Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo importante que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Entrevista a Julián Casanova 31.10.2025 8:19
Julián Casanova é catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Zaragoza e profesor visitante na Central European University de Budapest. Especializado en historia social, guerras e ditaduras europeas, é autor de numerosas obras de referencia sobre o anarquismo, a Guerra Civil e o século XX, traducidas a varios idiomas. Foi profesor visitante en universidades de Europa, América e Prince...
Entrevista a Jacobo Porteiro 29.10.2025 14:47
Jacobo Porteiro Fresco (Vigo, 1976) é catedrático de Máquinas e Motores Térmicos na Universidade de Vigo e investigador principal do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas do CINTECX. A súa investigación aborda a combustión, a eficiencia enerxética, a modelización CFD e as enerxías renovables, con máis de 130 publicacións e 6.000 citas. Ademais de dirixir once teses doutorais, destaca pola súa labor de...
Entrevista a Carmen Ferreiro e Francisco Luengo 23.10.2025 12:12
A frautista Carmen Ferreiro e o violagambista e director Francisco Luengo, ambos da Coruña, comparten unha profunda vocación pola recuperación e interpretación da música antiga. Ferreiro, especializada en traverso barroco e colaboradora habitual de conxuntos como Capela Compostelana, combina unha sólida traxectoria internacional coa docencia no Conservatorio Profesional de Santiago. Luengo, fundad...
Entrevista a María Espada e Manuel Minguillón 21.10.2025 13:06
A soprano María Espada e o intérprete de corda pulsada Manuel Minguillón forman un dúo de referencia na interpretación da música antiga. Espada, voz habitual das principais salas e orquestras europeas, destaca pola súa elegancia e expresividade; Minguillón, formado con Hopkinson Smith e Paul O’Dette, é un dos grandes especialistas españois en instrumentos históricos. Xuntos colaboran en concertos...
Entrevista a Beatriz Cancela 16.10.2025 7:49
Beatriz Cancela Montes é doutora en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo e diplomada en Educación Musical pola USC. É profesora de Música no ensino público galego e compaxina a docencia coa investigación, centrada na música en Compostela no século XIX e nas bandas de música. Gañou o I Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán, obtivo un accésit na segunda edición e dend...
Nadia Vázquez 14.10.2025 7:07
Nadia Vázquez é intérprete de musette barroca e gaita galega. Formouse no Conservatorio da Guarda e no Superior de Vigo, ampliando estudos na LUCA School of Arts (Bélxica) con Jean-Pierre Van Hees. Participou con La Chapelle Harmonique na gravación de Les Paladins de Rameau e gañou o Premio Tremplin de Harmonia Sacra. Actúa en festivais europeos e conta con varios galardóns, como o 1º premio en Le...
Entrevista a Carmen Calvo 09.10.2025 8:17
Carmen Calvo Poyato é doutora e profesora titular de Dereito Constitucional na Universidade de Córdoba. Dende marzo de 2024 preside o Consello de Estado. Foi vicepresidenta primeira do Goberno, ministra de Presidencia e de Cultura, e conselleira de Cultura da Xunta de Andalucía. Destacada feminista, combina a docencia e a investigación cunha intensa actividade divulgadora e colaboración en medios...
Entrevista a Juan M. Monterroso 19.06.2025 9:30
Juan Manuel Monterroso Montero é catedrático de Historia da Arte na USC e coordina o grupo Iacobus, centrado na arte galega da Idade Moderna e no patrimonio cultural. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia e comisariou exposicións sobre Santiago, o Camiño e a arte galega. Tamén impartiu docencia e conferencias en múltiples países de Europa e América Latina.
Manuel Rodríguez 11.06.2025 8:06
Manuel Rodríguez López é arquitecto formado na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB) da Universidade Politécnica de Catalunya, e ampliou a súa formación na Universidade de Lund, en Suecia, a través dun programa de intercambio na LTH. En 2016 incorporouse ao estudio David Chipperfield Architects en Londres para liderar a posta en marcha da iniciativa Estudio Arousa, que en 20...
Entrevista a Manuel Bragado 29.05.2025 17:25
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é editor, mestre e activista cultural. Foi director de Edicións Xerais de Galicia durante 24 anos e actualmente é orientador escolar en Redondela. Preside a Fundación Luzes, participa en diversas entidades culturais e colabora en Faro de Vigo desde hai décadas. É tamén autor dun blog premiado, Brétemas, centrado na historia e memoria de Vigo. Ten dirixido nume...
Entrevista a Ismael Yrigoy 22.05.2025 18:51
Ismael Yrigoy Cadena é doutor en Xeografía e investigador Ramón y Cajal na USC, especializado en xeografía económica, urbana e do turismo. Desenvolveu a súa carreira investigadora en centros como Sciences Po, Lund e Uppsala, onde obtivo bolsas prestixiosas como a Wallanders e a Juan de la Cierva. A súa investigación céntrase no rendismo inmobiliario tras a crise de 2008 en España. Publicou en revi...
Entrevista a Malores Villanueva 15.05.2025 10:09
María Dolores Villanueva Gesteira é profesora, editora e crítica literaria. É licenciada en Filoloxía Galega e Filoloxía Románica pola USC e investigadora, especializada en sociolingüística e historia da lingua durante o franquismo. É autora de dous libros premiados e numerosos artigos. Tamén colaborou con entidades como a Fundación Penzol, o Consello Social da Lingua do Concello de Vigo e ProLing...
