AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ 638 episodes

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A tarde 10-01-2024 10.01.2024

Avogamos por máis educación informática e de programación nas aulas, tamén por unha maior visibilización da diversidade nas vilas e tamén pola importancia de estudar á poboación albina e mellorar a súa atención sanitaria. Con Moncho Lemos falamos do documental 'Caída en picado: El caso contra Boeing', que repasa os meses transcorridos desde as traxedias que provocaron o pánico mundial en...

A tarde 09-01-2024 09.01.2024

Xa temos datas para o Son Rías de Bueu, non o perdas! Falamos de xuntas de veciños e todos os dereitos e obrigas que ten a veciñanza. Sabías que non fai falta que o presidente da comunidade viva no edificio? Estas dúbidas e outras moitas soluciónaas Ana Camiño. Por certo, recordade ter sempre coidado con deixar electrodomésticos funcionando cando marchemos da casa, xa que facemos fincapé hoxe nos...

A tarde 08-01-2024 08.01.2024

Comentamos con Moncho Lemos os resultados dos Globos de Ouro, esa antesala aos Oscars. Tamén temos tempo para recoller consellos de poda para as hortensias e de coidados para as calas brancas de man de Cé Rodríguez. Continuamos poñendo o foco nas chamadas nas que nos piden datos bancarios para roubarnos. Ollo, recordade sempre que o voso banco nunca chamará para pedirvos eses datos porque xa os te...

A tarde 05-01-2024 05.01.2024

Descubrimos o colectivo Nautopía, un grupo de persoas que ofrecen cursos en galego de distintas disciplinas. E si, conectamos con todas as cidades galegas para estar presentes nas cabalgatas dos Reis Magos!

A tarde 04-01-2024 04.01.2024

Quixemos saber como está o ámbito de compra-venda de ouro, que xoguetes se venden para nenos e nenas con diversidade funcional e que foi do xogo Bridge.

A tarde 03-01-2024 03.01.2024

Procuramos os plans alternativos que fan os Millennials no Nadal e tamén a nova campaña destas datas do Colexio de Xoiería de Galicia. Ademais, falamos con Lúa Mosquetera, xa que vén de publicar 'El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo', un poemario con debuxos e fotografías.

A tarde 02-01-2024 02.01.2024

Falamos de "Arte nas mans", unha exposición colectiva interxeracional de arte e artesanía organizada por alumnas de Belas Artes da Universidade de Vigo. Mesmo despois destas datas, a dietista Sandra Román, danos chaves para paliar os problemas dos excesos neste Nadal. Por certo, somos a comunidade con máis sendeiros azuis e itinerarios recoñecidos! Descubrímolos.

A tarde 29-12-2023 29.12.2023

Un programa de consellos. Non poñas aliñadores dentais por moda e moito menos sen supervisión do teu odontólogo, iso o primeiro. Agasalla aparellos electrónicos aos nenos e nenas sempre que sexan axeitados para a súa idade. E máis consellos: se queres coidar á túa mascota, non lle deas o que che sobran das comidas e ceas do Nadal.

A tarde 28-12-2023 28.12.2023

Remataron os traballos de restauración do reloxo da concatedral de San Xulian de Ferrol e falamos co seu reloxeiro. E é que amañar un destes non debe ser sinxelo! Tamén dedicamos un espazo para poñer en valor o traballo desas persoas que sempre están en horario laboral mentres nós o pasamos ben nestas festas: persoal sanitario, taxistas, autoridades e demais. Pechamos o programa con música: De Nin...

A tarde 27-12-2023 27.12.2023

Borja Tosar, astrofísico, adiántanos que o 2024 xa comeza con chuvia de estrelas e con eclipses. En Galicia só poderemos ver o primeiro destes eventos. Tamén nos explica Angel González como é iso de ser DJ en fin de ano. En definitiva, pasalo ben e aguantar moitas horas poñendo música. Entre outros moitos temas e colaboracións, presentamos a tradución ao galego do Novo Testamento.

A tarde 26-12-2023 26.12.2023

Uns 300 gandeiros e gandeiras de toda Galicia asistiron a unha xornada sobre robots de muxido nunha explotación socia da Cooperativa CLUN. Exploramos os beneficios desta tecnoloxía, especialmente no eido do persoal e da conciliación. Falamos de colonias e perfumes para este Nadal porque sempre triunfa como agasallo. Incluso as cestas de perfumes e cremas e packs con máis produtos. Tamén nos adentr...

A tarde 22-12-2023 22.12.2023

Os pés no inverno sufren e moito: frío, calzado de gala no Nadal e moitas causas máis. Falamos tamén do custe do tabaco: en Francia veñen de subilo, podería funcionar en España? Tamén descubrimos máis detalles sobre os seguros de cans: que cubren e que non? O máis importante neste eido é ter cabeciña e controlar ao noso propio can. Para pechar o programa, un pouco de elegancia: charlamos con Jorge...

A tarde 21-12-2023 21.12.2023

A calefacción non lle vén moi ben aos ollos, así que está ben hidratalo con bágoas artificiais. Por certo, se gañaches a lotaría, pensa ben en que gastar os cartos. Un veciño de Vilalba gañou no 2017 e tardou un ano en gastar os cartos. Tamén vos damos consellos se vos tocou: Miguel López Crespo davos todo o que precisades sobre o eido económico e Inmaculada Martínez sobre como xestionar emocional...

