AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ 638 episodes

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A tarde 26-02-2025 26.02.2025

Debatemos cos oíntes sobre as propinas. Son necesarias? Cando hai que deixalas? Que cantidade é a axeitada? Carlos del Amor preséntanos a súa novela "Una dama desconocida". Falamos coa oftalmóloga Yerena Muiños da importancia das pestanas na saúde ocular. Abrimos páxina de entroido visitando a mostra de traxes do Museo Etnográfico Liste de Vigo, conversando co artesán Rubén Herbella, que...

A tarde 25-02-2025 25.02.2025

Falamos sobre nomes raros de persoas co académico da RAG Antón Santamarina. O vigués Andrés Casal danos a coñecer a sua APP para pedir comida caseira a domicilio. Coñecemos a outro vigués, Marcos González, o mellor barista de España. Escoitamos as queixas dos hostaleiros coruñeses sancionados por exceso de ruído nos seus locais. Marcus Fernández cóntanos que podemos agardar este ano do Congreso Mo...

A tarde 24-02-2025 24.02.2025

Programa especial do programa A Tarde co motivo do 40º aniversario da Radio Galega. Facemos un percorrido polos 40 anos de historia a través das voces de sempre.

A tarde 21-02-2025 21.02.2025

Programa especial realizado dende a Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag Gandagro, en Silleda. Ademáis de percorrer o certame e falar con organizadores e participantes preguntámoslle á ciruxá Chusa álvarez sobre as "falsas" terapias antienvellecemento, coñecemos os preparativos do Domingo Corredoiro en Verín e da danza de madamas e galáns en Santa CXristina de C...

A tarde 20-02-2025 20.02.2025

Procuramos saber todo sobre a vida dos gatos conversando coa veterinaria Pilar Gómez. Icía Alcalde lévanos a un hotel de Vigo onde se admiten mascotas. Explicamos en que consiste o proxecto "Let's sing together" do CEIP Tarrío de Culleredo. Entrevistamos ao pianista ourensán Fabio Álvarez. Mónica Castelao, de Cruz Vermella, fálanos do seu programa de acollemento familiar. Coñecemos...

A tarde 19-02-2025 19.02.2025
A tarde 18-02-2025 18.02.2025
A tarde 17-02-2025 17.02.2025
A tarde 14-02-2025 14.02.2025
Día Mundial da Radio: os oíntes toman a palabra 13.02.2025
A tarde 13-02-2025 13.02.2025

Celebramos o Dia da Radio cos nosos colegas doutras emisoras autonómicas e con Alejandro, un oínte fiel que vive na Arxentina. Ademáis coñecemos a estupenda colección do radioafeccionado Manuel Fernández e falamos cos autores de dous podcast: Isidro Cea "Un ollo de vidro" e Iago Gordillo "Na fin do xogo". Quique Magdalena explícanos como restituir un apelido á súa forma galega....

A tarde 12-02-2025 12.02.2025

Están proliferando as ideas contrarias á verdade científica? Responde a esa pregunta o biólogo Daniel Soutullo. Atopamos en Vigo a Sara Rodríguez, unha maga galega que acaba de participar no programa de maxia máis popular do mundo, Penn & Teller Fool Us. O Circo do Sol volve a Galicia e queremos saber algo máis do seu espectáculo falando con Sofía Montano. Abordamos coa presidenta da Federació...

A tarde 11-02-2025 11.02.2025

O endocrinólogo Manuel Botana explícanos como influen as hormonas no noso estado de ánimo. Recibimos ao premio Nadal, Jorge Fernández. Manuel Cacheda, do proxecto Placton, cóntanos que atopa nas praias cando as vai limpar. Coñeceremos como se propón rexenera-los bancos marisqueiros a Confraría de Ferrol. Xoan Rubia fálanos da súa experiencia como "practicante rural". A nosa colaboradora...

A tarde 10-02-2025 10.02.2025

Exploramos co sociólogo Jorge García como afronta a sociedade actual o reparto de tarefas no fogar. Joaquín Enríquez fálanos da nova edición de "O talentiño", o certame de novos talentos artísticos que organiza o Concello de Ferrol. Tamén coñecemos con Ana Jariño en que consiste o X Talento Challenge da Fundación ONCE. Dende Vigo fálanos da campaña "A compra da túa vida" da Aso...

"El esplendor" 10.02.2025

Agustín Martínez, un dos tres escritores que publican baixo o pseudónimo de Carmen Mola, preséntanos a súa novela en solitario “El esplendor”, un thriller psicolóxico.

