AGalegaAudio
Diario cultural | Tarde
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 20-03-2024 20.03.2024 28:22
O recoñecemento do teatro galego a María Barcala Conversamos con María Barcala, que recibirá na gala dos María Casares o premio de honra Marisa Soto. Barcala é unha das actrices de maior percorrido da escena galega, e unha das pioneiras do noso teatro profesional, cofundadora de compañías como Teatro da Mari-Gaila e Teatro do Atlántico, con Xulio Lago.
Diario cultural tarde 19-03-2024 19.03.2024 28:55
Conversamos con Ramón Mariño Fernández, autor do ensaio Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición galega, publicado pola editorial Laiovento. Mónica Maneiro comenta a exposición 'Senda de bosques' en conversa co fotógrafo Juan Adrio. A mostra pode visitarse na galería compostelá Luisa Pita.
Diario cultural 18-03-2024 18.03.2024 29:57
O grupo melidense Cuarta Xusta preséntanos o seu segundo disco, 'Libre Amencer'. O arqueólogo Mario César Vila fálanos das fábricas de curtumes, establecementos industriais que tiveron moita importancia en Galicia ata mediados do século XX
Diario cultural 15-03-2024 15.03.2024 29:57
Coñecemos a actividade cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, no concello de Mos, cerca de Vigo. Son os responsables dunha das salas de concertos máis importantes de Galicia, a Sala Rebullón, e organizan eventos como o Miúdo Fest e o recén creado Son da Rebullón. Eva Mejuto segue conmemorando o 8M con libros. Desta volta, Bárbaras, un achega desenfadada á menstruación d...
Diario cultural 14-03-2024 14.03.2024 29:58
Miguel Ángel López, 'Hematocrítico', implicouse nun proxecto da asociación Concomitentes para impulsar o coidado emocional dos nenos e nenas ingresados en hospitais. O libro nacido daquela experiencia, Hospitalario, chega agora ás librarías da man de Triqueta Editora. Tito Lesende fálanos de 'La máquina del buen rollo', o terceiro disco dos muradáns The Rapants e pica tamén can...
Diario cultural 13-03-2024 13.03.2024 28:58
Cemento musgo', música para ver e escoitar É o novo proxecto de Sokram (Dios ke te crew) co artista A.L. Crego e o produtor Coio
Diario cultural 12-03-2024 12.03.2024 28:46
'Manuela Rey is in da House' e balance de ARCO
Diario cultural 11-03-2024 Video 11.03.2024 28:58
O grupo vigués presenta o seu primeiro álbum, 'Eterna Constanza' (@ErnieRecords), con colaboracións de Carlangas, Antía Van Weill ou Cibrán Boyanka Tomamos u café cósmico con Estíbaliz Espinosa
Diario cultural 08-03-2024 08.03.2024 29:57
Unha radiografía do presente con mulleres profesionais da música, o audiovisual e a literatura. Eva Mejuto tráenos lecturas acaídas para o 8-M: 'Feminismo de peto. Kit de supervivencia' e 'A froita do coñecemento'
Diario cultural 07-03-2024 07.03.2024 29:57
O medievalista Miguel García-Fernández revisa os roles sociais femininos no pasado . Tamén escoitamos as estreas musicais con Tito Lesende.
Diario cultural 06-03-2024 06.03.2024 29:57
Salón do Libro e 'De lá para cá'
Diario cultural 05-03-2024 05.03.2024 29:57
Inaugúrase a exposición 'Ourense no tempo' Conversamos co comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, José María Eguileta. Tamén está en marcha ARCO2024 en Madrid, coa galería Nordés no programa xeral e a galería Vilaseco na sección Art Libris. Mónica Maneiro repasa a presenza galega na feira
Diario cultural 04-03-2024 04.03.2024 28:57
O escultor Asorey é o homenaxeado este ano no Día das Artes Galegas. Na súa vila natal de Cambados arranca unha mostra itinerante composta de fotografías de Xurxo Lobato e textos de Felipe Senén. Con eles falamos no programa de hoxe, O arqueólogo Mario César Vila descóbrenos pegadas da Prehistoria de Galicia que pasan inadvertidas.
