AGalegaAudio
Diario cultural | Noite
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 24-01-2024 24.01.2024 14:58
O artista e realizador David Fidalgo Omil revisa os clixés sobre o amor na televisión na exposición 'Love'. No seu traballo utiliza o concepto de meme para se achegar unha visón irónica e critica sobre a telerealidade.
Diario cultural 23-01-2024 23.01.2024 14:58
O Concerto para formigoneira e ensemble abre o proxecto de residencia musical que desenvolve no Centro Galego de Arte Contemporánea Ensemble Liberdade coa dirección de Xacobe Martínez Antelo. “Nós cremos no poder transformador da música, da cultura, senón non estariamos nisto”, asegura nunha entrevista do Diario Cultural.
Diario cultural 22-01-2024 22.01.2024 14:58
"É unha diáspora que non vén tanto dun lugar xeográfico como dun lugar ontolóxico. Nós viñamos do campo e o campo non é un lugar distinto senón un mundo distinto”. Brigitte Vasallo publica 'Tríptico do Silencio' que forma parte do proxecto de investigación sobre a memoria das diásporas Triloxía de Naxos.
Diario cultural 19-01-2024 19.01.2024 14:58
A editorial Galaxia celebrará cun premio dotado con 25.000 euros o seu 75 aniversario. Recupera así a fórmula coa que xa celebrara o seu vixésimoquinto aniversario.
Diario cultural 18-01-2024 18.01.2024 14:58
A Asociación Amigos da Ópera de Santiago recupera a zarzuela 'Miñatos de vran', con libreto de Ramon Otero Pedrayo.
Diario cultural 16-01-2024 16.01.2024 15:58
"Temos que poder amosar as ferramentas que ten o teatro á comunidade e con elas traballar temas dos que é necesario falar”. Nauta Teatro presenta esta fin de semana o resultado escénico do proxecto de investigación sobre as identidades de xénero que desenvolve ao abeiro do festival Galicreques.
Diario cultural 15-01-2024 15.01.2024 15:58
O libro 'Retratos de vodas, partos e funerais' é a última obra de poemas da autora Silvia Penas.
Diario cultural 12-01-2024 12.01.2024 16:57
A galega Carolina Rodríguez Canosa é a oboe coprincipal da Sinfónica de Galicia. Falamos con ela da súa traxectoria profesional e dos soños cumpridos, nunha entrevista no Diario Cultural.
Diario cultural 11-01-2024 11.01.2024 14:58
Xa está en cines a película 'Honeymoon', do galego Enrique Otero e protagonizada por Nathalie Poza e Javier Gutiérrez. "É unha historia de amor, pero sobre todo de segundas oportunidades", explica a actriz do filme María Vázquez nunha entrevista no Diario Cultural. A película parte dun drama, a morte dun fillo nun país estranxeiro, pero o relato constrúese a través da comedia e...
Diario cultural 10-01-2024 10.01.2024 14:58
A sede coruñesa da cinemateca da Xunta ofrece, en colaboración coa Fundación Xapón, unha escolma de sete fitas do cineasta xaponés Masahiro Shinoda. No Diario Cultural entrevistamos a Jaime Pena, programador da Filmoteca de Galicia. "É unha oportunidade única, non é fácil acceder a estes filmes", asegura nas ondas da Radio Galega.
Diario cultural 09-01-2024 09.01.2024 14:58
Este 2024 Fina Casalderrey é finalista de dous dos premios máis importantes do mundo na literatura infantil Hans Christian Andersen e Astrid Lindgren. Neste Diario Cultural entrevistamos a escritora Fina Casalderrey e a David Cortizo, o presidente de Galix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.
Diario cultural 08-01-2024 08.01.2024 14:51
O escultor Acisclo Manzano expón 'Os Eremitas' no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense ata o 14 de xaneiro. A exposición recupera unha lenda antiga que é tamén o resultado dunha historia persoal vinculada coa Ribeira Sacra. "Débolle toda a miña vida á escultura", sinala Acisclo Manzano nunha entrevista no Diario Cultural.
