Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo importante que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Entrevista a Sara Ruiz 19.10.2023 14:02
Hoxe entrevistamos a Sara Ruiz, intérprete de viola da gamba que actuouno no festiva Ateneo Barroco e ten unha longa traxectoria acompañada do seu intrumento.
Andrés Alberto Gómez 12.10.2023 14:00
Andrés Alberto Gómez é clavecista e fundador do conxunto La Reverencia, con actuación por todo o territorio europeo. Rematou os seus estudos no Real Conservatorio de Haia e na Escola Superior de Música de Catalunya. Realizou ademais gravacións para multitude de radios e selos europeos e colabora habitualmente con moitos grupos.
Entrevista a Francisco Michavila 05.10.2023 11:16
Francisco Michavila é enxeñeiro de Minas pola UPM e diplamado en enexaría nuclear polo Instituto de Estudos Nucleares da Junta de Energía Nuclear. Cursou diversos estudos en Matemática aplicada na Sorbona e doutorouse con premio extraordinario na UPM. Foi ademais reitor da Universidade Jaume I de Castellón e posteriormente Secretario xeral do Consello de Universidades.
Entrevista Sue Camaño e Henrique Alvarellos 21.09.2023 17:58
Hoxe entrevistamos a Sue Camaño, licenciada en Filoloxía Hispánica e profesora de ensino secundario de Lingua e Literatura, e gañadora do Premio de Poesía do Concello de Vilalba. Estará acompañada de Henrique Alvarellos, editor da súa obra As feridas dun amor efémero, e director da Editorial Alvarellos.
Entrevista a Ana López-Suevos 22.06.2023 6:45
Hoxe en Radio Ateneo contamos coa Maxistrada Ana López-Suevos , con quen falaremos sobre a preocupante problemática da delincuencia sexual en España.
Entrevista a Ana Miranda 15.06.2023 11:16
Hoxe en Radio Ateneo atopámonos con Ana Miranda , deputada do BNG no Parlamento Europeo, pola coalición Agora Repúblicas, con quen falaremos sobre as políticas europeas, sobre o impacto de que un bloque nacionalista teña representación en Europa e sobre as eleccións.
Entrevista a Ignacio Cerrada e Lucía Cerrada 01.06.2023 12:12
Hoxe en Radio Ateneo contamos cos arquitectos Ignacio Cerrada e Lucía Cerrada , que nos darán a súa visión sobre o urbanismo e a gobernanza da área metropolitana de Santiago de Compostela, e sobre os retos de movilidade e medioambientais que terán que ser levados a cabo na cidade. Ademais tamén nos aportarán a súa perspectiva sobre o incerto futuro do rural galego.
Entrevista a Roxelio Pérez Moreira 25.05.2023 17:03
Hoxe atopámonos con Roxelio Pérez Moreira , Doutor en Ciencias Biolóxicas e ecoloxista, con quen falaremos sobre a evolución da paisaxe na arte pictórica.
Entrevista a José Benito Quintana 11.05.2023 5:55
Hoxe en Radio Ateneo atopámonos con José Benito Quintana , Profesor de Química Analítica da USC, con quen falaremos sobre augas residuais e o seu uso para detectar enfermidades e o consumo de certas drogas.
Entrevista a Xurxo Lobato 05.05.2023 12:27
Hoxe en Radio Ateneo atopámonos con Xurxo Lobato , aclamado fotoxornalista, membro da Real Academia Galega de Belas Artes, fotógrafo colaborador de El País, e autor de diversas obras, coma Rostros da memoria. Ferrol 1972, libro do que falaremos hoxe.
Entrevista a Dolores Vilavedra 20.04.2023 12:21
Hoxe en Radio Ateneo contamos con Dolores Vilavedra, Profesora de Literatura Galega da USC, e gran coñecedora da vida e obra de Neira Vilas, que nos aportará a súa perspectiva sobre a actualidade da literatura galega.
Entrevista a Ofelia Rey 06.04.2023 10:45
Ofelia Rey Castelao é Catedrática de Historia Moderna na USC dende 2002. Nesta universidade licenciouse (1978) e doutorouse (1984), nos dous casos con premio extraordinario. Suma 18 libros como autora, dez como coautora e máis de trescentas publicacións en oito países europeos e en México, Argentina, Brasil ou Chile. Como recoñecemento á súa traxectoria, en 2011 foille concedido o premio Wonemburg...
Entrevista a Juan Viaño 30.03.2023 6:51
Juan Viaño Rey é Licenciado en Matemáticas pola USC. Presidiu a Comisión de Posta en Marcha do Instituto Español de Matemáticas (IEMath) e foi co-promotor tanto da súa sede galega (IEMath-Galicia) como do consorcio das 3 universidades galegas, o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). Tamén foi o responsable da organización en Santiago de Compostela do Encontro das Sociedades Lati...
