Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo importante que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Entrevista a África González 17.03.2022 8:45
África González e Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia. Ademais, lidera un grupo de investigación multidisciplinar en inmunoloxía básica e aplicada na Universidade de Vigo.
Entrevista a Henrique Monteagudo 14.03.2022 9:19
Henrique Monteagudo é profesor de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, vicesecretario da Real Academia Galega e tamén é codirector da revista Grial.
Entrevista a María Lopo 10.03.2022 4:39
María Lopo é doutora en Literatura Francesa pola Universidade René II e especialista na figura de María Casares, sobre a que disertou en numerosas ocasións, tanto en Francia como en Galicia. Ademais, publicou unha docena de artisco nos que se ocupa da súa vida e da súa obra.
Entrevista a María Seoane e Arturo López Quintela 03.03.2022 8:28
Arturo López Quintela, socio fundador de Nanogap, e María Seoane, CEO de BFlow, son dúas figuras destacadas no ámbito do emprendemento e da ciencia en Galicia.
Entrevista a Francisco Prado Vilar 24.02.2022 6:03
Francisco Prado Vilar foi coordinador do comité científico da restauración do Pórtico da Gloria dende os seus inicios en 2008 e actualmente dirixe o Programa A. W. Mellon para o Pórtico da Gloria.
Entrevista a Pablo Mosquera 21.02.2022 5:07
Pablo Mosquera é Licenciado en Administración e Dirección de Empresas e especializado en Dirección Financeira. A súa carreira profesional está vinculada á xestión da innovación, a valorización de tecnoloxía e o emprendemento.
Entrevista a Juan Carlos Permuy 17.02.2022 9:33
Juan Carlos Permuy é Psicólogo e Educador Social, está especializado en técnicas de psicoterapia con adolescentes, é instructor en mindfulness e experto en Compassion Focussed Therapy e en drogodependencias.
Entrevista a Antonio Rigueiro 10.02.2022 10:33
Antonio Rigueiro é Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, os seus campos de investigación son os sistemas agroforestais, as plantas medicináis e micoloxía, a multiplicación de especies agroforetais e os sistemas de información xeográfica na loita contra os incendios forestais.
Entrevista a Alejandro Vargas 07.02.2022 15:13
Alejandro Vargas é un pianista e compositor graduado na Universidade das Artes de Cuba e primeiro premio no concurso de novos jazzistas de Cuba no 2001. Actualmente reside en Compostela onde lanzou xa varios discos como é o caso de Ama Aza LaNdo, un fulgor de figuracións representativas de paisaxes sonoras onde se recrea o minimalismo, o orientalismo, a improvisación libre e o jazz.
Entrevista a Manuel Varela 27.01.2022 5:51
Manuel Varela Fariña é o gañador do premio Alfredo Vicenti 2021 ao xornalismo social, actualmente traballa como xornalista en La Voz de Galicia.
Entrevista a Alberto Vilas 24.01.2022 15:33
Alberto Vilas é un pianista e compositor de Redondela, que vén de presentar un novo disco, titulado “Naialma”. A súa nova obra é un traballo que define como íntimo e persoal. Trátase dun conxunto de composicións gravadas no estudio da súa casa sen cortes e cada peza dunha soa vez.
Entrevista a Ricardo Losada 17.01.2022 5:32
Xosé Ricardo Losada é un escritor e profesor rianxeiro. Imparte clases de filosofía e valores éticos no IES Félix Muriel de Rianxo e é socio fundador da Asociación Cultural Barbantia. A súa última novela, O rosario e a buguina, que lle fixo gañar o Premio Torrente Ballester en 2020, recrea os últimos meses de vida do poeta Manoel Antonio e o conflito que ten coa súa nai por motivos relixiosos.
Entrevista a Carmen Leyte 10.01.2022 8:15
Carmen Leyte foi alcaldesa do concello de Cartelle entre 1991 e 2017. Actualmente é Senadora pola provincia de Ourense e tamén é a presidenta da fundación Carlos Velo.
