AGalegaAudio
Diario cultural | Noite
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 27-06-2025 27.06.2025 16:06
Cultura
Diario cultural 26-06-2025 26.06.2025 15:58
Cultura
Diario cultural 25-06-2025 25.06.2025 16:00
Cultura
Diario cultural 19-06-2025 19.06.2025 15:58
Isaac Díaz Arias fálanos da mostra de obras do seu pai, Isaac Díaz Pardo, que se pode ver no museo de Belas Artes da Coruña co título "A barca de Caronte". A exposición pretende reflectir toda a traxectoria artística do polifacético artista.
Diario cultural 18-06-2025 18.06.2025 15:58
Falamos co fotógrafo verinense Carlos Folgoso do seu proxecto "Alén do Lago", co que gañou a XII edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O fotógrafo xa expoñeu a súa obra en Nova Iork, San Petesburgo ou Londres.
Diario cultural 17-06-2025 17.06.2025 16:00
Falamos de "Ubasute", o texto de Paula Carballeira sobre o abandono e a vellez que foi levado aos escenarios coa dirección de Vanesa Sotelo. Acompáñannos a autora e a directora. Ademais botamos unha ollada á evolución da campaña Toponimízate.
Diario cultural 16-06-2025 16.06.2025 16:02
Entrevistamos a Ánxeles Cuña, a directora da obra teatral "O grande incendio", unha fábula do alemán Roland Schimmelpfennig, que escenifican Sarabela Teatro e a Escola da Noite de Coimbra. Ademais repasamos os nomes dos galardonados este ano coas medallas Castelao.
Diario cultural 13-06-2025 13.06.2025 16:00
"Cuestións de vida e morte" é o título da exposición da costarricense Priscilla Monge que se pode ver no Centro Galego de Arte Contemporanea. Sobre ela falamos coa artista e co comisario da mostra, Santiago Olano.
Diario cultural 12-06-2025 12.06.2025 16:06
Do 1 ao 6 de xullo desenvolverase a XXII edición do Festival de Cinema e Artes Visuais Curtocircuito. O seu director, Pela del Álamo explícanos as novidades dun certame que volve ás rúas de Compostela.
Diario cultural 10-06-2025 10.06.2025 16:00
Falamos coa artista Raquel Figueiras sobre a súa exposición "Materia colectiva", que se pode ver en Ourense ata o 13 de xullo. Ademais estreamos "Pélago", o libro CD que vai lanzar Guadi Galego.
Diario cultural 09-06-2025 09.06.2025 14:57
No Día Internacional dos Arquivos queremos saber como se desenvolve na actualidade o traballo dos arquiveiros, bibliotecarios e documentalistas en Galicia. Falamos con Olimpia López, a presidenta de BAMAD, a asociación que agrupa estes profesionais.
Diario cultural 06-06-2025 06.06.2025 16:00
Asomámonos á VII edición do Festival de Autoedición e Banda Deseñada Independente conversando cunha das súas organizadoras, Neves Rodríguez. Ademais falamos da estrea en cines de "Sirat" e da película "Xustiza artificial", de Simón Casal.
Diario cultural 05-06-2025 05.06.2025 16:00
A poucas horas da estrea da proposta teatral "Costa da morte. Cartografía dun naufraxio" falamos coa súa creadora, Mariña Lestón. O espectáculo formúlase como unha viaxe pola historia marítima de Galicia a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo
Diario cultural 04-06-2025 04.06.2025 16:00
O "Equipo Chaira" acaba de ser galardonado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega polo seu traballo de recuperación da literatura de tradición oral. Falamos dun dos seus compoñenters, Xoan R. Cuba. Ademais asistimos á presentación da exposición sobre Isaac Díaz Pardo "A barca de Caronte"
Diario cultural 03-06-2025 03.06.2025 16:53
Estes días desenvólvese o Galicia Escena PRO, a feira das artes escénicas creada para estimular a contratación dos espectáculos de produción galega. Para saber como é o proceso de selección das obras e como inflúe a feira na programación da tempada falamos con Carme Castro. Ademais Ramón Villares explícanos de que se falará nas xornadas "A invención da tradición", que organiza a Real Aca...
Diario cultural 02-06-2025 02.06.2025 16:04
Falamos da XII edición do Galicia Escena Pro, o mercado das artes escénicas de Santiago, no que este ano presentran as súas propostas 21 compañías. Sobre o seu contido conversamos cun dos organizadores, Gustavo del Rio. Ademais asomámonos á Mostra de Cinema Periférico da Coruña S8
Diario cultural 30-05-2025 30.05.2025 15:05
Conversamos con Celia Díaz Núñez, autora de "A avoa canta como unha cotovía", libro infantil editado por Galaxia. Ademais falamos da resucitada Bienal de Arte de Pontevedra.
Diario cultural 29-05-2025 29.05.2025 15:58
A xerente da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, Débora Álvarez, explícanos o proxecto de elaborar un diccionario colaborativo co léxico propio de Valdeorras. Ademais falamos da exposición fotográfica colectiva "Future stories", organizada pola Fundación Marta Ortega Pérez.
Diario cultural 28-05-2025 28.05.2025 15:56
Susana Villaverde e Isabel Rey fálannos da estrea da obra de teatro infantil "O carteiro de Ximaraos", unha montaxe do CDG e Os Monicreques de Kukas.
Diario cultural 27-05-2025 27.05.2025 15:05
Conversamos con Jesús Castro Yáñez do seu novo libro de poemas, "Outroutro". A Fundación Granell celebra o seu 30 aniversario con varias exposicións.
Diario cultural 23-05-2025 23.05.2025 16:02
Nunha semana de estreas fixámonos na obra teatral "Alta costura", da compañía Elefante Elegante. Falamos cos seus protagonistas, Gonçalo Guerreiro e María Torres. Tamén comentamos "Sophie non é o meu nome de guerra", de Redrum Teatro, e da película "Antes de nós", de Ángeles Huerta.
Diario cultural 22-05-2025 22.05.2025 16:51
O Pavillón Español na Bienal de Arquitectura de Venecia ten comisarios galegos. O proxecto Internalities, comisariado por Manuel Bouzas e Roi Salgueiro, poderá verse o vindeiro ano en Galicia. Conversamos con Manuel Bouzas. Ademais Kiko da Silva fálanos da edición deste ano de Bdra Gráfica.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.