AGalegaAudio
Diario cultural | Noite
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 24-10-2023 24.10.2023 14:58
Última oportunidade para asistir ó V Festival Ateneo Barroco, que remata co concerto 'Biber, as Sonatas do Rosario', interpretado por Lina Tur Bonet e o seu conxunto Música Alchemica. José Víctor Carou é o director artístico do festival.
Diario cultural 23-10-2023 23.10.2023 13:58
A mostra 'Un rastro de furia e algas' agrupa a artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal para explorar como a "ansiedade climática" está a calar nas súas investigacións.
Diario cultural 19-10-2023 19.10.2023 14:58
Terceira edición da Porto Design Biennale, o maior evento bienal de deseño da Península Ibérica. Galicia, rexión convidada de España nesta edición. Un dos comisarios é David Barro.
Diario cultural 17-10-2023 17.10.2023 14:58
Fuxan os Ventos e Milladoiro colaboran por primeira vez na canción 'Barqueiros de Ribadavia'. Tareixa Novo e Pepe Ferreirós traen as súas claves. Na Coruña ten lugar a exposición 'A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso', que se poderá ver no Arquivo do Reino de Galicia ata o 15 de decembro como peche das actividades impulsadas pola Xunta no marco da celebración do Ano Pica...
Diario cultural 12-10-2023 12.10.2023 14:58
O FITO pon o acento nas compañías emerxentes. Dezaseis propostas escénicas na décimo-sexta edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense.
Diario cultural 11-10-2023 11.10.2023 14:58
A escritora Teresa Moure estréase na banda deseñada con 'Balada do desterro' sobre a figura de Zeca Afonso.
Diario cultural 10-10-2023 10.10.2023 14:58
No Consello de Cultura Galega celébrase estes días o Congreso 'Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos Galegos'. Pilar García Negro forma parte do comité organizador.
Diario cultural 05-10-2023 05.10.2023 14:51
'Corentena' sae de xira. David Perdomo e Xose Antonio Touriñán reúnen as historias e personaxes que naceron dos seus perfís de Instagram no confinamento. Pepe Barro fálanos da exposición 'Cociña de Barro: os cadernos de deseño', unha viaxe de 50 años no deseño.
Diario cultural 04-10-2023 04.10.2023 14:58
“Non temos determinadas ferramentas institucionais que existen noutras culturas”. As editoras galegas asisten a LIBER, a feira do libro mais relevante do contexto español. Sobre ela charlamos co director de Edicións Xerais, Fran Alonso. Con Candido Pazó, director de 'Apaga o Candil', falamos da estrea da obra no FIOT.
Diario cultural 03-10-2023 03.10.2023 14:46
“Hai unha unha serie de circunstancias que están favorecendo unha permeabilización por parte da industria desas miradas máis autorais máis arriscadas máis singulares e máis necesarias” Comeza Curtocircuito. XX Festival Internacional de Cinema.
Diario cultural 27-09-2023 27.09.2023 14:58
Nova Galega de Danza celebra o seu 20º aniversario coa estrea do seu novo espectáculo "Berro". Desta efeméride charlamos con Jaime Pablo Díaz, o actual director do grupo.
Diario cultural 26-09-2023 26.09.2023 14:58
A catedrática emérita da Universidade de Maine (Estados Unidos) e filóloga Kathleen March ingresará na Real Academia Galega (RAG) como membro de honra o sábado 23 de setembro no Balneario de Mondariz. Con ela charlamos sobre todo o que arrodea a este acontecemento.
Diario cultural 21-09-2023 21.09.2023 14:58
Máis de 200 profesionais da industria musical galega e portuguesa asisten ao Encontro de Músicas do Miño MUMI na súa cuarta edición. Sobre el charlamos con Ánxela Vila, unha das organizadoras. Noutra orde de cousas, tamén temos tempo para a lectura. Charlamos con Raquel G. Pico sobre a súa obra "Millenials. Unha xeración entre dúas crises".
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.