AGalegaAudio

Diario cultural | Noite

Society GL ↓ 338 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 21-02-2025 21.02.2025
Diario cultural 20-02-2025 20.02.2025
Diario cultural 19-02-2025 19.02.2025
Diario cultural 18-02-2025 18.02.2025
Diario cultural 17-02-2025 17.02.2025
Diario cultural 14-02-2025 14.02.2025
Diario cultural 13-02-2025 13.02.2025
Diario cultural 12-02-2025 12.02.2025

Vituco Neira fala coa coruñesa Lara Pintos da súa exposición "Lo que cabe en una almendra", que se pode visitar na galería Dupla de Santiago. Ademáis escoitamos a Artantza Portabales comentar a súa nova novela "Asasinato na casa rosa"

Diario cultural 11-02-2025 11.02.2025
Diario cultural 10-02-2025 10.02.2025
Diario cultural 07-02-2025 07.02.2025
Diario cultural 06-02-2025 06.02.2025

Conversamos con Cibrán meléndez sobre a exposición "Gaza: o eco dos esquecidos", na que tres fotoxornalistas documentan os actos do exército israelí en Gaza. A mostra, organizada pola Fundación Araguaney, pódese visitar na igrexa da Universidade de Santiago.

Diario cultural 05-02-2025 05.02.2025

Alfredo Sellier preséntanos a exposición "Arquitecturas que falan do seu tempo (1849-2024)", que se pode ver no Museo de Belas Artes da Coruña. A mostra recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.

Diario cultural 04-02-2025 04.02.2025

Vituco Neira preséntanos o proxecto "Somos pandeireteiras" en conversa con duas das súas impulsoras: Mercedes Peon e Gisela Sanmartín. A iniciativa pretende poñer en valor ás "tocadoras" galegas difundindo o seu traballo.

Diario cultural 03-02-2025 03.02.2025

Conversamos con Xosé Lois Vázquez, o comisario da exposición fotográfica "A pel. Epílogo", que se pode ver na Sala Alterarte o o Paseo da Igualkdade en Ourense. A mostra recolle imaxes de Xabier Fernández e Gabriela Rivera. Ademáis, falamos con Iván Castiñeiras de "Deuses de pedra", a película que presenta no Festival de Cine de Rotterdam.

Diario cultural 31-01-2025 31.01.2025

Escoitamos a única gravación da voz de Castelao que se conserva, dixitalizada polo Consello da Cultura Galega. Falamos con París Joel da X edición do festival Sadautor.

Diario cultural 30-01-2025 30.01.2025

Falamos coa musicóloga Laura Touriñán, autora dun libro que nos descubre a Marcial del Adalid. Laura investigou a obra do compositor coruñes do Rexurdimento e preparou para a RAG un valioso traballo que se acaba de presentar. Ademáis, Begoña Vázquez preséntanos a nova pel´ñicula de Lois Patiño, "Ariel"

Diario cultural 29-01-2025 29.01.2025

Vituco Neira conversa coa coordinadora da "Guía de apelidos galegos", unha ferramenta web da Real Academia Galega que recolle maís de seis mil nomes de familia do noso país. A institución presenta esta guía para facilitar o coñecemento das formas propias e a súa restitución.

Diario cultural 24-01-2025 24.01.2025

Isabel Freire conversa con Pedro Fresneda da nova edición do festival "Isto ferve", que se desenvolve no Teatro Ensalle de Vigo. Ademáis falñamos da xira de presentación do novo disco de IGMIG.

Diario cultural 23-01-2025 23.01.2025

Rinoceronte, a editorial de Cangas especializada en traducións ao galego, acaba de publicar "En canto agonizo" de William Faulkner. Falamos co responsable de Rinoceronte, Moises Barcia, da tradución das grandes obras da literatura universal ao noso idioma.

Diario cultural 22-01-2025 22.01.2025

Falamos co pintor Xoti de Luis da súa exposición "The wall", unha escolma dos seus traballos máis recentes que se pode ver no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Diario cultural 21-01-2025 21.01.2025

Isabel Freire conversa con Toni Legido, o comisario da exposición "25 anos de felicidade colectiva" coa que a Sala Mardi Gras conmemora o seu aniversario na Casa Museo Casares Quiroga. Begoña Vázquez fala con Antón Castro, responsable da Bienal de Pontevedra.

Diario cultural 20-01-2025 20.01.2025

Falamos da exposición "A orixe do anime na mirada de Tadahiko Horiguchi" co seu comisario, Cibrán Meléndez. A mostra pode verse no claustro de Fonseca, en Compostela, e está organizada pola cátedra USC-Araguaney. O presidente da Fundación Araguaney, David Rodríguez explícanos os obxectivos desta colaboración.

Diario cultural 17-01-2025 17.01.2025

Entrevista ao Director Xeral de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, sobre as actividades coas que a editorial Galaxia celebrará o seu 75 aniversario.

Diario cultural 16-01-2025 16.01.2025

Vituco Neira descúbrenos a tradición oleira de San Xinés de Bamio conversando con Beatriz Comendador, comisaria da mostra "Louza de Bamio: memoria, mulleres e territorio", que se pode visitar no Museo do Pobo Galego. Presentamos a nova sección de curtametraxes galegas da plataforma Agalega.gal e falamos da obra de teatro inclusivo "Nada se sabe"

Listen to the Diario cultural | Noite podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.