AGalegaAudio

Diario cultural | Tarde

Society GL ↓ 395 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 10-01-2024 10.01.2024

Entrevista con Manuel Veiga Taboada, o autor da novela 'Perder as bestas', publicada por Xerais en 2023. Son 120 páxinas que nos mergullan na violenta peripecia dunha contrapartida, grupos organizados polo réxime para combater as partidas guerrilleiras, facéndose pasar por elas e sementando o terror entre a poboación. "Ao lector de hoxe esta violencia pódelle parecer esaxerada, pero...

Diario cultural 09-01-2024 09.01.2024

O musicólogo Javier María López preséntanos ‘Herminio Villaverde. A trompa da Fonsagrada’. Este libro-cd percorre a fascinante historia dun instrumento musical espallado por todo o mundo e que recibiu máis de mil denominacións: birimbao, arpa da boca ou guimbarda. Na Fonsagrada, a comarca galega na que máis se preservou a súa memoria, chámanlle trompa. Alí naceu o principal protagonista desta obra...

Diario cultural 08-01-2024 08.01.2024

‘Os Andares’ é unha serie de viaxes sonoras para acompañar camiñadas pola comarca dos Ancares. Unha proposta de docuficción baseada na investigación sobre o patrimonio da comarca, na evocación sonora e na escrita de María Lado, Clara Gayo ou Avelina Pérez, entre outros autores. Na sección de voces expertas, viaxamos con Mario César Vila á Torre de Doiras e ao Museo Arqueolóxico de Ourense.

Diario cultural 04-01-2024 04.01.2024

Belén Gopegui, Antón Lopo, María Sánchez e Uxue Alberdi son algúns dos escritores que participan en ‘Lecturas de coidado’, un encontro ao redor da lectura en común que se desenvolve en Santiago. Tamén participan profesionais da saúde mental, da medicina comunitaria, da arteterapia, da pedagoxía ou da intervención social. Na sección de voces expertas, Tito Lesende avanza as dúas tendencias de 2024:...

Diario cultural 03-01-2024 03.01.2024

Os cantos do ciclo de Nadal: panxoliñas, aguinaldos e cantos de reis. O músico Gustavo Couto, da Asociación de Gaiteiras Galegas, comparte con nós o seu coñecemento sobre o baile e música tradicional de Nadal. Lémbranos a importancia dos cantos en grupo, en comunidade, como un elemento de unión entre a sociedade. Tamén entrevistamos a Branca Villares, mestra de música e baile tradicional, unha das...

Diario cultural 02-01-2024 02.01.2024

O libro 'Somos hip-hop', publicado pola editorial Galaxia, é unha viaxe a través da historia do hip-hop. A obra presenta os fundamentos do breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox. Os autores son Pablo Castiñeira e David Brey. Na segunda parte do podcast, Mónica Maneiro fálanos da primeira mostra individual da artista Carla Souto, na Galería Vilaseco da Coruña.

Diario cultural 29-12-2023 29.12.2023

Entrevista con Dosi Veiga, responsable da web de divulgación científica ‘Ceos galegos’. Na sección de voces expertas, facemos balance con Eva Mejuto das publicacións de literatura infantil e xuvenil máis destacadas do ano 2023.

Diario cultural 28-12-2023 28.12.2023

Abordamos as claves da exposición 'Intrahistorias. Luz entre as cinzas' co seu autor, Adra Pallón. Tito Lesende fai balance dun ano 2023 moi musical.

Diario cultural 27-12-2023 27.12.2023

Falece a directora de cine PatricIa Ferreira. Falamos coa produtora cinematográfica e directora membro de CIMA Chelo Loureiro e recuperamos unha entrevista de Ana Romaní a Patricia Ferreira. Mario César Vila fai un repaso de 2023.

Diario cultural 26-12-2023 26.12.2023

O Festival PequeÁrtiko de Nadal con Rocío Salgado e Laura Sarasola. Mónica Maneiro trae o mellor de 2023, entre o que destaca o aniversario do CGAC.

Diario cultural 22-12-2023 22.12.2023

Un repaso pola música en vivo que podemos desfrutar nas próximas semanas: do concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia ao retorno a Vigo dos portugueses Trabalhadores do Comércio, pasando polo fin de xira d´A Banda da Loba, a presentación do último disco de Susana Seivane ou o aniversario de Zënzar. Eva Mejuto tráenos as primeiras publicacións sobre Luísa Villalta, homenaxeada das Letras...

Diario cultural 15-12-2023 15.12.2023

O mércores 20 de decembro ten ugar a estrea oficial en salas da agardadísima terceira longametraxe de Lois Patiño: 'Samsara'. Eva Mejuto tráenos hoxe dúas óperas prima do cómic que pode desfrutar o público xuvenil (e non só): ‘Fago o que podo' e ‘Sentinelas da lúa carmesí’.

Diario cultural 14-12-2023 14.12.2023

Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Pereira sobre o seu libro A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía (Edicións Ab Origine). A obra percorre a clasificación de enfermidades e doenzas que fai a nosa medicina popular, os seus especialistas, os métodos de prevención e os recursos curativos, e fai fincapé no poder da palabra e no poder da relixiosidade neste sistema tradicional de sa...

Diario cultural 13-12-2023 13.12.2023

Coñecemos a realidade de Palestina a través da súa literatura traducida ao galego. Rocío Viéitez Ferro preséntanos O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, publicado este outono por Laiovento dentro da súa colección Candemaia. Participa tamén na conversa Moncho Iglesias, tradutor á nosa lingua da poesía de Mahmoud Darwish (Carné de identidade, en Barbantesa) e das novelas Un mapa do lar, de...

