AGalegaAudio
Diario cultural | Tarde
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 14-02-2024 14.02.2024 29:55
Talía Teatro prepara unha montaxe escénica sobre o impacto da pornografía na adolescencia. A compañía acaba de realizar sesións de teatro foro en institutos para escoitaren as opinións de mozos e mozas entre os 14 e 16 anos. Neste Diario cultural temos tamén un novo capítulo de 'Escoitamos Teatro'. O episodio narra a historia de dúas amigas que están a piques de subir a un avión para mud...
Diario cultural 13-02-2024 13.02.2024 29:57
Neste Diario cultural temos un novo episodio de 'Escoitamos Teatro'. O capítulo "Encerrado" desenvólvese no velorio dunha moza asasinada. O seu profesor asiste ao tanatorio e queda encerrado no ascensor co repartidor de flores. A conversa entre ambos cambiaralle a vida. O autor do texto é o xerezano José Luis Baños de Cos. Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro comenta a...
Diario cultural 12-02-2024 12.02.2024 29:57
Neste Diario Cultural temos un novo episodio de 'Escoitamos Teatro'. O capítulo 'Interior dun coche fúnebre' narra a historia de dous empregados dunha funeraria que transportan un cadaleito pola autoestrada. Un deles, traballador modélico, reflexiona sobre a súa vida ante o outro, contratado en prácticas e fillo da dona. É unha creación da autora e actriz Eva María Gontad. Na s...
Diario cultural 09-02-2024 09.02.2024 29:57
Neste Diario cultural falamos de remuda xeracional nos oficios tradicionais e lemos lecturas para todas as idades con Eva Mejuto.
Diario cultural 08-02-2024 08.02.2024 29:51
A galería Trinta de Santiago acolle a mostra 'Bosque animado (con Ángeles)', unha homenaxe do fotógrafo Vari Caramés á que foi a súa compañeira. Na sección de voces expertas, Tito Lesende recomenda as últimas cancións de Baiuca, Hydn e Eris Mackenzie, The Rapants e Travis Birds.
Diario cultural 07-02-2024 07.02.2024 29:58
Dous clásicos da novela sueca do século XX: 'O doutor Glas', de Hjalmar Söderberg, que falaba de aborto, eutanasia ou violación dentro do matrimonio a comezos do século XX, e 'O emperador de Portugalia', de Selma Lagerlöf, unha fábula tenra e crúa sobre o amor dun pai á súa filla. O ensaio gráfico 'Na sala dos espellos' é unha das bandas deseñadas de Liv Strömquist, u...
Diario cultural 06-02-2024 06.02.2024 29:57
Neste Diario Cultural descubrimos o traballo de Mercedes Vázquez Saavedra, a fotógrafa que leva varias décadas documentando as diferentes manifestacións do Entroido. Algunhas das súas imaxes de máscaras poden verse ata o 14 de febreiro no Museo Torres de Marín, na mostra 'Viaxe polo mundo da máscara'. Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro comenta dúas mostras protagonizadas por ci...
Diario cultural 05-02-2024 05.02.2024 29:57
Neste Diario Cultural descubrimos 'Fremosas', un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa. Na sección de voces expertas, Mario César Vila fálanos hoxe de como as cantigas medievais proporcionan información sobre as mulleres daquela época, como recolle o libro 'Mulleres med...
Diario cultural 02-02-2024 02.02.2024 29:57
Os galegos Aida Saco e Marcos de la Fuente presentan en Nova York o proxecto 'As cordas invisíbeis'. Os dous artistas galegos atópanse en Nova York e unen forza creativa neste proxecto que mestura piano e voz, inspirados polo 'Duende' de Lorca que aínda -din- segue na cidade dos rañaceos. Na sección de voces expertas, Eva Mejuto presenta os mellores libros de literatura infanti...
Diario cultural 01-02-2024 01.02.2024 29:57
A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' este xoves 1 de febreiro. A mostra está comisariada por Cristina Carballedo e poderá visitarse ata o 31 de marzo. Esta exposición parte de revisitar o proxecto plástico e vital do artista Paco Pestana, a través dunha aposta expositiva que xira arredor de obras, documentación e outros elementos do...
Diario cultural 31-01-2024 31.01.2024 29:55
Loita Amada vén de publicar o seu novo disco baixo o título 'Rematou o simulacro'. O novo traballo foi gravado en Garate Estudios da man do produtor vasco Kaki Arkarazo. O disco preséntase o sábado 3 de febreiro en 'O Candil de Silvia', na Estrada. Estarán acompañados polo grupo vasco Rúkula. Neste Diario Cultural coñecemos o novo do grupo arousán Maraxe. Tamén escoitamos a nov...
Diario cultural 30-01-2024 30.01.2024 29:57
Neste Diario Cultural facemos unha viaxe ata o lugar de Berres, na Estrada. Na casa de Vilancosta gardouse, ao longo de anos, un tesouro en forma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron a varios membros da familia Valladares Núñez. Un legado de enorme valor que agora coñecemos nun proxecto firmado por Pablo Bernárdez, publicado pola Editorial Galaxia. Na sección de a...
