AGalegaAudio

Diario cultural | Tarde

Society GL ↓ 395 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 23-11-2023 23.11.2023

‘Hai quen escolle os camiños máis longos’ é a última montaxe escénica da compañía Berrobambán. Un espectáculo inspirado no poemario do mesmo título, de Paula Carballeira, e coproducido pola compañía portuguesa Ponto de Fuga. A peza é o primeiro capítulo dunha ‘Triloxía do Bosque’ dedicada a explorar a rica simboloxía que agocha este espazo e cales son as súas implicacións no presente. Conversamos...

Diario cultural 22-11-2023 22.11.2023

Conversamos con María Reimóndez a propósito do seu último libro, ‘Furia’, premio Jules de Verne de literatura xuvenil. Unha novela sobre a adolescencia, a perda, os afectos e o boxeo como vía de reconexión individual e colectiva. Escoitamos tamén as impresións lectoras de Adela Dios, unha das integrantes do xurado do premio. Bárbara G. Vilariño, do club de lectura Queeruña, comparte as súas achega...

Diario cultural 21-11-2023 21.11.2023

Entre 1960 e 1974 uns 240.000 galegos e galegas emigraron ao Reino Unido. A exposición ‘As xeracións do Montserrat’ recolle testemuños e obxectos daquela emigración, co fío condutor do transatlántico Montserrat, un dos barcos que realizaba a viaxe entre o porto da Coruña e as illas británicas. O escritor e xornalista Xesús Fraga é o comisario da mostra, promovida polo Consello da Cultura Galega, q...

Diario cultural 20-11-2023 20.11.2023

A cuarta edición das Xornadas Artesanía no Prato quere consolidar a alianza entre os artesáns galegos e a alta gastronomía. 31 obradoiros de madeira, cerámica, forxa, cestería ou téxtil están presentes no encontro, no que tamén participan cociñeiros como Lucía Freitas. A ciencia pode ser unha sinfonía que se constrúe entre moitos e ao longo do tempo seguindo o método científico. O café cósmico de...

Diario cultural 17-11-2023 17.11.2023

As mulleres usan e transmiten o galego un 4% menos cós homes, unha diferenza pequena pero significativa e á que ata o de agora non se lle prestara moita atención. O Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega publica Lingua e xénero en Galicia: un estado da cuestión, unha das primeiras aproximacións específicas á intersección entre o xénero e os usos e prácticas lingüísticas. Conversamos...

Diario cultural 17-11-2023 17.11.2023

As mulleres usan e transmiten o galego un 4% menos cós homes, unha diferenza pequena pero significativa e á que ata o de agora non se lle prestara moita atención. O Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega publica 'Lingua e xénero en Galicia: un estado da cuestión', unha das primeiras aproximacións específicas á intersección entre o xénero e os usos e prácticas lingüísticas....

Diario cultural 16-11-2023 16.11.2023

O Teatro Ensalle celebra este mes en Vigo o seu xa tradicional Festival Catropezas de danza contemporánea. Comentamos as súas claves coa programadora do Teatro Ensalle, Raquel Hernández. Tito Lesende pica hoxe a nova canción de Triángulo de Amor Bizarro, a ‘autoversión’ “La carretera nocturna’ que nos presenta unha das integrantes do grupo, Isa Cea. Escoitamos tamén o último tema das Tanxugueiras,...

Diario cultural 15-11-2023 15.11.2023

Emma foi á última novela que publicou en vida Jane Austen, clásica da literatura inglesa cuxa obra mantén gran vitalidade no século XXI. A través dos enredos e equívocos amorosos provocados pola súa protagonista, Emma retrata o clasismo da sociedade inglesa da época e as condicións de vida das mulleres, obrigadas a matrimonios vantaxosos para garantiren a supervivencia económica. Sushi Books publi...

Diario cultural 14-11-2023 14.11.2023

Repasamos algunhas das opcións que ofrecen as Universidades galegas para formarse no ámbito cultural. Desde o grao en Xestión Cultural da USC no campus de Lugo, co seu mestrado en Servizos Culturais, ata títulos de posgrao propios como a nova titulación de especialista universitario na industria musical que ofrece a Universidade de Vigo. Con Mónica Maneiro facemos un percorrido arredor da exposici...

Diario cultural 13-11-2023 13.11.2023

A historiadora Aldara Cidrás reparou noutro deses encantos da cidade de Santiago de Compostela que resulta respectouso co entorno medieval: os letreiros en forxa. Con Mario César Vila falamos da inauguracion da exposición 'Olladas #INSITU' este xoves, no Día do Patrimonio.

Diario cultural 10-11-2023 10.11.2023

Verónica Codesal presenta en directo o seu último proxecto musical, ‘100 voltas’ na xira ‘Igualdade’, que a leva nestes días por Cedeira, Carballo, Outeiro de Rei, Vedra, Santiago, Oleiros e Arzúa. O álbum incorpora letras das poetas Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Rosalía Fernández Rial que falan de sororidade, maternidade, vínculos tóxicos e liberdade persoal. A compoñente de Ialma acompáñase aqu...

Diario cultural 09-11-2023 09.11.2023

Centrámonos en 'Irmás na Fala', a serie web que produce a RAG -co apoio económico do Concello da Coruña- para contribuír ao coñecemento e recoñecemento de mulleres que abriron camiños de futuro para todas. Tito Lesende tráenos o novo de Terbutalina e The Rapants e o regreso de 'Rock & Ríos'.