Diario cultural 12-12-2023 12.12.2023

Conversamos con Carlos Martínez-Peñalver sobre a súa primeira longametraxe, unha ficción con aires documentais rodada na Serra da Estrela, en Portugal. Xoel vai ás montañas para gravar os sons da natureza, alí atopará un modo de vida en transformación e un contorno natural ameazado por unha turistización mal entendida. À procura da estrela’ é a película de apertura’ do festival Novos Cinemas de Po...

Diario cultural 11-12-2023 11.12.2023

Bar Ban Sónicos fórmanse a principios do ano 2018 na Pobra do Caramiñal, con Manel Casal na voz e guitarra, Amroth Lopes no baixo e coros e Abél Cores na batería. O grupo percorre os carreiros de bandas como The Sonics e unha aposta polo garaxe e pola entrega de concertos enérxicos e contundentes con poucas concesións ao virtuosismo ou ao onanismo instrumental. Agora veñen de publicar o seu novo d...

Diario cultural 08-12-2023 08.12.2023

Sound Troop é unha empresa adicada á mestura sonora para cine. Especializados en "Foley on location", proporcionan realidade sonora mediante acústicas naturais e multi microfonía aplicada en tempo real, para acadar o son narrativo de películas e series de televisíon e esa ambientación sonora que tanto evoca, e axuda, a contar as historas nas nosas pantallas. Involucrados en multitude de...

Diario cultural 07-12-2023 07.12.2023

O Consello da Cultura Galega acaba de facer dispoñible en Internet parte do Fondo Miguel Gutiérrez, que recolle propaganda e publicidade política desde os anos finais do franquismo ata a década dos 2000. Entre os documentos xa accesibles están o cartel de Isaac Díaz Pardo para a manifestación polo Estatuto de Autonomía en 1979, homenaxes aos últimos fusilados do franquismo ou exemplos de convocato...

Diario cultural 05-12-2023 05.12.2023

‘Vía Morta’ é un espectáculo teatral inmersivo que sitúa o público nun campo de persoas refuxiadas. A montaxe parte dun texto do escritor e actor Carlos Olalla, inspirado polas visitas a campos de refuxiados do colectivo Pallasos en Rebeldía. Dirixe o espectáculo Eva Egido e forman o elenco Iván Prado, Anabell Gago, Fran Rei e Rocío Salgado. ‘Vía Morta’ estréase o domingo 10 de decembro no auditor...

Diario cultural 04-12-2023 04.12.2023

O Fanzine Fest leva música electrónica de vangarda e artes visuais a diferentes espazos da Coruña durante esta semana. Do Planetario á fundación Luís Seoane, da Domus á sala O Túnel. Conversamos con Pablo Cubeiro, un dos directores do Fanzine Fest, e con Óscar Domínguez, membro do colectivo MOM, un grupo artístico coruñés que propón este mércores unha instalación sensorial interactiva na igrexa da...

Diario cultural 30-11-2023 30.11.2023

Por primeira vez, na súa dilatada traxectoria, o pintor coruñés Correa Corredoira ten dúas exposicións a disposición do público galego. En Ourense "Un lugar sen medida", froito da súa experiencia africana. En Carballo algo ben diferente. Con Correa Corredoira fala Isabel Freire. Tito Lesende avánzanos unha das cancións do disco-fanzine que Dios ke te Crew repartirán este 2 de decembro no...

Diario cultural 29-11-2023 29.11.2023

‘Os suicidantes’ é unha distopía ambientada en Santiago de Compostela, nun futuro deshumanizado no que se estende entre a poboación a ‘gran dor’, que lles quita as ganas de vivir. É a primeira banda deseñada do novelista Diego Ameixeiras, en colaboración co ilustrador Tomás Guerrero. Os dous autores explícannos algunhas das claves desta historia negrísima de alento humanista publicada por Edicións...

Diario cultural 28-11-2023 28.11.2023

Estréase ‘Casa do Silencio’, o filme rodado en Galicia polo cineasta de culto estadounidense Jon Jost. Unha película poética e musical, enraizada na nosa cultura e inspirada polos tabús familiares. Participan en ‘Casa do Silencio’, poetas como Ismael Ramos, Antón Lopo ou Xiana Arias e músicos como Ugia Pedreira ou Gabi Reboredo. A Filmoteca de Galicia e Numax dedícanlle a Jost un ciclo de proxecci...

Diario cultural 27-11-2023 27.11.2023

Zavala presentan o seu primeiro disco, ‘Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)’, publicado por Ferror Records. Un traballo que combina os sons acústicos cos sintéticos e algún pouso da música tradicional, con letras que respiran melancolía urbana. Falamos con Carla Romalde e Víctor Ledo, dous dos integrantes deste quinteto, que presenta en directo o seu debut o 5 de xaneiro na s...

Diario cultural 24-11-2023 24.11.2023

Nove entidades profesionais das artes escénicas e musicais promoven un protocolo de prevención e actuación do acoso sexual e da discriminación por sexo e xénero. Preséntannolo Patricia de Lorenzo, de Escena Galega, e Patty Castro, da Asociación Músicas ao Vivo. Eva Mejuto proponnos este venres dous libros con memoria. 'Mambrú volveu da guerra' é unha peza teatral infantil de Carlos Labra...

Listen to the Diario cultural | Tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.