AGalegaAudio

Diario cultural | Tarde

Society GL ↓ 395 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

“A cultura debe traballar co público e co territorio” 27.07.2024

Ribadavia convértese ata o 27 de xullo na capital mundial do teatro, recollendo a diversidade da escena máis contemporánea. A 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro reúne eses días ás mellores compañías teatrais: de Galicia, Cataluña, Comunidade Valencia, Madrid, Euskadi, Murcia, Castela y León, pero tamén de Brasil, Arxentina ou Chile. Conversamos co seu director, Roberto Pascual, do progr...

Diario cultural 26-07-2024 26.07.2024

A actividade festivaleira destes días é tan inabarcable como vizosa e cargada de diversidade e ecleticismos. Imos repasar a programación de festivais como o Arbo Rock, o Armadiña Rock e o Kanekas Fest. Virá polo estudio Raquel do Pico a recomendarnos lecturas que teñen moito ver con este tempo olímpico.

Diario cultural 25-07-2024 25.07.2024

Hoxe achegouse Xurxo Souto ao estudio para presentarnos 'Os Saxofóns de Occidente', o primeiro disco da Orquestra Bravú Xangai. Dezaoito cancións que navegan por infinidade de de mares pero co estímulo emocional do rock bravú como punto de encontro. Tamén escoitamos as músicas que nos trae baixo o brazo Tito Lesende.

Diario cultural 24-07-2024 24.07.2024

'Nada se sabe', a primeira obra de teatro inclusiva, impulsada polo Centro Dramático Galego xunto coa cooperativa Culturactiva, estrease pasado mañá dentro da programación da MIT, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Nela Catro intérpretes con discapacidade cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferencia que facemos como sociedade. Nesta tarde coñeceuse a notic...

Diario cultural 23-07-2024 23.07.2024

Roberto Sobrado vén de publicar 'Monstro delicado', un novo traballo co que o cantautor do Carballiño navega entre influencias como o blues, o rock, o pop ou a electrónica. Todo isto, mesturado coas voces de poetas amigos. Vicente Feijoo tráenos un feixe de curiosidades de topónimos, desta volta, cóntanos que é a litonimia.

Diario cultural 22-07-2024 22.07.2024

A Arca da Noe fai este ano unha década de actividade cultural cun histórico de máis de mil concertos programados no rural ourensán. Dende Vilar de Santos, na comarca da Limia, a Arca converteuse nun dos puntos imprescindibles das xiras dos nosos artistas. Da súa historia, das celebracións deste décimo aniversario e do futuro da Arca da Noe falamos con Noemí Vázquez, a súa impulsora. Tamén pasará p...

Diario cultural 19-07-2024 19.07.2024

A Mostra Internacional de Teatro converte a Ribadavia na capital das artes escénicas ata o día 27 de xullo. A 40ª edición da Mostra reúne ás mellores compañías teatrais nacionais e internacionais e, ademais, está marcada polo recoñecemento á danza e ás artes en movemento. Conversamos co seu director, Roberto Pascual, da programación desta edición e da evolución desta cita cultural, nas súas palabr...

Diario cultural 17-07-2024 17.07.2024

‘IKFEM Festival Tui-Valença’ é UNHA ponte musical, cultural e creativa entre España e Portugal, que hoxe comeza a súa décimo-segunda edición, que se celebrará ata o próximo día 21. Tamén pasará Estíbaliz Espinosa, colaboradora de ciencia e cultura, para falarnos das carrachas.

Diario cultural 16-07-2024 16.07.2024

A Orquestra de cadeiras encartables vén de debutar nas Festas do Barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela. Está dirixida por Xavi Lozano, multiinstrumentista catalán e presente como músico en formacións como Bufa & Sons ou a banda de Eliseo Parra. Hoxe conversamos con el e co músico Xián Herrera para coñecer este proxecto máis de preto. Pola súa banda, Vicente Feijoo fálanos da proxecció...

Diario cultural 15-07-2024 15.07.2024

Un evento pioneiro en Galicia reunirá a ducias de frautistas galegos con outros de diferentes puntos de Europa. O compostelán André Cebrián, a coruñesa Paula Padín e a asturiana Marta Gómez será o profesorado dos cursos de interpretación, pedagoxía e as clases para minifrautistas, que terán lugar na Escola de Música Berenguela ata o vindeiro mércores. Ademais, baixo a dirección de Luis Miguel Cres...

Diario cultural 12-07-2024 12.07.2024

O Festival de Ortigueira ofrece deica o domingo actuacións do talle de Backwest, Fillas de Cassandra, Green Lads, Kanaris Quintet, a propia Escola de gaitas de Ortigueira, Caledonia Pipe Band, Nogood Boyo, Dervish ou Capercaillie. Falamos con Xan Pampín,do grupo Ailá, e co gaiteiro asturiano José Manuel Tejedor. Raquel C. Pico estrea colaboración con estas tres propostas literarias; A campá de vid...

