AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ 638 Folgen

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Autor

AGalegaAudio

Kategorie

Society

Podcast-Website

agalegaaudio.gal

Neueste Folge

9. Jul 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android 5 Mio.+ Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

A tarde 09-07-2026 09.07.2026

Unha experta en oratoria ofrécenos consellos para falar en público. Entrevista co arquitecto lugués Víctor Cageao, director das Coleccións Reais de Patrimonio Nacional e da Galería de Coleccións Reais. No talento galego falamos co bailarín José Cibreiro. O festival SeaFest regresa aos xardíns vigueses de Montero Ríos para promocionar o consumo de peixe nun ambiente festivo. O financeiro David Sánc...

A tarde 08-07-2026 08.07.2026

Enfermar antes dunha cita ou evento importante. José María Tobío, xerente da Grupo de Desenvolvemento Rural de Pontevedra-Morrazo fálanos do enoturismo coa "Ruta dos Viños Oceánicos". Ortigueira volve ser a capital internacional da música celta entre o 8 e o 12 de xullo. O farmacéutico Iago Regueira fálanos dos antiácidos e suplementos para a dixestión. Hoxe exploramos o taleno galego co...

A tarde 07-07-2026 07.07.2026

Inflúe o cambio climático nun produto tan desexado como o chocolate? O cacao, que cotiza nos mercados de futuros, acabará sendo un produto de luxo? Coincidindo co Día Mundial do Chocolate conversamos co dono e terceira xeración de Chocolates Expres, unha empresa coruñesa fundada hai case 100 anos. Aurelio Fernández cóntanos de que países ven o cacao que utilizan, do incremento dos prezos desta mat...

A tarde 06-07-2026 06.07.2026

Os códigos QR xa non se aplican só en restaurantes, tendas, produtos..., en Galicia hai un cemiterio, o de San Vicente de Cerponzóns, en Pontevedra, onde xa se comezou a colocar este dispositivo nas lápidas. Juan José Esperón, secretario da Asociación de Veciños O Cheleiro, cóntanos por qué incorporou un código QR ó panteón familiar. Esperón asegura que esta medida tecnolóxica facilita que os desc...

A tarde 03-07-2026 03.07.2026

Trasladámonos a Sergude, concello de Boqueixón, para asistir a oitava edición de GALIFOREST Abanca, un certame centrado no sector da madeira que nesta oitava edición conta coa participación de 125 expositores e na que están representadas case 400 empresas de 31 países. O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Alfredo Fernández Ríos, acláranos que non se debe demonizar ningunha especie,...

A tarde 02-07-2026 02.07.2026

Un estudo realizado por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e a Misión Biolóxica de Galicia permitiu analizar a resposta das aves despois do megaincendio rexistrado na Serra do Courel en 2022 e, en consecuencia, comprobar qué factores inflúen na recuperación do ecosistema. Fernando García, do departamento de Zooloxía, suliña a importancia da "memoria do bosque", isto...

A tarde 01-07-2026 01.07.2026

Rimos hoxe das mesmas cousas que hai 40 anos? Qué pasa coas redes sociais e o humor? Na véspera do Día Mundial do Chiste, conversamos co humorista Pablo Meixe, que fai rir coas súas expresións faciais tanto nas súas actuacións en directo como nos reels que crea. Fala das posibilidades que abriron as redes sociais ós humoristas, da improvisación, do humor branco, de facer humor sen ferir e dos seus...

A tarde 30-06-2026 30.06.2026

Por qué continúa esixindo unha diferencia tan marcada de roupa polo xénero? Aínda hai moita xente que amosa sorpresa cando ve determinadas modas de vestir? Víctor Manuel Oujo, asesor de imaxe e influencer coñecido como Vimanstyle, asegura que falta a implicación da industria téxtil e que a xente nova se arrisque máis coa roupa. Este asesor é partidario das prendas clásicas e atemporais, sen atende...

A Tarde 29-06-2026 29.06.2026

Comezamos a tempada de verán con novas seccións. Javier Barba vainos falar de gastronomía no espazo "Enchendo o bandullo con coitelo e forquita". Para abrir o apetito traenos un dos pratos senlleiros da cociña galega, o polbo. Manuel Rial achegaranos o patrimonio do pais. Para principiar lévanos ao castelo de Vimianzo. Moncho Lemos lembraranos as cancións do verán e recuperamos a sección...

A tarde 26-06-2026 26.06.2026

Aumenta o número de rapaces e mozos que reciben clases particulares. No curso 23-24 os españois gastaron 2.800 millóns de euros en axudar ós fillos a levantar as notas e evitar suspensos. Son necesarias as pasantías? Raquel Hermida, da academia A Mariña de Burela, argumenta que as familias non teñen tempo para axudar ós rapaces e, ademais, queren nenos máis preparados de cara o futuro. Hermida com...

A tarde 25-06-2026 25.06.2026

Celebramos o Día da Xente do Mar falando cunha das 1.500 mariscadoras da Confraría de Noia. Mercedes Silva explícanos as razóns polas que elixiu dedicarse ó marisqueo a flote, para ela un traballo, unha tradición e un disfrute. Esta muller nova cóntanos cómo realizan esta actividade, cómo afrontan os anos de pouco marisco e tamén algunhas ideas equivocadas sobre este sector; experiencias que trasl...

A tarde 24-06-2026 24.06.2026

Estamos de resaca trala festa de San Xoan, polo que lle pedimos ao noso boticario de confianza, Iago Regueira, que nos recomende algúns remedios para levala mellor. Falamos con Alfonso Criado, químico da Universidade da Coruña que participa nun proxecto dirixido a desenvolver ferramentas capaces de identificar sinais tempranas da endometriose, unha enfermidade que sofre unha de cada dez mulleres....

