AGalegaAudio
Diario cultural | Noite
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 28-02-2024 28.02.2024 14:58
"Hai unha comunidade artística moi potente que aínda non ten unha presenza nos espazos culturais á altura do que se vén facendo”. Sabela Mendoza coordina o ciclo sobre artes performativas De corpos presentes que abre nova edición na Coruña. Escoitamos a Claudio Rodríguez Fer, Cunqueiriano de Honra, e un fragmento do ensaio de Anxo Rabuñal ´O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Ca...
Diario cultural 27-02-2024 27.02.2024 14:58
As compañías Elefante Elegante e Nauta Teatro presentan os seus novos espectáculos en FETEN 2024. 'Kyoky' e 'Gaia Baba', a meiga forman parte do programa da XXXIII Feira Internacional de Artes Escénicas para Nenos e Nenas de Xixón.
Diario cultural 26-02-2024 26.02.2024 14:58
"O Diario non tivo aínda os lectores que merecía". O investigador Anxo Rabuñal publica 'O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao'. O ensaio documenta a viaxe de estudos de Castelao por Europa e analiza a obra Diario 1921.
Diario cultural 23-02-2024 23.02.2024 14:58
"Temos a tendencia a utilizar adxectivos de gran transcendencia pero todo iso hai que documentalo e apoialo en textos dela". Preséntase o volume 'Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos' que escolma os traballos de Pilar García Negro arredor da obra de Rosalía de Castro durante catro décadas.
Diario cultural 22-02-2024 22.02.2024 14:58
A compañía Sarabela Teatro estrea 'O dragón de ouro' que presenta nos escenarios galegos ao dramaturgo alemán vivo máis representado. "Roland Schimmelpfennig crea niveis de narratividade moi novos. Reinventa a posta en abismo", asegura a directora Ánxeles Cuña nunha entrevista neste podcast do Diario cultural.
Diario cultural 21-02-2024 21.02.2024 14:58
A compañía Producións Teatrais Excéntricas estrea 'Monstros'. É unha peza de teatro familiar sobre un texto de Lucía Aldao e María Lado. Neste Diario cultural conversamos con Marcos Orsi, director da montaxe.
Diario cultural 20-02-2024 20.02.2024 14:58
"Gozamos dun momento moi bo creativamente, moi diverso e con moita xente nova". Os Premios María Casares de teatro presentan finalistas da edición que rexistra maior participación da súa historia. Falamos con Arantza Villar, presidenta da AAAG.
Diario cultural 19-02-2024 19.02.2024 14:58
"Ninguén fala de Luísa Villalta como teórica da literatura. Ela moveu os marcos”. O escritor e músico Xurxo Souto reivindica o método Luísa Villalta e reúne no volume 'Somos un pobo de artistas', un conxunto de ensaios e artigos que subliñan a unidade entre a música e a poesía.
Diario cultural 16-02-2024 16.02.2024 14:58
"A danza neste momento necesita un plan integral para saír adiante”. Branca Novoneyra é unha das organizadoras do ciclo 'Lecturas que danzan' que relaciona, na Biblioteca Ánxel Casal, as artes do movemento coa saúde, a filosofía ou o activismo.
Diario cultural 15-02-2024 15.02.2024 14:58
Náufragos Teatro estrea Noso, unha “dramedia” que no marco das mobilizacións contra os parques eólicos no rural explora as relacións familiares e os vínculos co territorio
Diario cultural 14-02-2024 14.02.2024 14:58
A compañía de teatro Chévere estrea en Compostela 'Helen Keller, a muller marabilla?'. "Creamos un dispositivo que ironiza sobre o traballo do teatro documental e o noso propio traballo dos últimos anos", asegura o director Xesús Ron nunha entrevista no Diario cultural.
Diario cultural 13-02-2024 13.02.2024 14:58
O investigador Carlos X. Ares publica 'Animalario do Entroido. Mito e tradición', un dos estudos que se presentará nas Xornadas sobre o Entroido que organiza SAGA, a Sociedade Antropolóxica Galega, en Pontevedra.
Diario cultural 12-02-2024 12.02.2024 14:58
"Cremos que é unha obra importante que co tempo vai gañar máis, se vai entender máis". Gonzalo Hermo coordina o volume 'Nocturno de verán e outros poemas' que reúne poemas inéditos e recupera outros textos do escritor Francisco Cortegoso.
