AGalegaAudio
Diario cultural | Tarde
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario Cultural 30-08-2024 30.08.2024 2:58:01
Desenvólvese en Düseldorf a Tanzmesse , o meirande encontro mundial de danza contemporánea. Falamos con Kirenia Martínez, que forma parte da expedición patrocinada pola Xunta. Ana Romaní debulla o libro "As músicas interrompidas. Balboa, Macías, Viaño", que afonda na vida e obra destes tres malogrados nomes da música glega contemporánea. E Raquel C. Pico tráenos lecturs de e do verán.
Diario Cultural 29-08-2024 29.08.2024 2:56:51
The Wild Fest celebra a súa sexta edición no parque forestal de Oia en Vigo. Deica o domingo música, audiovisual, obradoiros...todo co denominador común do amor pola natureza Aínda quedan moitos festivais, con Tito Lesende.
Diario Cultural 28-08-2024 28.08.2024 2:57:00
Visitamos o xardín de Uxía na Illa de Arousa, o lugar no que organiza concertos especiais con outros amigos músicos. Desta volta acompáñaa o guitarrista Pablo Novoa. No último Café con Ardora do verán Estíbaliz Espinosa reúne un setestrelo de acontecementos naturais do verán galaico.
Diario Cultural 27-08-2024 27.08.2024 2:56:34
A feira do libro antigo e de ocasión da Coruña está instalada nos xardíns de Méndez Núñez ata o 1 de setembro. Visitamos os postos de dúas das librarías galegas que participan nesta 33ª edición: O Moucho e A Tobeira de Oza. Vicente Feijoo despide a súa colaboración sobre toponimia falando do rei Afonso IX e a creación medieval de nomes para as cidades ás que se concedía foro ou da carta de poboaci...
Diario cultural 26-08-2024 26.08.2024 30:51
“Esperta do teu sono”, de Lola Rontano. Falamos coa autora desta novela que ficciona a loita real contra o proxecto dunha mina de ouro en Corcoesto en 2013. Colaboración de Luís Miguel Crespo. a propósito do centenario da soprano coruñesa María Luísa Rodríguez Nache.
Diario cultural 23-08-2024 23.08.2024 30:57
Dende esta tarde e ao longo de toda a fin de semana, a Fundación Uxío Novoneyra celebra no Courel unha nova edición do Festival dos eidos. Falamos coas poetas Luz Pichel e Brenda Mondelo. Raquel C. Pico tráenos unha escolma de novelas "de moda" para ler no que queda de agosto
Diario Cultural desde o Castelo Conta 22.08.2024 55:37
Na IX edición do Castelo Conta, festival da comedia, cultura rural e tradición oral
Diario cultural 15-08-2024 15.08.2024 30:57
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación.
Diario cultural 13-08-2024 13.08.2024 30:57
Debullamos a programación do festival Titiriberia, que esta semana leva a Rianxo 30 funcións de marionetas, exposicións sobre os monicreques na República Checa, obradoiros e un espazo que recrea o contexto habitual dos espectáculos de bonecos, a 'Feira Vella'. Conversamos con dous integrantes da asociación Morreu o demo, que organiza o festival, a investigadora Comba Campoi e Anxo García...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.