AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A tarde 02-04-2025 02.04.2025 3:56:53
Programa especial realizado dende o Cantón de Molíns de Ferrol co gallo da final da Eurocup de baloncesto feminino que disputa o Uni Ferrol. Ao programa asómanse persoeiros populares da cidade como Manolo Aller, Pichi Varela, María López Niebla, Santi Rey, Marcos Mella, Ricardo Aldrey... Ademáis pulsamos as reaccións na Mariña de Lugo e en Sada ao anuncio do peche das instalacións de Sargadelos en...
A tarde 01-04-2025 01.04.2025 3:55:55
Compartimos o Día Internacional das Bromas con Pepe Capelán. Co catedrático de bioquímica da USC, Manuel Freire, evocamos a figura de Fernando Calvet. Falamos con Antón Pombo, autor da Guía do Camiño da Ría Muros-Noia. Buscamos as razóns da suba do prezo do café conversando co xerente de Las Antillas, Marco Antonio Vázquez. Ana Camiño danos as pautas para facer a declaración da renda e o asesor Ig...
A tarde 31-03-2025 31.03.2025 3:56:54
É correcto bicar ou abrazar meniños sen o seu permiso ou o dos seus pais? Preguntámosllo aos oíntes e ao sicólogo José Manuel Fariñas. Pasamos por un restaurante da Coruña para saber como se aplica a nova Lei de Desperdicio Alimentario. David Martínez, Rayden, fálanos da súa novela "El taller de los niños interiores". Raul Rios cóntanos como están preparando as festas da Xuventude de Par...
A tarde 26-03-2025 26.03.2025 3:56:50
Programa especial realizado dende o recinto feiral de Silleda, onde se desenvolve SEDEXCO, a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias. Falamos con organizadores e expositores. Ademáis Participamos no aniversario de "Ponte nas ondas"; interesámonos polas causas do incremento do prezo dos ovos e da carne preguntándolle a Carlos Docampo, propietario de Avícola Amoeiro, e acu...
A tarde 25-03-2025 25.03.2025 3:56:53
É correcto sair de casa en bata e zapatillas? Facémoslle esta pregunta aos oíntes e interesámonos pola venda destas prendas falando con Ana María Mouriño, que ten unha mercería. A reposteira Génesis Olivella explícanos que é o chocolate de Dubai. Coñecemos o novo proxecto de emprego da Fundación Hospitalarias Betanzos. O asesor fiscal Francisco Lens coméntanos as novidades da próxima campaña da re...
A tarde 24-03-2025 24.03.2025 3:56:51
Comentamos as razóns da caída da natalidade en Galicia coa doutora en socioloxía Raquel Martínez. Sara Faro, unha das voces de Fillas de Cassandra, preséntanos os novos temas da formación. Escoitamos as queixas dos veciños do Ensanche de Santiago pola proliferación de ratas. Visitamos o Forum Gastronómico de Galicia. Iván Carril advírtenos sobre posibles calotes relacionados coa Axencia Tributaria...
A tarde 21-03-2025 21.03.2025 3:56:53
Falamos do auxe dos espectáculos de música en vivo con Marcos Vázquez, presidente da Asociación Galega de Músicas ao Vivo. O presidente da Sociedade Filarmónica de Pontevedra, Gonzalo Martínez, recíbenos na sede dunha asociación que é centenaria. O concelleiro de Ordes, Pablo Vázquez, lévanos á Festa do Lacón con Grelos de Mesón do Vento. O noso guía turístico Agustín Vázquez, trasládanos a Norueg...
A tarde 20-03-2025 20.03.2025 3:56:52
Falamos da felicidade co profesor de filosofía Gonzalo Cifuentes. O alcalde de Friol, José Angel Santos, convídanos á Festa do Queixo de Friol e Pan de Ousá. Sabemos o que son as enfermidades priónicas. Xosé Anxo Docobo cóntanos como se presenta a primavera astronómica. Visitamos en Vigo a Ánxela Castaño, unha muller que ten 106 anos. O odontólogo Simón Pardiñas advírtenos dos perigos de aplicar t...
A tarde 19-03-2025 19.03.2025 3:56:55
No día do Pai preguntámonos como cambiou o rol dos homes dende que se instaurou esta celebración en España. Axúdanos a sabelo o educador ambiental Miguel Pardellas. Que é un "festival de lás"? Explícannolo Leila Álvarez e Susana Diéguez, as organizadoras do Ovillo Fest de Monforte. Falamos cunha das afectadas polo retraso na entrega de medio cento de vivendas construidas en Ames. Explora...
A tarde 18-03-2025 18.03.2025 3:56:54
A cociñeira Begoña Vázquez danos consellos para utilizar o microondas. Daniel Pena preséntanos a súa aplicación "MiniTales", que nos permite dispor dun conto novo cada dia para lerllo aos meniños. Outro creador galego, Emilio Neira, explícanos en que consiste "Sintaxe", o método que ideou para aprender gramática. Coñecemos a Rubén Rodríguez, o ourensán designado mellor vendedor...