A tarde 23-06-2026 23.06.2026

A normativa europea sobre os smartphones que entrará en vigor no 2027 vai provocar cambios importantes ou non? Abelardo Carvajales, técnico de móbiles de Phone Factory, expón que a batería, seguida da pantalla, é o principal problema dos móbiles e considera que case sempre compensa arranxala en lugar de comprar un aparello novo. Este técnico deíxanos algún consello para lograr que dure máis tempo....

A tarde 22-06-2026 22.06.2026

Coas altas temperaturas apetece levar un calzado fresco e moitas persoas apostan polas chanclas. Son saudables? Pódense levar sempre? A podóloga Sara Touceda explica que en praias e piscinas protexen os pes de infeccións e feridas, pero non se debe abusar. A falta de estabilidade e a escasa suxección deste calzado pode provocar tensións e mesmo patoloxías se hai un uso excesivo nos meses de verán....

A tarde 19-06-2026 19.06.2026

O Museo de Ciencias e Tecnoloxía da Coruña vai desenvolver dende xullo un programa especial de actividades arredor da eclipse total de sol que se poderá observar o próximo 12 de agosto e tamén as que se van producir en España nos anos 2027 e 2028. O director do MUNCYT, Fernando Luis Fontes, indica que se explicarán detalles sobre este fenómeno, cómo observalo sen risco, pero tamén se ofrecerá info...

A tarde 18-06-2026 18.06.2026

Vivimos A Tarde no monte do Gozo para asistir ós últimos preparativos e ó arranque do festival O Son do Camiño 2026. Transmitimos o ambiente previo e a enerxía dos asistentes coas distintas actuacións, especialmente co primeiro concerto, o do galego Habló Pablo. Nos minutos previos contounos a ledicia de formar parte do Son do Camiño por primeira vez e da súa escolla para esta actuación. Disfrutam...

A tarde 17-06-2026 17.06.2026

Coñecemos a aldea fantasma de Chaioso, unha celebración de medo que ten lugar nesta poboación de Maceda a mediados de agosto. Emiliano Rodríguez, un dos organizadores, cóntanos que arredor de cen veciños se caracterízan para converterse en criaturas e personaxes terroríficos e transformar esa pequena aldea nun lugar cheo de sorpresas arrepiantes. A festa leva celebrándose dende hai máis de 20 anos...

A tarde 16-06-2026 16.06.2026

Cómo se chegou á actual crise da vivenda en España? Hai solucións para que as xeracións máis novas recuperen o dereito a vivir nunha casa, sen afogamento económico e sen a incertidume do aluguer? O sociólogo e investigador do CSIC Javier Gil asegura que todo se debe á especulación de grandes investidores e fortunas, endurecida coas leis do Goberno de Mariano Rajoy para favorecer a entrada dos gran...

A tarde 15-06-2026 15.06.2026

Desprazámonos a Burela para asistir ó festival "De cabo a cabo", que se celebra coincidindo co partido entre a selección española e a de Cabo Verde no Mundial de Fútbol. Conversamos coa alcaldesa, Carmela López, sobre o modelo de integración de Burela, unha localidade de 10.000 habitantes con persoas de 52 nacionalidades. A alcaldesa explica que o festival responde a presenza de caboverd...

A tarde 12-06-2026 12.06.2026

As verbenas e os festivais multiplícanse en Galicia coa chegada do bo tempo e especialmente coa entrada no verán. O director do Combo Dominicano, Cirano Núñez, fálanos do boom da verbena galega fora da nosa comunidade e da experiencia desta banda nos 20 anos transcorridos dende a súa chegada a Galicia. Coñecemos tamén as novidades da xira "Energy Tour", que levará os ritmos caribeños por...

A tarde 11-06-2026 11.06.2026

Coa chegada do calor intenso moita xente opta pola praia pero outra moita soña con ter unha piscina na casa. Nesta altura do ano ainda é posible contratar a construcción dunha piscina para o verán? Cánto nos pode custar? O xerente do Grupo Spazi Aguasport, de Carral, respóndenos e lanza recomendacións sobre o seu mantemento. A banda coruñesa Apolo 18 preséntanos o seu primeiro EP, titulado "I...

A tarde 10-06-2026 10.06.2026

As excavacións no castro de Montes Claros, en Laracha, ofrece novas sorpresas. Puri Soto, responsable do estudo arqueolóxico, coméntanos os traballos realizados na última campaña, como a excavación nun barrio extramuros e a aparición dun edificio grande circular con tumbas. Esta arqueóloga asegura que Montes Claros cobre o baleiro existente ata agora na investigación de castros dos ártabros e brig...

A tarde 09-06-2026 09.06.2026

As lambetadas tamén poden ter beneficios para a saúde. Falamos con Mercedes Toscano, cofundadora da fábrica Milimelis de Nigrán, a única empresa galega de elaboración de lambetadas funcionais. Ela explícanos as vantaxes destes produtos, que incorporan fungos, vitaminas, melatonina e outros suplementos para o noso corpo. Coñecemos detalles da segunda edición de XoGal en conversa con Cintia Lomba, a...

A tarde 08-06-2026 08.06.2026

Orientarse ben é algo natural ou tamén podemos entrenar esta capacidade? A presidenta da Federación Galega de Orientación, Sonia Gómez, cóntanos o tipo de probas e os instrumentos que se poden utilizar nas carreiras polo monte ou nas cidades. Non se trata só de correr, senon de concentrarse e focaliza-la atención. En Galicia xa se fabrica kombucha e a iniciativa parte de Casa Grande Xanceda, a gra...

A tarde 05-06-2026 05.06.2026

Höre den Podcast Todos os podcast | A tarde in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet