Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo importante que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Entrevista a Arantxa Aguirre 02.05.2024 10:58
Arantxa Aguirre Carballeira é Doutora en Literatura española e autora dos libros Buñuel, lector de Galdós (Premio de Investigación Pérez Galdós 2003) e Treinta y cuatro actores hablan de su oficio (Ed. Cátedra, 2008), secuela do seu documental Hécuba. Un sueño de pasión , nomeado ao Goya ao Mellor Documental en 2007. Empezou a súa carreira no cine traballando nos equipos de dirección de Mario...
Entrevista a Ramón Villares 25.04.2024 11:08
Ramón Villares é catedrático en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago. Foi ademais decano da Facultade de Xeografía e Historia, presidente do Consello da Cultura Galega e é membro numerario da RAG. Ademais, pertenece a padroados de centros e fundacións como o Museo do Pobo Galego ou a Fundación Juana de Vega. Hoxe entrevistámolo en Radio Ateneo Podcast co gallo do 50 a niversario da R...
Entrevista a Ignacio Molina 18.04.2024 15:52
Ignacio Molina é investigador principal do Real Instituto Elcano e profesor no Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais da Universidade Autónoma de Madrid. Foi ademais colaborador como experto para o Parlamento Europeo, a Comisión Europea, o goberno dos Países Baixos, o Consello do Estado ou o Ministerio de Asuntos Exteriores, sendo as súas principais áreas de investigación o es...
Entrevista a Xesús Fernández, Antía Cores e Juan Antonio Castro 21.03.2024 11:23
Os profesores Xesús Fernández Sulleiro, Antía Cores Torres e Juan Antonio Castro Maril falan sobre o papel que desempeña o profesor na actualidade.
Entrevista a António Nóvoa 14.03.2024 10:18
António Manuel Seixas Sampaio da Nóvoa é Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Xenebra e Doutor en Historia Moderna e Contemporánea pola Sorbona de París. É tamén especialista en Historia da Educación, Educación Comparada e Formación do profesorado. Na actualidade é Catedrático no Instituto de Educación da Universidade de Lisboa, da que foi Reitor de 2006 a 2013.
Entrevista a Aldara Cirás 29.02.2024 6:04
Aldara Cidrás Fuentes é doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, onde exerceu como investigadora e docente nos últimos anos. No derradeiro semestre de 2019 foi convidada como investigadora visitante na Universidade de Princeton en Estados Unidos e ao longo do 2023 foi investigadora residente no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, onde puido co...
Entrevista a Xurxo Salgado e Caetano Díaz 22.02.2024 11:21
Entrevista sobre os resultados das eleccións á Xunta de Galicia do ano 2024 cos xornalistas Xurxo Salgado e Caetano Díaz. Xurxo Salgado estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente é director do xornal Galicia Confidencial. Caetano Díaz formouse na Universidade Complutense de Madrid e en 1981 entrou a traballar en La Voz de Galicia, levando a información da 1ª Xunta n...
Entrevista a Iria Aldegunde 15.02.2024 5:18
Iria Aldegunde (2000) naceu en Santiago de Compostela onde se graduou en Filoloxía Inglesa pola USC, estudos que foron complementados cunha formación en banda deseñada na escola profesional O Garaxe Hermético.
Entrevista a Juan Lema 08.02.2024 6:39
Juan M. Lema Rodicio, é Catedrático Emérito de Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela (USC), coordinador científico de CRETUS e Presidente da Real Academia Galega de Ciencias.
Entrevista a Xaime Toxo 06.02.2024 14:52
Xaime Toxo é un escritor galego, mestre e pedagogo. É especialista en atención escolar á rapazada con discapacidade visual e fundador da Asociación Bidueiro de Bueu, ademais de presidente do Ateneo de Pontevedra. É tamén autor en narrativa e poesía e vén de publicar en 2023 a novela 70 graos norte.
Entrevista a Gumersindo Feijoo 25.01.2024 6:39
Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñería Química dende 2008, actualmente é Vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación na USC. Desenvolve a súa actividade de investigación no Centro Singular CRETUS, no marco do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (que actualmente coordina) na Escola Técnica Superior de Enxeñería.
Entrevista a Antonio Rial Boubeta 24.01.2024 12:40
Antonio Rial Boubeta é doutor en psicoloxía social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, así como autor de máis de 140 artigos en revistas científicas de impacto internacional. É, tamén, membro do alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso.