Diario cultural 09-02-2024 09.02.2024 15:31
"Queremos que a lingua e a cultura galega sexan transversais, que estean en todos os ámbitos". A nova Fundación Xistral proporcionará ferramentas para "conservar, enriquecer e difundir" a cultura galega. Falamos con Carlos Blanco, un dos responsables.
Diario cultural 08-02-2024 08.02.2024 15:28
Neste Diario Cultural entrevistamos a Xacio Baño, que presenta o seu último traballo 'Non te vexo'. A peza proxéctase na sección Lab do Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand. "O labor do cineasta radica en poder contar unha folla voando e que lle interese ao espectador", reflexiona o autor nas ondas da Radio Galega. Tamén entrevistamos a Carmen Méndez, que...
Diario cultural 07-02-2024 07.02.2024 14:40
Rapa, O corno e Matria son os títulos con máis candidaturas nos Premios Mestre Mateo. A Academia Galega do Audiovisual fai públicos os finalistas da vixésimosegunda edición dos galardóns que se entregarán na Coruña o 23 de marzo.
Diario cultural 06-02-2024 06.02.2024 14:58
A compañía Tarabela comeza a xira de 'Boa sorte, mala fama' unha traxicomedia sobre a emigración máis incómoda.
Diario cultural 05-02-2024 05.02.2024 14:58
O 23 de febreiro celébrase do Día de Rosalía. O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, explica no Diario Cultural os actos que están previstos para celebrar o Día de Rosalía. Unha das iniciativas máis destacadas é que, a partir de agora, se mercamos unha obra en lingua galega en calquera librería de Galicia, poderemos recibir un agasallo único para conmemorar o Día de Rosalía. Neste espaz...
Diario cultural 02-02-2024 02.02.2024 14:58
"Sempre teño que encontrar un elemento de vontade de innovación na forma cinematográfica". Lois Patiño presenta na Fundación Luís Seoane a exposición 'Marea'. Con esta nova mostra explora a amplitude do visual e do narrativo, entre a observación e a palabra.
Diario cultural 01-02-2024 01.02.2024 14:58
O ciclo 'Clásicas desfeitas' permite recuperar clásicos da literatura galega e universal a través doutras disciplinas artísticas. A proposta 'Hamlet, o de Cunqueiro' mestura as disciplinas do teatro e os videoxogos. Cada representación ofrecerá unha resposta distinta a tres cuestións sobre o amor, a morte e as relacións familiares. O público participa de forma directa na obra,...
Diario cultural 31-01-2024 31.01.2024 14:58
A relación coa natureza, a función da ciencia e a viralización dos discursos de odio son algúns dos asuntos de "Os afogados", a novela coa que o escritor Pablo Rañales gaña o Premio Illa Nova de Narrativa. Neste Diario Cultural tamén escoitamos 'Mythos', o novo traballo do compositor e construtor de instrumentos Abraham Cupeiro.
Diario cultural 30-01-2024 30.01.2024 14:58
A exposición 'Unha vida viquinga' é unha inmersión na cultura e a descuberta dun novo xeito de vivir. A mostra racha cos estereotipos arredor do mundo viquingo e ofrece unha nova ollada sobre a historia. Na exposición facemos un percorrido dende a infancia, o rol dos meniños na casa familiar ata que son adolescentes e chegan a vida adulta. Neste Diario Cultural facemos unha viaxe no temp...
Diario cultural 29-01-2024 29.01.2024 14:58
Neste Diario Cultural entrevistamos a escritora Chus Pato, que presenta un novo libro de poemas. "Sonora é para min o retorno ao fogar. Cancelei todas as viaxes, quero estar aquí". A morte da nai e o dó percorre a obra en nove ondas.
Diario cultural 26-01-2024 26.01.2024 14:58
A compañía Elefante Elegante estrea 'Kyoki', unha proposta escénica de linguaxe xestual sobre o esquecemento, a vellez e os coidados.
Diario cultural 25-01-2024 25.01.2024 14:58
As dramaturxias híbridas de Souvenir. A compañía de David Alonso e Maria de las Llanderas estrea 'Non é unha canción'. Neste Diario Cultural tamén descubrimos os novos poemas de 'De catro a catro'. Rosendo Cid expón 'Máis alá De catro a catro', un proxecto de intervención sobre o poemario de Manuel Antonio.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.