AGalegaAudio

Diario cultural | Tarde

Society GL ↓ 395 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 04-10-2024 04.10.2024

O documental Seguimos en pé celebra os vinte anos de Dakidarría. Eva Mejuto tráenos lecturas sobre lugares habitados na infancia.

Diario cultural 03-10-2024 03.10.2024

Conversamos con dous dos cineastas que participan na 21ª edición do Festival Curtocircuito: Alberto Gracia, protagonista da sección 'Terra' e Laura Moreno, que compite na sección oficial 'Cosmos' coa peza 'Ulía'. Tito Lesende anticípanos traballos de artistas galegos que se publican este venres. Soan cancións de León Benavente, Pablo Lesuit e RSK Emocional. Despedímon...

Diario cultural 02-10-2024 02.10.2024

Conversamos con Ana Laborde na tarde na que se lle concede o Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais. Laborde foi a coordinadora da restauración do Pórtico da Gloria que recuperou a policromía orixinal. Ademais, coñecemos as últimas descubertas do xacemento romano de Proendos, en Sober. Como cada mércores, tempo para o cómic con Manel Cráneo, que aborda a presenza de orixi...

Diario Cultural 01-10-2024 01.10.2024

Escoitamos 'A caída da antorcha humana', o último disco d´O Portughés, música urbana en galego cociñada no monte Xiabre.  Mónica Maneiro fala hoxe da mostra 'Arturo Álvarez 30 aniversario', unha retrospectiva que permite percorrer a traxectoria deste deseñador de lámpadas no seu tránsito cara á arte.

Diario cultural 30-09-2024 30.09.2024

Conversamos coa actriz Ledicia Sola, que presenta o seu primeiro proxecto como directora no marco do OUFF Lab. ´As augas`. E con Paulino Pérez, coordinador dos certames Fas Muvis e Fas Curtas, dirixidos a cineastas de menos de 30 anos. Patty Castro fálanos de Túzaros e Urko 

Diario cultural 27-09-2024 27.09.2024

A I Mostra de Teatro no Mosteiro quere ofrecerlle a esta comarca coruñesa unha cita anual co teatro. A Mostra nace do grupo amador local, Catro Gatos, que inaugura o evento o venres 27 de setembro coa súa versión de Río Bravo, o clásico que a compañía Chévere estreou en 1990. Eva Mejuto proponnos dúas lecturas para esta fin de semana de outono: 'Reino Fungi', un álbum divulgativo sobre o...

Diario cultural 26-09-2024 26.09.2024

Visitamos o festival MARÉ, que ata o 29 de setembro celebra en Santiago a diversidade con artistas de dez países. Tito Lesende repasa a programación de Noites do Porto e pica novas cancións d´O Portughés e de Mariagrep.

Diario cultural 25-09-2024 25.09.2024

A Real Filharmonía de Galicia comeza a nova temporada, 'Inconformistas', dedicada aos músicos que abriron novas vías sonoras. Manel Cráneo lévanos á aldea de Astérix, o galo irredutible que protagoniza un dos cómics máis lidos do mundo, que ten o seu propio parque temático.

Diario cultural 24-09-2024 24.09.2024

Conversamos coa escritora Eva Moreda das súas dúas últimas obras: os relatos de 'O raposo na fronde' e a súa mirada sobre a vida británica en 'Pagáns e pragmáticos. A vida no Reino Unido' Mónica Maneiro comenta a exposición coa que abre a temporada o CGAC, 'O son do mar' da fotógrafa catalá Mayte Vieta. 

Diario cultural 23-09-2024 23.09.2024

Coñecemos o proxecto Finis Terrae que pescuda a conquista romana no Noroeste da Península e utiliza novas metodoloxías para a investigación e a divulgación. Pablo Sánchez Quinteiro ponnos música de Donizetti, Bruckner e John Williams mentres repasa o calendario de concertos de clásica para os próximos días.

Diario cultural 20-09-2024 20.09.2024

Visitamos o Revoltallo, un festival organizado pola parroquia viguesa de Valadares que chega á 31ª edición cun programa pensado para todas as idades. Eva Mejuto

Diario cultural 19-09-2024 19.09.2024

Conversamos con Chus Pato, Premio Nacional de Poesía polo seu libro 'Sonora', unha obra nacida da conmoción pola morte da nai. Nove galerías inauguran a temporada expositiva cunha apertura conxunta. ABERTO ofrece este ano mostras de artistas como Ánxel Huete, Lola Goce, Suso Basterrechea ou Iván Prieto.

Diario cultural 18-09-2024 18.09.2024

Escoitamos o primeiro EP de Urko, un trío compostelán de metal que se estrea con 'Capítulo I: Retorno do abisal'. Manel Cráneo explora a relación entre banda deseñada, cadros e obras pictóricas.

