Radio Ateneo

Entrevistas Radio Ateneo

Society GL ↓ 203 episodes

Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo importante que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.

Author

Radio Ateneo

Category

Society

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Jun 25, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Entrevista a Marilar Aleixandre 29.11.2022

Marilar Aleixandre é poeta, narradora, tradutora e bióloga. Vén de acadar o Premio Nacional de Narrativa pola súa obra As malas mulleres, publicada no 2020, unha obra moi conectada cunha recén editada e escrita por ela xunto coa poeta Emma Pedreira: Juana de Vega: A muller que desafiou o seu tempo.

Entrevista a Marisa Pérez del Molino 24.11.2022

Marisa Pérez del Molino, Doutora en Farmacia, é especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía. Ademais de ser xefa deste servizo no EOXI de Santiago dende 2016, é tamén investigadora principal neste campo nun grupo do Instituto de Investigación Sanitario de Santiago (IDIS). Foi responsable do Laboratorio de Referencia de Micobacterias de Galicia entre 1998 e 2020 e Facultativo Especialista da Área...

Entrevista a Miguel Martorell 17.11.2022

Miguel Martorell é Catedrático de Historia Política e Social no departamento de Historia Social da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED. Ao longo da súa carreira, levou simultaneamente investigacións sobre historia económica, historia política e historia cultural. É autor de múltiples libros e artigos académicos en revistas especializadas. Hoxe falamos da súa obra “ O expolio nazi”...

Entrevista a Ángel de la Cruz e Paula Chaves 15.11.2022

Hoxe conversamos con Ángel de la Cruz e con Paula Chaves. Ángel é director e guionista do filme O home e o can, un filme rodado na provincia de Ourense e que resultou gañador do premio da crítica no festival de cine de Madrid. E Paula é actriz desta historia, na que debutou como actriz de cinema e como protagonista, acompañando ao actor Manuel Manquiña.

Entrevista a José Tubío 10.11.2022

José Manuel Castro Tubío é Premio Nacional de Investigación en Cancro e Director do Grupo Xenomas e Enfermidade no Centro de Investigación en Medicina Molecular da Universidade de Santiago. Durante os últimos 10 anos leva realizando a súa investigación na vangarda da xenómica do cancro, participando nalgúns dos avances máis importantes neste campo.

Ramón Balado 03.11.2022

Ramón Balado é un musicólogo e un grande namorado da música que leva máis de vintecinco anos seguindo a vida musical en Santiago. Empezou a súa carreira por pura afición e non toca ningún instumento, aínda que segue cada concerto que ten lugar en Compostela. Leva publicados máis de cinco mil artigos, destacando as súas crónicas en El Correo Gallego, que nunca deixou de publicar. Hoxe en Radio Aten...

Entrevista a Manuel Vilas 20.10.2022

Manuel Vilas é un dos principais intérpretes das arpas históricas e do seu impulso na Península Ibérica. Durante décadas, destacou pola súa infatigable labor investigadora e dedagóxica. Foi ademais director e intérprete de arpa no primeiro concerto desta edición do Festival Ateneo Barroco, xunto co grupo Qvinta Essençia e a soprano Roberta Invernizzi.

Entrevista a Ricardo Beiras 19.10.2022

Ricardo Beiras é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago e doutor en acuicultura no Instituto Español de Oceanografía. Foi director de ECIMAT, a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, da Universidade de Vigo. Ademais é un experto en contaminación mariña, tendo dirixido 11 teses de doutoramento e 27 proxectos de investigación neste eido.

Entrevista a Pilar Serrano 13.10.2022

Pilar Serrano Betored é doutora en Musicoloxía pola Universidad Complutense de Madrid. Actualmente exerce como profesora e investigadora no Departamento Interfacultativo de Música da Universidade Autónoma de Madrid. A súa principal liña de investigación é a perspectiva de xénero na educación musical española.

Entrevista a Xabier Lavandeira 06.10.2022

Xavier Labandeira Villot é catedrático de economía da Universidade de Vigo e investigador especializado no cambio climático. Sobre esta temática ten publicado numerosos artigos en revistas líderes mundiais como Energy Economics ou Climate Research. En 2009 foi convidado a participar como membro do Grupo Intergobernamental sobre o cambio climático da ONU.

Entrevista a Carlos de la Torre 30.06.2022

O triunfo de Donald Trump, un político xenófobo e racista, Maduro e a súa ditadura en Venezuela ou Correa en Ecuador son exemplos de populistas que chegan ao poder. E para falar precisamente de populismo, ou populismos en plural, coma el di, falamos hoxe en Radio Ateneo Podcast con Carlos de la Torre. Doutor en socioloxía, que estudou durante anos os populismos en América Latina.

Entrevista a Vero Rilo e Sonsoles Penadique 23.06.2022

Vero Rilo é unha educadora conta contos. Na aula, pero tamén fora dela, porque co conto pódese chegar a todo. Esta semana actuou nas festas de San Pedro de Santiago e no Colexio de Vite. Xunto a acordeonista Sonsoles Penadique forman o grupo teatral Rilo & Penadique. Unha compañía humilde, formada por casualidade, e que produce as súas obras. Dúas mozas con moito feeling no escenario que lles perm...