A tarde 17-03-2025 17.03.2025 3:56:02
A profesora de sicoloxía social, Cristina Gómez, explícanos porque proliferan as pedidas de man en público e en lugares "singulares". Coñecemos a Uxío Rodríguez un surfista de Viveiro que acaba de competir en Hawai. O economista Venancio Salcines oriéntanos sobre o futuro das pensións. Planificamos unhas vacacións en caravana coa axuda de David Abelenda. No capítulo musical, Mondra traen...
A tarde 14-03-2025 14.03.2025 3:56:02
Cada vez máis persoas teñen problemas para durmir. Sobre iso falamos con Lorenzo Armenteros, médico da Alianza polo Sono. A gaiteira María Pérez cóntasnos como se gaña a vida tocando pola rúa. Botamos a ollada atrás para lembrar como foi o confinamento. Imos ata a mercería pontevedresa Dokar, que pecha despois de 70 anos de funcionamento. A arquitecta Eva María Rodríguez explícanos como se limpan...
A tarde 13-03-2025 13.03.2025 3:56:53
As conservas de peixe que pasan moito tempo na lata son consideradas unha delicatessen en moitos lugares. A experta Genma Fontán explícanos por que e dinos que precaucións debemos gardar para consumilas. Falamos cos participantes no Hackathon de Navantia, un reto para estudantes de enxeñería. Coñecemos as previsións meteorolóxicas da AEMET para a primavera. Visitamos as obras de reconstrución do m...
A tarde 12-03-2025 12.03.2025 3:56:53
O xerente do 112 en Galicia, Marcos Araujo, fálanos das chamadas que reciben no servizo e non corresponden a urxencias reais ou son maliciosas. Queremos saber máis sobre varios eventos que se desenvolven en Galicia conversando cos seus organizadores: María Vital, do Congreso de Artomaterapia, e Laura Sueiro, do Congreso de Estudantes de Podoloxía. Preguntamos polo prezo dos pisos novos en Santiago...
A tarde 10-03-2025 10.03.2025 3:56:53
Falamos das herdanzas que se rexeitan e tamén das que van parar ás institucións. O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, explícanos como aumentou o patrimonio municipal con herdanzas recibidas de veciños. Coñecemos o Museo Pequeno da Coruña falando coa súa directora, Mar Abella. Quique Magdalena vai buscar grelos á praza de abastos de Compostela. Celebramos os 25 anos de vida da asociación Vai polo...
A tarde 07-03-2025 07.03.2025 3:56:53
Na véspera do Día da Muller falamos cvon Nanina Santos, a historiadora que creou a primeira organización feminista en Galicia. Coñecemos a unha empresaria pioneira, Ana María Suáñez, fundadora dunha empresa loxística na Coruña. Probamos o lacón con grelos en Cuntis convidados polo técnico de turismo do Concello, Manuel Martínez. Agustín Vázquez cóntanos a onde viaxarán os galegos esta Semana Santa...
A tarde 06-03-2025 06.03.2025 3:56:52
O responsable da empresa Yema de Oro, Andrés Almazán, cóntanos curiosidades sobre a producción de ovos. Recollemos as queixas sobre a proliferación de pintadas en Compostela. Sabemos máis sobre a procesionaria do piñeiro falando con Íñigo García. O profesor de ioga Segundo Rego infórmanos sobre o festival de ioga que se vai desenvolver na Coruña. O escritor Santiago Ogando preséntanos o seu libro...
A tarde 05-03-2025 05.03.2025 3:56:56
A fotógrafa Adriana Castro explícanos como sair favorecido nas fotos do DNI. Falamos co investigador Adolfo Cordero da recuperación do sapoconcho en Corrubedo. A logopeda Iria Varela fainos ver a importancia da atención temperá para o desenvolvemento correcto da fala nos nenos. Verónica Souto ensínanos a secar e preservar as flores. O antropólogo Rafael Quintiá analiza as semellanzas entre as dist...
A tarde 04-03-2025 04.03.2025 3:56:46
Afondamos nos segredos do entroido tradicional galego con Borxa González. Participamos no entroido de Cobres e degustamos os mazapáns da Lourenzá. Preguntámoslle a Rebeca Fernández, de Correos, por que a empresa traduciu ao chinés a súa páxina web sobre o camiño de Santiago. Mergullámonos no mundo da camelia con Beatriz Riveiro. Najla Shami preséntanos o seu novo traballo "Pulsando". A a...
A tarde 27-02-2025 27.02.2025 3:56:53
Falamos de piropos cos oíntes e con Sara Martínez Ferreiro. O alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, convídanos á Festa da Androlla. Viaxamos a Verín para participar no Xoves de Comadres. Abrimos o consultorio de Nusca Chousa e recibimos a Felix Caramés para que nos informe sobre a calidade das operadoras de telecomunicación. Ademáis, vivimos a fin de etapa do Gran Camiño.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.