Diario cultural 11-07-2024 11.07.2024

Atallamos dúas citas culturais imprescindibles dos vindeiros días: O Fechiño, Festival Rupestre de Proximidade que celebra a súa terceira edición na aldea compostelá de San Xoán de Fecha; e o Abride a Fiestra, sexta edición que terá lugar este ano o domingo 14 de xullo. Ademais, Tito Lesende achéganos a súa selección musical para este xoves de xullo.

Diario cultural 10-07-2024 10.07.2024

Miguel Poveda e Miguel Lamas abren a 11 edición do ciclo musical «Os xoves de Códax» coas entradas esgotadas. Falamos con eles e con Rosa Bugallo, directora artística nas adegas Martín Códax.  Café con ardora con Estíbaliz Espinosa. Hoxe detémonos nas abellas. Sabiades que non todas fan enxames? E que hai moscas disfrazadas delas?

Diario cultural 09-07-2024 09.07.2024

"A era das fábulas" no Museo de Pontevedra. Falamos con Ángeles Tilve, comisaria e directora do museo. Toponimia con Vicente Feijoo. Para que serve o nomenclátor de Galicia?

Diario cultural 08-07-2024 08.07.2024

XXXIVedición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia. Organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña. Falamos con María López Sández e dous dos seus alumnos, un da India e outra do Brasil. Luís Miguel Crespo debulla o Galicia Clarinet Fest...

Diario cultural 04-07-2024 04.07.2024

Unha visita á Feira do libro de Vigo, á Festa dos Libros de Pontevedra e ao FLAZ, o Festival Literario de Allariz.  Tito Lesende tráenos novas cancións de De Ninghures e Baiuca e un adianto do festival Portamérica. 

Diario cultural 03-07-2024 03.07.2024

Exploramos opcións culturais para a rapazada durante o verán: campamentos musicais, obradoiros artísticos, circo... Estíbaliz Espinosa fálanos da misión chinesa á cara oculta da Lúa. Tamén nos recita versos do libro 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'

Diario Cultural 02-07-2024 02.07.2024

Debullamos o programa da duodécima edición do Festival Atlántica de Narración Oral, que ata o 7 de xullo leva funcións a 30 sedes de Galicia e Portugal  Vicente Feijoo fálanos da información que nos achegan os topónimos e da iniciativa Toponimízate

Diario cultural 01-07-2024 01.07.2024

Premio Liber para a asociación Espazo Lectura, que leva 18 anos promovendo a lectura en galego no Val Miñor.  Luís Miguel Crespo avánzanos o programa do Galaico Brass Festival, un encontro arredor dos instrumentos de vento metal na parroquia de Merza. 

Diario Cultural desde o Resurrection Fest 28-06-2024 28.06.2024

En directo desde o Resurrection Fest. Conversamos co director do Resurrection, Iván Méndez, da promotora Bring The Noise. Reunimos catro bandas galegas que actúan no festival: Sandford Music Factory, Perpetual, Balmog e Her Anxiety.  Escoitamos as impresións dos organizadores doutros festivais galegos de metal e coñecemos máis integrantes da parroquia roqueira que Viveiro reúne cada ano. 

Diario cultural 27-06-2024 27.06.2024

A compañía Teatro Ó Cubo preséntanos 'De Vilatriste a Vilalegre', unha coprodución co CDG que percorreo o país nun escenario móbil. O domingo 30 de xuño chega á Mostra de Cangas. Tito Lesende tráenos música do trío folk Maricarme, da cantautora Antía Muíño, do primeiro EP de TAÏN e de Alice Cooper, un clásico para a primeira xornada do Resurrection Fest

Diario cultural 26-06-2024 26.06.2024

A artista visual María Ruido, recoñecida co premio 'Mulleres en acción' da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas A poeta Estíbaliz Espinosa continúa falándonos de cultura científica. O primeiro #CaféconArdora versa sobre luminescencias

Diario cultural 25-06-2024 25.06.2024

Conversamos co fotógrafo Vicente Fraga, gañador da XVIII edición do Premio Luís Ksado coa serie 'Alén' Vicente Feijoo falaranos de toponimia os martes deste verán. Nesta primeira achega coñecemos o proxecto colaborativo Galicia nomeada

Diario cultural 24-06-2024 24.06.2024

Antón Reixa presenta 'Enciclopedia perplexidade', unha escolma poética que percorre case 50 anos da súa obra. Luís Miguel Crespo debulla o programa do Festival ClasClás de Vilagarcía

Diario cultural 21-06-2024 21.06.2024

Escoitamos 'A noite', o segundo EP do grupo noiés Carabela, creadores de atmosferas nas que a calidez da voz humana se une ós sons sintéticos Eva Mejuto despídese antes do verán recomendándonos dous libros sobre sexo destinados a adolescentes e mais a novela Trompeta, de Jackie Kay.

Listen to the Diario cultural | Tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.