Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo importante que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Entrevista a Francisca Sauquillo 16.01.2025 13:31
Francisca Sauquillo é avogada, feminista, defensora dos Dereitos Humanos e fundadora da ONG Movemento pola Paz. Dedicou a súa vida á defensa de causas sociais, tendo recibido numerosos galardóns como os premios Muller Europea, Muller Progresista, Cooperación co Mundo Árabe, Silver Rosa ou Gran Cruz de Ouro da Solidariedade Social, entre outros. Hoxe falamos con ela sobre a paz e o papel de Europa.
Entrevista a Dolores Fernández Galiño 09.01.2025 10:21
María Dolores Fernández Galiño é licenciada en Dereito pola USC e Diplomada en Práctica Xurídica pola mesma universidade. Na súa carreira xudicial, estivo destinada, de 1990 a 1992, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Ponteareas. Posteriormente ascendeu a maxistrada e dende 2001 estivo destinada na Sección 2ª da Audiencia Provncial da Coruña. Agora ocupa tamén o posto de Valedor...
Entrevista a Marta Otero Mayán 07.01.2025 13:59
Marta Otero Mayán é graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, ademais de redactora da sección de local no diario La Opinión de A Coruña e especializada en xornalismo social e cultural. Este ano resultou gañadora do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti, organizado polo Ateneo de Santiago. Hoxe, conversamos con ela en Radio Ateneo Podcast para coñecer un pouco máis o...
Entrevista a Cristóbal Colón 02.01.2025 13:25
Cristóbal Colón Mejeras é doutor en Medicina pola USC, especialista en Neuroendocrinoloxía e Puericultura. É ademais autor de numerosos estudos e investigación sobre sobre o diagnóstico de enfermedades conxénitas e tamén actualmente responsable do cribado neonatal en Galicia. Hoxe falamos con el en Radio Ateneo Podcast sobre a vangarda do cribado neonatal en Galicia.
Entrevista a Miguel Otero 30.12.2024 11:07
Miguel Otero Iglesias é investigador principal do Real Instituto Elcano e profesor do IE School of Global and Public Affairs, ademais de investigador asociado no Instituto para a Unión Europea e Asia na School of Management de París. As súas áreas de investigación están centradas na economía política internacional. Hoxe falamos con el en Radio Ateneo Podcast sobre a potencia de China e o seu papel...
Entrevista a María del Carmen Sánchez Carreira 26.12.2024 13:20
María del Carmen Sánchez Carreira é Doutora en Economía e Profesora Titular de Economía Aplicada da USC. Está especializada en políticas de Innovación e Desenvolvemento Rexional e políticas rexionais e avaliación de políticas públicas, con especial atención á compra pública de innovación e á avaliación do seu impacto. Hoxe falamos con ela en Radio Ateneo Podcast.
Entrevista a Antón Losada 19.12.2024 16:32
Antón Losada é Doutor europeo en Dereito pola USC, ademais de Profesor Titular de Ciencia Política na mesma universidade dende 1998. É autor de obras como Piratas de lo público , Los ricos vamos ganando ou Código Mariano . Ademais, é comentarista e analista na Cadena Ser e na revista Luzes e participou en parladoiros radiofónicos e escribiu artigos en numerosos medios. Hoxe falamos con el en Radi...
Entrevista a Fernando López Alsina 12.12.2024 13:07
Fernando López Alsina é especialista en Historia Medieval e, máis concretamente na historia urbana, investigando dende cidades como Mondoñedo, Viveiro ou Ribadeo, así como todo o relacionado co Camiño e a peregrinación. Hoxe falamos con el sobre a presenza dos normandos en Galicia.
Entrevista a Pablo Ramil Rego 05.12.2024 10:32
Pablo Ramil Rego é profesor de Botánica da USC no Campus de Lugo e foi vicerreitor de Investigación neste campus, desenvolvendo na actualidade o posto de Director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. A súa investigación céntrase nas liñas da paleoecoloxía e a biodiversidade. Hoxe falamos con el en Radio Ateneo Podcast sobre o impacto da enerxía eólica.
Entrevista a Ángel Rebolledo 28.11.2024 14:17
Ángel Luis Rebolledo Varela é licenciado e Doutor en Dereito pola USC, ademais de profesor titular desta universidade dende 1984, ademais de Catedrático de Dereito Civil dende 1989. Durante moitos anos compatibilizou a actividade de dereito académica coa de avogado nos Colexios de Compostela, Vigo, A Coruña, Ourense e Madrid.
Entrevista a Francisco Javier Sardina 21.11.2024 11:43
Francisco Javier Sardina é Catedrático de Química Orgánica da USC. A súa investigación básica encádrase nos campos de Síntese Orgánica e Química Orgánica Física, que deron lugar a máis de 60 publicación e 19 teses de doutoramento. En 2004 funda Mestrelab Research, unha empresa dedicada ao desenvolvemento de sofware científico.
Entrevista a Pablo Seoane a Pablo Rega 14.11.2024 11:16
Para finalizar o ciclo de entrevistas do Ateneo Barroco, temos o pracer de conversar con Pablo Seoane e Pablo Rega, dous músicos galegos cunha sólida traxectoria no ámbito da improvisación. Pablo Seoane, pianista e filósofo, é coñecido polo seu traballo en música contemporánea e jazz, así como pola súa produción literaria sobre estética e filosofía da música. Pablo Rega, artista sonoro e músico ex...
