AGalegaAudio

Diario cultural | Noite

Society GL ↓ 338 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 25-11-2024 25.11.2024

“O inferno que viviron estas mulleres é moi descoñecido para a poboación”. Montse Fajardo pescuda, no ensaio Caídas, a historia do Patronato de Protección a la Mujer, e a súa incidencia en Galicia.

Diario cultural 22-11-2024 22.11.2024

Silvia Penas, Silvia Mota Lopes, ‘De Ninghures’ e ‘Os Quatro e Meia’ reciben os premios da música e da poesía galego-portuguesas

Diario cultural 21-11-2024 21.11.2024
Diario cultural 20-11-2024 20.11.2024

O Festival de Órgano de Vigo '8 pés' é un ciclo de concertos organizado pola Orquestra Clásica de Vigo e protagonizado polo órgano Lope Alberdi. A exposición 'Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible', organizada en colaboración co CSIC, amosa as posibilidades das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica.

Diario cultural 19-11-2024 19.11.2024

Otero Baena foi un pintor sen pinceis e con ese título se presenta a mostra que podemos ver no Museo de Pontevedra. O Simposio Luísa Villalta afonda este outono na figura e na obra da autora das Letras 2024.

Diario cultural 18-11-2024 18.11.2024

O novo libro de poemas de Pilar García Rego 'Desaparecer' esculca nas fendas da vida, deténse nas arestas, nos ocos polos que a vida esvara. O poemario é a procura do sentido da vida nas fisuras, nas incisións e no seu derrubamento. A obra constrúese a partir dunha pregunta sobre a valentía e a súa razón de ser.

Diario cultural 15-11-2024 15.11.2024

O espectáculo 586 cantos pon en valor o papel da poesía popular oral e das cantareiras. A iniciativa do Museo do Pobo Galego revisa e recrea o legado de Dorothé Schubarth

Diario cultural 14-11-2024 14.11.2024

A deseñadora Uqui Permui publica Sempre libres e vivas, un libro que documenta e percorre a evolución durante oito anos da campaña “En negro contra as violencias”. E ademais As gardiás, a nova montaxe de Teatro de Ningures

Diario cultural 13-11-2024 13.11.2024

A reflexión sobre os principais modelos didácticos e a súa influencia no ensino da filosofía ou a incidencia da Intelixencia Artificial nas III Xornadas Internacionais de Didáctica da Filosofía que se desenvolven na USC. E ademais a serie La ciudad de los muchachos

Diario cultural 12-11-2024 12.11.2024

Javier Otero estrea a ópera Pálido punto azul, unha reflexión sobre a insignificancia, tamén sobre o ser o estar e o parecer. E ademais Uma historia pequena da Galiza rural

Diario cultural 11-11-2024 11.11.2024
Diario cultural 08-11-2024 08.11.2024
Diario cultural 07-11-2024 07.11.2024

O Foro “Pensar para adiante. Culturas Artes e Identidades” inaugura os “Foros Grial. Galicia 2050”. E despois Compostela Ilustrada

Diario cultural 06-11-2024 06.11.2024
Diario cultural 05-11-2024 05.11.2024

Héctor Francesch presenta o seu traballo dos últimos anos. "Cadros que nunca pintei" é unha aposta pola creatividade e o soño. 62 obras na mostra que se pode ver na sede de AFundación na Coruña. E despois "Esperpento. Arte popular e revolución estética"

Diario cultural 04-11-2024 04.11.2024

Narciso de Gabriel recolle os debates e ideas que documentan o afastamento das mulleres da educación no volume Xogar coa pólvora. A educación das mulleres e as mulleres como educadoras

Diario cultural 01-11-2024 01.11.2024

O jazz galego protagoniza o Festival de Jazz de Lugo. 24 concertos, tres escenarios, 17 días na 34 edición cunha importante presenza de compositoras e intérpretes.

Diario cultural 28-10-2024 28.10.2024

Formas breves de pensamento é o substrato da obra de Luísa Villalta, segundo Luciano Rodríguez. O investigador, responsable da edición do volume que publica Galaxia, presenta os materiais inéditos do legado da escritora.

Diario cultural 25-10-2024 25.10.2024

Información cultural.

Diario cultural 11-10-2024 11.10.2024

A diversidade de técnicas e formatos singulariza a 29ª edición de Galicreques. O Festival Internacional de Títeres acolle ata o 20 de outubro 60 funcións de 30 compañías. Eduardo Rodríguez Cunha, Tatán, recolle o premio de honra.

Diario cultural 10-10-2024 10.10.2024

Máis de 20 estreas en Vertixe Sonora 12. Distintos espazos da cidade de Vigo acollen a nova edición do Festival Internacional de Creación Contemporánea. E ademais o galego nos actos funerarios

Diario cultural 09-10-2024 09.10.2024

Os riscos e oportunidades da IA abre a xornada sobre A innovación nas librarías. A Federación de Librarías de Galicia reflexiona sobre as oportunidades da tecnoloxía no sector. E ademais o primeiro disco de Breo

Diario cultural 08-10-2024 08.10.2024

Morreu o Demo recibe o recoñecemento de UNIMA. A recuperación da marioneta tradicional galega e, en particular, de Barriga Verde recibe un dos certificados da Asociación Internacional de Marioneta. E ademais a mostra “Simultánea”

Diario cultural 07-10-2024 07.10.2024

Un camiñar labiríntico nunha espiral que se vai pechando, Antonio Seijas fala do seu novo libro de poemas Os oito mitos de Palermo. E ademais a mostra Novos Imaxinarios, a creación cinematográfica alén da pantalla

Diario cultural 04-10-2024 04.10.2024

Verdeveras estrea en coprodución co CDG a obra“As formas do amor”. E ademais “O raposo na fronde” de Eva Moreda

Listen to the Diario cultural | Noite podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.