Diario cultural 01-03-2024 01.03.2024 29:57
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre publican o seu cuarto disco conxunto: Axúdame a sentir Eva Mejuto proponnos libros sobre bruxas e mundos fantásticos
Diario cultural 29-02-2024 29.02.2024 29:55
Arranca na Coruña a segunda edición do Norte Cinema Diverso que rematará o sábado vindeiro. Isabel Freire entrevista ao seu codirector, Fernando Cayazzo. E na ración musical que cada semana nos trae Tito Lesende, Bala, Monteperdido, Kaiser Chiefs e Coque Malla.
Diario cultural 28-02-2024 28.02.2024 28:57
Jane Eyre, Cumes Torboentos ou Agnes Grey son tres novelas clásicas da literatura universal que xa podemos ler en galego. Escritos respectivamente por Charlotte, Emily e Anne Brontë, tres irmás inglesas da primeira metade do século XIX. Falamos con Celia Recarey, que traduciu oara Irmás Cartoné Jane Eyre e Agnes Grey. E escoitamos algunhas reflexións de Luis de la Calle, tradutor para Laiovento de...
Diario cultural 27-02-2024 27.02.2024 29:57
Inauguramos a temporada de festivais co Festival do Queixo en Arzúa e A Candeloria en Lugo. Na sección de Arte, Mónica Maneiro recomenda a mostra 'Inda é día', dedicada ao artista de Lalín Antón Lamazares.
Diario cultural 26-02-2024 26.02.2024 29:55
A Real Academia Galega ponlle o ramo ao centenario de Manuel Murguía con dúas publicacións, das que falamos coa académica Marilar Aleixandre e o bibliotecario da RAG Fernando Pereira. Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa fálanos do Científico Galego de 2024 e da linguaxe das plantas.
Diario cultural 23-02-2024 23.02.2024 29:57
A banda Bule presenta en directo o seu primeiro LP 'Agora ou nunca'. Escoitamos punk e power pop en galego desde Pontedeume. Na sección de voces expertas, Eva Mejuto propón as primeiras lecturas para achegarse a obra de Rosalía de Castro.
Diario cultural 22-02-2024 22.02.2024 29:57
A compañía Fran Sieira estrea 'CEIBE' no Auditorio de Cangas. É unha peza que racha cos estereotipos sexistas e propón novas formas de entender a identidade de xénero desde o baile tradicional. Na sección de voces expertas, bailamos con Tito Lesende.
Diario cultural 21-02-2024 21.02.2024 29:57
A compañía Chévere estrea a montaxe 'Helen Keller, a muller marabilla?', unha obra que parte da figura da primeira persoa xordocega en titularse na Universidade, a estadounidense Helen Keller. O modelo de superación no que foi convertida agachou a súa faceta de activista en favor de causas como o pacifismo, o sufraxismo ou o comunismo. A compañía Chévere volve cuestionar os relatos ofici...
Diario cultural 20-02-2024 20.02.2024 29:57
Antón Reixa e Antela Cid recuperan personaxes da mitoloxía grega en 'Míticas pero secundarias', un díptico escénico que pecha a última edición ciclo 'Clásicas desfeitas'. Na sección e voces expertas, Mónica Maneiro comenta a mostra 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' na Fundación Eugenio Granell.
Diario cultural 19-02-2024 19.02.2024 29:57
Unha nova xeración de comunicadoras conquista Youtubeiras: OU Ké!, O Faiado Podcast e Recuncho Gamer, entre os premiados na 7ª edición do certame. Na sección de voces expertas, Mario César Vila debulla a 17ª edición do foro de divulgación 'Encontro Arqueolóxico do Barbanza'.
Diario cultural 16-02-2024 16.02.2024 29:57
A artista peruana Pamela Rodríguez reivindica o pracer e a madurez das mulleres no seu novo disco 'Meigas'. Na sección de voces expertas, Eva Mejuto presenta un novo reto lector.
Diario cultural 15-02-2024 15.02.2024 29:57
O artista Vicente Blanco expón 'Os coleccionistas de sombras' na galería Néboa de Lugo. Na sección de voces expertas, Tito Lesende debulla as cifras de venda de discos.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.