AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ 638 episodes

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A tarde 11-10-2023 11.10.2023

Falamos con Kiko Romeo sobre o seu truco para matar a máis de 5,000 velutinas e do novo xogo de mesa chamado Ophiusa! Tamén falamos de turismo termal e paisaxístico con Mario Crecente, presidente do Comité Científico da European Historic Thermal Towns Association. Ademais, veu Eduardo de Martís presentar 'Galicia Latente', o primeiro libro deste fotógrafo, confeccionado despois de percor...

A tarde 10-10-2023 10.10.2023

Falamos de trucos de cociña con Nieves Lorente: podemos facer castañas no micro? Como evitamos cheiros na cociña? Que se pode facer no micro que creamos que non? Tamén falamos na primeira hora con Manuel Mosqueira Ouréns, podólogo experto en podoloxía deportiva, sobre o uso das zapatillas para correr. Todo isto ao fío das zapatillas voadoras dun só uso empregadas pola atleta Tigist Assefa. Falamos...

A tarde 06-10-2023 06.10.2023

Falamos con Angel Puza da Tintorería Imperial sobre este traballo e sobre a loita contra as manchas. Nesta primeira hora tamén tivemos unha clase con Floro Andrés Rodríguez para saber recoñecer cogomelos e para collelos correctamente: con navalla e xamais en bolsas de plástico! O noso colaborador latinista Xosé Antonio López Silva veu falarnos na súa Vía Clásica do deus Marte, mentres que o noso o...

A tarde 05-10-2023 05.10.2023

Na primeira hora do programa tivemos a oportunidade de falar con Susi Villanueva, a famosa profesora de Youtube. Tamén falamos de sendeirismo con Jaime Larriet, licenciado en educación física e montañeiro, sobre como debemos realizar esta práctica. Na colaboración semanal A Tribo, da xornalista Raquel Rosa, falamos da morte xestacional e perinatal e para iso charlamos con Patricia Caamaño, preside...

A tarde 04-10-2023 04.10.2023

Como solucionar pragas de velutinas, de chinches, de bicherío de todo tipo? Respondémolo na primeira hora do programa! E Antonio González Cantalapiedra, director veterinario do Hospital Rof Codina, tamén nos deu chaves para coidar aos nosos gatos, pois hai moitos con sobrepeso. Pasou polos micros da Radio Galega Carlos Arévalo para presentarnos o espectáculo 'Play Phil Collins Music Tribute&#...

A tarde 03-10-2023 03.10.2023

Preguntámonos que farán as drag queens cando se elimine do mercado a purpurina e descúbrennos como o solucionarán: con purpurina orgánica. Falamos tamén do pickleball, unha práctica nova relacionada co tenis e que chega agora a Galicia. Comentamos a nova lei de benestar animal coa nosa avogada Ana Camiño e con Maxi Pérez charlamos sobre as mortes de peóns e outras advertencias no tráfico. Soledad...

A tarde 02-10-2023 02.10.2023

Falamos cos responsables de La Mapache, na Coruña e Santiago de Compostela, sobre a volta dos seus cursos de costura. Neles pódese aprender a facer certas prendas nunha soa clase! Tamén falamos dun superordenador cuántico que se presentou hoxe mesmo e queriamos saber en que consistía. No eido da saúde falamos co noso colaborador o doutor Norberto Proupín sobre a diabete, os tipos que hai, o coidad...

A tarde 29-09-2023 29.09.2023

Fúmase máis ou menos agora? Respondemos esta pregunta na Tarde con Carlos Rábade, coordenador da Área de Tabaquismo de Separ (Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica) e director da Unidade de Tabaquismo no CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago). E tiramos máis comida da que deberiamos? Falamos tamén de desperdicio alimentario neste programa! Cos nosos colaboradores Xos...

A tarde 28-09-2023 28.09.2023

Como podemos fortalecer as nosas pernas e como calculamos e eliximos a onde imos de lúa de mel? Respondémolo na primeira hora do programa. Na Tribo, a colaboración semanal da xornalista Raquel Rosa onde falamos de crianza, informámonos sobre a crianza respectuosa coas palabras de Sara Noguera, ademais de falarmos do seu libro 'Ser madre es fácil, (si no tienes hijos)'. Tamén aprendemos c...

A tarde 27-09-2023 27.09.2023

Tomi Alvarellos, presidente da Asociación de Guías de Turismo de Galicia, fálanos de que implica ser guía turístico e do que se precisa para selo. E anotamos algúns truquiños de cociña con Nieves Lorente, da Escola de Cociña Cousiñas de Pontevedra. Todo na primeira hora. Mentres, na sección de Moncho Lemos, Sen Butacas, falamos da película 'La probabilidad estadística del amor a primera vista...

A tarde 26-09-2023 26.09.2023

Falamos coa nutricionista Rosana Alonso sobre Yuca, a aplicación que supostamente che di se os produtos da túa cesta da compra son bos, malos, mediocres, etc. É fiable? Non perdas a primeira hora do programa para sabelo! Falamos tamén de iniciar aos máis cativos no mundo das motos, do dereito á honra coa nosa avogada Ana Camiño, da formación profesional en gandaría no IES Melide e de moitos temas...

A tarde 22-09-2023 22.09.2023

Falamos de cuestións celtas que seguimos a facer nas festas galegas da actualidade, todo co noso especialista no noso pasado céltico, Francisco Narla. E falando de Roma... o noso colaborador latinista, Xosé Antonio López Silva, veunos falar dos xabaríns no mundo greco-latino. Tamén falamos dos 80 anos de Julio Iglesias e preguntámonos: iría este home a unha excursión do Imserso? Non o sabemos, per...

A tarde 21-09-2023 21.09.2023

Achegámonos ao que non sabemos das marcas brancas, esas que mercamos para aforrar un pouquiño nas cestas da compra. Tampouco nos deixan indiferentes as alarmas polas pragas nos cultivos, polo que falamos dalgúns remedios contra elas con Cé Rodríguez, divulgador neste eido nos seus perfís @en20metros en todas as plataformas. A febre dos máis pequenos tampouco nos dará tregua este ano, polo que a xo...

Listen to the Todos os podcast | A tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.