AGalegaAudio

Diario cultural | Tarde

Society GL ↓ 395 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 19-10-2023 19.10.2023

O VIII Seminario de Onomástica da Real Academia Galega aborda este sábado en Pontevedra a presenza dos nomes propios na nosa literatura popular. Conversamos coa lingüista Luz Méndez e coa antropóloga Elena Freire Paz. Tito Lesende fálanos dos novos discos de Caamaño & Ameixeiras, Lily Kershaw e Rolling Stones; e da celebración dos 20 anos de Dios Ke Te Crew.

Diario cultural 18-10-2023 18.10.2023

Zeltia Irevire preséntannos o seu primeiro álbum, 'Vacaloura', un disco sintonizado coa natureza no que falan o vento e o espírito do bosque.

Diario cultural 17-10-2023 17.10.2023

Nove concertos e unha miríada de residencias artísticas, actividades e conferencias espalladas por Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela. Un outono cargado de músicas de vangarda. Comeza o Vertixe 11! Arte e física no retorno expositivo a Galicia de Rubén Ramos. Mónica Maneiro fálanos de 'La objeción de Ernst Mach a la línea del horizonte (de sucesos)', na galería Nordés.

Diario cultural 16-10-2023 16.10.2023

Os Premios da Cultura Galega concédeos a Xunta anualmente. Son galardóns sen dotación económica que distinguen a excelencia creativa. Falamos con Belén Brandido, produtora e distribuidora de Pistacatro (galardonada nas Artes Escénicas); e con Alfonso Blanco, director da produtora Portocabo (premio na categoría de Audiovisual). A partir dun Obradoiro de escrita impartido en 2021 e 2022 por Eli Ríos...

Diario cultural 13-10-2023 13.10.2023

A nosa experta en literatura xuvenil e infantil céntrase hoxe na tradición oral. Tráenos o conto 'A botella de lentellas' (Premio Merlín de Literatura Infantil), de Leticia Barbadillo; e o canto 'Pequena fauna do Cantigueiro de Cotobade', de David Carballal. No musical, Dios Ke Te Crew celebra este 2 de decembro os seus 20 anos na industria musical. Falamos da festa con MOU.

Diario cultural 12-10-2023 12.10.2023

Levar na carteira do cole un dicionario é seguramente un costume que foi desaparecendo. As enciclopedias e os dicionarios foron os primeiros en sucumbir diante das facilidades que ofrece o mundo virtual. No ano 2020 Rinoceronte Editora emprendeu o camiño dos dicionarios en rede e agora amplía a súa oferta. Unha nova que nos achega Isabel Freire da man do editor Moisés Barcia. O punto musical vén c...

Diario cultural 11-10-2023 11.10.2023

O galadornado filme de Jaione Camborda 'O Corno' chega ós cines este mércores 11 de outubro. Que mellor momento para que parte do seu equipo nos fale das claves do seu éxito. Melania Freire é a directora de arte, Uxía Vaello forma parte do equipo de vestiario e Julia Gómez e María Lado constitúen algunha das pezas do reparto da película.

Diario cultural 10-10-2023 10.10.2023

Está morrendo o amor? Ibuprofeno Teatro responde a pregunta con humor e música e a participación do público en 'Deadpan Karaoke', un espectáculo unipersoal interpretado por Marián Bañobre e dirixido por Patricia Rodríguez. Con Mónica Maneiro afondamos no Porto Design Biennale. Convidamos ademais a David Barro, comisario da participación galega no Bienal.

Diario cultural 06-10-2023 06.10.2023

A nova edicion do Festival Internacional Galicreques en Compostela promete unha programación familiar e para adultos que mestura bonecos, máscaras e performance para todo tipo de historias. Charlamos deste evento con Rafael Rey Domech, fillo do director Javier Rey e cabeza da compañía Nauta. Pola súa parte, Eva Mejuto vén falarnos de literatura tanto xuvenil como para adultos: 'Tempo de lagar...

Diario cultural 05-10-2023 05.10.2023

Comeza a nova tempada da Orquesta Sinfónica de Galicia e quen mellor para falarnos dela que o seu novo director titular. É Roberto González-Monjas, director e violinista vallisoletano de 35 anos que quere converter os concertos en "experiencias". O outro toque musical vén da man do noso experto Tito Lesende, co que charlamos de 'Caldo Espírito', o novo disco de Xoel López. Esco...