Entrevista a Fernando Redondo 20.12.2021 5:30
Fernando Redondo Neira é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco e Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, é profesor da área de Comunicación audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Entrevista a Anxo Lugilde 16.12.2021 14:08
Anxo Lugilde naceu en Lugo, criouse en Cataluña, estudou Xornalismo no País Vasco e licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago. Traballou en La voz de Galicia e escribiu crónica política para El Progreso, ademais de publicar tamén La vanguardia e colaborar con RAC1. Vén de publicar un libro titulado A vella compañeira, unha obra escrita orixinalmente en castelán e traducida ao...
Entrevista a María Loureiro 13.12.2021 5:09
María Loureiro é catedrática de Economía na Universidade de Santiago de Compostela dende 2017. Está especializada nos campos de investigación da economía da enerxía, a economía ambiental e a economía agrícola.
Entrevista a Víctor Carou 09.12.2021 6:41
Víctor Carou despeña labores de director artístico, creador e organizador de festivais, ciclos e concertos. Foi Director Xerente do Auditorio de Galicia e tamén asumiu a dirección doutros festivais como Vía Stellae, Música de Compostela e os seus Camiños, o Festival Música Cidade de Lugo ou o Festival Mozart de A Coruña, ademais do Festival Ateneo Barroco, que vén de rematar xa a súa terceira edic...
Entrevista a Juan Gestal 06.12.2021 5:38
Juan Gestal é profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, no ámbito clínico foi Xefe de sección de Medicina preventiva no Hospital Juan Canalejo de A Coruña, no Hospital Xeral de Galicia e no Hospital Clínico de Santiago.
Entrevista a Fernando Aramburu 02.12.2021 6:17
Fernando Aramburu é autor de numerosas novelas e contos como Los peces de la amargura, El vigilante del fiordo, Fuegos con limón, Viaje con Clara por Alemania ou Patria. Esta última converteuse nun gran fenómeno literario traducido a 34 linguas e adaptada ao audiovisual cunha serie de Aitor Gabilondo para HBO. Cinco anos despois publica Los vencejos, ácida e enternecedora, a súa nova obra, que o c...
Entrevista a Enrique Barón 29.11.2021 7:59
Enrique Barón é licencido en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e en Administración de Empresas polo Instituto Católico de Administración e Dirección de Empresas e pola Escola Superior de Ciencias Económicas de París. Ademais de Ministro de Transportes e presidente da Delegación Socialista Española, foi tamén presidente do Parlamento Europeo entre os anos 1989 e 1992. Actualmente é ta...
Entrevista a Antón Baamonde 25.11.2021 10:56
Antón Baamonde é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou seis libros e promoveu a revista e o foro Luces de Galicia. Colabora na sección de opinión de El país e é considerado unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea. Agora vén de publicar o libro Unha nova Olanda: De Ferrol a Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global.
Entrevista a Belén Hernández 22.11.2021 5:49
Belén Hernández Lafuente é Enxeñeira Agrónoma pola Universidade Politécnica de Madrid, na especialidade de enxeñería rural. Ampliou a súa formación en desenvolvemento rural, organización territorial e fondos europeos.
Entrevista a Arantza Portabales 18.11.2021 8:32
Arantza Portabales, nacida en Donosti en 1973 é unha escritora en lingua castelá e galega. É filla de emigrantes galegos e regresou a Marín en 1985, onde se licenciou en Dereito. Actualmente vive en Teo e comezou a escribir en 2013 co xénero do microrrelato, co blogue Una nube de historias, no que segue a escribir. Ademais de gañar premios como o San Clemente, o Premio Novela Europa Casino de Sant...
Entrevista a Fernando Vallespín 15.11.2021 12:28
Fernando Vallespín é un profesor universitario e politólogo español que traballa na Universidade Autónoma de Madrid. Foi tamén vicerreitor de cultura e director do departamento de Ciencia Política na Facultade de Dereito.
Entrevista a Jesús Núñez 08.11.2021 32:16
Jesús Núñez, nacido en Betanzos no ano 1927, é un pintor, escultor e gravador galego. Procedeu dunha familia de empresarios brigantinos e estudou gravado na Escola de Belas Artes de San Fernando e na Escola Nacional de Artes Gráficas de Madrid, ampliando os seus estudos a Berlín e París. Porén, o seu maior empeño foi a creación do Centro Internaciónal da Estampa Contemporánea, unha fundación betan...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.