Entrevista a Miguel Anxo Seixas 24.04.2025 11:33
Miguel Anxo Seixas Seoane é Licenciado en Historia da Arte Moderna e Contemporánea pola USC e Doutor en Historia Contemporánea. Actualmente tamén é Presidente da Fundación Castelao e ten publicado obras centrándose na intelectualidade galega, defendendo en 2017 a súa tese de doutoramento titulada Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación . Hoxe falamos con el en...
Entrevista a Manuel Quintana Martelo 23.04.2025 10:36
Manuel Quintana Martelo é un pintor cunha longa traxectoria marcada pola experimentación artística e o compromiso co mundo da arte. Formouse en Barcelona e ampliou estudos en varias cidades europeas interesándose pola abtracción e a figuración. Regresou a Galicia nos anos 80 onde se integrou no panorama artístico. Hoxe falamos con el sobre a figura homenaxeada este ano polo Real Academia Galega de...
Entrevista a Manuel Freire 03.04.2025 18:57
Manuel Freire Rama é catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular, Licenciado en Química e con formación Científica e Investigadora adquirida na Sección de Química Orgánica do Consello Superior de Investigacións Científicas en Santiago de Compostela. Esta semana achegouse polos Luns do Ateneo para falarnos sobre a figura homenaxeada este ano pola Real Academia Galega de Ciencias, o científica ca...
Entrevista a Marcos Gallego, Sofía Rama e Felipe Guerra 27.03.2025 20:43
Esta semana tivo lugar no Ateneo unha mesa redonda coa participación de Marcos Gallego Fernández, cineasta; Sofía Rama Lorenzo, profesora do IES Félix Muriel de Rianxo; e Felipe Guerra, cineasta e formador, membro da asociación portuguesa AO NORTE de Viana do Castelo. Hoxe falamos con eles en Radio Ateneo Podcast.
Entrevista a Barahúnda 20.03.2025 23:07
Barahúnda é unha banda de folk fundada en Madrid en 1998, inspirada na música tradicional ibérica e as tres culturas. Actualmente integrada por Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro, contou con numerosos colaboradores ao longo da súa traxectoria, ofrecendo centos de concertos en Galicia, Asturias, Madrid e Lisboa. A súa discografía inclúe cinco álbums, sendo o máis recente Fremosas, Cantigas de A...
Entrevista a Encarna Otero 13.03.2025 12:47
Encarna Otero Cepeda, historiadora, escritora e referente do feminismo, é unha figura clave na historia contemporánea de Santiago. Destacou polo seu activismo a prol dos dereitos das mulleres, a súa traxectoria política e a súa contribución á investigación histórica. Actualmente, continúa promovendo a igualdade de xénero a través de publicacións, proxectos sociais e o seu programa en Radio Ateneo...
Entrevista a Manuel Manquiña 04.03.2025 14:04
Manuel Manquiña comezou a súa carreira nos anos 80 na Televisión de Galicia e en películas de directores como Antonio Blanco e Xavier Villaverde. Saltou á fama con Airbag (1997), conseguindo unha nominación ao Goya, e participou en máis de 30 películas, ademais de traballar en teatro, televisión e monólogos de humor. Tamén colaborou con Siniestro Total e interpreta a Martínez el Facha na canle de...
Entrevista a José María Prieto 20.02.2025 8:23
José María Prieto é licenciado e graduado en Medicina e Cirurxía pola USC e Doutor en Medicina pola mesma universidade. Especializouse en Neuroloxía e foi secretario da Comisión de Docencia do Hospital Clínico de Santiago. Tamén é Presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía e da Fundación Neurolóxica Compostelá. Hoxe falamos con el sobre unha das enfermidades neurolóxicas máis coñecidas e con mai...
Entrevista a Roberto G. Méndez 13.02.2025 10:20
Roberto G. Méndez é é escritor, xornalista e guionista de cine e televisión. Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid, realizou guións para unha boa cantidade de series da TVG dende 1995 como Pratos Combinados , Libro de Familia ou Matalobos , ademais do filme Doentes , sobre o que falaremos con el hoxe.
Entrevista a Xosé López 06.02.2025 6:45
Xosé López García foi decano da Facultade de Ciencias da Comunicación dende o ano 1997 ata o 2004. Alternou durante moito tempo a súa faeta de xornalista coa de docente, sendo ademais redactor durante vinte anos en medios de comunicación galegos como A nosa terra , El ideal gallego e La Voz de Galicia . Hoxe falamos con el para coñecer un pouco máis sobre a faceta xornalística dun dous autores mái...
Entrevista a Jorge Coira 04.02.2025 15:50
Jorge Coira é un director de cine que comezou a súa carreira coa rodaxe de curtametraxes amateur nos anos 80. Tralos seus comezos en 2004 estreou O ano da carracha , que deu comezo a unha carreira chea de títulos e recoñecementos nacionais e internacionais.
Entrevista a Francisco Díaz-Fierros 30.01.2025 11:02
Francisco Díaz-Fierros é doutor en Farmacia pola USC e catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola. Foi ademais vicepresidente do Consello da Cultura Galega e actual membro da Real Academia Galega. A súa produción científica ten ademais moita relación coa literatura, unha relación da que falaremos hoxe con el en Radio Ateneo Podcast.
Entrevista a Alfonso Pato 23.01.2025 10:42
Alfonso Pato é xestor cultural e xornalista, ademais de fundador e director do Festival de Cans, un festival de cinema creado na súa aldea natal e que hoxe ten xa máis de 20 anos de traxectoria. Coñecemos un pouco máis sobre este proxecto e sobre as súas experiencias falando con el en Radio Ateneo Podcast.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.