AGalegaAudio

Diario cultural | Tarde

Society GL ↓ 395 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 20-06-2024 20.06.2024

O IGFAE, Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, conmemora 25 anos cunha exposición de arte, 'Instrumentos de visión', de Armin Linke, comisariada por Mónica Bello. Repasamos con Tito Lesende a música dalgúns dos artistas que participarán no Gozo Festival, o 6 de xullo en Santiago de Compostela

Diario cultural 19-06-2024 19.06.2024

Falamos de tres cómics en galego que chegaron recentemente ás librarías. O cómic xuvenil 'Idol!' de Alba Chan e Ene, a novela gráfica 'Herba', de Keum Suk Gendry-Kim, traducida desde o coreano por Alba Verea Pérez e mais 'Cando sopra o vento' de Raymond Briggs, con versión galega de Alejandro Tobar. 

Diario cultural 18-06-2024 18.06.2024

O dúo compostelán Grampoder preséntanos o seu terceiro disco, 'Amuleto', rock adulto para a desesperanza vital. Mónica Maneiro comenta a exposición 'Simbiose', que pode visitarse no Pazo da Cultura de Pontevedra ata finais de xuño. 

Diario cultural 17-06-2024 17.06.2024

Coñecemos os tres novos fotógrafos que protagonizan a mostra 'Future Stories' da Fundación MOP Estíbaliz Espinosa fala de carricantas e de enxames de satélites espaciais con versos de Samuel L. París

Diario cultural 14-06-2024 14.06.2024

Visitamos o festival Surfing the Lérez, en Pontevedra. De balde, venres e sábado, con artistas como Hydn, Grande Amore, The Rapants, Ortiga, Nena Daconte ou Niños Mutantes Eva Mejuto propón hoxe ler Adeline, de María Solar e XE de Lara Boubeta e Sara Valcárcel 

Diario cultural 13-06-2024 13.06.2024

'Abrir una puerta' é o título da nova exposición do artista Ignacio Pérez-Jofre, que pode visitarse no Espazo SVT de Vigo. Tito Lesende pica música de Queens of the Stone Age, Bala, Sheila Patricia, RSK Emocional e A Pedreira.

Diario cultural 12-06-2024 12.06.2024

Píscore Teatro preséntannos o seu espectáculo 'Molto Barroco', co que xiran por Galicia desde hai máis dun ano e que en xullo levarán ao festival de Almagro Unha jam reúne na Coruña rockeiros locais para celebrar o cuarto aniversario da asociación República Musical Mardi Gras.

Diario cultural 11-06-2024 11.06.2024

Conversamos co xaponés Takekaku Asaka, novo académico de honra da RAG Visitamos a galería Néboa, en Lugo, que expón unha mostra fotográfica de Sabela Eiriz

Diario cultural 10-06-2024 10.06.2024

Sara Vila Alonso preséntanos a súa segunda novela, O incendio, coa que conseguiu o premio Blanco Amor . Mario César Vila fálanos do papel dos camiños na Historia de Galicia.

Diario cultural 07-06-2024 07.06.2024

Visitamos o festival Millo Verde de Redondela. Música en directo na praia de Cesantes con DKTC, Catuxa Salom, Sra. Tomasa, Os Vacalouras...  Eva Mejuto recomenda lecturas diversas para este mes de xuño: Elisa e Marcela e mais A receita do queixo lunar

Diario Cultural 06-06-2024 06.06.2024

O Movidote de autoedición e banda deseñada independente FunFunFun medra na súa sexta edición, que culmina o sábado 8 de xuño en Santiago. Tito Lesende tráenos múSica de Marián, Boyanka Kostova, Vértebras e Eilen Jewell. 

Diario cultural 05-06-2024 05.06.2024

Escoitamos 'Saudade sempre', un disco caseiro e de balde, mentres conversamos co seu autor, Cibrán Tenreiro  O batería de jazz Hilario Rodeiro preséntanos o avance do seu próximo disco e a súa xira por Galicia

Diario cultural 04-06-2024 04.06.2024

Debullamos a programación das 22ª Xornadas Pedagóxicas da Rede Museística Provincial de Lugo. Mónica Maneiro comenta a mostra 'Outras historias posibles' que recupera obras de seis mulleres artistas das últimas décadas.