A tarde 07-02-2025 07.02.2025

Na véspera do Día Mundial do Cine falamos da sétima arte con Moncho Lemos e os oíntes. Francisco Narla desvélanos curiosidades do bispo Xelmírez e a catedral de Santiago. Desprazámonos a Allariz para ver esculturas de chocolate. A actriz Lucía Veiga cóntanos que prendas deseñadas en Galicia vestirá na gala dos Goya. Agustín Vázquez proponnos coñecer grandes chairas en distintos continentes. Presen...

“Afrontar la diabetes” 07.02.2025

“ O código postal marca a saúde” Falamos coa endocrinóloga Cristina Tejera do seu libro “Afrontar la diabetes”, que explica os diferentes tratamentos e a importancia da alimentación e o exercicio para xestionar a enfermidade. Inclúe tamén trucos para o día a día, saúde mental, suplementos ou as últimas investigacións na materia.

A tarde 06-02-2025 06.02.2025

O cardiólogo André González claréxanos se é bo para a saúde botar a sesta e canto debe durar. Celebramos con Manuel Iglesias "Lesmes" a concesión do premio Goya de Fotografía Profesional. Coñecemos con Diana Lameiro a Fundación Lingoreta. Paula Bouzas explícanos como podemos colocar de balde unha mensaxe de amor nun valado publicitario da Gran Vía de Vigo. Coa escritora Susana Fortes fal...

A tarde 05-02-2025 05.02.2025

Contamos chistes con Diego Vieito, "o capitán Sabrosura". Comezamos a saborea-lo entroido con Mónica Prego, que nos ensína a facer as mellores orellas. Preparamos a Festa das Filloas de Lestedo falando cun dos seus organizadores, Xosé Manuel Lobato, e coa pregoeira, Isabel Pichel. Comentamos a próxima gala dos Goya conversando con Julia González, que será a encargada de peitear a algúns...

A tarde 04-02-2025 04.02.2025

Cristian Romero axúdanos a saber máis sobre o negocio de compra-venda de ouro. A directora da feira ecolóxica Biocultura, Ángeles Parra, infórmanos sobre a próxima edición do certame que se desenvolve en marzo na Coruña. O doutor Navor Pereira explícanos por que as persoas que van ser sometidas a un tratamento de quimioterapia deben acudir antes a un podólogo. Nieves Herrero acode ao programa para...

A tarde 03-02-2025 03.02.2025

Galicia ten un cento de refráns relativos ao tempo e unha morea de palabras para describilo. Falamos delas cun experto, Fernando Groba. Quique Magdalena recolleu as opinións dos primeiros usuarios do treito da A-54 entre Palas de Rei e Melide. Acudimos á sede de Érguete en Vigo para falar dos seus 40 anos de traballo. Iván Carril alértanos sobre as estafas telefónicas. O grupo Doctor Snob prepara...

A tarde 31-01-2025 31.01.2025

Temos curiosidade por saber que chega ás oficinas de obxectos perdidos. Cóntanolo Melisa Orbán, funcionaria do Concello de Pontevedra. O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, convídanos á XXXII Festa do Chourizo. Camiñamos despois ata Lalín para coñecer con David Liñares os preparativos da Feira Apícola "Alvariza". O avogado Juan Franco explícanos como están tramitando os tribunais as...

A tarde 30-01-2025 30.01.2025

Analizamos as cancióins candidatas a representar España en Eurovisión con Virtudes e Ricardo Saavedra. Celebramos o Día da Paz no CEIP Froebel de Pontevedra e o CRA de Valga. O piloto Francisco Narla axúdanos a entender como se produciu o accidente aereo de Washington. Descubrimos unha aplicación para chatear nos avións falando co seu creador, Íñigo Merino. O responsable de Granxa Campomayor, de P...

A tarde 29-01-2025 29.01.2025

Falamos coa sicóloga clínica Isabel Calle das "segundas oportunidades" nas parellas. Facémonos eco das protestas dos taxistas pola suba do custe dos seguros dos seus vehículos. O astrónomo Borja Tosar descúbrenos un exoplaneta semellante á Terra. Rememoramos a guerra de Filipinas con José Enrique Gil-Delgado, autor da novela "Y volcanes en el mar". Paseamos pola paisaxe protexi...

A tarde 28-01-2025 28.01.2025

O coordinador de urxencias do Chuac, José Manuel Fandiño, explícanos como é o traballo nestes servizos médicos. Aprendemos o que é a drónica con Francisco Álvarez, responsable da escola de pilotos de drons Aerocámaras. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fálanos da como o seu concello pretende convertirse nun "destino turístico intelixente". O director da Tecnópole de Ourense, Javier Ta...

Listen to the Todos os podcast | A tarde podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.