AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ 638 episodes

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A tarde 28-11-2023 28.11.2023

Falamos de seguridade en todos os eidos: ciberseguridade, dispositivos de emerxencias, de autoridades, de bombeiros e mesmo revisamos tipos de ambulancia.

A tarde 24-11-2023 24.11.2023

Dende 'Fresco y del mar' fan a campaña AntiFriday, que reivindica que o mar non pode baixar os prezos neste día de saldos. Mentres, no mundo do turismo si que se está levando a cabo esta campaña de aforro e ofertas, polo que falamos de destinos baratos con Agustín Vázquez. Tamén charlamos con UNICEF pois está desenvolvéndose a semana do neno; e co centro de acollida de violencia machista...

A tarde 23-11-2023 23.11.2023

Aplicacións no teléfono sempre sobran porque sempre hai algunha que xa non usamos ou que a usamos moi pouquiño. Tamén nos preguntamos por que os fármacos son das formas que son, de cores e demais. A resposta témola clara: para diferenciarse das demais. Con Raquel Rosa charlamos sobre se debemos ir ou non ao xinecólogo previo a querer ser nai.

A tarde 17-11-2023 17.11.2023

Vamos a Silleda á ExpoBus. Descubrimos que existe un máster na Universidade de Valladolid para xestionar frota de autobuses, tamén que hai alcolímetros instaurados nos buses e mesmo softwares de envío de buses baixo demanda. Ademais, falamos con Autocares Cuíña e con Autocares Lázara, dúas empresas de autobuses históricas e con decenas e decenas de anos en activo. Tamén nos explican as probas do c...

A tarde 16-11-2023 16.11.2023

Para defenderse de posibles agresores, as mulleres non precisan entrenar. Só necesitan coñecer con que obxectos cotiás se poden librar. Explicanolo na Tarde Manuel Herbón, encargado dos cursos da Federación Galega de Loita. Falamos das tendencias nos xoguetes de Nadal: inflúe a televisión. Na colaboración de Raquel Rosa, A Tribo, comentamos que cada vez é máis común a adicción dos adolescentes aos...

A tarde 15-11-2023 15.11.2023

O odontólogo Simón Pardiñas fálanos das moas de xuízo: por que hai unhas persoas que as teñen e outras que non? É cuestión de evolución? Por que doen? Tamén falamos con Lamasdulce, unha marca de galletas personalizadas do máis curiosas! Comentamos tamén a serie arxentina de éxito 'Nada', co noso colaborador Moncho Lemos na súa sección 'Sen Butacas'. Ademais, parámonos a pensar...

A tarde 14-11-2023 14.11.2023

Segue habendo cafés a un euro que leven tapa? Pois si, en Ourense, e falamos con quen os fai. Tamén falamos da exposición 'Botamos un baile', da Cidade da Cultura e que reivindica as orquestras de Galicia. A nosa colaboradora Ana Camiño, especializada en dereito civil e consumo, vennos falar de feitos que eximen de responsabilidade penal. A cantante Silvia Penide vennos presentar o seu n...

A tarde 10-11-2023 10.11.2023

Falamos con Belacolmea na primeira hora do programa porque esta firma de cosmética feita íntegramente en Galicia con Mel de Galicia é un dos oito finalistas a nivel nacional nos “Premios de Inspiración Agraria y Rural” Aria 2023. Tamén falamos coa marca Somosoceános sobre a moda dos calcetíns e todo tipo de deseños que fan. O noso colaborador Xosé Antonio López Silva que nos vén falar do San Marti...

A tarde 09-11-2023 09.11.2023

Falamos moito dos nenos e nenas: dos ECOcomedores que crean menús con produtos locais, de temporada e ecolóxicos; dos atrasos polo uso das pantallas; e dos abortos respectados na sección A Tribo de Raquel Rosa. Celebramos o Día das Librarías e aproveitamos para preguntarlle á libraría Moito Conto da Coruña polos mellores libros para agasallar neste Nadal. Tamén falamos sobre vales de compras, devo...