Entrevista a Fernando Valladares 11.01.2024 9:31
Fernando Valladares é profesor de investigación no Museo Nacional de Ciencias Naturais do CSIC, ademais de profesor de Ecoloxía na Universidade Rey Juan Carlos. É autor de máis de 300 artigos sobre adaptación de plantas e ecosistemas ao cambio global e foi galardoado co Premio Rey Jaime I de protección do medio ambiente.
Entrevista Lois Orosa 09.01.2024 8:58
Lois Orosa Nogueira é enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e Doutor en Arquitectura e Tecnoloxía de computadores. Conta cunha amplia experiencia investigadora internacional e traballou para empresas como Recore Systems (Países Baixos) ou a Universidade de Illinois en Urbana-Champaign (EEUU)
Entrevista a Víctor Pedreira 14.12.2023 14:16
Víctor Pedreira Crespo foi xefe do servizo de psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra ata o ano 2015, así como director médico do Hospital Psiquiátrico do Rebullón e dos servizos da saúde mental de Pontevedra.
Entrevista a Ramón Máiz 12.12.2023 9:00
Ramón Máiz é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1975) e doutor pola mesma universidade (1982), ademais de catedrático en Ciencias Políticas e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas, onde foi decano entre 1989 e 1996.
Entrevista a Pedro Rodríguez Villar 07.12.2023 8:56
Pedro Rodríguez Villar é graduado en Xornalismo e máster en Guión de Cinema e Televisión. Traballou para a Asociación Érguete, ademais de en medios como La Voz de Galicia, no que publicou o traballo "Crecen las adicciones", que lle fixo gañar o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2023.
Entrevista a Luiz Ruffato 05.12.2023 14:08
Luiz Ruffato é un escritor e xornalista brasileiro proveniente dunha familia de inmigrantes italianos e autor de obras como Eles eram muitos cavalos , O inferno provisório ou De mim já nem se lembra . É ademais gañador de numerosos premios e recoñecementos, como o Premio ao Escritor Galego Universal da AELG.
Entrevista a Baldur Brönnimann 30.11.2023 5:11
Baldur Brönnimann é director musical e artístico da Real Filharmonía de Galicia. Tamén participicou como director en orquestras de renome como a Sinfónica Nacional de Colombia, en Bogotá, ou a Orquestra Sinfónica de Basilea.
Entrevista a Josep Ramoneda 28.11.2023 15:31
Josep Ramoneda é un xornalista, filósofo e escritor español. Foi director do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona e director do Instituo de Humanidades, entre outros. Ademais de colaborar en La Vanguardia, El Pais y Cadena Ser, é director da revista la Maleta de Portbou.
Entrevista a Antonio Gómez Caamaño 23.11.2023 12:47
Antonio Gómez Caamaño es el jefe de Servicio de Oncología Radioterápica del Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela y profesor asociado en Ciencias de la Salud en la Universidad de Santiago de Compostela. Es miembro del Grupo de Imagen Molecular asociado al Área de Oncología (IDIS) y del Grupo de Imagen Molecular in vivo (GI-2133) de la Universidad de Santiago de Compostela.
Entrevista a Concha Losada 16.11.2023 8:01
Concha Losada Vázquez, natural de Ourense, é licenciada e doutora en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende os anos 90 mantivo distintas actividades asociativas e culturais sempre en relación coa cultura galega.
Entrevista a Borja de Riquer 09.11.2023 12:04
Borja de Riquer é un historiador catalán, especializado, entre outras, na figura de Francesc Cambó, un político catalán firme defensor da intervención do catalanismo na política española
Entrevista a Vanesa Muela e Manuel Vilas 02.11.2023 10:51
Vanesa Muela e Manuel Vilas son dous intérpretes especializados no xénero da música antiga. Uníronse no Ateneo Barroco para presentar un novo proxecto de difusión da música hispana e dunha figura moi concreta: as mulleres do Século de Ouro.
Entrevista a Massimo Espadano 26.10.2023 11:22
Massimo Spadano é un destacado membro fundador das orquestras Camerata Anxatum en Italia e Camerata Bocerini en España. Dende 1984 ocupou o posto de concertino na Osquestra Sinfónica de Galicia e dende 1995 é o director artístico da Orquetras de Cámara da Sinfónica de Galicia.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.