Entrevista a Andrés Rubio 16.06.2022

Hoxe, en Radio Ateneo Podcast, falamos dun fenómeno moi coñecido, o feísmo. E, mais concretamente no noso país, en España. Entrevistamos ao autor do libro España Fea, Andrés Rubio. Xornalista e escritor, durante 20 anos dirixiu a sección de viaxes do diario El País. No libro, Rubio analiza as barbaridades urbanísticas cometidas dende o final da ditadura franquista ata hoxe.

Entrevista a Xesús Rábade 13.06.2022

Xesús Rábade Paredes nace en Seixas, parroquia do concello de Cospeito, na Terra Chá luguesa. Estudou Letras na Universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Ademais de todo isto é poeta, narrador e estudoso da lingua, recibindo numerosos premios polas súas publicacións, como o Premio Galicia, o Premio Esquío ou o Premio Blanco Amor de novela longa. Vén de publicar, da man de...

Entrevista a Fernando Suárez Lorenzo 02.06.2022

Co comezo da pandemia, toda a vida se trasladou a internet: os estudos, o traballo, a cultura, o ocio, ... Isto supuxo que moitos datos sensibles circularan a través da rede, aumentando as prácticas fraudulentas. Sen ir máis lonxe, estes días acaba de saberse que o 89% das plataformas usadas para a educación a distancia durante os meses de pandemia, catro delas avaladas por distintas Administració...

Entrevista a Antonio Míguez 30.05.2022

Antonio Míguez Macho é un historiador compostelán e profesor de Historia contemporánea na USC. Doutorouse en 2006 coa tese titulada “La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936)”. Agora vén de publicar unha obra titulada “1936. Un nuevo relato”, en conxunto co profesor Lourenzo Fernández e a profesora Dolores Vilavedra. Nesta ob...

Entrevista a Ricardo Gurriarán 16.05.2022

Hoxe temos con nos enRadio Ateneo Podcast ao primeiro biógrafo de Florencio Delgado Gurriarán, ao que se lle dedican este ano as letras galegas. Ricardo Gurriarán pensaba que Florencio non existía, polas cartas que lle lía o seu pai, e cando o veu por primeira vez en persoa, decatouse de que era un home real. Historiador de profesión, a súa paixón pola vida de Florencio levouno a redactar a primei...

Entrevista a Antía Pérez Caramés e Isidro Dubert 02.05.2022

¿É máis fácil ser migrante home ou muller? ¿Que ocorrerá cos migrantes ucraínos? Estas e outras preguntas imos tentar de respondelas en Radio Ateneo Podcast. Hoxe falamos con Isidro Dubert e Antía Pérez Caramés. Dubert é catedrático de historia moderna na Universidade de Santiago e estudoso do envellecemento en Galicia e os movementos migratorios campo-cidade. Pérez Caramés é doutora en socioloxía...

Entrevista a Miguel Vázquez Freire 28.04.2022

Miguel Vázquez Freire é profesor de filosofía no ensino medio e doutor en letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende a educación, pasando polo cine e a escritura son moitas as facetas da súa vida, e imos tratar de descubrilas todas en Radio Ateneo Podcast.

Entrevista a Javier Pérez Buján 07.04.2022

Programador e productor nos 90, e filósofo de profesión, Javier Pérez Buján é un home polifacético; é o director da fundación Laxeiro, na que entrou por oposición no ano 2001, cargo no que continúa hoxe.

Entrevista a Ton Risco 04.04.2022

Ton Risco é un músico galego formado en percusión clásica en Galicia, Países Baixos e Nova York. No mundo do jazz está especializado en percusión, utilizando un instrumento suave e melódico, ademais de pouco particular: o vibráfono.

Entrevista a Luis Enjuanes 31.03.2022

Luis Enjuanes é Xefe do Laboratorio de Coronavirus do CNB-CSIC, está especializado no campo da viroloxía no que leva traballando máis de 40 anos, incluíndo máis de 35 en coronavirus.

Suso de Toro 28.03.2022

Suso de Toro é un escritor compostelán, licenciado en Arte Moderna e Contemporánea, coñecido por obras como Polaroid, Land Rover, Tic-tac, Trece badaladas e, máis recentemente, Un señor elegante. A raíz de esta última novela, na que narra unha historia de franquismo e idea de familia co cirurxían Ramón Baltar como protegonista, abriuse unha exposición en Santiago, chamada Deber de Baltar: Medicina...

Entrevista a Cecilia Sierra 24.03.2022

Cecilia Sierra é licenciada en Ciencias Empresariais na especialidade de Dirección de Empresas, posúe un Máster en Comercio Internacional e dende o ano 2019 ocupa o cargo de Presidenta do Consello Social da USC.

Entrevista a Ramón Villares 21.03.2022

Ramón Villares Paz é catedrático en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago e Presidente do Consello da Cultura Galega. Foi ademais decano da Facultade de Xeografía e Historia e é membro numerario da RAG. Ademais, pertenece a padroados de centros e fundacións como o Museo do Pobo Galego ou a Fundación Juana de Vega. Vén de presentar no Ateneo a súa última obra: Exilio Republicano e plur...

Listen to the Entrevistas Radio Ateneo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.