Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo importante que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Entrevista a Ledicia Costas 01.11.2021 7:37
Ledicia Costas é unha escritora galega licenciada en Dereito. Comezou a escribir dende moi xoven, publicando a súa primeira novela Unha estrela no vento cando aínda era unha adolescente. Nos últimos anos recibiu numerosos premios como o Premio Merlín de literatura infantil ou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. No 2019 publica Infamia, unha novela que tivo moito éxito entre o públi...
Entrevista a Emilio Cao 25.10.2021 11:24
Emilio Cao é un músico e compositor compostelán, coñecido por ser un destacado intérprete da arpa celta e por ser o primeiro en recuperala en Galicia dende a Idade Media.
Entrevista a César Morán 18.10.2021 11:32
César Morán é músico e escritor. Dende novo combinou a música coa literatura realizando moitos traballos e artigos. Ademais foi membro fundador de Agra, o primeiro grupo de jazz-rock con raíces foclóricas.
Entrevista a Ramón Bermejo 04.10.2021 7:46
Ramón Bermejo realizou os seus estudos no Conservatorio Municipal de Música de Barcelona. En 1993 funda o Coro da Rá, co que realizou multitude de traballos e actuacións en toda Galicia.
Entrevista ao Trío Bórea 20.09.2021 9:36
O grupo Bórea, formado pola chelista Julia Caro, o pianista Brais González a violista Clara Mascaró, fundouse co obxectivo de explorar novos modelos de interación da música co público e aplicar os medios dixitais á música clásica.
Entrevista a David Tato 26.07.2021 10:59
David Tato é un guitarrista nado en Ordes. Tocou en grupos de pop como Os Chavales, con Alfonso Espiño. Toca ademais no grupo de blues Backing Blue Band e no grupo de jazz Manouche. Ten ademais un trío, Tato Trío, formado por guitarra, órgano e batería. Tamén é profesor de jazz e guitarra en Academia Estudio.
Entrevista a Melania Cruz 19.07.2021 10:21
Melania Pérez Cruz, nada en Lugo o 25 de xullo de 1983, é unha actriz galega de televisión, cinema e teatro. Traballa en diversas compañías como actriz profesional (EscénaT, 611 Teatro, CDG, Contraproducións, Producións Excéntricas) e no ano 2016 emprende un proxecto persoal xunto ao director e actor Tito Asorey: A Quinta do Cuadrante. No cine traballou en proxectos como A Esmorga, protagoniza DHO...
Entrevista ao Grupo Clunia 28.06.2021 10:30
Clunia Jazz foi unha banda mítica de Jazz galega. Foi fundada por Baldo Martínez, Nani García e Fernando Llorca. Foron os grandes precursores do Jazz en Galicia e grazas a eles este xénero goza dunha grande repertorio de músicos dentro da nosa Comunidade.
Entrevista a Farruco 14.06.2021 8:17
Entrevista realizada por Silvia Lino como complemento á reportaxe multimedia sobre o Rally Paris Dakar.
Entrevista a María Xesús Nogueira 07.06.2021 5:50
María Xesús Nogueira é profesora, filóloga e ensaísta galega. As súas liñas investigativas céntranse na narrativa de Álvaro Cunqueiro e na poesía galega contemporánea, entre a que destaca a escritora homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, Xela Arias.
Entrevista a Juan Durán 31.05.2021 11:36
Juan Durań é compositor e profesor de música. É autor de obras de música de cámara, vocal, sinfónica e escénica, ademais de arranxos e orquestracións de música galega. Foi Premio da Cultura Galega en 2013 e Premio Reina Sofía de Composición en 2018.
Entrevista a Luis Masa 24.05.2021 9:30
Luis Masa é profesor asociado de Ciencias da Saúde e Xefe de Sección de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Ata o ano 2019 Luis foi responsable da Unidade de Coidados Paliativos do CHUS desde a súa apertura en 2007. Actualmente é responsable a Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO).
Entrevista a Ángeles Afuera 10.05.2021 14:40
Ángeles Afuera é Licenciada e Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. En 1989 suxeriu ao director da cadena Augusto Delkáder a creación dun departamento de Documentación para preservar o patrimonio sonoro da canle e apoiar e verificar a veracidade das noticias con documentos sonoros. Deste xeito, fundou e dirixiu este departamento durante 27 anos ata a súa xubil...
Entrevista ao Grupo Sumrrá 03.05.2021 15:17
Sumrrá é un dos máis importantes grupos de Jazz do panorama galego. Veñen de sacar un novo álbum: 7 visións. Nesta entrevista coñecerémolo máis en profundidade.
