AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A Tarde 19-02-2026 19.02.2026 3:25:23
Falamos sobre os "therian", moz@s que se identifican con animais. Axúdanos a entender este fenómeno Adrian Pérez. Visitamos na Coruña a exposición "Auga e soño" acompañados do seu autor, Antón Patiño, e da comisaria, Rosario Sarmiento. Escoitamos as queixas dos veciños das parroquias pontevedresas de Alba e Cerponzóns polos danos que lles causan os xabaríns. Tamén as dos usuari...
A tarde 18-02-2026 18.02.2026 3:56:57
Aprendemos técnicas para cortar o pelo con Adrián Paz na academia de barbeiros Vibes de Pontevedra. Arnau Esteve, de Casa Asumpta, en Arzúa, ensínanos a preparar unha calçotada. A experta en protocolo Margarita Murillo explícanos como comportarnos correctamente cando andamos pola rúa. Arturo Lezcano, autor de "O país invisible", descúbrenos topónimos galegos no estranxeiro. Saudamos a Ad...
A tarde 17-02-2026 17.02.2026 3:56:52
Estamos entregados ao entroido. Imos a Santa Cristina de Cobres para participar na corrida do galo e ve-las madamas e os galáns. Falamos cunha peliqueira de Laza, un cigarrón de Verín e un felo de Maceda e Mónica Prego descúbrenos os pratos menos coñecidos destas celebracións. O sicopedagogo Miguel Lois explícanos se está ben recorrer ás listas para non esquecernos de nada ou é mellor exercitar a...
A tarde 16-02-2026 16.02.2026 3:56:55
Programa moi entroideiro no que asistimos ao "enfrontamento" dos barrios de Feira e Castro Barreiro, en Salceda de Caselas; viaxamos a Pobra do Brollón para ve-lo oso de Salcedo; coñecemos ao loro Ravachol de Pontevedra; probamos as filloas e as orellas de Mari no restaurante Lois da Coruña: e nos mergullamos nas raices da festa co antropólogo Rafael Quintiá. Tamén temos moita música. Va...
A tarde 13-02-2026 13.02.2026 3:56:54
No Día Mundial da Radio pedímoslle aos oíntes que nos digan que significa para eles este medio e falamos con Santiago Veloso, coordenador do proxecto Ponte nas Ondas, que busca fomentar entre a rapazada a afección pola radio ao tempo que divulga o patrimonio cultural galego portugués. O tenente de alcalde de Taboada, Xosé Portela, convídanos a asistir á Festa do do Caldo de Osos. Visitamos en Oros...
A tarde 12-02-2026 12.02.2026 3:56:57
O día da morte do intelectual Xesús Alonso Montero lembramos a súa figura coa axuda de Enrique Monteagudo, Vítor Freixanes, Dolores Vilavedra, Xesús Rábade Paredes, Carlos Núñez e Carmen Blanco. O dúo Amaral actúa na Coruña e os seus integrantes, Juan e Eva, acompáñannos no programa. Imos á Veiga na procura de grandes xabaríns coa axuda do presidente da Federación Galega de Caza, Vicente Lameiro....
A tarde 11-02-2026 11.02.2026 3:56:55
Visitamos en Moaña a cooperativa A Meixoeira, unha gandería caprina formada por tres socios que elabora queixos artesanais premiados internacionalmente. Imos de médicos. O reumatólogo Carlos García Porrúa explícanos porque nos doen máis as articulacións con chuvia e frio e o doutor Norberto Proupín fálanos dos trastornos do sono. Laura La Montagne traenos o seu novo disco "SonRisas falsas&quo...
A tarde 10-02-2026 10.02.2026 3:56:52
Nunca é tarde para aprender a montar en bici. Dínolo Sila López, directora de Bici Escola Galicia. Coñecemos o entroido ribeirao a través dunha exposición fotográfica que podemos ver na Casa da Cultura de Chantada. Lembramos ao actor recentemente falecido Gonzalo Rey Chao coa axuda de Antonio Durán "Morris" e de Ana Santos, que o acompañaron en moitas xornadfas de rodaxe. A cantante Mari...
A tarde 09-02-2026 09.02.2026 3:56:40
Felicitamos a Nuria Grandío e Rodri Míguez, dous dos gañadores na última edición dos Premios Youtubeiras+, que recoñecen aos mellores creadores de contidos nas redes en galego. Visitamos o taller artesanal no que Quique Marín crea os mobles de madeira da súa firma Osso. En Foz conversamos con outra artesá, Esther Rojas, que elabora as marmeladas "As Coruxas". O monitor de natación José M...
A tarde 06-02-2026 06.02.2026 3:56:51
Seguimos condicionados polo interminable temporal deste inverno. Neste programa falamos con afectados pola suspensión dos servizos ferroviarios e tamén cun galego atrapado no aeroporto de Berlín. O presidente da Asociación Galega de Ambulantes. Iago Vázquez, coméntanos as consecuencias do persistente mal tempo para os comerciantes dos mercadiños. Coñecemos en Salcedo o traballo de terapia con anim...
A tarde 05-02-2026 05.02.2026 3:56:57
Só o un por cento das parellas deciden antepoñer o apelido da nai ao do pai. O sociólogo Jorge García Marín explícanos as razóns desa reticencia. Miguel Anxo Abraira cóntanos como se propoñen recuperar a figura do meco no entroido do Eume. Rochi Novoa fálanos do entroido de Xunqueira de Ambía e explícanos que son os "farrumecos". Patricia Porto preséntanos o concurso de escaparatismo con...
