Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo importante que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Entrevista a Emilio Grandío 25.06.2026 12:01
Emilio Grandío Seoane é catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación céntrase especialmente na Segunda República, o franquismo, a Transición democrática e os servizos de información durante a Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial. É autor de numerosas publicacións, membro da Rede RESHINT e investigador principal do proxecto I+D FIVE.
Entrevista a Antonia M. Varela 18.06.2026 17:31
Antonia M. Varela Pérez é doutora en Astrofísica, directora xerente da Fundación Starlight, enxeñeira senior no Instituto de Astrofísica de Canarias e directora do Museo da Ciencia e o Cosmos de Tenerife. Especialista en calidade do ceo e contaminación lumínica, combina investigación, docencia e divulgación científica cun firme compromiso coa igualdade de xénero e o fomento das vocacións STEM. A s...
Entrevista a Afonso Vázquez-Monxardín 11.06.2026 8:31
Afonso Vázquez-Monxardín Fernández é un intelectual ourensán cunha traxectoria ampla entre a historia, a arqueoloxía, a lingua e a literatura galega. Foi catedrático de ensino medio, colaborou con institucións culturais como o Museo Arqueolóxico de Ourense e o Consello da Cultura Galega, e participou en proxectos como o Clube Alexandre Bóveda ou o Arquivo Sonoro de Galicia. Tamén conta cunha longa...
Entrevista a Fiz Fernández 04.06.2026 11:15
Fiz Fernández Pérez é Profesor de Investigación do CSIC e membro da Real Academia Galega de Ciencias, cunha traxectoria de máis de catro décadas dedicada ao estudo do océano e do seu papel na absorción de dióxido de carbono e no clima. Autor de máis de 230 traballos científicos, participou en numerosos proxectos e campañas oceanográficas, incluídos dous descensos ao pecio do Prestige . Ademais, co...
Entrevista a Senén Barro 28.05.2026 19:29
Senén Barro Ameneiro (As Pontes, 1962) é doutor en Física, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico do CiTIUS da USC. Foi reitor da Universidade de Santiago entre 2002 e 2010, etapa na que impulsou o perfil investigador, innovador e emprendedor da institución e promoveu o proxecto Campus Vida. Tamén ocupou cargos de relevancia en organismos universitar...
Entrevista a Ruth Ferrero 21.05.2026 9:40
Ruth Ferrero-Turrión é doutora en Ciencia Política e Relacións Internacionais, profesora na Universidade Complutense e investigadora especializada en xeopolítica, política exterior da UE, migracións e crises das democracias. Foi investigadora en universidades internacionais e colabora habitualmente como analista en distintos medios.
Entrevista a María Xesús Nogueira 14.05.2026 10:32
María Xesús Nogueira Pereira é profesora de Literatura Galega na USC e membro do Instituto da Lingua Galega, especializada en literatura galega contemporánea, poesía, xénero, medio ambiente e posthumanismo. Autora de numerosos libros e estudos, destaca tamén pola súa longa traxectoria como crítica literaria. Nos últimos anos publicou diversas obras sobre Xela Arias e, no ámbito de Begoña Caamaño,...
Entrevista a Eva Rodríguez Míguez 07.05.2026 7:35
Eva Rodríguez Míguez é catedrática da Universidade de Vigo, doutora en Economía e investigadora especializada en Economía da Saúde e calidade de vida. Participa en numerosos proxectos de investigación, conta cunha destacada traxectoria internacional e foi recoñecida con premios como o da Asociación de Economía da Saúde. O seu traballo céntrase na medición da saúde, a dependencia, a equidade sanita...
Entrevista a Xosé Luís Suárez Canal 30.04.2026 7:29
Xosé Luís Suárez Canal (Allariz, 1946) é filólogo, docente e figura clave da fotografía galega. Cofundou con Manuel Sendón o Centro de Estudos Fotográficos de Vigo e impulsou proxectos como a Fotobienal de Vigo, Vigovisións e a Sala dos Peiraos, ademais de comisariar numerosas exposicións e recuperar a obra de fotógrafos históricos galegos mediante publicacións e mostras. Como autor, publicou vari...
Entrevista a Miguel Zabalza 16.04.2026 11:15
Miguel Zabalza Beraza é un destacado académico en psicoloxía e educación, catedrático e profesor emérito da USC, con ampla traxectoria docente e de xestión universitaria. Foi decano e ocupou diversos cargos institucionais, ademais de recibir recoñecementos internacionais como doutor honoris causa. Tamén desempeña funcións relevantes en asociacións e revistas científicas do ámbito educativo a nivel...
Entrevista a Federico Martinón 09.04.2026 13:14
Federico Martinón Torres (Ourense, 1971) é pediatra, investigador e catedrático da Universidade de Santiago, xefe do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico. Especialista en vacinas e infeccións, lidera o grupo GENVIP, conta cunha ampla traxectoria científica internacional e colabora coa Organización Mundial da Saúde en seguridade vacinal.
Entrevista a Miguel Ángel Villena 02.04.2026 15:14
Miguel Ángel Villena é un xornalista e historiador cunha ampla traxectoria en El País, onde traballou máis de 25 anos, e colaborador actual en elDiario.es e Levante-EMV. Destaca como autor de diversas biografías sobre figuras clave da cultura e da historia española, entre elas Ana Belén, Victoria Kent, Azaña ou Berlanga, pola que recibiu o Premio Comillas en 2021.