A tarde 08-11-2023 08.11.2023

Falamos da carpintería de ribeira da ría de Muros e Noia. E tamén nesta primeira hora consultamos con Antonio Pedrero González, presidente da Sociedade Española de Acústica, sobre problemas de audición nos máis novos. Na sección de Moncho Lemos, Sen Butacas, comentamos a nova película española de Netflix, 'Nowhere'. Falamos tamén con Oriana Severino sobre a súa nova publicación: 'Co...

A tarde 06-11-2023 06.11.2023

Falamos sobre o proxecto galego e asturiano que pretende chegar á Lúa e facer alí vida! Ademais, Francisco Narla, escritor, falounos da orixe da bandeira galega: resulta que o deseño vén dado por unha queixa da armada rusa. O noso colaborador, formador da Garda Civil e especialista en ciberseguridade, Iván Carril, explicounos os límites da Intelixencia Artificial e como se está a empregar para cre...

A tarde 03-11-2023 03.11.2023

Falamos con Uxía Lambona e a Banda Molona sobre a súa actividade e tamén quixemos saber como se organizan no barrio do Mesorio na Coruña cun wallapop que teñen montado en Telegram, por onde venden e ofertan de todo! Na sección Vía Clásica, co colaborador latinista Xosé Antonio López Silva, falamos do tempo e de como se medía antes de que existisen todos os sistemas actuais. Ademais falamos de Elen...

A tarde 02-11-2023 02.11.2023

Falamos coa voz do jazz éuskaro, Irati Bilbao, e co grupo que mellor imita a Sinatra: Sinatra & Jobim. Tamén falamos na colaboración A Tribo coa doutora María Salmerón sobre os cativos e cativas e o uso de pantallas. Ademais, propoñémosvos unha nova lectura de ton feminista: 'Irene, a porteira'. E non nos esquecemos de traervos a Miguel López Crespo, especializado en consumo, para fa...

A tarde 30-10-2023 30.10.2023

Falamos de lentes de fantasía para disfrazarnos no Samaín e o Colexio de Ópticos deunos moitas advertencias; e tamén comentamos as tendencias nas flores para os cemiterios nestes días. Ademais, charlamos con Laura Veiga, de pingando.gal, das novidades sobre o Satisfayer, ese vibrador para persoas con vaxina. Mentres, o doutor Norberto Proupín, colaborador do programa, falounos de atragoamentos.

A tarde 27-10-2023 27.10.2023

Falamos de remedios con herbas naturais das nosas hortas con María Frá e tamén de cando nos mollamos máis ao chover, pero dando unha perspectiva física con Jorge Mira. Falamos do Samaín na época clásica co noso colaborador latinista Xosé Antonio López Silva. Ademais, visitou a Radio Galega Juan del Val para presentarnos a súa nova novela 'Bocabesada'. Tamén tratamos co noso especialista...

A tarde 26-10-2023 26.10.2023

Charlamos sobre a nova Barbie que emula a Celia Cruz, das cancelacións en experiencias por mal tempo co colaborador Miguel López Crespo, da Santa Compaña con Francisco Narla, da alimentación dos máis cativos coa colaboradora e xornalista Raquel Rosa, preséntanos Natalia Monje a súa nova novela e falamos de bebés no cine cunha das produtoras de 'O Corno'! Un programa do máis completo!

A tarde 24-10-2023 24.10.2023

Que se fertilizantes ecolóxicos, tendencias e zapatos moi bos para o inverno, seguros de coches e todos os seus detalles coa avogada e colaboradora do programa Ana Camiño, problemas nas estradas co colaborador Maxi Pérez e como facer guións coa guionista de éxito Araceli Gonda... non vos chegan os temas para tomar apuntes? Catro horas de temas interesantísimos!