Diario cultural 29-01-2024 29.01.2024 29:57
O músico Abraham Cupeiro percorrerá o país co seu proxecto 'Mythos', unha viaxe musical para atopar lóxica á orixe do universo a través da música e as historias primixenias creadas polos pobos dende tempos inmemoriais. Na sección de cultura científica, a nosa experta Estíbaliz Espinosa explica conceptos que teñen que ver coas doenzas ou características xenéticas da muller.
Diario cultural 26-01-2024 26.01.2024 29:58
O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Conservador e do Restaurador. No Diario Cultural visitamos o Museo Granell en Compostela para falar con Lorena Rodríguez, conservadora e restauradora; e con Eduardo López Valiña, conservador xefe da Fundación Granell. Descubrimos con eles os segredos do seu oficio. Na colaboración de literatura infantil e xuvenil, Eva Mejuto fálanos de seres máxicos...
Diario cultural 25-01-2024 25.01.2024 29:58
Bea Lema e Carlos Portela optan a premio no Festival de Angoulême. Comeza a 51ª edición do Festival de Banda Deseñada da cidade francesa de Angoulême, o certame de cómic máis importante de Europa. A coruñesa Bea Lema opta ao premio á mellor obra coa edición francesa de 'O corpo de Cristo', novela gráfica sobre saúde mental vista polos ollos dunha nena. 'Contrition', do guionist...
Diario cultural 24-01-2024 24.01.2024 29:55
A escritora Berta Dávila preséntanos a súa última novela, A ferida imaxinaria, publicada por Edicións Xerais. A historia de dúas parellas de irmás distanciadas que atopan refuxio nas ficcións que elas mesmas constrúen. Un libro que abre unha nova etapa narrativa para a escritora, despois da autoficción dos seus premiados Carrusel, Illa Decepción e Os seres queridos.
Diario cultural 23-01-2024 23.01.2024 29:55
O 18 de xaneiro de 1924 estreouse en Madrid 'La leyenda del beso', unha das zarzuelas que o ponteareán Reveriano Soutullo asinou con Juan Vert, e unha das súas obras máis célebres. Co motivo desta efeméride, a orquestra Clásica de Vigo organiza un ciclo de concertos, conferencias e charlas que comeza o 26 de xaneiro. Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro comenta a mostra colectiva...
Diario cultural 22-01-2024 22.01.2024 29:58
A Galería Metro de Santiago acolle a mostra 'Criptografías', que reúne a parte visual do poemario do mesmo nome que Baldo Ramos e Pepe Cáccamo publicaron en 2023 coa editorial Alvarellos. Na sección de voces expertas imos de paseo pola Alta Idade Media con Mario César Vila.
Diario cultural 19-01-2024 19.01.2024 29:58
Os Premios de Arquitectura 'Gran de Area' entréganse o 20 de xaneiro en Celanova. Na sección de voces expertas, Eva Mejuto recomenda obras de literatura infantil e xuvenil.
Diario cultural 18-01-2024 18.01.2024 29:58
A Orquestra de Cámara Galega interpretará varias obras de Rogelio Groba nun concerto homenaxe no Teatro Colón da Coruña. Na sección de voces expertas, temos recomendacións musicais con Tito Lesende.
Diario cultural 17-01-2024 17.01.2024 30:57
No Diario Cultural entramos na biblioteca do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde coñecemos 'Biblioterapia', unha listaxe de lecturas seleccionada por profesionais sanitarios e especialistas en saúde mental. Desde o Hospital de Día de Psiquiatría de Ferrol comparten connosco a súa experiencia no 'Club dos poetas vivos', un club de lectura creado en 2019 no que pacientes do h...
Diario cultural 16-01-2024 16.01.2024 30:57
Xackal presenta o seu primeiro disco longo, 'Vén forte ben forte', unha viaxe sonora desprexuizada, vestida de electrónica, ritmos latinos e conexións atlánticas, da bossa ao house pasando pola música de raíz galega. Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro lévanos ata a exposición 'Lugar sen medida', de Correa Corredoira.
Diario cultural 15-01-2024 15.01.2024 30:58
O grupo de teatro amador 'Tangatutanga Teatro' leva máis de 20 anos creando pezas moi variadas, dende comedias de Shakespeare ata pezas de creación colectiva. Agora percorren Galicia coa súa versión de 'O lago dos cisnes'. Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa presenta as novidades científicas e culturais.
Diario cultural 12-01-2024 12.01.2024 31:58
Chega a Galicia a peza teatral 'Iribarne', unha corrosiva revisión escénica da figura política de Manuel Fraga e da nosa historia recente. Esther Carrodeguas é a autora da peza, unha coprodución da compañía Butaca Zero co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia. Na sección de voces expertas, Eva Mejuto recupera unha obra divulgativa sobre a contaminación mariña causada polos plást...
Diario cultural 11-01-2024 11.01.2024 29:22
A Escola Pablo Picasso da Coruña dá a coñecer documentación académica do artista entre os anos 1892 e 1895 na Mostra 'Picasso, alumno desta escola'. A mostra conta con láminas mitolóxicas, ilustracións da cidade e as notas sobresaíntes de Picasso, así como a súa primeira obra mestra. É a última das exposicións conmemorativas polo seu aniversario. Na sección de voces expertas, Tito Lesend...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.