AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A tarde 24-01-2025 24.01.2025 3:56:55
No Día Internacional da Educación fixámonos nos 250 millóns de rapaces que están sen escolarizar no mundo. Desta situación falamos con Irene Marín, coordinadora de Unicef en Galicia. Ademáis, Jesús Isla, un profesor xubilado tras 49 anos de exercicio, cóntanos como cambiou a educación en todo ese tempo. Viaxamos a Fitur para coñecer cara onde camiña o turismo e alí atopamos a Juan Rivadulla, presi...
A tarde 23-01-2025 23.01.2025 3:56:54
Neste programa falamos do risco que supón crer a cegas no navegador do coche e lembramos co cineasta Ángel de la Cruz a película "Os mortos van á presa" que se inspirou nun incidente provocado polo erro dun camioneiro ao usar o GPS. Conectamos coa alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, que está en Fitur presentando a Mostra do encaixe de Camariñas. Preguntámoslle ao editor e deseñador Car...
A tarde 22-01-2025 22.01.2025 3:56:54
Lembramos a Xosé Manuel Piñeiro falando cos que foron compañeiros seus en televisión e na radio. Preguntámoslle ao dermatólogo Alexandre Docampo con que frecuencia debemos lava-lo pelo. Coñecemos a competición de robots da Universidade de Vigo con José Fariña, director da Escola de Enxeñería Industrial. O cantante naronés Lode convídanos a seu primeiro concerto. A escritora Ángela Quintas presénta...
A tarde 21-01-2025 21.01.2025 3:56:52
Celebramos o Día Internacional das apretas cunha defensora desta manifestación de agarimo, a fundadora de Toxío, Nuria Espasandín. O músico portugués Vasco Ribeiro Casais, OMIRI, preséntanos o seu disco "Pé a pé". Jorge Mira explícanos por que o Consello da Cultura Galega recomenda limitar o alumeado público. O compostelán Alejandro Otero fálanos da súa primeira novela. O investigador do...
A tarde 20-01-2025 20.01.2025 3:56:54
O investigador privado Gonzalo Solís explícanos como é o traballo dos detectives na actualidade. Falamos da gala Youtubeiras deste ano co seu presentador, Javi Sánchez, e coa súa coordenadora, Sara Pino. Visitamos o supermercado asiático máis grande da Coruña e unha libraría de segunda man en Vigo. O formador da Garda Civil Iván Carril alértanos sobre os videoxogos que inducen á ludopatía. Santiag...
A tarde 17-01-2025 17.01.2025 3:56:55
O magacine das Tardes na Radio Galega, con Antón Rebollido
A tarde 16-01-2025 16.01.2025 3:56:55
Pedímoslle a receita das súas croquetas a Juan Manuel Pérez, responsable de Croketas D, o obradoiro que máis elabora en Galicia. Celebramos os 50 anos de existencia do CIP A Ramallosa, de Teo, con Berena Fontenla. Ángeles Rios, presidenta da Asociación Gallega Empresas de Ascensores , proponnos unha saída profesional con alta demanda: conservador de ascensores. Visitamos o Salón de Estilismo Canin...
A tarde 15-01-2025 15.01.2025 3:56:49
Maximino Fernández fálanos do Museo etnográfico da Cruz, que él dirixe no municipio de Covelo. Preguntámoslle a Nina Villasuso, do Colexio de Farmacéuticos da Coruña, que son as "farmacias sentinela". Abordamos a polémica en torno á ampliación das licenzas de taxi en Compostela. A doutora Isabel Bullo danos a súa opinión sobre as serties de médicos. Jaime Villa, de Anicura, ilústranos so...
A tarde 14-01-2025 14.01.2025 3:56:52
O director da Instituto Atlántico do Seguro, Adolfo Campos, explica como debemos actuar no caso de sufrir un accidente cun animal. Co entomólogo Adolfo Cordero falamos dos mil e un nomes que teñen os cabaliños do demo. Coñecemos a iniciativa do grovense Marco Padín para recadar fondos para nenos con cancro a través do seu selo discográfico Gosht Highway Recordings. Sabemos máis do tráfico de cruce...
A tarde 13-01-2025 13.01.2025 3:51:25
Carmen Pichel preséntanos o seu perfume Andión. O responsable da empresa Despedidas Galicia cóntanos como son agora as despedidas de solteiro. O xefe do servizo de otorrinolaringoloxía do CHUS, Andrés Soto, fálanos dun estudo para tratar a vertixe persistente. Comentamos co presidente da cooperativa de taxis de Vigo, Emilio Mosquera, os problemas de seguridade do sector. Iván Carril explícanos que...
A tarde 10-01-2025 10.01.2025 3:56:54
Virtudes e as fotos familiares na casa. Francis Heybrook y Diana Díaz dirixen 4 Elements Galicia, un proxecto de campamentos de inmersión lingüística en plena natureza. Efemérides musicais, mesa de actualidade e moito máis
A tarde 09-01-2025 09.01.2025 3:56:54
Falamos de deportes de aventura con Luis Fernández, xerente de Amextreme. Pedímoslle a Borxa González, de "Orgullo galego", a súa opinión sobre a iniciativa de aprobar unha lei en Asturias para "protexer os sons e os cheiros do rural". O mago lugués Rafa explícanos por que vai levar o seu espectáculo aos campamentos de refuxiados no Sahara. Saberemos en que consiste o proxecto...
A tarde 08-01-2025 08.01.2025 3:56:54
Ante a inminencia do pico de incidencia da gripe falamos co doutor Juan Gestal. Abel Vázquez, de Iluminaciones Santiaguesas, explícanos o proceso de retirada das luces de Nadal. Abordamos como é a vida do opositor en conversa co socio fundador de Nós Oposicións, Alfonso Villares. O nutricionista Anxo Carreira enumera as bondades da dieta mediterranea. Repasamos as conclusións dun estudo da Fundaci...
A tarde 07-01-2025 07.01.2025 3:56:52
No Día Internacional do Selo Postal falamos sobre a vixencia do correo e sobre a decadencia dos estancos. A avogada Ana Camiña ilústranos sobre a lexislaciónrelativa ao segredo das comunicacións. Coñecemos ao deseñador gráfico vigués David Lago, que creou un "Taller máxico" onde combina artesanía e tecnoloxía. Preguntámoslle ao dermatólogo Alexandre Docampo se serve para algo o uso de cr...
A tarde 02-01-2025 02.01.2025 3:56:52
Que facer coas sobras das comidas de Nadal? Preguntámosllo á mellor cociñeira galega de 2024, Begoña Vázquez. Comentamos as transmisións por televisión das badaladas con Alejandra Tojo. Entrevistamos á presidenta de "Slow food Compostela", Rocío García. Coñecemos a Lucía Casal, unha influencer que describe o seu dia a dia nunha explotación gandeira. Bieito Romero cóntanos como vai celebr...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.