Diario cultural 04-10-2023 04.10.2023

'Iphixenia na porta do súper' é a versión galega dun texto teatral que aborda os recortes sociais a través do monólogo dunha moza de barrio. Conversamos coa actriz Alba Caneda e coa directora Sara Rey. Estrean este 4 de outubro en Tui e o 22 de outubro no Fiot de Carballo. Nestes días celébrase a 18ª edición do Sanfroidance, o festival de música negra e electrónica de Lugo, organizado po...

Diario cultural 03-10-2023 03.10.2023

O deseñador Pepe Barro expón na Fundación DIDAC os cadernos de traballo da súa traxectoria de cincuenta anos de traballo, que é unha sorte de cartografía de Galicia. Un total de 66 cadernos de diversos formatos que foron utilizados ao longo da súa carreira profesional e que para o deseñador «son os lugares onde abrollan as ideas». Charlamos con el. De exposición a exposición. Mónica Maneiro guíano...

Diario cultural 02-10-2023 02.10.2023

Programa especial dedicado ao Ourense Film Festival desde o centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Con Enrique Otero e Javier Gutiérrez, director e protagonista da película ‘Honeymoon’, que forma parte da sección oficial do festival e de Panorama Galicia; a cineasta mexicana Lila Avilés, directora de ‘Tótem’, outro dos filmes da sección oficial do OUFF e o director do festival, Miguel Anxo F...

Diario cultural 29-09-2023 29.09.2023

Santiago de Compostela é quizais a cidade europea con maior densidade de gárgolas, esas máscaras pétreas —enigmáticas, divertidas, transgresoras— que nos contemplan desde o alto a partir da Idade Media. Hai máis de 300, e nesta pioneira guía trilingüe (galego, castelán e inglés) selecciónanse 30 das máis singulares, nunha ollada nova e moi sorprendente da nosa capital. Publicada conxuntamente polo...

Diario cultural 28-09-2023 28.09.2023

Lois Blanco dirixe a seu pai, Carlos Blanco, e a Belen Constenla na adaptación de 'Sibarís', obra teatral póstuma de Domingo Villar publicada por Editorial Galaxia. Con todos eles charlamos. Música en feminino tráenos Tito Lesende, co que escoitamos un petisco de 'O.D.A.', a canción que Guadi Galego estrea este venres. Tamén hai tempo para ó EP de Pamela Rodríguez 'Meigas&...

Diario cultural 27-09-2023 27.09.2023

Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023 por 'Materia'. Como non podía ser doutra forma, aquí a temos para que nos conte as súas sensacións. Por primeira vez en 19 anos, o audiovisual galego ocupa unha sección específica no London Spanish Film Festival (LSFF) grazas ao esforzo conxunto do Galician Film Forum (GFF) e da Mostra Internacional do Cinema Etnográfico (MICE). Cóntanolo u...

Diario cultural 26-09-2023 26.09.2023

Na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia celébrase o XX Simposio O Libro e Lectura, no que o sector editorial galego valorará os 40 anos da súa asociación. Un simposio no que estarán presentes os nosos dous convidados: Manuel Bragado, que participa co relatorio 'As cifras da edición en Galicia'; e Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras. No eido da arte, Món...

Diario cultural 25-09-2023 25.09.2023

A arquitecta María Novas foi premiada na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo pola súa obra "Arquitectura e xénero". Con ela charlamos sobre as claves deste libro e do seu recoñecemento. Espazo tamén para a ciencia con Estíbaliz Espinosa, que vai aclararnos cales son as diferencias entre o equilux e o equinocio.

Diario cultural 22-09-2023 22.09.2023

Remata o verán, pero non por iso os festivais. Gondomar acolle a V Edición do Season Fest con música que tampouco faltará en Carballo, onde ten lugar a XXVI Edición do Xiria Pop. Quen mellor para falar destes festivais que os seus organizadores: Isaac González e Xabier Graña, respectivamente. No apartado literario, Eva Mejuto tráenos un libro ilustrado feito en Galicia sobre as "Estrelas gale...

Diario cultural 21-09-2023 21.09.2023

Sarabela Teatro estrea en Ourense "Made In Galiza", adaptación teatral dun relato do libro homónimo de Séchu Sende. Charlamos dela coa súa directora, Fina Calleja. A nota musical vén da man de Tito Lesende, co que falamos do álbum debut de Mondra: "Ardén".

Listen to the Diario cultural | Tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.