Diario cultural 03-06-2024 03.06.2024

Conmemoramos o centenario da morte de Frank Kafka co tradutor Laureano Araújo e o escritor Xabier López. Que din a neurociencia e a literatura sobre o libre albedrío? É o tema do 'Café Cósmico' de Estíbaliz Espinosa.

Diario Cultural 31-05-2024 31.05.2024

'O xeito á cántigha' é o primeiro disco do trío coruñés Alana. Cancións cun forte pouso tradicional que xogan co pop e a electrónica. Eva Mejuto proponnos lecturas que exploran a fascinación que sentimos pola lúa.

Especial O Son do Camiño 30.05.2024

Programa monográfico dende a quinta edición do festival Son do Camiño, con entrevistas a Maryland, Amoedo e Kike Varela.

Diario cultural 29-05-2024 29.05.2024

Conversamos cos dous escritores ourensáns sobre as novelas que publican nesta primavera. Ameixeiras volve ás librarías con Un anarquista, protagonizada por un emigrante galego que chega á Barcelona libertaria de 1977. Bieito Iglesias entrega a súa segunda novela do inspector Marañao, Unha gripe cabaluda, ambientada en plena pandemia.

Diario Cultural 28-05-2024 28.05.2024

O Parque do Pasatempo de Betanzos acolle unha intervención artística de Carme Nogueira, impulsada coa participación veciñal no marco do proxecto Concomitentes. Na colaboración semanal de Mónica Maneiro sobre arte contemporánea falamos da mostra de Sara Herranz en diálogo con Simone de Beauvoir na galería Dupla de Santiago.

Diario cultural 27-05-2024 27.05.2024

O futuro da arqueoloxía e APOI Conversamos con Mario César Vila e con tres arqueólogos en prácticas do Máster de Arqueoloxía da USC. Coñecemos o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego.

Diario cultural 24-05-2024 24.05.2024

Coñecemos o proxecto 'Palcos' co que o Incipit investiga os palcos da festa, e a partir deles, os cambios na sociedade galega das últimas décadas. Eva Mejuto proponnos hoxe dúas bandas deseñadas de autoría feminina: 'Idol', de Alba Chan e Ele, e 'O labirinto dos inchables' de Elena Andrés.

Diario cultural tarde 12-04-2024 12.04.2024

Coñecemos o músico estadounidense Max García Conover, que grava nun pazo da Bandeira o seu próximo disco mentres busca pistas do seu bisavó galego. Eva Mejuto proponnos hoxe ´Como escorrentar un lobo `de Antonio Manuel Fraga e ´Contas de buxo` de Raquel Fernández Fernández.

Diario cultural 05-04-2024 05.04.2024

Coñecemos o novo espectáculo do colectivo de danza urbana D´Elas. 'É difícil fotografar o baleiro' é un espectáculo de formato longo pensado para teatros e auditorios que se estrea no Jofre de Ferrol. Eva Mejuto escolle lecturas na semana grande da literatura infantil e xuvenil: 'Sete dentes de león' de Ledicia Costas e 'Os libros e a beleza' da antropóloga Michèle Pe...

Diario cultural 25-03-2024 25.03.2024

Coñecemos a historia tralas pezas que exhibe a exposición 'Tesouros reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum', que pode visitarse na Cidade da Cultura ata o mes de agosto. Estíbaliz Espinosa fálanos hoxe de equinoccios, meteoroloxía e tormentas xeomagnéticas, con versos de Chus Pato.

Diario cultural 22-03-2024 22.03.2024

Esther Carrodeguas fálanos do seu monólogo teatral 'O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada', que ten a súa estrea galega en Narón. Hai poesía e banda deseñada nas propostas lectoras de Eva Mejuto: os cómics de Astérix en galego e 'Os ecos do vento' de Antonio García Teijeiro. 

Diario cultural tarde 21-03-2024 21.03.2024

Celebramos o Día da Poesía no Festival compostelán Alguén que respira! con dous poetas e periodistas: o galego Alfonso Armada e o palestino Mohamed Bitari Estreamos a primavera musical con novo disco de Pauliña, cancións de Baiuca e mariagrep e Fillas de Cassandra, que serán protagonistas na gala dos Mestre Mateo

Listen to the Diario cultural | Tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.