AGalegaAudio

Diario cultural | Noite

Society GL ↓ 338 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 19-06-2024 19.06.2024

Santiago acolle a exposición itinerante de arte sacra Las edades del hombre. Pode visitarse ata novembro na catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario. Falamos co comisario da mostra, Ramón Yzquierdo. A italiana María Mazzotta actúa en Santiago no marco da súa xira Amoreamaro

Diario cultural 18-06-2024 Video 18.06.2024

Bienal de arte multidisciplinar no Botánico de Vigo. O último de Rosalía Fernández Rial e Blanca Riestra

Diario cultural 17-06-2024 17.06.2024

Conversamos con Blanca Riestra de Tritón, a súa nova novela. Unha historia que sabe a salitre. Escoitamos Basal, da Pedreira

Diario cultural 14-06-2024 14.06.2024

 Glifo parte do debuxo e con el como instrumento e soporte xera unha posta en escena. Unha creación de Montse Piñeiro que se estrea no Teatro Ensalle de Vigo. E en Santiago  Euloxio Ruibal recibe o recoñecemento da Letra E, a homenaxe “O escritor na súa terra” que promove a AELG.

Diario cultural 13-06-2024 13.06.2024

O Museo do Pobo Galego acolle a exposición coordinada por Tono Arias e con fotografías de Brais Lorenzo. Habitar o baleiro forma parte dun proxecto homónimo de xornalismo e fotoxornalismo que se estende noutros formatos. As lecturas do día na Selic: Do Zeca Afonso á Cousa eterna.

Diario cultural 12-06-2024 12.06.2024

Tono Carbajo remata a peza “ As casiñas dos desexos” en Vigo. É un dos traballos que presenta na exposición Dende o lugar que habitamos. En Compostela recoñecemento á investigadora Dorothé Schubarth.

Diario cultural 11-06-2024 11.06.2024

Os proxectos en curso e as novas perspectivas centran o programa do III Encontro Investigador que organiza o Grupo Illa da UDC. A exposición “Outras historias posibles” revisa a década dos 80.

Diario cultural 10-06-2024 10.06.2024

 O teu perfil na miña sombra explora con forma de diario os modelos e construcións da maternidade dende a vivencia do niño baleiro. Rexina Vega reflexiona e interrógase sobre os arquetipos, as relacións nai-filla, os coidados, o paso do tempo...“Mentres construamos a identidade na maternidade teremos moitos problemas para ser suxeitos plenos”

Diario cultural 07-06-2024 07.06.2024

O seminario “Arquivos de artistas. Ferramentas para a investigación nos Museos” forma parte da programación da exposición “Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo” que se clausura o domingo.

Diario cultural 06-06-2024 06.06.2024

A SELIC abre oitava edición. O Festival da Lectura amplía programa na diversidade de formatos, “unha demostración de que hai moitas maneiras de abordar a lectura”. E no CGAC preséntase o catálogo 'Narelle Jubelin. Nalgures'.

Diario cultural 05-06-2024 05.06.2024

A fotógrafa da axencia Magnum presenta no Festival internacional de fotografía “Agony in the garden”, unha mostra do seu traballo sobre a escena musical do trap e drill.

Diario cultural 04-06-2024 04.06.2024

As Xornadas retoman cita anual coa música de vangarda dos séculos XX e XXI. XMC´24 inclúe ademais a danza de Lookathingsdifferent. Lembramos tamén o centenario de Kafka.

Diario cultural 03-06-2024 03.06.2024

A escritora María Reimóndez revisa á luz das teorías decoloniais a literatura galega no volume A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega.

Diario cultural 30-05-2024 30.05.2024

A Mostra S8 revisa a filmografía de Narcisa Hirsch e estrea o novo filme de Annalisa D. Quagliata “A creatividade que as mulleres están aportando ao cinema é a protagonista pero dunha maneira natural. É máis do 90% da programación”. Falamos con Angel Rueda codirector de S8

Diario cultural 29-05-2024 29.05.2024

O frío, a curta mais premiada en Cans é a primeira dunha nova produtora que aposta por outras formas de facer cinema. Falamos con Pablo Dopazo e percorremos a intervención artística de Carme Nogueira no parque do Pasatempo

Diario cultural 27-05-2024 27.05.2024

A Feira das artes escénicas reúne dende hoxe e ata o 30 de maio en Compostela a 200 profesionais da programación teatral. Escoitamos o novo disco de Pauliña

Diario cultural 24-05-2024 24.05.2024

Presentouse en Cans o documental Acordamos. Conversamos con Uxía, directora do filme. Escoitamos o último proxecto de SonDeSeu

Diario cultural 23-05-2024 23.05.2024

II Xornadas da Academia Galega de Teatro. Exposición de Menchu Lamas

Diario cultural 22-05-2024 22.05.2024

Xosé Lois Romero presenta “A mulher lyrio”. Banda deseñada

Diario cultural 21-05-2024 21.05.2024

Seis séculos de música no Festival de Música Cidade de Lugo. Festival de Cans

Diario cultural 20-05-2024 20.05.2024

Rosa Aneiros esculca na memoria e as súas capas en A noite das cebolas. A historia de reconciliación coa vida e coa morte de Abril Andrade centra a conversa coa escritora: “Esquecemos que formamos parte do planeta”

Especial Diario Cultural Luisa Villalta 17.05.2024

Poeta, narradora, ensaísta, dramaturga e música, o perfil da autora complétase tamén desde o activismo social e político, o feminismo ou a defensa da lingua e a cultura galegas. Isabel Freire asina este programa dunha hora de duración no que podemos escoitar a numerosas voces entorno á figura de Villalta. Tanto a traxectoria vital como a profesional, social e política forman parte do especial no q...

Diario cultural 17-05-2024 17.05.2024

Monográfico Luísa Villalta

Diario cultural 16-05-2024 16.05.2024

15 artistas no programa da quinta edición do Festival Plataforma que se desenvolve en distintos espazos Santiago ata o 25 de maio. Falamos con Mónica Maneiro

Diario cultural 15-05-2024 15.05.2024

O Museo de Pontevedra revisa a súa colección no ciclo Infiltracións que abre a artista Mónica Alonso coa mostra “A pel do museo”. Gala dos premios Martín Códax

Listen to the Diario cultural | Noite podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.