AGalegaAudio

Diario cultural | Noite

Society GL ↓ 338 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 29-11-2023 29.11.2023

“Hai que ofrecer olladas diversas do rural porque segue habendo moito preconceito sobre como é ou como foi a vida no rural”. As memorias da infancia protagonizan Cinco corujas o novo libro da escritora Susana Sanches Arins.

Diario cultural 28-11-2023 28.11.2023

“O artista é unha ferramenta da súa sociedade” afirmaba Leopoldo Nóvoa. O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra retrospectiva “Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura”.

Diario cultural 27-11-2023 27.11.2023

“É volver encontrarme co que me importa. Este traballo rompeu inercias”. Avelina Pérez estrea “Desde ese silencio”, unha peza para dez persoas que explora a intimidade no espazo escénico

Diario cultural 24-11-2023 24.11.2023

“Leilía queda no imaxinario da xente”. Leilía despídese dos escenarios e pecha o círculo co disco Vidas Cantadas e os concertos “Anque me vou non me vou”. Falamos con Felisa Segade.

Diario cultural 23-11-2023 23.11.2023

Vinte autores e autoras debaten e reflexionan sobre a profesionalización, a edición, a proxección internacional, os novos públicos , os vínculos interartísticos, a lingua e o xénero e as identidades no Congreso de Poesía Nova que organiza a AELG. Escoitamos a Rosalía Fernández Rial, Antía Otero, Eduard Velasco, Andrea Nunes Brións e Patricia Torrado.

Diario cultural 22-11-2023 22.11.2023

“(a Glez Millan) interésanlle os conflitos e moitas veces os estudos literarios non falan de conflitos, falan de orde, teñen unha obsesión coa orde”. Arturo Casas é un dos editores do volume Xoán González-Millán. A projeçâo de um pensamento crítico que revisa o traballo do investigador en diálogo con especialistas actuais.

Diario cultural 21-11-2023 21.11.2023

“Segue a ser un tabú falar das enfermidades mentais graves”. O corpo de Cristo, a novela gráfica de Bea Lema, seleccionada para o premio do Festival Internacional de Cómic de Angouleme. A autora traballa na adaptación da obra a curtametraxe de animación.

Diario cultural 20-11-2023 20.11.2023

“Cando se ven en continuidade poden parecer as mesmas músicas”. Luís Soto presenta Haydn en Guláns, o novo proxecto musical de Fisión Atlántica Ensemble, xunta catro cuartetos para frauta e trío de cordas do compositor austríaco coas danzas de Reis de Guláns.

Diario cultural 17-11-2023 17.11.2023

“Neste proceso atopeime a min e atopei a miña tía, a persoa detrás da poeta” Bruno Arias estrea en Cineuropa o filme Os espazos en branco un camiño pola memoria de Xela Arias.

Diario cultural 16-11-2023 16.11.2023

Comeza en Ourense o Congreso “Patrimonio Cultural Inmaterial e educación: ponte entre escola e sociedade”. Falamos con Xerardo Feijóo e Raquel Rey.

Diario cultural 15-11-2023 15.11.2023

“Estamos nun mundo ruidoso de máis”. O músico Benxamín Otero presenta Gardar a auga un traballo musical gravado no alxibe do Castelo de San Antón.

Diario cultural 14-11-2023 14.11.2023

O Centro Dramático Galego estrea no Festival de Teatro de Viana do Castelo “Manuela Rey is in da house”. A obra recupera a figura da actriz de orixe galega que triunfou en Lisboa no século XIX.

Diario cultural 13-11-2023 13.11.2023

“Foi un desafío enfrontar unha temática que sempre está moi vinculada co confesional”. A escritora Oriana Méndez publica 'Chairas. Sucesións', unha historia de dous que se amplifica no pensamento poético de quen escribe.

Diario cultural 10-11-2023 10.11.2023

As fronteiras protagonizan a sétima edición de Ffoco, o festival de fotografía da Coruña amplía espazos e formatos.

Diario cultural 09-11-2023 09.11.2023

A Intelixencia Artificial centra I Foro da Industria Galega do Audiovisual que comeza na cidade da Coruña.

Diario cultural 08-11-2023 08.11.2023

“Compostela é, a día de hoxe, o único encontro que existe na península ibérica e o segundo europeo” . Comeza a sexta edición do Encontro Internacional Compostela Ilustrada. Falamos con Gemma Sesar, coordinadora.

Diario cultural 07-11-2023 07.11.2023

Afundación inaugura a exposición 'Xeometría Mundi'. A mostra, comisariada por Juan de Nieves, aborda de forma simultánea o traballo de Luís Caruncho en distintas disciplinas.

Diario cultural 06-11-2023 06.11.2023

“É un libro sobre a experiencia de vivir o deserto”. Ana Cabaleiro publica 'Xa vemos palmeiras', entre a autoficción, o caderno de viaxe e o texto memorialístico.

Diario cultural 03-11-2023 03.11.2023

“O máis difícil é compaxinar os diferentes estilos do jazz na programación diaria”. Comeza o XXXIII Festival Internacional de Jazz de Lugo que programa 24 concertos ata o 19 de novembro. Falamos con Alberto Grandío, director do festival.

Diario cultural 02-11-2023 02.11.2023

Pilo Sierra lidera o proxecto musical Satélite Salitre, gañador da décimoquinta edición do Concurso Fran Pérez "Narf".

Diario cultural 31-10-2023 31.10.2023

A dous meses do ano do centenario do pintor Tino Grandío, o Museo Provincial de Lugo abre sala monográfica e en Compostela a exposición 'Correspondencias. Tino Grandío' procura vínculos coas artes visuais últimas. Aurelia Balseiro é a directora do Museo Provincial de Lugo e Iñaki Martínez Antelo, un dos comisarios da mostra 'Tino Grandío. Correspondencias'.

Diario cultural 30-10-2023 30.10.2023

"A muller ten que asumir no poder o rol masculino ou pode romper con el?” Camila Bossa protagoniza con Luis Iglesia Testosterona, a nova montaxe de Malasombra Producións. Falamos con ela e con Xoque Carbajal, director da obra. 'Deadpan Karaoke' é a nova montaxe realizada por Ibuprofeno Teatro.

Diario cultural 27-10-2023 27.10.2023

Os 40º Premios Xerais entréganse este sábado no Parador de Baiona. Este ano recoñécense a novela 'Ninguén contará a verdade', de Pedro Feijoo; a novela xuvenil 'Furia', de María Reimóndez, e a obra infantil 'A botella de lentellas', de Leticia Barbadillo. O noso colaborador Óscar Losada fainos un repaso das actuacións do día no Womex.

Diario cultural 26-10-2023 26.10.2023

A xunta directiva da Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou que o ditame da XLVIª edición dos Premios da Crítica de Galicia 2023 se celebrará o sábado 28 de outubro no centro social Afundacion de Vigo, acto en que se recoñecerá a Bieito Ledo Cabido como presidente fundador da entidade, tras a laudatio de María Xosé Porteiro. Charlamos co protagonista.

Diario cultural 25-10-2023 25.10.2023

Na Fundación Laxeiro de Vigo inaugurouse a exposición “O que hai. Obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade”. Alberto Santos é o comisario da mesma.

Listen to the Diario cultural | Noite podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.