AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A tarde 27-08-2025 27.08.2025 3:56:59
Desvelamos a nova programación da Radio galega. A directora de novas plataformas da CSAG, María Sabucedo, preséntanos "Pipo" a serie que estrea Xabarín.gal. Luis Villares amósanos a realidade dos cans abandonados dende a protectora da Manco,munidade de Ferrolterra. Apuntámonos a un Escape Room con sabor histórico en Vilalba. O alcalde de Carnota, Juan Saborido, lévanos á Caseta Pepe do C...
A tarde 26-08-2025 26.08.2025 3:56:58
Carla Mosquera e Tito Rober improvisan esta Tarde. O biólogo Xavier García Galdo fálanos da presenza de candorcas e carabelas portuguesas nas costas galegas. Visítanos o Tiktoker Juan Sieira. Acompañamos aos vixiantes voluntarios dos montes das Somozas. Odón Castro, da asociación Agromuralla, explícanos como están levando forraxe a Ourense para atender o gando afectado polos inendios. Presentamos...
A tarde 25-08-2025 25.08.2025 3:56:58
Preguntámoslle a Víctor, un polbeiro de Arcos, como se miden as racións e por que se venden a prezos tan dispares. O experto en seguros Adolfo Campos lémbranos que dentro de pouco será obrigatorio contratar un seguro para conducir un patín eléctrico. Reflexionamos sobre o xenocidio en Palestina coa cantante e compositora Najla Shami. Raul Villares lévanos á Pantín Classic. Iago castro preséntanos...
A tarde 22-08-2025 22.08.2025 3:56:57
Estamos ás portas dunha fin de semana festeira. Begoña Vázquez fainos a axenda de celebracións, pero ademáis pasamos polo entroido de verán de Redondela con Carlos Veleiro, Marcos Argibay fálanos da Festa do Esquecemento, Manuel Rial e Andrés Teide convídannos ao Festival de Arte Rpestre de Campo Lameiro, e imos de verbena coa Orquestra Arizona. Suso Fernández, propietario da Aldea Rural O mazo, c...
A tarde 21-08-2025 21.08.2025 3:56:58
Falamos das consecuencias dos incendios co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, e cun produtor de mel de Laza, José Antonio Pazos, que perdeu case tódalas súas colmeas. Raul Villares foi a Coristanco para interesarse pola colleita de pataca deste ano. De gastronomía falamos con dous cociñeiros galegos que comparten nome: o compostelán Alex Ferreiro, mellor cociñeiro de tapas en 2025; e o lalinense...
A tarde 20-08-2025 20.08.2025 3:56:58
No día en que se restablece o servizo ferroviario entre Galicia e Madrid, Raul Villares cóntanos historias de viaxeiros que levan días agardando para coller un tren. O xerente da área sanitaria de Ourense, Santiago Camba, explícanos as inicidencias que teñen os incendios no ámbito da saúde. Ánxela Diéguez investiga a repercusión da vaga de lumes nas peregrinaxes polo camiño francés. Falamos conAbe...
A tarde 19-08-2025 19.08.2025 3:56:57
Visita o estudio da Tarde Xosé Antonio Touriñán, que, ademais de elixir música, fala de O Castelo Conta. Tamén nos acompaña, Carla Díaz, maquilladora de FX ou efectos especiais. No Día Mundial da Fotografía, falamos do seu pasado con Manuel Sendón, e do seu futuro con Marcus Fernández. Orlando González convídanos ao Festival da Salsa na Rúa, que congregará máis de 130 bailaríns en Ribeira a finais...
A tarde 18-08-2025 18.08.2025 3:56:59
Pendentes dos incendios damos consellos de como comportarse ante un lume forestal. A coordenadora de apoio sicolóxico de emerxencias, Ana Núñez, explícanos como axudar emocionalmente aos afectados polos sinistros. Rubén Riós cóntanos como vive os incendios na súa comarca. Coñecemos a un galego artista de musicais, Yado de Bernardi. Celebramos os 25 anos da peña do Racing de Ferrol Morandeira. Acom...
A tarde 15-08-2025 15.08.2025 3:56:58
Como é o día a día dunha orquestra? Cóntanolo o director da Orquestra Metrópolis, Ángel Enjo. Mercedes Prado lévanos á Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña. Falamos de pracer feminino coa sexóloga Claudia Carbalho. Martín Cordero busca explicacións á moda dos Labubus. Dous nadadores do club Galaico-Pontevedra, Juancho Hernández e Daniela Súarez, explícannos que é a natación artística. Preg...
Música clásica na Mariña, no Festival Bal y Gay 12.08.2025 20:30
Comeza na Mariña un dos grandes festivais de música clásica do verán: o fetival Bal y Gay. Ata o 21 de agosto, pasarán polo Norte de Lugo artistas e orquestras que habitualmente tocan nas salas máis emblemáticas do mundo: dende o Carnegie Hall de Nova York á Ópera de Sidney. Famosos pianistas, violinistas, sopranos, cuartetos internacionais saen dos escenarios habituais, cambian de territorios. Do...