Entrevista a Victoria Otero 26.04.2021 7:54
Victoria Otero Espinar é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 2009 e 2017 foi decada fa Facultade de Matemáticas e actualmente é Membro do Consello de Goberno e do Consello Científico do Instituto de Matemáticas da USC. Ademais de todo, participa activamente en actividades de innovación docente e na organización de actividades de divulgación científica, co o...
Entrevista a Abe Rábade 19.04.2021 16:24
Abe Rábade, pianista galego de jazz recoñecido a nivel europeo, vén de presentar un novo álbum: Sorte. Falamos con el en Radio Ateneo Podcast para coñecer máis sobre o seu disco.
Entrevista a Alfonso Espiño 12.04.2021 13:57
Alfonso Espiño é músico e investigador de Historia da Arte. Recibiu a mención «cum laude» na súa tese de doutoramento sobre a música moderna en Santiago. Hoxe hai 10 anos que se embarcaba nun proxecto editorial que puido saír á luz recentemente. Trátase de Compostela. Música moderna en Santiago (1954-1978), un libro no que Espiño documenta todas as orixes do pop e do rock na cidade, cheo de imaxes...
Entrevista a Ascensión Cambrón 06.04.2021 15:14
Ascensión Cambrón Infante é licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Presentou en 1987 a súa tese de doutoramento El socialismo racional de Ramón de la Sagra e é profesora emérita de Filosofía do Dereito, Moral e Política na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Ademais, é presidenta da Asociación polo Dereito a Morrer Dignamente de Galicia e membro da sección de Pensamento do Co...
Entrevista a Alberto Sánchez 28.03.2021 11:49
Alberto Sánchez Sánchez á Enxeñeiro Químico pola Universidade de Salamanca (2006) e Doutor en Enxeñería Química e Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela (2013), grazas á súa investigación no campo do tratamento das augas residuais urbanas e industriais. Tras o seu Doutorado, incorpórase como investigador á Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia), na que a...
Entrevista a X. M. Núñez Seixas 22.03.2021 13:26
Xosé M. Núñez Seixas é Catedrático de Historia Contemporánea na USC e Doutor de Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. Forma parte dos consellos de redacción das revistas Historia Social e Passato e Presente. Ademais, dende 2018 é Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Está especializado no estudo comparado dos nacionalismos europeos e ibéricos, así como n...
Entrevista a Adela Bértolo 16.03.2021 7:43
Adela Bértolo é unha xornalista especializada en cultura, actriz, reporteira, presentadora, Community Manager, organizadora de eventos… e, ademais, a gañadora do Premio Alfredo Vicenti 2020 polo seu artigo “#UNSEGREDOAVOCES. A loita feminista do alumnado da ESADg continúa na rede”.
Entrevista a Marina Mayoral 08.03.2021 8:06
Marina Mayoral é novelista e Catedrática xubilada de Literatura Española. Como novelista publicou 18 novelas e 4 libros de relatos e foi traducida a diversos idiomas. Recibiu numerosos premios como a medalla Castelao polo seu labor xornalístico a prol da cultura e os premios Ámbito Literario, Novelas y Cuentos, La Hucha de Oro... Como investigadora tamén publicou numerosos libros, edicións, trabal...
Entrevista a José Manuel Sabucedo 01.03.2021 15:42
José Manuel Sabucedo Cameselle é catedrático de Psicoloxía Social na USC, coordinador do grupo SOSOYPA e membro da asociación estratéxica CRETUS. Recibiu o Premio Galicia de Investigación (2006) e o Premio da Real Academia Galega das Ciencias (2020). Foi promotor e primeiro presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social e editor da International Journal of Social Psychology. Con...
Entrevista a Miguel Taín 22.02.2021 9:20
Miguel Taín Guzmán é investigador e profesor da USC e leva toda a vida estudando o patrimonio da cidade de Santiago. Comezou o doutoramento en Francia e, ao seu regreso a Galicia, empezou a traballar no Arquivo da Catedral, momento no que realizou, baseándose en toda a documentación que alí atopou, a súa tese de doutoramento sobre Domingo de Andrade, a cal lle levou 10 anos de investigación.
Entrevista a Beatriz González 16.02.2021 12:16
Beatriz González López-Valcárcel é Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna, ademais de profesora da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Foi tamén presidenta da Asociación Española de Economía da Saúde entre 2004 e 2005 e da Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública (EUPHA) ent...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.