Entrevista a Fernando Santiago 06.11.2024 10:48
Fernando Santiago é un violonchelista natural de Bueu, que cursou os seus estudos no Real Conservatorio da Haia, nos Países Baixos, e na Universidade das Artes de Tokio. Ten ademais colaborado con grandes músicos e ofrecido concertos en moitos países arredor do mundo. Ademais foi profesor de violonchelo barroco e impartiu claes maxistrais nos conservatorios superior da Coruña e profesional de Sant...
Entrevista a Julieta Viñas e Paula Brieva 31.10.2024 10:47
Julieta Viñas, soprano de canto histórico, e Paula Brieva, corda pulsada, forman o conxunto Dolce Rima. Son dúas valencias que se xuntaron na cidade de Sevilla atraídas pola axitación da cidade capital da música antiga. Actualmente, este grupo, formado polas dúas artistas, é de formación variable, con asiduos colaboradores segundo os distintos programas. Hoxe escoitámolas en Radio Ateneo Podcast.
Entrevista a Adrián Linares 24.10.2024 7:57
Adrián Linares é violín solista da Orquestra Sinfónica de Galicia, ademais de concertino da Orquestra Barroca de Tenerife e director de El Afecto Ilustrado, que actuou o pasado 15 de outubro no festival Ateneo Barroco. Linares iniciou os seus estudos en Tenerife, puidendo acceder posteriormente ao Conservatorium van Amsterdan, onde cursou estudos superiores. Posteriormente, a través dunha bolsa do...
Entrevista a Montserrat Capelán 17.10.2024 10:11
Montserrat Capelán é profesora da USC e coordinadora do grupo de investigación Organistrum. É tamén especialista es música americana, galega e da emigración, temas sobre os que ten escritos varios volumes colectivos e numerosos artigos e textos.
Entrevista a Carlos Taibo 10.10.2024 10:26
Carlos Taibo foi profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid durante trinta anos e é autor de diversos libros centrados na crise ecolóxica, o decrecemento e a teoría do colapso. Algúns dos seus títulos máis destacados inclúen En defensa del decrecimiento (2009), Colapso (2016), Ante el colapso (2019) e Breviario de ecología libertaria (2024).
Entrevista a Xavier Coller 03.10.2024 12:33
Xavier Coller é catedrático de Ciencia Política na UNED e de Socioloxía na UPO, con experiencia docente en universidades de Europa e EE.UU. e máis de cen publicacións. Esta tarde presentará o seu libro La teatralización de la política en España no Ateneo de Santiago, pero agora é o momento de falar con el sobre a obra en Radio Ateneo Podcast.
Entrevista a Elena Gallego 27.06.2024 12:51
Elena Gallego Abad é escritora, xornalista e autora da novela O legado da nena do Sal, que conta a historia vivida por Camiña de Colosía, a nai da autora, cando nos anos 30 quedou orfa e foi acollida por unha familia de Viveiro, un relato de supervivencia e que reflicte os duros anos da España de posguerra.
Entrevista a Gonzalo Navaza 13.06.2024 14:54
Gonzalo Navaza Blanco é escritor e filólogo, ademais de profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, así como estudoso e investigador no eido da onomástica. Hoxe falaremos con el en Radio Ateneo Podcast sobre toponimia galega, ámbito no que realizou recollida de campo e corrección dos mapas do Instituto Xeográfico Nacional para as provincias de Pontevedra e Ourense.
Entrevista a Carmen Villanueva 06.06.2024 9:55
Hoxe falamos con Carmen Villanueva Pérez, licenciada en Química pola Universidade de Santiago e Doutora en Física Aplicada pola Universidade de Vigo. Foi profesora de Ensino Secundario e autora dunha tese de doutoramento sobre a figura de José Rodríguez González, matemático e astrónomo galego da Ilustración. Na entrevista de hoxe, discutiremos os aspectos máis destacados da vida e obra de José Rod...
Entrevista a Carlos García Vázquez 29.05.2024 9:56
Hoxe en Radio Ateneo falamos con Carlos García Vázquez, Doutor Arquitecto e Catedrático de Composición Arquitectónica na Universidade de Sevilla, onde tamén é profesor do máster en Ciudad y Arquitectura Sostenibles. Nesta entrevista, trataremos a súa visión sobre a renaturalización de espazos e o decrecemento urbano.
Entrevista a Emilio Fernández Suárez 23.05.2024 8:05
Hoxe falaremos co profesor Emilio Fernández Suárez, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, recoñecido investigador no campo da oceanografía biolóxica e os ecosistemas litorais. Nesta entrevista, falaremos sobre a súa próxima conferencia no Ateneo de Santiago titulada "O desafío dunha crise ambiental acelerada e global". Analizaremos con el a evolución das emisións de gases de efecto inve...
Entrevista a Xosé María Álvarez Cáccamo 15.05.2024 6:38
Xosé María Álvarez Cáccamo é licenciado en Filoloxía Románica na USC e profesor de ensino secundario dende 1973. É ademais autor de poesía, relatos breves, teatro e literatura infanfil. Hoxe falamos con el en Radio Ateneo Podcast sobre a figura homenaxeada este ano 2024 nas Letras Galegas: a escritora coruñesa Luísa Villalta Gómez, a quen coñeceu e sobre a que investigou.
Entrevista a Francisco Candela e Xosé Santos Solla 09.05.2024 17:02
Xosé Santos Solla é licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Xeografía pola USC. As súas liñas de investigación céntranse no turismo e na xeografía do turismo. Francisco Candela Castrillo é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Barcelona e membro do colexio e economistas de Galicia. Foi ademais Director Xeral de Política Turística do Ministerio de Transportes,...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.