AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A tarde 15-01-2026 15.01.2026 3:56:57
Sodes de tirar ou de reparar? Preguntámosllo aos oíntes e ademais falamos con Ana Núñez, da empresa Feitodepao, especialista na restauración de mobles de madeira. Celebramos os 40 anos da Agrupación de Montañeiros Independente da Coruña conversando con Félix Criado, Mariquiña Castiñeira e Fausto Blanco. Cada vez máis xente comparte coche para ir ao traballo. O profesor Pablo Rodríguez creou unha a...
A tarde 14-01-2026 14.01.2026 3:56:57
É o chandal unha prenda para facer deporte exclusivamente ou pódese vestir a diario? Debatémolo cos nosos oíntes e coa xornalista especializada en moda Inés Peleteiro. Carla Sánchez descríbenos as actividades que programa este inverno o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Falamos de arte urbana e muralismo con Patricia Cupeiro e Miriam E. Cortés, as coordinadoras do libro "...
A tarde 13-01-2026 13.01.2026 3:56:57
A música e o baile galegos xa son Bens de Interese Cultural. Como protexelos? Consultámosllo ao director de Xacarandaina, Quique Peón, e á etnomusicóloga Xulia Feijoo. A que nos referimos cando dicimos que hai que levantar a paletilla caída? A resposta tena a fisioterapeuta e antropóloga Lidia Mariño. O xerente de Amextreme, Luis Fernández, proponnos realizar actividades de turismo activo ou de av...
A tarde 12-01-2026 12.01.2026 3:56:57
Antón Rebollido ten nostalxia das cabinas telefónicas e quixo repasar a historia do teléfono con José Manuel Martínez, decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia. O programa ven cargado de música porque falamos: con Roi Grandío do seu grupo; co grovense Rubén Domínguez do seu proxecxto Pantis; e coa viguesa Rebeca Rods da súa próxima actuación no Madison Square Garden...
A tarde 09-01-2026 09.01.2026 3:56:57
Seguemos utilizando almanaques de parede? Preguntámosllo ao impresor coruñés José Valiño. Adrian Méndez cóntanos a historia da "cega de Noceda", unha violinista nada na Fonsagrada en 1903. Sobre ela e a súa música versa o libro "O violín que trae o vento". Laura Portas preséntanos a súa novela "El palacio del agua", ambientada no balneario de Mondariz nos anos 20 do s...
A tarde 08-01-2026 08.01.2026 3:56:51
Débese prohibir escoitar música ou cantar no traballo? Hai quen pensa que si. Nós preguntámoslle se é legal facelo ao avogado José Carlos Bouzá. Conversamos sobre os efectos da exposición precoz ás pantallas co presidente do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, Fernando Suárez. Pulsamos a vitalidade da industria cosmética galega con Miguel de la Calle, fundador de Chorima Cos...
A tarde 07-01-2026 07.01.2026 3:56:57
Imos de rebaixas pola Coruña e por Vigo. Queremos saber tamén como afronta este periodo o pequeno comercio e preguntámosllo a Rosa Barrio, que rexenta un establecemento en Melide. Sen sair desa vila coruñesa visitamos a zapatería de Antonio Romero, que está aberta dende 1892. Pasamos por outra tenda, a de Beti Sieiro en Santiago, na que se poden alugar traxes de época e disfraces. Presentamos un n...
A tarde 06-01-2026 06.01.2026 3:56:57
A nosa colaboradora Virtudes comenta as consecuencias dos excesos gastronómicos do Nadal e o farmacéutico Iago Regueira danos consellos para minimizar os seus efectos. Buscamos tamén consellos para afrontar a custa de xaneiro falando coa analista de custos Enma Coello. Imos ata Saria para falar con Brandán Corredoira e Fátima Cacheda, a parella que fixo posible que por primeira vez se instalara na...
A tarde 02-01-2026 02.01.2026 3:56:54
Entre os nosos propósitos para o novo ano está facer deporte. Preguntámoslle a Marisol Quintáns, responsable dos ximnasios de Vigo Máis que Auga, se hai moita máis xente pensando o mesmo. Tamén queremos aprender técnicas de meditacióin, para ol que lle pedimos consello á experta Carola García. Coa cabalgata ás portas falamos con Juanjo Rodríguez, director de Totality Group, unha empresa de Ourense...
