta coa súa tía, a poeta Xela Arias, finada cando el tiña 5 anos. Tito Lesende fálanos da iniciativa Som València, unha serie de concertos cos que se recadarán fondos para os afectados pola DINA. Tamén escoi...
Diario cultural 06-11-2024 06.11.2024 30:52
A serie 'Pringadas' chega á plataforma A Galega e anuncia segunda temporada, coas súas historias sobre tres estudantes que comparten piso en Santiago. Manel Cráneo explica o impacto das inundacións de Valencia no sector do cómic.
Diario cultural 05-11-2024 05.11.2024 30:58
A exposición 'Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego' percorre obras de ciencia ficción, fantasía épica ou terror na nosa literatura. Conversamos con Alba Rozas, unha das comisarias desta mostra que pode visitarse na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. Mónica Maneiro comenta a exposición 'Hábitat 2.0' do artista e deseñador José Lourenço, na...
Diario cultural 04-11-2024 04.11.2024 30:57
Coñecemos a historia da creación de 'The wall', o primeiro videoxogo creado en Galicia, no ano 1986. O Museo do Videoxogo dedícalle unha exposición a esta obra pioneira e ao seu creador, Álex González. Escoitamos con Pablo Sánchez Quinteiro a Sinfonía Pastoral de Beethoven, 'Madame Butterfly' de Puccini e a soprano galega Emilia Pérez.
Diario cultural 01-11-2024 01.11.2024 30:57
Descubrimos as historias que gardan os camposantos coa escritora Emma Pedreira e o seu libro 'As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos'. Eva Mejuto proponnos lecturas para todas as idades relacionadas co tempo de Defuntos.
Diario cultural 31-10-2024 31.10.2024 30:55
Coñecemos a programación da oitava edición de FFoco, festival de fotografía da Coruña. o 2 de novembro acolle actividades ao redor da fotografía documental na Fundación Luís Seoane e na Filmoteca de Galicia. Tito Lesende pica cancións de tres nomes imprescindibles da música galega actual: Grande Amore, Baiuca e Eladio Santos.
Diario cultural 30-10-2024 30.10.2024 30:57
Debullamos a programación do Festigual, festival de cultura e artes inclusivas que se desenvolve na Coruña entre o 30 de outubro e o 29 de novembro. Manel Cráneo analiza a situación do cómic nas bibliotecas galegas e a posibilidade de crear bedetecas.
Diario cultural 29-10-2024 29.10.2024 30:57
Conversamos con Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras 2024. Mónica Maneiro comenta a mostra 'Vento' do artista Alberto Baraya no Museo de Pontevedra.
Diario cultural 28-10-2024 28.10.2024 30:51
Debullamos a programación coa que Ponte nas Ondas celebra o Mes do Patrimonio Inmaterial. Actos en Santiago, exposicións en Ourense e Valença e unha gala final en Vigo o 16 de novembro. Patty Castro pica hoxe música de Zënzar, lendas do rock galego, e Teima, unha banda de Vimianzo xa desaparecida.
Diario cultural 25-10-2024 25.10.2024 30:57
A primeira edición de Estudios Abertos abre ao público os espazos de traballo de 25 artistas da cidade durante a fin de semana do 25 ao 27 de outubro. Unha iniciativa da asociación cultural A Maquinadora. Eva Mejuto propón hoxe dúas lecturas sobre o acoso escolar. 'I´m Obélix', de Raquel Fernández, premio Jules Verne 2024 e 'Subnormal', unha BD de Fernando Llor e Miguel Porto p...
Diario cultural 24-10-2024 24.10.2024 30:57
Debullamos a programación do Festival Kerouac, evento dedicado á poesía, a música e a performance cuxa 14ª edición se desenvolve en Vigo entre o 24 e o 26 de outubro. Tito Lesende preséntanos as novas cancións de Cora Velasco e Catuxa Salom e recoméndanos os concertos de Big Star en Vigo e Gorka Urbizu en Santiago.
Diario cultural 23-10-2024 23.10.2024 30:57
A exposición 'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX' recupera a memoria de 23 solistas da zarzuela e a ópera, como Ofelia Nieto, Ángeles Ottein, Benita Moreno, Bibiana Pérez ou Josefina Cubeiro. Manel Cráneo recoméndanos tres cómics para aprender a facer cómics, ou cando menos, para desfrutar máis da súa lectura.
