AGalegaAudio
Diario cultural | Noite
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 03-10-2024 03.10.2024 16:57
Berrobambán estrea “Mulleres que viven soas”: as bruxas de Shakespeare, a sospeita social fronte a vidas que se afastan do habitual e o presente de moitas mulleres as súas escollas e as súas historias. E ademais a reestrea de “Terceiro Acto”
Diario cultural 01-10-2024 01.10.2024 16:52
O paso do tempo e o peso da represión na mostra "A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968”
Diario cultural 30-09-2024 30.09.2024 16:58
"Xa estabamos conectados co mundo dende moito antes do camiño de Santiago " Isidro Dubert é o editor do volume Galicia, un mar con historia. A obra publicada por Xerais reúne 13 traballos de investigación arredor do protagonismo do mar na historia de Galicia. E ademais o primeiro traballo da banda de metal Urko
Diario cultural 27-09-2024 27.09.2024 16:58
O Ourense Film Festival (OUFF) abre 29ª edición. 60 filmes en distintas salas da cidade. O Festival de Ourense presenta nova sección OuffLab para os novos proxectos do cinema galego. E ademais Barullo, o novo disco de Baiuca.
Diario cultural 26-09-2024 26.09.2024 16:57
Os Náufragos teatro estrea Bulebule. A montaxe dirixida por Gustavo del Río achégase ao TDAH nun espéctaculo para público familiar. E ademais a rodaxe do filme Antes de nós
Diario cultural 25-09-2024 25.09.2024 16:58
A galería Nordés acolle “A pintura que mira”, un conxunto seleccionado de pinturas e papeis de Ánxel Huete. Unha mostra de obra recente comisariada por Juan de Nieves. E ademais "O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón"
Diario cultural 24-09-2024 24.09.2024 16:57
Compostela acolle o décimo Encontro Cultura e Cidadanía. O Ministerio de Cultura presenta o encontro co lema ‘10 anos. Desprazamentos, desafíos e desexos para o noso sistema cultural’. E ademais o proxecto Finis Terrae
Diario cultural 23-09-2024 Video 23.09.2024 16:57
A semana de Cine de Lugo proxecta 147 filmes e homenaxea a Anxel Fole, Melania Cruz e Baños Films. Comeza a 46 edición do festival de Lugo. E ademais Tras do ceo, a nova novela de Manuel Rivas
Diario cultural 20-09-2024 20.09.2024 17:01
Janet Novás trae ao teatro Rosalía da Coruña PROTO (SN1806). O espectáculo de danza parte das supernovas e reivindica a forza do colectivo a través de tres performers. Galician Freaky Film Festival en Vigo
Diario cultural 19-09-2024 19.09.2024 16:57
O Museo do Pobo Galego inaugura Historias dun lugar, unha exposición en dúas partes.
Diario cultural 18-09-2024 18.09.2024 16:58
Manuel Outumuro inaugura en Ourense a exposición "O anxo que nunca fun", unha revisión das pegadas da infancia na súa obra. En paralelo abre en A Merca a mostra "Mulleres de outros mundos". E ademais a estrea de Sarabela
Diario cultural 17-09-2024 Video 17.09.2024 16:58
O Consello da Cultura Galega presenta Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición un documental sobre o rexurdir da zanfona nas décados dos anos 70 e 80.
Diario cultural 16-09-2024 16.09.2024 16:57
"O obxectivo era traballar sobre outros ambiente e outras sonoridades". Musica Imaginaria é o último proxecto de Baldo Martinez. O contrabaixista e compositor partiu do vibráfono e o acordeón para esta suite en sete movementos. E ademais a biblioteca do Marco
Diario cultural 13-09-2024 13.09.2024 16:58
Galix entrega a distinción de Socia de Honra a Gloria Sánchez. A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil recoñece a traxectoria e a obra da escritora. E ademais Camiño Escena Norte
Diario cultural 12-09-2024 12.09.2024 16:57
V Encontro profesional de Música Galiza-Portugal en Tui e Valença. 12 grupos presentan os seus traballos nos showcases do MUMI. E ademais IV Celme da Zanfona
Diario cultural 11-09-2024 11.09.2024 16:57
O deseño galego dende as primeiras décadas do século XX á actualidade: A Fundación DIDAC acolle a mostra Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico. E ademais a tradución de As iluminacións galardoada co premio Plácido Castro
Diario cultural 10-09-2024 10.09.2024 16:57
Margarita Ledo Andión percorre as arestas da súa poética en Prefiro condenarme. Preséntase o libro que xunta primeiros poemas con textos máis recentes da escritora. E ademais Pausa de Hilario Rodeiro Quinteto
Diario cultural 09-09-2024 09.09.2024 16:57
Espazos Sonoros estrea colaboración co festival Viertel Barock. Viena acolle un serán galego dedicado a Luísa Villalta. E ademais Semana do Patrimonio Invisible
Diario cultural 06-09-2024 06.09.2024 16:57
36 espectáculos no 33 FIOT. Berrobambán estrea no festival de Carballo Mulleres que viven soas. E ademais FICBueu
Diario cultural 05-09-2024 05.09.2024 16:57
Seis compañías presentan os seus traballos no XXIII Festival Agustín Magán de teatro afeccionado que comeza en Compostela. E ademais preestrea do filme Justicia Artificial
Diario cultural 04-09-2024 04.09.2024 16:57
O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín presenta 25 filmes a concurso. Celebra novena edición coas fronteiras mentais como foco. E ademais Presas fáciles/Voitres de Miguelanxo Prado
Diario cultural 03-09-2024 03.09.2024 16:58
O Congreso Internacional de Socialización do Patrimonio no Medio Rural, SOPA, pon a vida no centro. E ademais o verán de Fillas de Cassandra, The Rapants e Mondra
Diario cultural 02-09-2024 02.09.2024 15:22
O centenario de Puccini e a estrea absoluta de Pálido punto azul na nova Temporada Lírica de Amigos da Opera. E ademais Economía e Poesía. Rimas Internas
Diario cultural 21-06-2024 21.06.2024 15:58
Xelís de Toro e Alejandro Vargas presentan Máis alálá, un obxecto artístico-literario arredor de De catro a catro de Manuel Antonio. E ademais os concertos do Día da Música Axóuxere editora publica Máis alálá. Reúne 19 postais creadas dende a poesía sonora a música improvisada e con imaxes de Manuel Vilariño. E no Día da música crónica de concertos.
Diario cultural 20-06-2024 20.06.2024 15:58
Vilagarcía acolle deica o día 29 a sétima edición do Clasclás, o Festival Internacional de música clásica. Nova Galega de Danza estrea Dique. Tritón, de Blanca Riestra é o noso libro da semana.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.