Radio Municipal de Tui

Día a Día - Espazo Xove de Tui

Society GL ↓ 129 episodes

Novidades do Espazo Xove de Tui a través da súa directora, Mónica Bugarín.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Apr 21, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Espazo Xove - Luns 02/12/2019 02.12.2019

A final do I Torneo Autonómico de LOL, a convocatoria dun curso de Director de Tempo Libre e a convocatoria para 2020 do recoñecemento da experiencia profesional son os tres temas que hoxe abordou Mónica Bugarín, directora do Espazo Xove Tui. Fíxoo na sección quincenal deste centro xuvenil no programa día a Día.

Espazo Xove - Luns 18/11/2019 18.11.2019

O Espazo Xove de Tui aprazou o obradoiro de Linkedin previsto para este mes ao non cubrirse as prazas mínimas precisas. Por outra parte este venres, de 9.30 a 10.30 h, celebrarase no Espazo Xove o encontro sectorial “Enerxía emprendemento e sostenibilidade”. Mónica Bugarín, a directora do Espazo Xove, na súa conexión quincenal referiuse aos programas Discover Eu e Eu Emprendo Galicia.

Espazo Xove - 04/11/2019 04.11.2019

Un curso de coaching que se vai celebrar este venres é a primeira actividade da programación de Outono no Espazo Xove de Tui. Este mes tamén teñen programado o obradoiro Conectados a Linkedn, e un curso de Voluntariado Ambiental. Desta citas falounos a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín. Tamén achegou informativo sobre o programa Discover Europe. Esta información pode ampliarse no Espa...

Espazo Xove - 27/06/2019 27.06.2019

Na súa última intervención da temporada, Monica Bugarín, directora do Espazo Xove, fixo algunhas propostas de voluntariado para o verán. Deu conta ademáis do horario de verán do Espazo Xove que comeza o 1 de xullo até finais de setembro e será de luns a venres de 10.15hh a 14.00h.

Ent. Monica Bugarín, dtora Espazo Xove - 13062019 13.06.2019

O Espazo Xove de Tui acolle mañá ás 18.30h o obradoiro de Dj e Produción Musical dentro dos obradoiros de Cultura Urbana que están a impartir neste centro xuvenil. Haberá unha terceira proposta “Rap e microlibre” o próximo venres 21. Precisamente o venres 21 no Espazo Xove van celebrar os 25 anos da Rede de Información Xuvenil. Así o explicaba a directora do Espazo Xove, Mónica Bugarín.

Cristina Pichel, Mónica Bugarín, Fátima Azhara - Espazo Xove de Tui 12.04.2019

Con motivo do 25º Aniversario da Rede Galega de Información Xuvenil, estiveron na nosa sintonía a directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel e a correspondente da rede do IES San Paio, Fátima Azahara, para falar deste aniversario xunto coa directora do Espazo Xove de Tui, Mónica Bugarín.

Espazo Xove - Xoves, 28 de marzo de 2019 28.03.2019

Cada semana Monica Burgarín, directora do Espazo Xove de Tui, nos achega as actividades do centro nas próximas datas, nesta ocasión dando conta e prazos de inscrición para os novos cursos do Espazo Xove de Tui, ou as probas do Celga.

Espazo Xove - Xoves, 14 de marzo de 2019 15.03.2019

Cada semana Monica Burgarín, directora do Espazo Xove de Tui, nos achega as actividades do centro nas próximas datas.

Espazo Xove - Xoves, 28 de febreiro de 2019 28.02.2019

Como cada xoves Monica Bugarín, directora do Espazo Xove - Casa Da Xuventude de Tui falounos das actividades e accións que teñen previstas nas próximas datas, concretamente nesta ocasión sobre formación.

Espazo Xove - Xoves, 14 de febreiro de 2019 14.02.2019

O Espazo Xove de Tui acollerá o venres 22 de febreiro ás 19h unha charla sobre o programa de Axudas Iniciativa Xove e o programa Galeuropa da Dirección Xeral de Xuventude. Así o explicaba hoxe a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín.

Espazo Xove - Xoves, 31 de xaneiro de 2019 31.01.2019

Un xoves máis Monica Bugarín, directora do Espazo Xove de Tui nos da conta das novedades desta semana, nesta ocasión, centrada en formación.

Espazo Xove - Xoves, 15 de xaneiro de 2019 17.01.2019

O Espazo Xove de Tui convoca para o mes de febreiro o curso de “Habilidades sociais” que estaba convocado inicialmente para novembro, pero daquela non reuniu o número mínimo de inscritos. A data de inicio prevista é o 19 de febreiro en horario de 16.15 a 17.15h de 11 a 14 anos. Así o explicaba Mónica Bugarín dando conta tamén doutras novas de interese para a mocidade.

Espazo Xove - Xoves, 10 de xaneiro de 2019 10.01.2019

Este venres ás 17h remota a súa actividade no Espazo Xove de Tui a compañía Interdisciplinar que dirixe a tudense Laura Villaverde. Así o avanzaba a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín. Vai dirixida a mozos e mozas de 13 a 20 anos e está a aberta a novas incorporacións. Informaba tamén Mónica Bugarín doutras iniciativas das que se pode ampliar a información. É o caso das convocatorias p...