Diario cultural 20-12-2023 20.12.2023 14:58
'Nadal no Gaiás': música, teatro, xogos e moito máis ata o 7 de xaneiro! Falamos con Fátima Mª García, Xefa do Servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación da Xunta de Galicia e coordinadora dos proxectos de Galiverso. Moncho Lemos tráenos varias estreas: 'Samsara', de Lois Patiño; 'El libro de las soluciones', de Michel Gondry; e 'Migración', de Benjami...
Diario cultural 19-12-2023 19.12.2023 14:58
“A forza económica do turismo é tan brutal que se volve incontenible, hai que manexala e manexala require coraxe e decisións importantes”. Fernando Agrasar é o comisario da mostra “HERITAGERS” sobre o efecto do turismo no patrimonio que se pode ver no Colexio Oficial de Arquitectos na Coruña
Diario cultural 18-12-2023 18.12.2023 14:58
Preséntase 'Luísa Villalta, alma de violino', un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Maceda, Eli Ríos e Laura Suárez.
Diario cultural 15-12-2023 15.12.2023 14:58
“Estamos acostumados a unha narrativa do amor romántico convencional pero a vida vai por outros lugares as relacións cambian, non se acaban simplemente”. Angel Filgueira, estrea no Festival Novos Cinemas de Pontevedra o seu filme 'Cando toco un animal'.
Diario cultural 14-12-2023 14.12.2023 14:58
“Intento facer un teatro popular de corte político que provoque pensamento”. A montaxe 'Iribarne' abre o Foco Carrodeguas que presenta en Compostela as tres novas obras da compañía ButacaZero . Falamos con Esther Carrodeguas.
Diario cultural 13-12-2023 13.12.2023 14:58
“Pensamos que o nadal pode ser unha boa época” O FETEGA cambia de datas. Comeza no Carballiño o Festival de Teatro Galego que celebra a súa 34ª edición. Falamos co director, Carlos Ledo.
Diario cultural 12-12-2023 12.12.2023 14:58
“Os festivais promoven a interacción e esa formación comunitaria, comunal que tanto precisamos”. Comeza en Pontevedra a oitava edición do festival Novos Cinemas. Falamos co director, Suso Novás.
Diario cultural 11-12-2023 11.12.2023 14:58
“O desafío maior ao que me enfrontei foi a aparición das grandes palabras”. A escritora e editora Dores Tembrás presenta novo libro. 'Enxertos' esculca as pegadas, lembra as aprendizaxes primeiras.
Diario cultural 08-12-2023 08.12.2023 42:37
“O concepto de Ilustración abrangue todas as facetas da vida non só a arquitectónicaou urbanística, na alimentación hai uns grandes cambios, por exemplo”. Falamos do Ferrol da Ilustración coa historiadora Manuela Santalla López autora de "Fariñas e muíños en Ferrolterra durante a Ilustración".
Diario cultural 05-12-2023 05.12.2023 14:58
“Hai unha estrutura de Federación que cremos que non responde á realidade e á sociedade actual. É lóxico que se necesite un cambio, son uns estatutos que xa teñen 40 anos”. A Federación de Librarías de Galicia renova directiva. O novo equipo está presidido por Cielo Fernández.
Diario cultural 04-12-2023 04.12.2023 14:57
Máis de 10.000 entradas na Base de datos do teatro galego documentan unha sorprendente actividade escénica entre os anos 1936 e 1973. Falamos con Carlos Biscaínho Fernándes do Observatorio do teatro galego e da Base de datos do teatro galego (1936-1973) que a Academia Galega de Teatro presentou en Culturgal
Diario cultural 01-12-2023 01.12.2023 14:58
Vinte cantantes de sete países competirán esta fin de semana polos galardóns do VI Concurso de Canto Compostela Lírica organizado por Amigos da Ópera de Santiago. Vértebras, a nova proposta do hip hop galego que chega para axitar conciencias e dar voz ás esquecidas. O dúo formado por Ika Subversiva e Amari presenta «Moito Love», un tema en clave «old school» cunha profunda carga de compromiso soci...
Diario cultural 30-11-2023 30.11.2023 14:58
“É desexable unha colección permanente no CGAC? E de ser así, serían necesarios novos espazos ou máis espazo para o CGAC?” Pedro de Llano Neira modera as mesas sobre “Coleccións públicas a debate: A colección CGAC” que se inscriben na programación do 30 aniversario do centro.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.