AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ 638 episodes

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A tarde 26-03-2026 26.03.2026

Programa especial dende A Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda, onde percorremos Enerxétika 2026, un certame no que empresas e profesionais conflúen en torno ao presente e o futuro de la enerxía

A tarde 25-03-2026 25.03.2026

Só ou acompañado? Os oíntes cóntannos como prefiren viaxar ou ir a un espectáculo. As xornalistas Ana Pérez e Celeste Seoane cóntannos a súa experiencia viaxando soas. O compoñente máis veterano de Brath, Eloy Caldeiro, preséntanos o disco "45 Old", co que o grupo celebra 45 anos de vida. Na web Agalega.gal pódese ver o documental "Ennio, o mestre". Falamos sobre Ennio Morricon...

A tarde 24-03-2026 24.03.2026

Poden pensar as máquinas? Preguntámosllo ao físico e profesor Senén Barro. Xa existen "lavadoras para cans". Falamos con Arturo Díaz, propietario do establecemento Lavacán. na Coruña. Santiago Pîñeiro cóntanos a historia do seu pai Olimpio, un fotógrafo que comezou sendo zapateiro e que cambiou de oficio tras comprobar que podía ser rendible retratar aos turistas en Sanxenxo. Ten sentido...

A tarde 23-03-2026 23.03.2026

Falamos cos nosos oíntes dos pequenos roubos en tendas e supermercados, que acaban supoñendo o 1% da facturación desas empresas. José Gigerín, director xeral de Artio Nutrición, cóntanos como a súa empresa elabora bebidas isotónicas con auga das Cíes. Visitamos en Marín outra empresa, o Grupo Lirón, para que o seu xerente Alberto Pérez nos explique como se fabrican colchóns. E aínda pasamos por ou...

A tarde 20-03-2026 20.03.2026

Celebramos o Día da Narración Oral coa escritora Soledad Felloza e coa profesora Camiño Noia. Falamos de paternidade co presentador Arturo Fernández. Visitamos o obradoiro de xoiería de Odile Cano na Coruña. O músico Alex Pazos, "Silee", traenos o seu novo éxito "Milajros de Amil". A deseñadora Ío Morales ensínanos a darlle unha segunda vida ás nosas prendas de roupa. Asistimos...

A tarde 18-03-2026 18.03.2026

Falamos cun dos escritores máis lidos e tamén máis polémicos do momento, David Uclés. Raul Villares cóntanos os prolegómenos da Festa das Pepitas de Ferrol. A presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, Nuria Rodríguez, explícanos como afrontar as picadas de animais como medusas, fanecas, abellas... Imos a Beade para que Pablo Oitavén nos diga como loitan nese concello contra a...

A tarde 17-03-2026 17.03.2026

Son as nosas festas demasiado ruidosas? Escoitamos a opinión de Xosé Luis Méndez, vicepresidente da Federación Galega de Loita contra a Contaminación Acústica. Asistimos en terras de Pontevedra aos preparativos da romaría de San Bieitiño de inverno. Falamos co párroco de Lérez, Manuel Chouciño, que nos anuncia o lanzamento dunha marca de viño co nome d Mosteiro de Lérez, que está elaborado pola ad...

A tarde 16-03-2026 16.03.2026

Os morcegos poden ser os nosos aliados. Explícannos por que Pancho de la Barrera e Begoña Castiñeiras, que promoven a colocación de refuxios para estes animais na comarca do Umia. Falamos do problema da alitose co odontólogo Simón Pardiñas. Antonio Claro cóntanos como a empresa de Carballo Costumes Galicia pretende vender empanadas en Europa. Ivan Carril oriéntanos sobre como podemos borrar a nosa...

A tarde 13-03-2026 13.03.2026

Imos a Quiroga para que Julio Quiroga nos explique o proceso de producción do aceite de oliveira que se fai por aquelas terras. Hai comerciantes que cometen abusos e clientes que tamén se tentan aproveitar. Sobre estas situacións falamos con Miguel López Crespo, da Unión de Consumidores de Galicia. Jordi Casado, do café Van Gogh de Vigo, cóntanos por que puxo un cartel lembrando que se esixe unha...

A tarde 12-03-2026 12.03.2026

Como somos uns lambóns imos a Ourense para que Martín Fernández, de Bagoa Gastrobar, nos prepare a mellor hamburguesa de España, a "SaboRosa", e á Coruña para coñecer as preparacións de María José Tercero en "La cuchara veggie", o mellor restaurante vexetariano de España. O repartidor de comida rápida Aclain Morales explícanos como é o seu traballo. En San Xoán de Río atopamos...

A tarde 11-03-2026 11.03.2026

Falamos sobre pasatempos cun dos máis prolíficos autores de encrucillados en galego, Xoan Costa. Coñecemos a Víctor Vicente, o propietarios do derradeiro tostador artesanal de cacahuetes. O catedrático da Universidade de Vigo Luis González cóntanos como se recuperou o río Tins, en Outes. Francisco Narla visítanos para presentarnos a súa novela de ficción histórica "Ultreia", ambientada n...

A tarde 10-03-2026 10.03.2026

Cada vez hai máis xente que practica o beisbol en Galicia. Falamos con Juan José López Morales, o manager dos Gladiadores, o equipo formado en Culleredo. Felix Rodríguez guíanos polo Museo Didáctico das Telecomunicacións da Coruña. Fátima Delgado, da axencia de publicidade Avante, explícanos como é hoxe en día o consumo de televisión. María Cruz, do balneario Compostela de Brión, fálanos do uso de...