Entrevista a Camino Pereiro, Manuel Losada e Ramón Veiga 23.03.2023 9:02
Camino Pereiro é Directora do CPI Virxe da Cela de Monfero, Manuel Losada o Director do CFR de Ferrol e Ramón Veiga é Director do IES Félix Muriel de Rianxo. Hoxe falamos con eles sobre as múltiples experiencias e realidades educativas, nalgúns casos moi diferentes das que estamos acostumados a vivir na nosa contorna. Poderemos comprobar que aínda que os camiños sexan distintos, a educación é semp...
Entrevista a Daniel Maciel 16.03.2023 11:15
Daniel Maciel, Doutor en Antropoloxía pola Faculdade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, é Secretario de AO NORTE, unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á produción e a divulgación audiovisual, fundamentalmente nas áreas de cooperación para o desenvolvemento do ensino, educación e cultura. Tamén é coordinador da Conferência Internacional de Cinema de Viana (Encontros...
Entrevista a Carlos Villanueva 02.03.2023 6:53
Carlos Villanueva Abelairas, un dos maiores expertos en música medieval, é profesor visitante da Universidade de Pennsylvania e asesor da Universidade Católica de Porto, así como profesor habitual de terceiro ciclo nas universidades de Oviedo, Granada, Autónoma de Barcelona e UNAM (México). Foi fundador e director do grupo In Itinere da USC, co que gravou unha ducia de CDs con repertorio medieval,...
Entrevista a Miguel Vázquez 09.02.2023 4:13
Miguel Vázquez, membro da Academia Internacional de Cerámica de Xenebra dende o ano 2000, foi Profesor no Obradoiro de Cerámica da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, dende 1986 a 2022. Estudou na Escola Mestre Mateo en Santiago de Compostela, cidade onde tamén realizou unha das súas primeiras exposicións na Galería Sargadelos en 1987. As exposicións individuais sucedéronse sen descanso e...
Entrevista a Aida Pena 02.02.2023 5:52
Aida Pena Meis, periodista, desenvolveu a maior parte da súa carreira na radio, en concreto na Cadena SER. Ademais da dirección de informativos, presentou os espazos La ventana de Galicia e Hora 14 Galicia, onde realizaba unha entrevista semanal a algún personaxe destacado. Xubilouse a finais de 2022 do seu posto na SER, logo de 40 anos de profesión, 32 deles nesta emisora en Galicia. Hoxe falamos...
Entrevista a Raimundo Mateos 26.01.2023 8:42
Raimundo Mateos Álvarez é Psiquiatra, Psicoterapeuta de grupo pola FEAP e Profesor Titular de Psiquiatría na USC, con praza asistencial vinculada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ademais, lidera dende hai trinta anos a Unidade de Psicoxeriatría de Santiago de Compostela. Como académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, a súa liña de investigación é a Epidemiolo...
Entrevista Rubén Ventureira 19.01.2023 5:38
Rubén Ventureira, Máster en Xornalismo e xestor cultural, é autor dos libros Picasso Azul y Blanco. A Coruña: el nacimiento de un pintor (2014) e Picasso, Ramón Pérez Costais y el Colegio de Médicos de A Coruña (2019). Ademais, publicou diversos artigos sobre Picasso en varios catálogos. En 2023 será comisario da exposición Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, no Museo de Belas Arte...
Entrevista a Amparo Alonso 12.01.2023 12:13
Amparo Alonso Betanzos é Catedrática na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na UDC. Licenciada en Químicas e Doutora en Físicas pola USC, foi Posdoutoral Fellow no Medical College de Georgia (EEUU), onde traballou en temas relacionados co desenvolvemento de Sistemas expertos para aplicacións médicas. Así mesmo, foi tamén Presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artif...
Entrevista Nuria López Presedo 10.01.2023 8:13
Núria López Presdo é xornalista da Radio Galega e vén de gañan o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti polo seu podcast “Historias dun país en guerra”. Durante 35 episodios, Nuria recolle testemuñas reais de distintas vítimas da guerra de Ucraína, a través dos relatos de residentes do país e de persoas que fuxiron ou teñen familia nel.
Entrevista a Luis e Alejandro Paadín 22.12.2022 4:25
Luis e Alejandro Paadín, ademais de pan e fillo, son expertos en viño e autores da «Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia», un proxecto que chega este ano a súa duodécima edición. Hoxe falamos con eles para coñecer máis sobre o viño de Galicia, a súa tradición e perspectivas de futuro.
Entrevista a Helena Villar Janeiro 06.12.2022 11:30
Helena Villar Janeiro é membro correspondente da Real Academia Galega e autora de poesía, ensaio e narrativa. Vén de celebrar os seus 50 anos como poetisa, publicando unha escolma titulada 'De rosa antiga'.
Entrevista a Luis Rodríguez Ennes 01.12.2022 16:03
Luis Rodríguez Ennes, Doutor en Dereito co número un do premio extraordinario pola USC, exerceu nesta Universidade os cargos de vicedecano da Facultade de Dereito, secretario xeral e vicepresidente do Claustro Universitario. Na Universidade de Vigo, exerceu como vicepresidente do Claustro Universitario Constituínte, asesor xurídico e decano da Facultade de Dereito. Foi membro do consello reitor da...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.