Espazo Xove - Luns, 17 de Decembro de 2018 17.12.2018

A pasada semana, a directora do Espazo Xove de Tui, Mónica Bugarín, daba conta na nosa sintonía das actividades que teñen previstas para as vindeiras datas. Neste caso falounos da compañía artística interdisciplinar, do parlamento xove e das bolsas da Obra Social da Caixa.

Espazo Xove - Xoves, 29 de novembro 29.11.2018

Monica Bugarín, directora do Espazo Xove de Tui, achéganos un día máis as actividades que teñen previstas. Daba conta da exposición "Viaxando" que aínda se pode visitar até o día 14 de decembro. Tamén da posibilidade de inscribirse a compañía artística interdiscipliar e na xornada de coaching prevista para a próxima semana.

Espazo Xove - Xoves, 18 de outubro 15 de novembro de 2018 15.11.2018

A directora do Espazo Xove, Monica Burgarín, daba conta na nosa sintonía de que os interesados na compañía artistica interdisciplinar aínda poden apuntarse. É unha actividade gratuíta e quen queira incorporarse pode facelo o venres ás 17.00h no Espazo Xove de Tui. Ademáis daba conta doutras actividades que teñen centro xuvenil como as xornadas micolóxicas a semana próxima ou as xornadas de coachin...

Espazo Xove - Xoves, 18 de outubro 18.10.2018

Os obradoiros de emprego que ían comezar este venres no Espazo Xove de Tui aprázanse unha semana para garantir o grupo mínimo preciso. Así o confirmaba hoxe a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín. O venres 26 será o de Currículo Gañador e o 22 de novembro o de Entrevista persoal. Tamén deu conta do gañador do Certame Viaxando e doutras actividades.

Espazo Xove - Martes, 26 de xuño de 2018 26.06.2018

Ata o 15 de setembro o Espazo Xove de Tui abre de 10.15h a 14h, tempo no que seguen en activo os distintos servizos que ofrece este centro xuvenil. Nesta época estival paran as actividades que organizan que retomarán xa en setembro coa proposta para o últimos meses do ano, da que hoxe Mónica Bugarín, facía un avance.

Espazo Xove - Martes, 19 de xuño de 2018 19.06.2018

Co curso de Cubo de Rubik que se celebra este venres 22 de 17 a 19h o Espazo Xove Tui pecha o presente curso, e a partir do luns comeza xa o horario de verán que será de luns a venres 10.15h a 14h. Así o explicaba hoxe a súa directora Mónica Bugarín. Tamén lembrou que o 27 remata o prazo de presentación de documentación para os Campamentos da Xunta, e que os mozos que teñen 18 anos poden solicitar...

Espazo Xove - Martes, 12 de xuño de 2018 12.06.2018

O 22 de xuño o Espazo Xove de Tui acollerá un curso de cubo de Rubik de 17 a 19h co que se remata este curso neste centro xuvenil. Asi o explicaba a súa directora, Mónica Bugarín. Daba conta tamén de que onte ao mediodía realizouse os sorteo das prazas para os Campamentos de Verán da Dirección Xeral de Xuventude. Os que teñan algunha dúbida poden resolvela no centro. Tamén aquí poden consultar inf...

Espazo Xove - Martes, 5 de xuño de 2018 05.06.2018

Mónica Bugarín deunos conta unha vez máis das novidades que chegan dende o Espazo Xove. Esta semana un dos puntos a destacar son dúas actividades que se realizarán durante este mes: o curso de contacontos e o obradoiro do cubo de rubik. Informounos tamén sobre o prazo para o certame de fotografía Viaxando e, por último, recordounos que este venres pola tarde estará nas instalacións do Espazo Xove...

Espazo Xove - Martes, 22 de maio de 2018 22.05.2018

Os venres 8 e 15 de xuño comeza no Espazo Xove de Tui un curso de Contacontos para o que quedan cinco prazas vacantes segundo explicou hoxe a directora do centro, Mónica Bugarín. Tamén deu conta de que o Espazo Xoves xunto ás OMIX da zona convocan a edición número 12 do certame de fotografía Viaxando. O prazo para participar está aberto atá o 26 de setembro e vai dirixido a mozos de 12 a 35 anos....

Espazo Xove - Martes, 8 de maio de 2018 08.05.2018

Falamos con Mónica Bugarín, directora do Espazo Xove de Tui, das principais novidades para a mocidade. O máis inmediato é o curso LidéraTe da Dirección Xural de Xuventude, participación e Voluntariado da Consellería de Polítca Social, que terá lugar en Tui este xoves. Amais deunos conta da oferta da Campaña de Verán da Consellería de Política Social.

Espazo Xove - Martes, 24 de abril de 2018 24.04.2018

Dende o Espazo Xove de Tui a súa directora, Mónica Bugarín, achegounos as principais novidades en temas de interese para a mocidade como os seus cursos ou a bolsa para monitores especializdos en diversidade funcional da Xunta de Galicia.

Espazo Xove - Martes, 17 de abril de 2018 17.04.2018

Como cada martes hoxe a directora do Espazo Xove de Tui, Mónica Bugarín, achegounos as últimas novas para a mocidade. Hoxe celébrase o Día Europeo para a Información Xuvenil, motivo polo que aproveitou para recordar as funcións que realizan dende este centro, amais de achegar información sobre os cursos para os que teñen o prazo aberto.

Listen to the Día a Día - Espazo Xove de Tui podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.