Diario cultural 08-11-2023 08.11.2023

Hugin e Munin e Irmás Cartoné traen ao galego neste ano dúas obras da escritora estadounidense Edith Wharton. Trátase de 'Expiación e outros relatos, traducida por Celia Recarey; e 'As irmás Bunner', traducida por Alejandro Tobar.

Diario cultural 07-11-2023 07.11.2023

No seu terceiro disco '30', Miguel Lamas fusiona a música tradicional con afro jazz e un concepto pop. Charlamos con el sobre as súas claves. Mónica Maneiro tráenos a exposición 'Un nuevo día' de Juan Fernández Álava, na galería Trinta.

Diario cultural 06-11-2023 06.11.2023

‘O pobo canta: o pensamento político de Pier Paolo Pasolini’ é o título da xornada que organiza o Consello da Cultura o martes 7 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Conversamos cun dos coordinadores do encontro, o cineasta italiano Simone Saibene, que intervirá tamén para falar do cine de Pasolini. Escoitamos outra das participantes, a xestora e creadora cultural Cristina C...

Diario cultural 03-11-2023 03.11.2023

Escoitamos o novo álbum do grupo de Muros co seu cantante, Miguel Cernadas. Oito temas nos que regresan ao son directo, máis cru, e que presentarán en directo o 8 de decembro na sala Malatesta de Santiago. Segunda entrega da historias terroríficas que escolmou para nós Eva Mejuto. Hoxe, A casa enmeigada, o clásico de Jan Pienkovski, que trouxo ao galego hai uns anos a editorial Patas de Peixe. Tam...

Diario cultural 02-11-2023 02.11.2023

Unha vez máis, e grazas a Alvarellos editora, podemos segui-las pegadas da memoria histórica de Galicia. Novo libro da investigadora Aurora Marco coa que falou Isabel Freire. É 'Now and Then' a derradeira canción de The Beatles? Debatémolo con Tito Lesende na estrea mundial da peza, que une a voz de John Lennon nunha maqueta de 1977 cos instrumentos de Paul McCartney, Ringo Starr e Georg...

Diario cultural 31-10-2023 31.10.2023

Proposta de lectura para Samaín: ‘Corpos. As outras vidas do cadáver’, de Erica Couto-Ferreira, publicado por Kalandraka, ensaio erudito e divertido sobre as maneiras nas que lidamos co que queda de nós trala morte. Mónica Maneiro comenta 'Eros y Tánatos', outra dobre mostra na galería compostelá Dupla. Yolanda Dorda e Roberto González Fernández retratan a pulsión erótica e a pulsión de...

Diario cultural 30-10-2023 30.10.2023

Hórreos e paneiras camiño de seren Patrimonio Cultural: o Ministerio dálle impulso á reivindicación. O Consello Nacional de Patrimonio Histórico iniciará os trámites para o recoñecemento oficial. Mario César Vila fálanos dos traballos para tentar recuperar os restos de Anuncia Casado, a 'Pasionaria galega', asasinada no 36.

Diario cultural 27-10-2023 27.10.2023

O Womex celebra en Coruña a súa segunda xornada. Ali acudimos para falar con varios asistentes e protagonistas desta festa da música. Eva Mejuto vén falarnos de dous contos para ler neste Samaín: 'Valentina Nunca Calas e o Monstruo da Media Cara', de Charo Pita, e 'Sete monstruos e un gato', de Rafa Ordóñez.

Diario cultural 26-10-2023 26.10.2023

XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral: 'Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción'. Trátase dunha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Celébrase este sábado en Lugo e para falar dela trouxemos a Lois Pérez, Marta Veiga e Nuno Pico.

Diario cultural 25-10-2023 25.10.2023

É a décimo sexta edición do certame anual organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, que reunirá máis de seiscentos músicos no Pazo da Cultura de Narón. Once bandas, dúas delas chegadas desde fóra de Galicia, competirán nas diferentes categorías. Conversamos con Iván Estévez, trompetista e presidente da Federación, e coa pianista e compositora María Mendoza, que dirixirá a Ch...

Diario cultural 24-10-2023 24.10.2023

Xosé Manuel Soutullo é o novo director xeral da Editorial Galaxia. Traballou na editora máis de 40 anos e asume a nova responsabilidade mirando cara ao 75 aniversario, en 2025. Con el charlamos sobre a súa traxectoria e os obxectivos da editorial. Auga e moedas do alxibe do castelo de San Antón. Son parte dos materiais que Rubén Santiago emprega na mostra 'Ante a inminencia', que pode vi...

Diario cultural 23-10-2023 23.10.2023

Slams, micros abertos, impro... Santiago acolle o festival de poesía nova 'Luz Póetica', do que falamos con Yamini Prabhu Barretto e con Lúa Mosquetera. Con Estíbaliz Espinosa miramos cara ás Oriónidas (se as nubes nos deixan) e escoitamos o poema de Ada Limón que a sonda Europa da NASA levará a unha das lúas de Xúpiter.

Diario cultural 20-10-2023 20.10.2023

'O home e o can' chega a 22 salas de cine galegas. As actrices Paula Chaves e Estíbaliz Veiga preséntannos a película de Ángel de la Cruz, que comparten con Manuel Manquiña. Soidade, coidados, vellez nun filme para poñerse nos zapatos dos outros... No apartado literario Eva Mejuto preséntanos os 'White Ravens' deste ano que podemos ler en galego: 'A lebre mecánica', d...

Listen to the Diario cultural | Tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.