Entrevista a Miguel Anxo Fernán Vello 26.03.2026 11:22
Miguel Anxo Fernán Vello é un destacado poeta galego e impulsor do selo Espiral Maior, cunha ampla traxectoria tamén como articulista e autor de libros de conversas. Aínda que traballou noutros xéneros, sobresae principalmente pola súa obra poética e teatral, con numerosos premios e recoñecementos, sendo autor de case vinte poemarios e varias pezas dramáticas relevantes.
Entrevista a Covadonga Salgado 19.03.2026 12:34
Covadonga Salgado Blanco é doutora en Ciencias Químicas e licenciada en Farmacia pola USC, con formación internacional na Universidade de Berkeley. Funcionaria da Xunta de Galicia dende 2003, desenvolveu unha ampla traxectoria técnica en ámbitos como a salubridade dos moluscos, as biotoxinas mariñas e a hixiene analítica. Dende 2009 é directora do INTECMAR, organismo de referencia no control do me...
Entrevista a Amada Traba e Pepe Cabido 12.03.2026 26:38
Amada Traba é licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía e docente de Socioloxía da Educación na Universidade de Vigo, ademais de profesora no Posgrao de Xénero desta universidade. Conta con máis de trinta anos de traxectoria na investigación, formación e divulgación en Socioloxía do Xénero, con especial dedicación ao deseño e avaliación de políticas de igualdade. É autora de diversos artigos e...
Entrevista a Víctor Fernández Freixanes 05.03.2026 11:26
Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) é escritor, editor e xornalista, doutor en Filoloxía Románica pola USC e profesor ad honorem desta universidade. Dirixiu editoriais como Galaxia, Xerais ou Alianza, e foi presidente da Real Academia Galega entre 2017 e 2025. Autor recoñecido e premiado en narrativa e xornalismo, en 2025 recibiu a Medalla Castelao. A súa actividade tamén destaca no ámbi...
Entrevista a Emilio Carlos García Fernández 26.02.2026 12:27
Emilio Carlos García Fernández é doutor en Comunicación Audiovisual e profesor da Universidade Complutense de Madrid, especializado en cine e medios audiovisuais. Desenvolveu unha ampla carreira docente, investigadora e divulgativa, con publicacións, proxectos e participación en festivais, e actualmente dirixe o Grupo Complutense de Estudos Cinematográficos.
Entrevista a Miguel Ángel del Arco 12.02.2026 9:36
Miguel Ángel del Arco Blanco é catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Granada e especialista na Guerra Civil, a posguerra e o fascismo. As súas investigacións analizan cuestións como a represión, as actitudes políticas, a memoria histórica e a fame durante o franquismo. Publicou en destacadas revistas científicas nacionais e internacionais e é autor de diversas obras en español e...
Entrevista a Ángel Carracedo 05.02.2026 10:39
Ángel Carracedo é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e unha das figuras máis destacadas da xenética a nivel internacional. Dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, referencia no diagnóstico xenético do sistema público de saúde, e lidera múltiples proxectos de investigación en xenómica médica, farmacoxenómica e medicina personalizada. Autor de cen...
Entrevista a Mohamed Safa 29.01.2026 7:40
Mohamed Safa, é un médico oftalmólogo nado en Cisxordania e formado na Universidade de Santiago de Compostela. Destacou polo seu compromiso coa defensa dos dereitos do pobo palestino, promovendo iniciativas culturais e políticas e difundindo a súa causa a través de artigos, conferencias e diversas publicacións.
Entrevista a Francisco Fernández Rei 22.01.2026 11:26
Francisco Fernández Rei é catedrático emérito da USC, doutorado en 1979 cunha tese sobre o verbo galego. Foi director do Departamento de Filoloxía Galega, coordina cursos de lingua e cultura galegas para alumnado de fóra de Galicia e desenvolveu actividade docente e divulgadora en universidades europeas e americanas. Investigador do ILG desde 1974, participa no Atlas Lingüístico Galego e dirixe o...
Entrevista a Sergio Pascual 08.01.2026 13:28
Sergio Pascual Espinilla é xornalista, licenciado pola Universidade de Valladolid e con máster en Radio pola Universidad Rey Juan Carlos, con experiencia en RNE Galicia, Radio Exterior de España, Castilla y León Televisión, axencias como EFE e Europa Press, dirección dun programa literario e colaboración con Sermos Galiza. Este ano resultou o gañador do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti...
Entrevista a Bieito Iglesias 18.12.2025 11:10
Bieito Iglesias Araúxo é un escritor e profesor galego, formado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e catedrático de lingua e literatura galegas en Compostela. Destacou como articulista en A Nosa Terra e Tempos Novos, labor recoñecida co Premio Blanco Torres en 2004. Como narrador, iniciou a súa traxectoria en 1988 e publicou varias novelas e libros de relatos de notable acollida c...
José Luis Mascareñas 04.12.2025 5:58
José Luis Mascareñas, catedrático de Química Orgánica na USC, conta cunha ampla traxectoria internacional, máis de 250 publicacións, numerosas patentes e premios destacados como o Rei Jaume I (2025). Foi director do CiQUS, vicepresidente da RSEQ e presidente da Conferencia Bürgenstock. Na actualidade, lidera programas de investigación en catálise metálica e en química biomédica aplicada a procesos...
Entrevista a Xerardo Estévez e Alfonso Salgado 13.11.2025 20:16
Xerardo Estévez Fernández, alcalde de Santiago entre 1983 e 1998, foi un dos grandes impulsores da modernización urbanística e cultural da capital galega, combinando o respecto polo patrimonio coa transformación contemporánea. E Alfonso Salgado Suárez, tamén arquitecto e docente na Escola de Arquitectura da Coruña, é cofundador de Salgado e Liñares, estudo galardoado co Premio de Arquitectura Espa...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.