AGalegaAudio

Diario cultural | Noite

Society GL ↓ 338 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 04-04-2024 04.04.2024

Falamos con Álvaro de la Vega, que inaugura en Fonseca “Xéneros e números”. No marco do ano Antonio Palacios dúas exposicións celebran a obra do arquitecto porriñés

Diario cultural 03-04-2024 03.04.2024

O coidado social como alternativa. Cristina García Sainz na Semana Galega de Filosofía

Diario cultural 02-04-2024 02.04.2024

“Hai que repensar unha relación co pasado”. A filósofa Fina Birulés fala de Hanna Arendt na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra e na Universidade de Santiago. Repasamos citas ao fío do Día do Libro Infantil e Xuvenil

Diario cultural 01-04-2024 01.04.2024

Reedición da novela ´Memoria para Xoana` de Marica Campo. Mostra arredor da obra do escultor Asorey

Diario cultural 29-03-2024 29.03.2024

A superheroína Nabiza Girl protagoniza unha webserie de Algarabía Animación. Falamos coa integrantes do grupo coruñés de indie pop Leria

Diario cultural 27-03-2024 27.03.2024

Visitamos a Casa Museo de María Antonia Dans en Curtis A primeira Casa Museo dunha pintora galega acolle obras súas e unha exposición temporal do grupo Galeoska. Coñecemos o compositor lucense Luís Álvarez

Diario cultural 26-03-2024 26.03.2024

A microserie, que pode verse na plataforma dixital Agalega.gal, repasa as vidas de artistas galegas nun formato desenfadado para conectar coa mocidade. Falamos co rapeiro Big Meu (Martín Represa)

Diario cultural 25-03-2024 25.03.2024

De Lugares e Órganos volve a Compostela na Semana Santa. O ciclo de música chega á súa novena edición con varios concertos en igrexas e mosteiros da cidade.

Diario cultural 22-03-2024 22.03.2024

Rapa, primeira longametraxe documental de Alejandro Enríquez explora a crise do cabalo galego do monte´. Remata a semana da poesía.

Diario cultural 21-03-2024 21.03.2024

María do Cebreiro e Abe Rábade presentan unha proposta conxunta no Festival de poesía Alguén que respira. Máis de vinte poetas, músic@s, performers e especialistas reúnense en Compostela durante tres días. Esta noite celébrase a gala dos María Casares.

Diario cultural 20-03-2024 20.03.2024

A XIX Mostra Internacional de Cinema Etnográfico explora o cinema da Transición e dedica foco á decana do documental italiano Cecilia Mangini. Conversamos con Ana Estévez Lavandeira, directora da Mostra.  O Día da Narración Oral lembra o vivos que están os contos. 

Diario cultural 19-03-2024 19.03.2024

“Como autor síntome implicado con mil voces”. Publícase En espiral. A antoloxía poética escolma a obra do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín. Conversamos co autor.

Diario cultural 18-03-2024 18.03.2024

O fotógrafo Jordi Bernadó presenta no MARCO o proxecto ID, unha achegamento ao xénero do retrato con personalidades do mundo contemporáneo. Achegámonos á mostra con Mari Pereira.

Diario cultural 15-03-2024 15.03.2024

A exposición Da túa man para a miña abre as actividades complementarias da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico en Santiago. Fran Rodriguez Casal ultima tamén a longametraxe do mesmo título que dirixe con Coral Piñeiro.

Diario cultural 14-03-2024 14.03.2024

Ernesto Is e Nerea Brey presentan proxecto escénico: A nova compañía Manekineko estrea a obra “Cancións amarelas. Flores tristes”

Diario cultural 13-03-2024 13.03.2024

Joan Morera inaugura “A chambra. O cuarto do lado” sobre a a emigración feminina ao Paris dos anos 60. “A representación destas mulleres no imaxinario colectivo é practicamente inexistente”.

Diario cultural 12-03-2024 12.03.2024

“Queriamos axudar a cambiar a forma de ver o mundo”. Emilio Fonseca dirixe o ensaio documental "Salvaxe, salvaxe" galardoado coa Biznaga de Prata no Festival de Cine de Málaga.

Diario cultural 11-03-2024 11.03.2024
Diario cultural 08-03-2024 08.03.2024

“Mentres sigamos sendo un photocall de efemérides e non se traballe no día a día os avances son cosméticos, non reais”. O Museo Provincial de Lugo acolle a mostra “Eu son. Memoria das rapadas”. Falamos con Encarna Lago, unha das comisarias da mostra e xerente da Rede museística provincial de Lugo

Diario cultural 07-03-2024 07.03.2024

“Aquilo era unha especie de Transición que non rematara, o propio acto o manifesta”. O xornalista Xan Carballa presenta no Museo de Pontevedra a exposición ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías”.

Diario cultural 06-03-2024 06.03.2024

“Queremos mostrar o potencial narrativo e expresivo que ten a animación” Alberto Vázquez co-dirixe Imaxinaria. Comeza na Coruña segunda edición do Festival Internacional de Animación. Lembramos a voz de Luísa Villalta no vixésimo aniversario do falecemento da escritora .

Diario cultural 05-03-2024 05.03.2024

Lembramos ao escritor Alfonso Álvarez Cáccamo. O tempo centrará a XL Semana Galega de Filosofía que abrirá a filósofa Fina Birulés.

Diario cultural 04-03-2024 04.03.2024

Eva Veiga e Pilar Pallarés analizan e revisan a obra poética de Luísa Villalta en Así vou eu formando parte. Unha antoloxía que percorre a obra da escritora que centra o Día das Letras de 2024.

Diario cultural 01-03-2024 01.03.2024

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebra o seu 25 aniversario dedicándoo á maxia. Isabel Freire fala coa súa coordinadora, Eva Mejuto, das ducias de actividades programadas deica o día 17. Hai dende música, espectáculos, teatro e monicreques, ata obradoiros e contacontos.

Diario cultural 29-02-2024 29.02.2024

“A cultura é moito máis que un recurso económico, é tamén un dereito cidadán”. Alberto de Boiro coordina a Xornada ´Os dereitos culturais. Un novo paradigma para a cultura que vén` que examina as últimas leis en materia de dereitos culturais. Achegámonos a Vigo para visitar a exposición sobre Antía Cal, e escoitamos un novo fragmento do ensaio sobre Castelao ´ O pintor e a vida moderna`.

Listen to the Diario cultural | Noite podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.