Diario cultural 22-10-2024 22.10.2024 30:55
Conversamos coa banda noiesa Carabela, gañadora da última edición do Premio NARF. Mónica Maneiro comenta a mostra 'Novos Imaxinarios' que pode visitarse no CGAC ata o 12 de xaneiro.
Diario cultural 18-10-2024 18.10.2024 30:55
Repasamos a carreira de Avelino González, actor, narrador oral, tamén director, autor e tradutor teatral. O intérprete vigués é o Xograr de Outono de 2024, unha distinción que concede o FIOT de Carballo entre persoas destacadas na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia. Eva Mejuto traénos hoxe libros que falan da felicidade e da súa falta. 'Milú e o edificio das persoas extraordinar...
Diario cultural 17-10-2024 17.10.2024 30:57
Redrum Teatro estrean un novo espectáculo familiar. 'Os contos do Lobicán' é un musical con monicreques para público a partir dos 3 anos, baseado nun texto de Eva Mejuto. A montaxe está protagonizada por Victoria Pérez e Guillermo Carbajo e dirixida por Álex Sampayo. O repertorio musical de Tito Lesende mira a Vigo, con artistas da súa contorna como Cinta Adhesiva e Thomas Dylan e concer...
Diario cultural 16-10-2024 16.10.2024 30:57
Conversamos con Lara Dopazo Ruibal, que acaba de publicar o seu segundo libro de relatos. 'Contos gringos' leva o universo literario da escritora a Iowa, onde residiu durante dous anos. Manel Cráneo recoméndanos hoxe dous libros que falan da Historia da banda deseñada en Galicia.
Diario cultural 15-10-2024 15.10.2024 30:57
Conversamos co novo director do Museo do Pobo Galego, o antropólogo e arqueólogo Lois Ladra. Mónica Maneiro comenta a mostra 'Inner Garden', que a artista Lula Goce expón na galería Dupla de Santiago.
Diario cultural 14-10-2024 14.10.2024 30:57
Lembramos o matemático José Rodríguez, designado Científico Galego do ano pola Real Academia Galega de Ciencias. Unha exposición na Igrexa da USC recorda a figura excepcional deste lalinense finado hai dous séculos. Patty Castro segue descubríndonos a historia da música metal galega, hoxe cos vigueses Desvirgheitors e os composteláns Cabodano.
Diario cultural 11-10-2024 11.10.2024 30:46
Felicitamos a Marta Pazos e Xosé María Pérez Barro, gañadores dos Premios da Cultura Galega 2024 nas modalidades de Artes Escénicas e Artes Visuais respectivamente. O resto dos premiados son Manuel Lourenzo ( Letras) , Joaquín Martínez ( Música), Ficción Produccións (Audiovisual), Julia Díaz ( Lingua), Xosé Manuel González (Patrimonio) e o Real Club Celta de Vigo (Proxección Exterior) Eva Mejuto t...
Diario cultural 10-10-2024 10.10.2024 31:01
Han Kang é a primeira escritora coreana galardoada co premio Nobel de Literatura. Conversamos con Alba Verea Pérez, a tradutora ao galego da súa novela máis célebre, 'A vexetariana'. Kang visitou Galicia en 2019 para recibir o premio San Clemente por este libro. Tito Lesende pica hoxe música de Rhome, Miriam Rodríguez, Sabela e Nick Cave.
Diario cultural 09-10-2024 09.10.2024 30:48
Conversamos con Diego Ares, un dos clavecinistas máis brillantes da súa xeración. O intérprete vigués está en Galicia para interpretar unha obra que supuxo un punto de inflexión na súa carreira, as 'Variacións Goldberg' de Bach. Manel Cráneo fálanos hoxe das consecuencias da irrupción da IA xenerativa no ámbito da ilustración e da banda deseñada.
Diario cultural 08-10-2024 08.10.2024 30:52
O grupo de folk BREO presenta 'Máis alá', o seu primeiro disco. O quinteto coruñés explora a música de raíz celta e o misticismo popular. Mónica Maneiro comenta a última mostra do artista ferrolán Suso Basterrechea. 'Tienes un gusto de mierda... y yo también' pode visitarse na galería Metro de Santiago ata o 24 de outubro.
Diario cultural 07-10-2024 07.10.2024 30:45
“Indolente”, de Alberto Mancebo, gañadora do premio Lueiro Rey en 2023. Pablo Sánchez Quinteiro fálanos hoxe do arranque de temporada da OSG e da Real Filharmonía de Galicia. .
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.