A tarde 07-08-2025 07.08.2025 3:56:58
A organizadora de eventos Yolanda Vieito axúdanos a montar unha voda. Coñecemos o oficio de monicrequeiro coa axuda de Miguel Borines, un dos fundadores de Tanxarina. Rebeca Munín fálanos de festas gastronómicas e o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, convídanos á da navalla. Levamos a poñer a punto o coche ao taller que rexenta en Vigo Agustina Patiño. A alcaldesa de Tomiño, Sandra G...
A tarde 06-08-2025 06.08.2025 3:56:59
A polémica sobre o posible "rescate" da AP9. Falamos con Diego Maraña, da plataforma En colectivo. Cousas que non sabiamos do concello de A Baña. Tomamos algo no chiringuito A Boa Vida, na praia de Broña, en Outes. Pasamos polo Festival Noroeste da Coruña. En Ribqira de Piquín abriuse unha gasolineira de capital público. Cóntannos como a secretaria da Fundación Terreo, Pilar Tella e o te...
A tarde 05-08-2025 05.08.2025 3:56:58
Como recibe un bombeiro os tópicos que manexamos sobre a súa profesión? Preguntámosllo a Honorio Raña. Carlos Díaz lévanos de viaxe por lugares pouco coñecidos da Mariña e a montaña luguesa. Imos saber como funcionan as "cantinas itinerantes" da Cruz Vermella. Marga Tojo fálanos do libro "A Galicia deseñada". Entramos na Casa Cornide da Coruña. Iván Capón preséntanos a última p...
A tarde 04-08-2025 04.08.2025 3:56:58
Ninguén está libre de ser vítima dunha estafa amorosa. Adírtenolo o criminólogo Igor Vizoso. Falamos con Richard Lage, un perruqueiro que ofrece os seus servizos na praia. Imos de festa coa xornalista Ánxela Aboy. Domingo Molejón explícanos como convertirnos en radioafeccionados. Pablo Méndez e Antonio Lombardía cóntannos como os drons poden axudar á vendima na Ribeira Sacra. Descubrimos o Concell...
A tarde 01-08-2025 01.08.2025 3:56:58
Temos un novato no programa. Estréase o Tito Rober, o bombeiro humorista. E de novatos, pero ao volante, falamos co presidente da Asociación de Autoescolas da Coruña. O Garda Civil Pablo Chuquejo explícanos como se investigan os ciberdelitos. O profesor de Tecnoloxía dos Alimentos, Manuel Vázquez, cóntanos que hai detrás dos xeados de sabores extravagantes. Agustín Vázquez proponnos viaxar a desti...
A tarde 31-07-2025 31.07.2025 3:56:58
Eugenia Castro, voceira do Pazo Baión, explícanos por que se estende en Galicia o gusto por celebrar eventos nos pazos. Achegámonos ao oficio de arquitecta con María Carreira, a quen lle preguntamos se se pode facer arquitectura con pespectiva de xénero. Exploramos os máis de mil pecios afundidos nas costas galegas co arqueólogo subacuático Miguel San Claudio e co catedrático de historia Emilio Gr...
A tarde 30-07-2025 30.07.2025 3:56:56
Está comprobado. O pelo cae máis durante o verán. Cóntanos por que a estilista Vanesa Martínez. Falamos con dous creadores de vangarda galegos, o deseñador Antonio Soto Lago, e un artesán que utiliza louza para facer xoias, Rodrigo Riveiro. A organizadora de eventos María Formoso calcula canto nos pode custar preparar unha voda. Convidámolos ao Noia Harp Fest e ao Festival Música no Claustro de Tu...
A tarde 29-07-2025 29.07.2025 3:56:58
Como combater o mal de amores? Hai quen vai a desfogarse a un Karaoke como nos conta Cristina Jerpe, propietaria dun destes establecementos. Kike Magdalena axúdanos a recoñecer os diferentes tipos de pementos que se producen en Galicia. Paula Cons fálanos da película que realizou sobre a relación entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. A responsable de Mans Unidas en Santiago, Judit Lucach...
A tarde 28-07-2025 28.07.2025 3:56:59
En Inglaterra receitan entradas para o fútbol para combater a depresión. Preguntámoslle pola eficacia deste tratamento ao sicólogo José Manuel Fariñas. Tamén falamos do Día Internacional contra a hepatite; da insuficiencia renal, co doutor Norberto Propupín; e dos coidados dos pes, co podólogo Nabor Pereira. Visitamos a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e relaxámonos nun chiringuito da...
A tarde 25-07-2025 25.07.2025 3:56:57
No día grande de Galicia pulsamos con Kike Magdalena o ambiente que se vive nas rúas de Compostela; repasamos as cifras de peregrinos deste ano e as irmás divulgadoras María e Laura Lara Martínez axúdannos a entender a importancia histórica do Camiño de Santiago. Dolores Vázquez explícanos como Curtis evoca as feiras que se desenvolvían na vila hai un século. Emilio Mosquera desvélanos como é o of...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.