A tarde 09-03-2026 09.03.2026

Moitos concellos prohiben tender a roupa á vista por cuestóns de estética. Preguntámoslle sobre esta medida a un arquitecto, Carlos Enrique Fernández Coto, que ademais é presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego. Imos a Bang!, un estudo de tatuaxes de Ourense para que Abraham Caride nos conte se moita xente se arrepinte de gravar a súa pel e nos explique como se borran...

A tarde 06-03-2026 06.03.2026

Por que coleccionar camisetas deportivas? Preguntámosllo a Guille Losada e a Pepo Suevos, que gardan centos delas. Conversamos cun apicultor de Lalín premiado en numerosos certames internacionais, o propietario de Dezabellas, Álvaro Martínez. Paloma San Basilio preséntanos a obra teatral "Dulcinea", que pronto vai representar en Ferrol. Paseamos na Coruña pola feira Biocultura e en Vigo...

A tarde 05-03-2026 05.03.2026

Queremos saber que senten as persoas con alta sensibilidade. Explícanolo a sicóloga sanitaria Ana Belén Vidal. Imos a terras de Quiroga para coñecer unha parella, Verónica e Daniel, que levan 20 anos elaborando marmeladas artesanais. En Baiona Celestino Barreiros cóntanos que as súas cabras morreron tras comer restos de poda de hortensias. En Poio atopamos a José Antonio Martínez, que nos explica...

A tarde 04-03-2026 04.03.2026

Falamos da loita contra o envellecemento a través dos coidados estéticos co cirurxán Alejandro Quinto. Asistimos na Academia de Ana Prados en Compostela a un curso de xastrería tradicional. Dous cociñeiros do Grupo 9, Iván Domínguez e Javier Rodríguez, explícannos en que consisten os cursos que realizan nas escolas de hostelaría de Galicia. Falamos con Montse Fajardo, comisaria da exposición &quot...

A tarde 03-03-2026 03.03.2026
Remedios Cabanelas cumpre 101 anos 03.03.2026

Remedios Cabanelas Álvarez, a veciña máis famosa da aldea de Puxedo, no concello ourensán de Lobios, naceu en Prencibe o 2 de marzo de 1925. Veciña de Puxedo practicamente toda a súa vida, aos seus 101 anos mantén o seu carácter animado, a súa dedicación á vida rural que a fai seguir coidando hoxe en día da súa horta e o seu gran sorriso, que fixo que moita xente a coñeza como "o sorriso de P...

A tarde 02-03-2026 02.03.2026

Os nosos oíntes suxírennos remedios caseiros para males comúns e a bióloga Marina Castro explícanos que herbas medicinais podemos utilizar para cada caso. Imos ao Salnés para coñecer a Leandro Fernández, un pioneiro do cultivo de aguacates en Galicia. Xa podemos ler en galego "Tortura branca", o libro de Nargas Mohammadi no que recolle testemuños de mulleres iranianas encarceradas. Falam...

A tarde 27-02-2026 27.02.2026

Falamos da "telefonofobia", esa reticencias a falar por teléfono que notamos sobre todo nos máis novos. O noso experto en novas tecnoloxías Marcus Fernández explícanos como usa o teléfono a movidade. Enviamos a Tito Lesende a Bruxelas para que nos describa o ambiente do EmigraSON e fale cun dos seus organizadores, David Rebollo e con varios dos participantes, Martín Louro e Sabela Ramil....

A tarde 26-02-2026 26.02.2026

En Pazos de Borbén crearon unha plantación de pistachos. Explícanos por que o seu impulsor, o presidente da Comunidade de Montes de Amoedo, Rubén Míguez. Falamos de festivais de música. Tito Lesende lévanos ao Emigrason, a embaixada da música galega en Bruxelas, e Joaquín Enríquez e Lucía Pérez preséntannos o Talentiño, o certame para xente nova que se desenvolve en Ferrol. Visitamos en Vigo o Far...

A tarde 25-02-2026 25.02.2026

Máximo Huerta preséntanos o seu libro "Mamá está dormida", no que aborda o trato aos maiores. Falamos con Carlos Lago Peñas, catedrático de Ciencias da Educación e do Deporte, de como combater a violencia na práctica deportiva. Marga Amenedo explícanos o que é a oncoloxía integrativa. Na Guarda atopamos a Pedro Ruibal, un antigo camioneiro que deixou o seu oficio para abrir en Galicia un...

A tarde 24-02-2026 24.02.2026

Neste programa escoitamos a persoas que salvan vidas. O garda civil Ángel Rubinos cóntanos como evitou a morte por atragoamento dun rapaz de dous anos e os policías nacionais Fernando e Manuel descríbennos como rescataron do mar un home que estaba inconsciente. Conversamos con Ana, unha refuxiada ucraína que leva catro anos residindo na Coruña. Día de lecturas no que Marta Robles nos presenta a sú...

A tarde 23-02-2026 23.02.2026

Un de cada catro traballadores galegos sofren estrés laboral. Nunha casa rural da comarca da Ulloa Santiago Nicolás organiza retiros e cursos de meditación e ioga para "desestresar". No Día de Rosalía Vituco Neira fainos un percorrido polas músicas que se apoiaron na obra poética da escritora. Ademais asistimos ao acto de lembranza de Rosalía que organizan en Vigo a Asociación de escrito...

A tarde 20-02-2026 20.02.2026

A neveira de Virtudes está chea de imáns. A organizadora de espazos Ana Barja dalle uns consellos para ordenalos. Falamos con dous madrileños, Laura Uz e Álvaro Muñoz, que se lanzaron á aventura de abrir unha libraría en Mugardos. Que pasa cando un homosexual termina nunha residencia? Falamos diso con Federico Armenteros, creador da Fundación 26 de decembro, que se dedica a atender a maiores LGTBI...

Listen to the Todos os podcast | A tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.