A tarde 20-12-2023 20.12.2023

O Gaiteiro tanto che mistura con chocolate con curri nas súas marmeladas. Imaxinación coma a de Elena Ferro, a creadora de zocos galegos que converte as latas de patacas de Bonilla a la Vista en bolsos e taburetes para sentar.

A tarde 19-12-2023 19.12.2023

Ana Camiño, avogada en dereito civil e de consumo, fai fincapé, nestas datas de festas e cenas, que hai que pedir sempre permiso para subir fotografías. Especialmente temos que ter moito ollo cos nenos e nenas. Ademais, repasamos os requisitos para formar parte do selo 'Galicia Calidade', de grande éxito. E ollo porque pechamos con humor: volve 'Esfinter, un espectáculo para pechar...

A tarde 18-12-2023 18.12.2023

Álvaro Martínez Leiro álzase co Premio Nacional de Artesanía 2023 co seu oficio de cestería. Descubrimos latas de xoubas de Rianxo cun toque diferente: que levan ouro no seu interior. Visítanos o trío escritor Carmen Mola para presentar a súa última novela: 'El Infierno'. Xa nos adiantan, por certo, que están xa coa seguinte. Con Norberto Proupín charlamos sobre o Párkinson: causas, como...

A tarde 15-12-2023 15.12.2023

Marcos Mella presenta novo traballo fotográfico despois de captar coa súa cámara uns fermosos golfiños. Ademais, descubrimos a marca de galletas Tataraboas, cuxos produtos son artesanais, feitos nas terras do Ulla e con nomes do máis chulos: 'Túas', 'Súas' e 'Miñas'. Descubrimos a Exeria e a súa peregrinación con Xosé Antonio López Silva e debullamos o libro 'O b...

A tarde 14-12-2023 14.12.2023

Sae un novo xogo de mesa en galego co protagonismo da Illa de Sálvora e o afundimento do transatlántico Santa Isabel. Presentamos tamén o documental 'Desfacendo barrio' sobre a turistificación e o seu efecto no barrio de San Pedro de Compostela. Máis de 100 artistas dos anos 60 e 70, reúnense nun proxecto discográfico cun fin solidario 'Todos juntos por el Rock and Roll' dirixi...

A tarde 13-12-2023 13.12.2023

Apurade para coller cita para o Nadal na vosa perruquería porque non pinta fácil. Tamén nos dan as chaves para levar ben as reunións familiares, de empresa e de amigos e amigas: non sacar temas que xeren controversia.

A tarde 11-12-2023 11.12.2023

Descubrimos o Reino Suevo, moitos consellos para coidar as nosas plantas en inverno nas casas (lonxe sempre da calefacción, por favor) e descubrimos as zocas de pasarela de Alberto Geada. Con Norberto Proupín charlamos sobre a ansiedade, que adoita diagnosticarse cando se descarta todo tipo de patoloxías e que adoita non ser aceptada como diagnóstico real por parte do paciente. Con María Lara e La...

A tarde 08-12-2023 08.12.2023

Sube o prezo do alcol, os espazos de ocio nocturno están xa a tope e coñecemos a María Foscaldo, a xornalista que encarna a Virtudes, a nosa compañeira. Descubrimos que é xornalista, que tivo que crearlle unha árbore xenealóxica á personaxe e moito máis.

A tarde 07-12-2023 07.12.2023

Charlamos con Nacho Carretero sobre a súa tía Chus. Chus tiña síndrome de Down e, naquela época chea de estigmas cara esta enfermidade, seus pais fixeron unha grande labor visibilizadora. Tamén lle preguntamos a un urólogo se é positivo que os homes fagan pis sentados; e analizamos a trazabilidade da roupa que doamos.

A tarde 05-12-2023 05.12.2023

Repasamos todos os doces de conventos: suspiros de monxas e todo tipo de manteigados, ao fío da ExpoConvento. Damos tamén un anuncio: doade sangue, que nestas datas de inverno e preto das festividades fai moita falla. Con Ana Camiño, avogada en dereito civil e de consumo, repasamos métodos para deixar constancia de que compartimos décimo con outra persoa. Pechamos o programa celebrando os 80 anos...

A tarde 01-12-2023 01.12.2023

Celanova sigue sendo finalista para que lle poñan a iluminación de Ferrero Rocher, así que non sabemos se gañou. Pero quen gañou foi Alexandre Soteliño, profesor de Educación e Pedagoxía na USC, volvendo colocarse entre un dos mellores docentes de España. Quen tamén gañou foi Alba García, alumna do grao en Xestión Industrial da Moda que recibiu un dos premios do concurso de startups ‘JF64 Emprende...

A tarde 30-11-2023 30.11.2023

Falamos das novas máquinas de depilación de luz pulsada e de que o parchís é unha actividade interxeracional. De feito, en Guitiriz están facendo un torneo que mistura todas as idades! Tamén reparamos nos xoguetes que estimulan a visión dos nenos e nenas: de cores vistosas, grandes e para pensar. Tamén chamamos á colaboración de mulleres que sufriran cancro de mama ou o estean a sufrir para poder...

Listen to the Todos os podcast | A tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.