AGalegaAudio
Diario cultural | Noite
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 14-01-2025 14.01.2025 16:57
Ana Romaní conversa con Juan Escourido (East Carolina University) para descubrinos un recurso electrónico multilingüe que ofrece unha serie de mapas nos que aparecen xeorreferenciados os santuarios citados nas denominadas cantigas de romaría. Begoña Vázquez fala con Diego As, o muralista lugués que volve optar a un galardón do Street Art Cities
Diario cultural 13-01-2025 13.01.2025 16:58
Ramón Rozas fálanos das xornadas sobre Castelao que organiza o museo MARCO de Vigo co gallo dos 75 anos do pasamento do polifacético artista rianxeiro. Ademáis presentamos o disco de Abe Rábade "Tempo de cor" e o libro de María Xosé Porteiro "As ben faladas"
Diario cultural 10-01-2025 10.01.2025 16:57
Esta noite Luar na Lubre comeza a súa xira en Lugo, o sábado e o domingo volve Manuel Cortés coa obra “O Último Home” e moitas outras actividades para facer esta fin de semana. Sabemos como vén o ano 2025 no mundo literario galego e conmemoramos a figura da activista LGTBIQA+ Trini Falcés.
Diario cultural 09-01-2025 09.01.2025 16:57
A Coral Polifónica de Pontevedra abre o seu centenario no concerto “Despedida do Villancico”, un concerto que se celebrará este venres na Igrexa de San Bartolomé xunto con outras tres grandes agrupacións musicais de Pontevedra. Aténdenos o presidente da sociedade coral polifónica, Carlos Valle. A Real Filarmónica de Galicia inicia esta noite a súa nova xira, “Inconformismo”, co Concerto de Reis no...
Diario cultural 08-01-2025 08.01.2025 16:58
A escritora galega Antía Yáñez vén de publicar a súa terceira novela para adultos: “O Clan das Barbies”, unha utopía hipertecnolóxica onde as mulleres, por fin, fan uso da violencia. O Museo de Pontevedra vén de inaugurar a exposición “Acisclo en 66 obras”, que percorre a traxectoria creativa dun dos artistas máis relevantes da escultura galega posterior aos anos 60 do pasado século: Acisclo Manza...
Diario cultural 07-01-2025 07.01.2025 16:58
O presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, fala do acto que tivo lugar hoxe no Panteón de Galegos Ilustres para conmemorar a figura de Castelao 75 anos despois da súa morte. A asociación O Sorriso de Daniel vén de imprimir, un ano máis, o seu calendario do románico, onde en cada mes poderemos atopar unha imaxe do románico rural do concello de Coles. O grupo John Deeres vén a presentar...
Diario cultural 26-12-2024 26.12.2024 16:57
Nova entrega das revisións dos nomes e conmemoracións do ano que remata. Hoxe o espazo de cultura lembramos a figura da escritora Luísa Villalta que centrou o Día das Letras de 2024.
Diario cultural 23-12-2024 23.12.2024 16:57
O espazo de cultura revisa nomes destacados do ano que remata. Recupera a conversa con Manuel Rivas que neste 2024 foi galardoado co Premio Nacional das Letras.
Diario cultural 20-12-2024 20.12.2024 16:57
Daniel Salgado publica Poemas realistas. “A nosa fráxil condición política” no volume do escritor e xornalista que edita Apiario. “Sempre pode cambiar a historia e iso dá certa esperanza ”
Diario cultural 19-12-2024 19.12.2024 16:57
Un volume reúne a obra en galego da escritora Francisca Herrera Garrido. En edición da investigadora Camiño Noia presenta ademais un estudo da obra e biografía da escritora. “É a primeira muller que escribe unha novela longa en galego, xa por iso debería ser recoñecida”
Diario cultural 17-12-2024 17.12.2024 16:58
A editorial Kalandraka recupera 25 anos despois a obra Filla das ondas. O álbum con texto da escritora Fina Casalderrey está ilustrado por Xosé Cobas
Diario cultural 16-12-2024 16.12.2024 16:57
"Unha imaxe de si" inicia a colección do MARCO. A mostra con obras Marta María Pérez Bravo, Yolanda Herranz Pascual, Andrea Costas Lago é a primeira cos fondos propios do museo.
Diario cultural 12-12-2024 12.12.2024 16:58
31 artistas participan na primeira edición de VARCO en Vigo. O novo mercado de arte contemporánea procura unha relación directa co público.
Diario cultural 11-12-2024 11.12.2024 16:57
“Queremos ofrecer unha concepción da música de cámara ou do formato de concerto diferente”. Lítore Quartet estrea o conto escénico Selkie, do compositor Brais González
Diario cultural 10-12-2024 10.12.2024 16:57
O valor histórico da fotografía de M. Chicharro na mostra "Compostela a Lupa. Manuel Chicharro Bisi entre dous aniversarios 1849-1924" que se presenta na Casa do Cabido: “Pódense ver detalles minúsculos, antes imposible de percibir”.
Diario cultural 09-12-2024 09.12.2024 16:58
Papaventos abismados, un canto que recobra nos coidados o fulgor da vida, tamén a súa dor. A poeta Marta Dacosta presenta o libro co que gañou o IV Premio Filomena Dato: “A Historia foi inxusta coas nosas antepasadas”
Diario cultural 06-12-2024 06.12.2024 16:58
'A nena e o grilo, o camiño das cores' é a cuarta entrega dun dos musicais infantís máis celebrados da escena galega. É un dos protagonistas do espazo de cultura xunto co volume 'Hackeamos o patriarcado'.
Diario cultural 03-12-2024 03.12.2024 16:58
A nova galería de arte Lar comeza a súa actividade cunha exposición de Urbano Lugrís e de Lugrís Vadillo
Diario cultural 02-12-2024 02.12.2024 16:58
A Asociación Galega de Editoras acode á FIL. A de México é a feira editorial máis importante de Iberoamérica. No encontro preséntase o libro que conmemora os cen anos da edición moderna en Galicia: “Había unha concepción moi actual do que se quería facer”
Diario cultural 29-11-2024 29.11.2024 16:58
D10! Estréase en Culturgal. O Encontro de Formación e Innovación en Circo, que celebra novena edición en Compostela, estende a actividade á feira cultural en Pontevedra. E ademais outras propostas da nova edición de Culturgal en Pontevedra.
Diario cultural 28-11-2024 28.11.2024 16:57
Filmei paxaros voando, un exercicio autobiográfico sobre o desarraigo, os coidados e a liberdade. O filme documental de Zeltia Outeiriño abre a programación de cinema de Culturgal. E ademais Caldo de Catuxa Salom
Diario cultural 26-11-2024 26.11.2024 16:57
Un catálogo que segue vivo. A editorial Apiario celebra décimo aniversario co volume O libro das abellas.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.