A tarde 23-10-2023 23.10.2023

Falamos do idioma chinés con Modesto Corderi. Sobre as dificultades de aprendelo e mesmo como dicir varias cousas na lingua. Seguimos falando do Nadal porque pensamos que as reservas para as ceas de empresa xa deben estar algo cubertas e non nos equivocamos. Seguimos co Samaín, que nos queda máis preto, polo que repasamos a orixe da festividade con Tito Concheiro. Norberto Proupín fálanos da tose:...

A tarde 20-10-2023 20.10.2023

Andrea Pousa presenta o seu novo sinxelo 'Fluyendo' e dámoslle pistoletazo de saída ao festival solidario Nos Seus Pés, unha cita en favor dos refuxiados. Na colaboración de Vía Clásica falamos dos fungos no mundo clásico con Xosé Antonio López Silva; mentres na de viaxes, con Agustín Vázquez, repasamos a vida sobre os aires do piloto Carlos Castiñeira.

A tarde 19-10-2023 19.10.2023

Xa está case todo preparado en Vigo para poñer en marcha non moi tarde o Barco do Nadal que este ano contará coa maior das ambientacións! Falamos de 'O Corno' con Jaione Camborda na sección de Raquel Rosa, pois esta é unha película na que está moi presente a maternidade real. Tamén falamos da intelixencia e mesmo de se somos consumidores sostibles, xa que nos puxo a proba Miguel López Cr...

A tarde 18-10-2023 18.10.2023

Falamos con Broken Peach sobre o seu novo sinxelo e sobre a súa traxectoria, ademais de descubrir o mundo dos selos e da correspondencia entre altas esferas da sociedade. Tamén, ao fío dun encontro de Ioga en Vigo, comentamos os beneficios de relaxación e exercicio que supón esta disciplina. Recibimos a Pilar Eyre para a presentación do seu novo libro 'De amor y de guerra' e descubrimos...

A tarde 17-10-2023 17.10.2023

Big Meu, gañador do CeibaRimas deste ano, bótanos uns versos en directo; disfrazámonos polo Samaín co que está de moda, que vén sendo o mundo de Wednesday Addams. Ana Camiño, avogada especialista en dereito civil e de consumo, fálanos das herdanzas: como hai que dividilas, calculalas, canto se paga polo que se herda e moito máis. Con Maxi Pérez, especialista en seguridade ao volante, charlamos sob...

A tarde 16-10-2023 16.10.2023

Que é mellor, iOS ou Android? Marcus Fernández danos a resposta definitiva: depende dos gustos, ambos tipos de teléfono teñen pros e contras. Tamén descubrimos o camiño cara a circularidade no eido dos aceites de consumo e industriais. Norberto Proupín tíranos varios datos sobre o glaucoma: 60.000 galegos padéceno e a metade non o sabe. Ademais, entrevistamos a Tomás Aparicio, o campión de oratori...

A tarde 13-10-2023 13.10.2023

Preguntámoslle todas as dúbidas habidas e por haber das dentaduras axenésicas ao odontólogo Simón Pardiñas e descubrimos que os abellóns combaten ás velutinas segundo din na Universidade de Vigo. Toda esta información, na primeira hora do programa. Mentres, falamos na segunda hora do mel co latinista Xosé Antonio López Silva e a súa historia no mundo greco-latino, falamos tamén das historias dalgu...

A tarde 12-10-2023 12.10.2023

O escritor Francisco Narla fálanos das nosas festas e do moito que teñen de castrexas. Mentres, Rosana Alonso Couñago, nutricionista, coméntanos que hai detrás das pastillas de caldo e das varas de cangrexo. Tivemos unha colaboración da Tribo moi amable, lembrando os debuxos animados das nosas infancias e o que significaban aquelas merendas de pan e chocolate diante do televisor. Miguel López Cres...

Listen to the Todos os podcast | A tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.