Diario cultural 17-09-2024 17.09.2024

Recuperamos varias novelas contemporáneas publicadas en galego nos últimos meses e que nos chegan de Suíza, País Vasco, Cataluña e Estados Unidos.   Mónica Maneiro repasa o comezo da temporada de exposicións en galerías e museos. 

Diario cultural 16-09-2024 16.09.2024

Conversamos con Bea Lema, que acaba de gañar o Premio Nacional de Cómic pola súa novela gráfica 'El Cuerpo de Cristo' Patty Castro segue descubríndonos a historia e o presente do metal galego, hoxe cos clásicos Xudef Klas e as contemporáneas Suevia. 

Diario cultural 13-09-2024 13.09.2024

Chega aos cines 'Justicia artificial', longametraxe de Simón Casal ambientada en Galicia que formula un interese debate ético sobre o uso da IA na xustiza. Eva Mejuto propón lecturas para rapazada e docentes neste novo curso escolar. Rosalía Fernández Rial e Luísa Villalta.

Diario cultural 12-09-2024 12.09.2024

Visitamos o festival Revenidas de Vilaxoán, que ata este domingo acolle concertos de Fillas de Cassandra, La Pegatina, García MC e Nación Quilombo, Lontreira ou Vértebras. Tito Lesende pica hoxe novidades de Ortiga e Hugo Guezeta e cancións de Jake Bugg e Redd Kross, que actúan en Galicia proximamente.

Diario cultural 11-09-2024 11.09.2024

A Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña acolle unha exposición dedicada á memoria de resistencia das mulleres ao fascismo en Europa.  Manel Cráneo fálanos de Xaquín Marín, un dos pioneiros do cómic en Galicia, que hai 50 anos publicou as primeiras viñetas de Gaspariño

Diario cultural 10-09-2024 10.09.2024

Conversamos con Tamara Andrés e Oriana Méndez, tradutoras ao galego d' As iluminacións de Rimbaud, obra gañadora do premio Plácido Castro de tradución.  Mónica Maneiro comenta a mostra 'Palestina existe e persiste', na galería compostelá Patio de Luz.

Diario cultural 09-09-2024 09.09.2024

Regueifa nos institutos e música clásica con Pablo S. Quinteiro  Coñecemos o proxecto Regueifesta, unha iniciativa de dinamización lingüística que nos últimos anos leva a improvisación oral en verso aos institutos e aos palcos. Recibimos a Pablo Sánchez Quinteiro, que estrea a súa colaboración sobre música clásica con Mahler, 'La Bohème' e o proxecto Sensoxenoma. 

Diario cultural 06-09-2024 06.09.2024

Visitamos en San Sadurniño a novena edición do Chanfaina Lab, un festival de cine ao que non se vai a ver películas, senón a facelas.  Eva Mejuto volve traernos lecturas para todas as idades. Hoxe, a tradución galega de Heartstopper, o best-seller xuvenil da británica Alice Oseman e mais Ferreñas e rock and roll, de Laura Romero e Iria Pedreira. 

Diario cultural 05-09-2024 05.09.2024

Repasamos a programación da 17ª edición do FIC Bueu, que se desenvolve entre o 6 e o 21 de decembro. Ademais das proxeccións das curtametraxes a concurso, o festival ofrece unha retrospectiva de Jonas Mekas, unha xornada sobre política e cine ou a programación para o público máis novo do MINIFIC. Tito Lesende tráenos novas cancións de artistas que actúan que podemos ver en directo nestas semanas:...

Diario cultural 04-09-2024 04.09.2024

Debullamos a programación do festival HerDanza, que leva espectáculos de artes de movemento a diferentes espazos de Santiago de Compostela. E percorremos tamén as propostas do Festival de curtametraxes de comedia RIR, en Allariz. Ademais dámoslle a benvida a Manel Cráneo, que cada mércores nos falará de banda deseñada. 

Diario cultural 03-09-2024 03.09.2024

Repasamos as novidades narrativas que as editoras galegas preparan para este outono. Esta mesma semana chega ás librarías 'Tras do ceo', o retorno de Manuel Rivas á narrativa para público adulto. Mónica Maneiro comenta a mostra 'A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía', aberta no Museo de Pontevedra ata o 29 de setembro

Diario cultural 02-09-2024 02.09.2024

Miguelanxo Prado preséntanos a súa última BD, o policial 'Presas fáciles. Voitres', no que recupera os inspectores Tabares e Sotillo, nun caso sobre unha rede de pornografía infantil. Patty Castro estrea colaboración sobre o metal galego cos pioneiros Épsilon e un grupo actual, Brutal

Listen to the Diario cultural | Tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.