A tarde 01-01-2026 01.01.2026 3:56:51
Lembramos algúns dos mellores momentos do programa en 2025
A tarde 31-12-2025 31.12.2025 3:56:51
Preparamos a noite de fin de ano preguntándolle a Silvia Souto, asesora de imaxe, como nos debemos vestir. O reloxeiro David Rodríguez explícanos como se realiza o mantemento dos reloxos monumentais que dan as badaladas nas principais cidades do país. Corremos a San Silvestre de Compostela. Facemos compras de última hora en Vigo e gozamos do tardeo en Lugo. Asistimos á merenda-festa que organizan...
A tarde 30-12-2025 30.12.2025 3:56:55
Mónica Rojo oriéntanos sobre como preparar a mesa para eventos especiais como a cea de fin de ano. Viaxamos ás Pontes para ver os queixos de máis de cen kilos que preparan en Queixerías do Eume. A concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón, convídanos á festa de fin de ano que o Concello organiza a mañá do día 31. Pasamos por Xuvenlugo, unha feira de lecer para nenos. Julio Gómez dinos que...
A tarde 29-12-2025 29.12.2025 3:56:57
A xornalista Elena Martín danos chaves para que poidamos distinguir as noticias verdadeiras das falsas. Iván Carril advírtenos da proliferación de calotes coa venda de medicamentos adelgazantes. Escoitamos unha das pezas finalistas do certame de Teatro Radiofónico organizado pola SGAE e a Radio Galega. Visitamos a exposición conmemorativa dos 50 anos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da C...
A tarde 26-12-2025 26.12.2025 3:56:54
Explicamos como utilizar elementos pirotécnicos este Nadal de forma legal e con seguridade coa axuda de Alejandro Martínez, director xeral da Fundación Eroski. Javier Pastoriza, da asociación de comerciantes do Obelisco, na Coruña, cóntanos como facemos os galegos as compras de Nadal. A compositora Sara Galiana fixo da novela "Assur" unha sinfonía que pronto se interpretará en Lugo. O es...
A tarde 18-12-2025 18.12.2025 3:56:51
O asesor fiscal Francisco Lens explícanos como vai controlar Facenda os pagamentos por Bizum. A sicóloga Natalia Ruiz de Cortazar, integrante da asociación Experientia, preséntanos Walkinar, unha terapia diferente. A presidenta de Radio Taxi de Vigo, Nuria Fernández, fálanos da iniciativa de levar aos anciáns das residencias da cidade a ve-las luces de Nadal. En Ourense visitamos a exposición de B...
A tarde 17-12-2025 17.12.2025 3:56:51
Neste programa imos dar unha volta por Vigo. Paramos nun salón de peiteado para que Beatriz Moreda nos conte que tendenzas se levan nestas festas. Tamén falamos con Rubén Misa e Chus de Prado, uns radioafecionados empeñados en difundir o Nadal vigués a través das ondas. E ademais coñecemos o "Proxecto 0-3". O seu impulsor, David Suárez, explícanos como xurdiu esta iniciativa que consiste...
A tarde 16-12-2025 16.12.2025
Por que en España termos uns horarios de comida diferentes aos doutros paises? Son os máis convenientes para o noso modo de vida? O sociólogo e antropólogo Carlos Diz responde a estas preguntas. Imos a Monfero para coñecer o segredo dos grelos do Val de Xestoso. Falamos dos programas de inclusión que desenvolve a asociación Poten100mos coa súa fundadora, Cristina De La Puente. Probamos os turróns...
A tarde 11-12-2025 11.12.2025 3:56:54
Seguimos percorrendo os melores Beléns de Galicia e paramos no de Valga, declarado de Intertese Turístico. Amósanolo Sito Barros, da Asociación de Amigos do Belén. Unha funeraria de Barbadás sortea unha "cesta" de Nadal na que os agasallos están dentro dun cadaleito. Falamos co autor da iniciativa, Arturo Varela. Carla Queijo, cantante do grupo Charlie, preséntanos este novo proxecto mus...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.