A tarde 04-02-2026 04.02.2026 3:56:54
Neste programa temos moita música. Luis Fercón cántanos en vivo as súas novas cancións e o cantante do Caimán do Río Tea, Rafa Leiras, preséntanos o novo disco do grupo, "Vou pa Portujal". Ademais Xaime Fandiño preséntanos o seu documental "Sixtytolos", que versa sobre os precedentes da Movida viguesa. Visitamos A Factoría do Lume para que os fundadores desta empresa, Joaquín P...
A tarde 03-02-2026 03.02.2026 3:56:55
Imponse a moda de pinta-las paredes de greige, cores neutras. Preguntámoslle a razón á decoradora Maika Iglesias. Lucía Carballeda, directora da Galería Dupla de Santiago, explícanos por que os galeristas organizaron unha xornada de protesta. Carmen Gallardo preséntanos o seu libro "Reinas infieles". Preparámonos para o entroido con Romualdo Irijoa, o fundador da comparsa máis veterana d...
A tarde 02-02-2026 02.02.2026 3:56:53
Contámoslles cales son as cidades máis limpas e máis suxas do mundo. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cóntanos como funciona o punto limpo móbil que puxo en marcha o seu concello. Subimos ao vehículo autónomo conectado do campus de Vigo co catedrático de enxeñería Telemática Felipe Gil. Pipo García dinos como vai a recollida de sinaturas para poñerlle ao Auditorio de Ferrol o nome do músico re...
A tarde 29-01-2026 29.01.2026 3:56:49
Os oíntes cóntannos que obxectos de valor sentimental para eles nunca deixarían atrás. O fotoxornalista Brais Lorenzo, que cubriu profesionalmente moitas crises, sabe ben cales son esas cousas das que a xente non se quere separar. Felicitamos a Pablo Lodeiros, propietario de Bodegas Lodeiros, polos premios que acaba de obter o vermú que elabora. Imos a Vilagarcía para coñecer a Benito Agra, un hom...
A tarde 28-01-2026 28.01.2026 3:56:51
Poñémonos nostálxicos para lembrar os anuncios da nosa vida e preguntámoslle a un experto, o publicista Isaac González, cal é o secreto para facer unha boa campaña publicitaria. Beatriz Sieira, da tenda Chimpos de Santiago, suxírenos disfraces para este entroido. Coñecemos a Guillermo Villafañez, un premiado chocolateiro de Culleredo. Falamos con Ángeles Huerta, directora da película "Antes d...
A tarde 27-01-2026 27.01.2026 3:56:57
Neve, chuvia, saraiba...Maximino Pérez danos consellos para conducir en condicions meteorolóxicas complicadas. Beatriz Roselló, da aseguradora AMV, explícanos que facer ante un accidente cunha moto. Coñecemos a Gonzalo Bermúdez, o home que viste ás orquestras galegas. A alcaldesa de Gutiriz, Marisol Morandeira, fálanos do proxecto "Xeracións que Xogan", un espazo de encontro entre maiore...
A tarde 26-01-2026 26.01.2026 3:56:50
Imos ata o Forno Lamastelle, en Oleiros, para que o seu xerente, Manuel Santos, nos conte a historia deste proxecto no que máis do 90 por cento dos traballadores teñen algún tipo de discapacidade. O impulsor de Albariza, David Liñares, convídanos a asistir a esta feira apícola que se vai desenvolver en Lalín. O asesor fiscal Francisco Lens explícanos por que mais de 18 mil galegos seguen sen recib...
A tarde 23-01-2026 23.01.2026 3:56:55
O avogado Luis Taboada explícanos que comportamentos nas redes sociais poden ser tidos en conta por un tribunal no proceso de separación dunha parella. Imos a Outeiro de Rei para coñecer con Rebeca Fernández "Terra nublar", o proxecto de crear un parque temático con figuras de dinosaurios en movemento. Acompáñannos dous escritores coas súas últimas obras: Rodrigo Costoya traenos a novela...
A tarde 21-01-2026 21.01.2026 3:56:44
A Unión Europea prohibirá o uso na hostelería dos sobres de plástico monodose. Para saber como reciben a noticia os empresarios do sector falamos con César Ballesteros, presidente de Feprotur, pero tamén queremos coñecer o impacto que ten este tipo de plásticos no ambiente escoitando á bióloga Saleta González e á educadora ambiental Laura Calvo. Aumentar lixeiramente a actividade física reduce not...
A tarde 20-01-2026 20.01.2026 3:56:51
Podemos adestrar calquera mascota? É a intelixencia dos animais semellante á dos humanos? Octavio Villazala tenta responder a estas preguntas. Imos a Sandiás para subirnos nunha das "furgotecas" que percorren o rural galego levándolle libros á veciñanza. Remedios Cid dinos como funciona este servizo. Interesámonos polas propostas que levan os concellos galegos á Feira Internacional de Tu...
A tarde 19-01-2026 19.01.2026 3:56:43
Imos á festa dos Fachós en Castro Caldelas. Sobre ela fálanos a alcaldesa, Sara Inés Vega e unha veciña, Sonia Álvarez. O entroido está ás portas. Este ano chega con polémica en Xinzo pola iniciativa de organizar viaxes á vila que inclúen consumo de alcool. Queremos saber que pensa diso a presidenta da Asociación Comisión do Entroido de Xinzo, Adriana Jiménez. Tamén conversamos con Antón Cao, da A...
A tarde 16-01-2026 16.01.2026 3:56:55
O anuncio do peche da primeira tenda de Zara na Coruña lévanos a lembrar cos oíntes as tendas que nos acompañaron na nosa infancia e a falar dun establecemento que funciona en Lugo dende hai 70 anos, Confecciones García, coa persdoa que a atende, María Isabel Somoza. Asistimos en Xinzo a un campionato de futbolín que reparte 9 mil euros en premios. As impulsoras do Run Slow Club de Santiago, Antía...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.